Barbude*
Pedro Varela
Lindando con Paradela, sobre o río Liñares, está a parroquia de Barbude, que ten 50 cabezas de familia e 219 habitantes. Dista da capital do distrito uns 5 quilómetros.
Houbo un tempo, segundo documentos oficiais antigos, en que a parroquia que nos ocupa se chamaba Barbudo; despois por corrupción pasou a chamarse Barbude e hoxe por supresión escríbese Barbud. O nome primitivo adquiriuno dos Castros do Barbudo, que hai alí e que son famosos. Segundo a crenza que aquelas xentes van trasmitindo de xeración en xeración, dominaba en tales castros un home corpulento con longas barbas. Aínda hoxe, a pesar do transcurso dos anos e da extracción de moita pedra do cinto de defensa, presenta bo aspecto a fortaleza. A parte superior consiste nunha área circular, que chaman «Eira dos Mouros». No monte de San Martiño, onde o castro está situado, había catro penedos coa superficie labrada rudamente e escavados pola base, de xeito que amosaban uns ocos aos que se lles viña chamando «Fornos dos Mouros».
Barbude consta dos lugares de Trasmonte, San Martiño, As Carballas de Arriba e As Carballas de Abaixo.
A parroquia linda, polo norte, con Paradela e Ribeira; sur, Aguións; leste, Moreira; oeste, Santeles.
Vías de comunicación: a estrada do Estado da Estrada a Ponte Ulla e camiños veciñais antigos. Entre Aguións, Santeles e Barbude corre o río Liñares; a presa de Pina tamén discorre, en parte, por termos desta parroquia.
Os veciños de Barbude están inscritos na Sociedade de Agricultores de Paradela e pertencen ao mesmo distrito escolar.
No eclesiástico: Barbude é anexo ou filial de Paradela; ten por patrón a San Martiño, e existe alí unha capela, advocación do mesmo Santo, que, ao parecer, foi construída no século XII. O seu estilo é románico-bizantino.
Festas anuais: a do San Martiño e mais outra, a do San Lázaro, inaugurada recentemente.
Asegúrase que esa parroquia foi dominio dos frades de San Martiño de Santiago, e que a cambiaron á Sra. Dona de Paradela, para agregala a esta freguesía.
Fillo de Barbude foi o escribán D. Porto Carbón; da súa familia quedou D. Bernardo Eyo. Tamén foron de alí Dona Carmen Varela, Dona Petra Romero e o distinguido avogado que desempeñou os cargos de alcalde e xuíz municipal da Estrada, don Joaquín Porto; fillo deste é o mestre de primeiro ensino D. José Porto Romero.
Reciben o correo por Ribeira.
*Pedro Varela, A Estrada, 1923