Casa de A Silva en Ribadulla (Arnois)
José Manuel Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
Nun lugar privilexiado do lugar de Ribadulla da parroquia de Arnois está unha casa con capela e cruceiro, que pertenceu desde o século de XVII á familia Silva.
A familia ten as súas raíces en Sarandón, onde naceu Juan de Silva, que se instalou no lugar de Ribadulla sobre o ano 1607. Juan, que traballaba as terras que arrendaba coa axuda sobre todo do seu fillo Sebastián, nacido en 1610, cedeulle en vida no ano 1636 a metade dos bens que tiña coa condición de que nunca os vendera nin hipotecara, é dicir, deixándollos en forma de vínculo para que os herdase sempre o primoxénito ou vinculeiro, de xeito que o patrimonio fose en aumento e non se repartise. Isto fixo que moitos membros da familia foran agregando bens a ese morgado. E así poucos anos máis tarde un tío cura de Sebastián agregou os seus bens a ese vínculo e logo un fillo de Sebastián en 1699 fixo o mesmo. Trátase de Francisco de Silva Fernández, secretario da Inquisición, quen aínda que casado na cidade pacense de Llerena onde tiña un “cortijo”, non tivo descendencia. Como curiosidade hai que resaltar que Juan de Silva o vello cando xa tiña catro fillos foi agraciado con dous nenos e unha nena dun só parto, polo que non é de estrañar que posteriormente houbera varios casos de xemelgos na familia.
O fillo vinculeiro de Sebastián chamouse Juan de Silva, como o seu avó. Casou con María de Nodar, irmá do escribán Andrés de Nodar, quen sen descendencia tamén agregou os bens ao morgado. En 1670 Juan era, como o seu irmán Francisco, familiar do Santo Oficio da Inquisición, polo que na capela que se fixo a finais do século XVIII a carón da casa hai un escudo coas armas da Inquisición, que son unha palma, unha cruz e unha espada.
A Juan sucedeulle o seu fillo Andrés de Silva que herdou do seu irmán Vicente, do seu tío Andrés de Nodar e do seu cuñado Andrés Jacinto Núñez Castrigo, polo que ao ser dono dun solar xunto ao río da Barreira pensou instalar nestes terreos unha fábrica de papel. Para iso contratou a Jacobo Gambino, de orixe xenovesa, que traballaba na fábrica de Faramello de Bartolomé Piombino, para facer a fábrica e logo para dirixila. Pero como a cousa non ía ben, foi cambiando de empregados á par que lles rebaixaba o soldo, mesmo a Jacobo que pasou de pagarlle 4 reais diarios a 2,5 reais (¡iso si son recortes!). Finalmente despediu a Jacobo e contratou a un francés, quen ao cabo dun ano desapareceu tras roubarlle un bo lote de mercancía para vender na feira do Carballiño.
Pero isto non foi o peor. Tiña un fillo, Andrés Antonio de Silva, que casou con Ma Bernarda Morales Sequeiros, sobriña do cura de Calo, e esta señora tiña vocación de sogra máis que de nora. Aínda que aos catro meses de casar herdou ela un morgado en Bouzas (Vigo) que lle deixou seu tío cura, como Andrés se retrasou tres meses en darlle uns cartos que lles prometera de dote, denunciouno (celebrando así o seu primeiro ano de casada), pedíndolle o dobre de cartos pois dicía que non tiña con que manterse, e mesmo lle ofreceu ao sogro darlle 700 ducados ao ano se lle traspasaba todas as súas propiedades. Despois denunciou aos cuñados polas partillas e máis adiante a seu propio fillo Ramón María de Silva pois este ao ver que estragaba o morgado pediulle facerse cargo do morgado que lle pertencía.
Ramón María, morta xa a súa nai, puido rematar a construción da capela e poñer en marcha de novo a fábrica de papel que estivera uns 40 anos parada. Ramón María, militar e ilustrado, pois tiña na casa máis de 50 títulos de libros, entre eles obras de Quevedo, Calderón e “Fiestas Minervales de Fonseca”, casou coa filla do conde de Priegue.
Os seguintes sucesores tamén casaron con xente acomodada. Vicente de Silva casou con Teresa Paseiro Cadavid (familia de escribáns e empresarios, que mercaron o pazo de Preguecido) e o seu fillo Bonifacio Silva Paseiro casou con Manuela Espinosa, tía de Dolores, a muller do dono do pazo de A Mota don Gumersindo Otero. Precisamente este tamén foi dono da fábrica de papel que os Silva venderan sobre 1841 a Ramón Otero, o pai adoptivo de Gumersindo.
Actualmente a casa e capela dos Silva pertence aos herdeiros de Eliseo Silva Espinosa e da súa muller Carolina Gómez Cedeira.
* Capicúa. 2-1-2013