Alfredo Iglesias Álvarez e unha igrexa que tanto salva como condena
XOÁN CARLOS GARRIDO
Tense comentado nestas páxinas as tensións existentes pola cuestión relixiosa durante o período republicano e xa se teñen citado actuacións nun ou noutro sentido máis tendo en conta que a igrexa institucionalmente interveu como tal no bando sedicioso fronte á legalidade democrática, habería que incidir máis na Estrada na actuación dos diferentes cregos que nalgúns casos contraviñan este mandato e noutros excedíanse na súa paixón falanxista.
Poñamos como exemplo o caso da detención do concelleiro de Forcarei, máis casado en Codeseda, Alfredo Iglesias Álvarez, que pola súa condición de socialista non comulgaba coa moito coa igrexa, máis tivo que xogarse a súa sorte pola intervención de dous cregos en sentido ben diferente.
Por unha banda quen levou a actuación contra el, Aquilino López Picón, logo de practicar un rexistro na súa casa, acusaba ao preso de que se lle “incautara documentación socialista, con fecha desde mil novecientos diecisiete hata la fecha, con carnet masónico estendido a nombre de dicho sujeto, otro documento, en que se proponía al ayuntamiento, como concejal que era del mismo, la implantación del comunismo en el ayuntamiento de Forcarei. Igualmente, en que se proponía la clausura de Iglesias y que fué siempre un sujeto perturbador del orden y de la paz social haciendo alarde de que vendía rifles y pistolas a precios bajísimos”
Logo desto o reo estaba sentenciado, senón for que o alcalde franquista Sabino Mariño Pereira, declarou no seu favor e o crego da súa parroquia de nacemento, Presqueiras, Manuel Fraíz Garrido, dixo que non só non era perigoso senón que era de “buena conducta, sin que haya faltado nunca al respecto al declarante, a pesar de no haber cumplido nunca con sus deberes religiosos tampoco ha condicionado a nadie para que dejaran de cumplir con los mismos”.
Masón ou “albanel”
Como deixou en evidencia o defensor, “Masón”, en inglés quería dicir “albanel” e o carnet masónico non era máis que a credencial sindical obrigatoria que en EEUU, onde traballara Alfredo, todos tiñan que posuír para ser contratados nesta actividade laboral. Lembremos que cando a vítima da represión pertencía a un sector social dificilmente identificable como comunista, a acusación de “masón” era igualmente eficaz para condenalo. Este é o caso de cando é suspendido o xuíz estradense Fermín Bouza Brey no 37, os seus acusadores só axitaban ese argumento sen ningunha outra proba, pois na medida en que pertencían a unha sociedade secreta, entendíase que non había tales probas pois eran ocultas e clandestinas.
A clausura de igrexas ou reconstrución
O escrito de xaneiro de 1932 que incautou Aquilino no que se pedía “clausurar igrexas” - segundo a acusación - unha vez lido no seu conxunto, poñía efectivamente que se clausurara a Igrexa de Santa Mariña de Presqueiras “pues esta comete ruínas y ya anteriormente se cayó la torre y hundió parte del techo. Y ahóra amenaza caerse la otra parte, y no quisieramos ver pasar al pueblo de Presqueiras por un día de luto”
Este era a súa vez o escrito no que se baseaba o fiscal para indicar que o devandito concelleiro quería implantar o comunismo en Forcarei.
Tendo en conta o dito polo propio crego desa parroquia a acusación centrouse xa na imputación habitual de “capitanear” grupos armados na zona de Codeseda e A Estrada durante os días nos que se organizaba a defensa da república fronte aos insurrectos.
Por outra banda, a farsa de xuízo quedaba en evidencia, tal como o defensor fixo notar, se as probas que se presentaban eran produto dun rexistro encabezado por un crego e non por un axente da orde pública.
Axitador marxista ou patrón
En xullo do 36, cando se acusa a Alfredo de encabezar unha partida de obreiros marxistas, este veciño resultaba ser patrón e non obreiro, e tiña ao seu cargo os empregados que estaban a arranxar a pista que ía da Estrada a Vilapouca. Polo que o defensor tivo a onde agarrarse distinguindo entre el e os traballadores, que si eran “siervos de Rusia y del judaísmo”, e daquela ser patrón non era garantía de nada, mais si era unha vantaxe a respecto se ser traballador a hora de manifestar a “inocencia” nos actos de defensa da república. Porque no mundo ao revés do fascismo, os que tentaron evitar o delito de rebelión militar contra o goberno legalmente constituído foron acusados precisamente de rebelión militar. Por iso o fiscal insistía, a pesar de ver desmontadas as probas que empregaba, que había que condenar a Alfredo a morte.
Mais as circunstancias propiciaron que desta volta, Alfredo salvase a vida e quedase a súa condena en prisión perpetua, para logo revisarse á baixa e lograr deixala en 3 anos.
Acusador acusado
Afortunadamente coincidiu que o seu acusador, Aquilino López, viña de caer en desgraza dentro da falanxe por ter acochado ao falanxista Ramón Bao Lagares, que a altura de xaneiro do 37 era buscado polos seus compañeiros pola xestión irregular que facía dos cartos que recadaba nas súas incursións nocturnas. Aquilino, o “cura ecónomo”de Santa María Magdalena de Soutelo de Montes, fora o promotor entre os cregos dun censo de “roxos” nas súas parroquias para enviar xente á guerra. Unha vez redactada dita lista – en función dos pagos que facían – algún lograba ser esborranchado dela e libraba de ir ao fronte. Ao fin cando veu as cousas mal paradas tivo que presentarse voluntario na 2ª Bandeira de Falanxe de Pontevedra destacada no sector de Sigüenza (Guadalaxara) onde prestou os seus servizos en calidade de Alférez.