Casa de Recarei (Curantes)
José Manuel Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
No lugar de Pousada na parroquia de Curantes hai unha casa, hoxe felizmente restaurada en 1997 baixo a dirección do arquitecto Pedro del Llano, chamada casa de Recarei ou pazo A Nugalla. Este nome procede dunha figura tallada en pedra, que coroa o tellado e que representa a un cabaleiro en actitude relaxada coas mans na cabeza, polo que os veciños lle puxeron á casa o nome de “A Nugalla de Recarei”.
O morgado desta casa xunto coa capela da Virxe da Paz foi fundado por un cóengo chamado Juan Antonio Valladares Louzao e Somoza, fillo de Alonso e Inés e sobriño doutro cóengo, Pablo Valladares García e irmán tamén doutro nomeado Bernardo. Juan Antonio fundou o morgado en 1762 a favor da súa sobriña Benita, filla de Rosa Valladares Louzao e do seu marido Pedro de Pazos Bibián, a condición que casase con José Recarei Bermúdez de Castro e Figueroa, veciño de Santa María de Beán (Ordes. A Coruña).
A ascendencia de José Recarei está nunha familia fidalga de Villavicencio de los Caballeros en Valladolid onde vivía xa a finais do século XIV, pero que a finais do XVI pasou a Bergantiños ao casar Pedro Alberto Ortiz e Recarei con Juana Abelenda. E xa entrando no XVIII Pedro Pablo Recarei e Ortiz casou con Ángela Bermúdez de Castro e Figueroa, vivindo na torre de Guntín e sendo os pais de José Recarei, de Andrés que era cura de Grou, de Pedro, Juana, Juan cura de Mercurín, e de Salvador que casou con María Romero.
Un fillo de Benita e José Recarei foi Andrés José Recarei Pazos que casou con Josefa Salgado, filla de José Salgado Guntín e de María Cacheda, veciños de Soutolongo. Andrés outorgou testamento ante o escribán Felipe Pena Leira o 26 de outubro de 1822.
Herdou o vínculo o seu primoxénito Benito José Andrés, (Soutolongo,1795-1836) que morreu solteiro polo que lle sucedeu o seu irmán Manuel Recarei Salgado. Manuel, que casou o 14 de xuño de 1837 con Ma do Socorro Villaverde Gundín, sucedeuno a súa sobriña Felisa, filla de Ma Manuela Recarei, que estaba casada con Diego Pena Xermade. Por certo, Felisa tivo tres primos fillos da súa tía Vicenta, que morreron con máis de noventa anos.
Felisa Pena Recarei, nacida o 11 de setembro de 1843, casou de segundas nupcias con André Pereiras Fernández e volveu a casar xa con sesenta anos (ela dicía que tiña 50 e así consta na partida de casamento) o 10 de outubro de 1904 na capela do Pilar da catedral con Manuel Torres Agrelo, que será o seu herdeiro.
Manuel estaba viúvo (a muller, Dora Emmons Plat, morrera en Nova York en 1903) e era fillo de André Torres González veciño de Callobre e de Manuela Agrelo Porto, veciña de Rubín. Manuel deste primeiro matrimonio tivo unha filla chamada Manuela Torres Emmons, que herdou os bens do morgado e que casou con Marcelino Maceira Torres, sendo veciños de Rubín.
A casa da Nugalla pasou despois a mans de Marisa e Antón Rozados, que foron quen a rehabilitaron baixo a dirección do arquitecto Pedro de Llano. Logo no ano 2003 foi vendida á actual propietaria dona María Sol Lorenzo Álvarez, quen rexe os designios de este pazo fidalgo adicado o turismo rural.
* Capicúa. 27-3-2013