Naceu no Foxo (A Estrada) no ano 1930. Estudou Dereito na Universidade de Deusto, licenciándose finalmente na Universidade de Santiago de Compostela. Obtivo o doutorado na Universidade Complutense de Madrid. E diplomado en Ciencias Económicas pola Sorbona e especializouse en temas monetarios e financeiros na Universidade de Harward. E máster en Dereito Financeiro e Tributación. Rematada a carreira, ingresou por oposición no Ministerio de Facenda, no que ocupou os cargos de Xefe do Servicio de Información, Director do Servicio de Análise Económica, Subdirector e Director Xeral de Política Financeira. Foi así mesmo funcionario da Organización Europea de Cooperación e Desenvolvemento (O.C.D.E.) en París durante catro anos. Foi representante de España nas Nacións Unidas na primeira conferencia mundial sobre Comercio e Desenrolo.
Conselleiro do Banco Hipotecario, conselleiro do Instituto de Planificación Contable e membro do consello de redacción de Economía Financeira Española. Tamén, durante cinco anos, foi profesor da cátedra de Economía Política na Universidade Complutense. Nese período foi premiado pola Fundación March polos traballos en col dos ciclos económicos.
No sector privado, foi presidente do consello de administración de “Carcesa”, de “Isodel-Sprecher” e de “Frigsa”. Conselleiro de “Forum Inmobiliario” e de “Latinoamericana de Financiación”.
Elixido Deputado ao Parlamento Galego, ocupou os cargos de Vicepresidente da Xunta de Galicia e Conselleiro de Economía. Abandonada a política activa, foi elixido Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
A súa obra abrangue os campos da narrativa e do ensaio. No que respecta á narrativa, publicou NON SOMOS INOCENTES (Edicións Xerais de Galicia, 1990), O PROTOCOLO XAPONÉS (Edit. Compostela, 1992), BIEITO, BIEITO (Edicións Xerais de Galicia, 1993), COA PALLETA DISTRAÍDA (Espiral Maior, 1994) e LUCES DE FISTERRA (Espiral Maior, 1995). Canto ao ensaio temos A GALICIA POSIBLE (Edicións Xerais de Galicia, 1992) e A FALACIA DO ECONOMICISMO (Espiral Maior,1994). Finalmente publicou SORTE DO PAXARIÑO (2004).