Represión do maxisterio estradense
XOÁN CARLOS GARRIDO
Se houbo un sector social na que o franquismo se cebou especialmente ese foi o dos mestres. A cultura era perigosa, as ideas novas e a crítica eran disolventes dos dogmas relixiosos e da sagrada unidade da patria española, por tanto, os mestres eran todos sospeitosos polo simple feito de ter nas súas mans a capacidade de que as mentes infantís maduraran e se fixeran autónomas e pensaran por si mesmas. Na Estrada temos exemplos de todos os tipos de represión que se exerceu contra o maxisterio.
Na fosa común do cemiterio están aínda os restos do mestre Manuel Guillán Abalo. As versións populares atribúen o seu “paseo” (na Ponte do Regueiro) o 9 de outubro do 36 a que agrediu ao Inspector Xefe da zona porque cando visitou a escola da súa muller Josefa Agulló Barral, en Xustáns, Pontevedra, abusou dela. Mais Manuel Guillán, por masón e de esquerdas, xa cumpría cos motivos polos que eran asasinados moitos outros sen ter que engadir nada máis.
Tratamos xa o caso de Bernardo Mato Castro, vítima dunha malleira da falanxe, quen era o líder da renovación pedagóxica no noso concello e con el quedaba descabezada o movemento anovador que nos anos 30 aportou ar novo as escolas estradenses.
Os fuxidos, entre os que tense sinalado o caso de Castro Dono, 12 anos escondido. Os exiliados, como Concepción Álvarez Pazo, Mestra Nacional que se exilia en México, xunto co seu home Celestino López López. Alí foi mestra no Colegio Madrid, centro que acolleu ó republicanismo español exiliado nese país.
E a mostra mais ampla, a de sancionados de todo tipo que van desde a separación total até o desterro e dos cales a nómina sería interminable mais quixéramos lembrar algúns casos mais alá do sobradamente coñecido de Manuel García Barros, a quen ademais de retirarlle a praza, mesmo se impedía pór aulas particulares.
Pódese citar algúns casos desde os máis afortunados ou menos castigados como é Ramiro Torres Villar de Callobre de suspensión provisional, Benjamín Lois García de Cora, 13 meses de suspensión e inhabilitación e Manuel Penas Meilán, suspensión de emprego e soldo por tres meses; até a suspensión e separación definitiva do servizo e baixa no escalafón respectivo de Manuel Lobato Gamallo de S. Xulián de Vea, Eugenio Rodríguez Rodríguez de Codeseda, Manuel Ameijeiras Picallo de Souto, Francisco Magariños Granda de Berres, Eduardo Pazo Álvarez de Somoza, José Torres González de Ouzande, David Vence Guerra de San Xorxe de Vea, José García Casalderrey de Vea. Pasando pola suspensión de emprego e soldo, e traslado fóra de Galiza por tres anos de Vicente Otero Ulloa (quen curiosamente non era de esquerdas senón pola contra do Partido Radical de Lerroux), Francisco Rivas Besteiro de Meavía (natural de Codeseda), Ramón Puente Barcala de Arnois (natural de Tabeirós), José García Nodar do Partido Galeguista de Rivela, Hortensio Fernández Otero de Sta. Marina de Barcala
Fóra da provincia, Sebastián Pena López (do Partido Galeguista de Tabeirós), Manuel Ameijeiras Cerviño de Arca. Suspensión de emprego e soldo traslado pola provincia
Benito Carballo Carballo de Santeles, Eugenio Rodríguez Rodríguez de Santeles e un longo etc.
Entre os mencionados podíamos pararnos en tres casos. Os militantes do Partido Galeguista Sebastián Pena e José García, e o caso de Puente Barcala, o primeiro porque non lle faltou moito para ser paseado mais conseguiu sobrevivir se ben tivo que asistir ao fusilamento do seu irmán José Mª. O segundo porque era ademais un prometedor poeta e escritor que se perdeu para as nosas letras no exilio interior de Carracedo (Rivela). Mais no maxisterio galeguista destacaban as mulleres quen como Dolores Sánchez Abad, a piques estivo de ser algo máis que sancionada cando a levaron ao cuartelillo da falanxe estradense. Ramón Puente Barcala, promotor de certames escolares e redactor de “El Emigrado” onde atopamos grande número de artigos reflexionando sobre como mellorar a escola e no que avanza moitas propostas que ao fin o tempo lle acabaría dando a razón, como é a da formación continua ao longo da vida (clases nocturnas para adultos) ou a campaña que fixo contra os xoguetes bélicos para “reis”, implicándose na loita polo Estatuto e noutros combates a prol das causas populares que logo do 36 lle pasaría factura.
Mais para comprender a mentalidade coa que o franquismo enfrontaba a escola, o máis ilustrativa é a causa contra o mestre natural de San Miguel de Castro, José Cortes Fernández, quen será fusilado o 15 de outubro de 1936 en Pontevedra.
Lembremos algún dos fragmentos da sentenza que xustificaba a execución: “JOSÉ CORTES FERNÁNDEZ, Maestro Nacional, abusó y aprovechó de este cargo para propagar entre aquéllos, cerca de los cuáles por su mayor cultura tenía influencia y aún entre los mismos niños, todas la ideas antiespañolas del comunismo, colaborando además en periódicos como “El Emigrado”, de La Estrada, y el “Nuevo Heraldo”, de la Guardia, desde los cuáles, continuamente, atacaba los fundamentos más sólidos de la sociedad española, principalmente los conceptos religiosos, básicos de la sociedad cristiana, colaborando así con esta forma de inducción a la labor preparatoria de la revolución, enemiga de España”.
Cortés durante todo o xuízo negou isto e esixiu probas contrarias a respecto de que nas aulas fixera propaganda política. Sobre os seus artigos nos xornais, hai que dicir que no sumario aparecen efectivamente subliñados en vermello naqueles parágrafos onde pode cuestionarse o fanatismo relixioso ou patrioteiro, co cal queda demostrado que é fusilado polas súas ideas e non por ter cometido ningún delito, salvo que se recoñeza xa dunha vez que para o franquismo ter ideas era un delito. En conclusión, para o franquismo a represión do maxisterio tiña un obxectivo exemplarizante para as novas xeracións, este é, lembrando o debuxo de Castelao, “así aprenderán a non ter ideas”.