Fervenza da Caldeira
A fervenza da Caldeira encóntrase no lugar de Doade, pertencente á parroquia da Xirazga (concello de Beariz). O mesmo nome, Doade, é o do río que forma este espectacular salto de auga; nace nos montes do Testeiro e únese co Avia preto do encoro de Albarellos. O río cae entre penedos graníticos nun pequeno canón no que se atopa un muíño restaurado. O nome caldeira designa o pozo fondo que se forma nun río despois de que a auga se precipite dende un lugar alto.