Inventario de pombais en Cerdedo
Calros Solla
O vocábulo “pombal” provén do latín palumbale, construción na que se gorecen e crían as pombas (mormente, Columba livia) en estado semisalvaxe. A pomba é espécime diferente ao pombo ou torcaza (Columba palumbus), ave máis acorporada e salvaxina.
Os etnógrafos establecen a diferenza entre pombal e pombeiro, baseada tamén no tamaño: o pombeiro, de menores dimensións. “Palomar” é castelanismo.
As pombaregas son os colúmbidos que achan acubillo nos pombais ou pombeiros, a resgardo de félidos, cánidos, rapinas, cobras, mustélidos... O polo da pomba recibe o nome de pichón, do latín pipione (“que pía”). As pombas cando cantan rulan (voz onomatopeica) ou zuran; tamén rulan as rulas (ou rolas) e as perdices. Zuras (ou suras) son as pombas mansas, e con esta voz afalámolas. Por semellanza coas celas ou niñeiros dos pombais, os conxuntos de nichos onde se gardan as urnas cinerarias denomínanse, xa dende época romana, columbarios. As pombas son aves monógamas. As femias sempre poñen dous ovos por posta, dos que, xeralmente, xorden un exemplar macho e outro femia. As pombas ceibas teñen unha esperanza de vida duns cinco anos.
Pomba e Comba, do latín palumba e columba respectivamente, son nomes galegos de muller. Paloma é un chamadeiro adoito escollido para as nosas vacas. Ambas as dúas etimoloxías inspíranse nos trazos cromáticos do animal. A pomba branca simboliza a paz, e cunha póliña de oliveira no peteiro lembra o episodio bíblico da aloveada tras o dioivo universal. Na Galiza, vinte e unha parroquias (doutros tantos concellos) están baixo a advocación de santa Comba, que foi antes meiga ca santa. Santa Comba é unha santa popular, non recoñecida pola Igrexa, cuxa invocación protexe do meigallo.
O pichón estufado seica é manxar de deuses, porén, como se oe dicir, se o porco voara non habería ave que o avantaxara.
En Cerdedo consérvanse, ou temos noticia, dos seguintes pombais:
Pombal das Pezas ou dos Creghos
Construción situada na aldea de Filgueira, pertencente á parroquia cerdedesa de Castro (coordenadas.- X: 547.699; Y: 4.712.787). O pombal, desprovisto da cuberta e asoballado polas silveiras, érguese na leira nomeada As Pezas, a uns cen metros, cara ao norte, da capela dos Remedios e da eira da Ermida. É unha propiedade particular.
O pombal das Pezas (ou dos Creghos) é de planta circular e paramento de cachotaría, revocado no seu día con barro e cal. A anchura dos muros é duns 70 cm. O pombal acada os 3’15 m de altura, dende o chan até os cargadeiros dos biolos e maineis. Boa parte dos cargadeiros e maineis viñéronse abaixo a canda o armazón do tellado (cuberta cónica). Conserva, así e todo, todas as lousas do beirado, onde as pombas pousaban ou alzaban o voo. O espazo interior atinxe os 2’50 m de diámetro. O diámetro da construción atinxe os 3’90 m e os 12 m de perímetro. O pombal ocupa, xa que logo, uns 12 m2 de superficie.
O pombal, de piso terreiro, abre o van da porta cara ao leste, de 63-83 cm de ancho (abucinado) e 114 cm de alto. Na face interior do paramento dispóñense 6 fileiras de celas, habilitando uns 150 aniñadoiros.
O chamadeiro “pombal dos Creghos” testemuña a antiga vinculación do inmóbel coa Igrexa, circunstancia que é habitual. A cría de pombas e pichóns era solaz, estipendio e francachela de casas fidalgas ou abadengas, pois este gando do aire mantíñase de seu, peteirando nas searas sementadas coa suor da testa labrega. O alcume familiar “os Creghos” remítenos a un devanceiro sacerdote, beneficiario da crianza e consumo destas aves.
Pombal de San Martiño
Construción situada na aldea de San Martiño, pertencente á parroquia cerdedesa de Figueiroa. O pombal, asoballado polas hedras, érguese no medio dos panteóns do cemiterio parroquial, asumido polas sucesivas ampliacións do camposanto. O pombal de San Martiño (coordenadas.- X: 549.078; Y: 4.709.533) afástase, cara ao sur, uns 10 metros da igrexa e uns 30 m da casa reitoral (hoxe, en completo estado de ruína). É propiedade da arquidiocese, ou como din os veciños: “Pertence a Santiagho”.
O pombal é de planta circular e paramento de boa cachotaría. A anchura dos muros é duns 91 cm. Acada os 4’30 m de altura, dende o chan até o armazón do tellado (cuberta cónica de tella país e lousas de xisto no bordo). A armadura da cuberta componse de trabe central, tesoira en cruz, cangos radiais e ripas. O espazo interior atinxe os 2’42 m de diámetro. O diámetro da construción atinxe os 4’24 m e os 13’30 m de perímetro. O pombal ocupa uns 14 m2 de superficie.
O pombal, de piso terreiro, abre o van da porta cara ao poñente, de 120 cm de alto e 74 cm de largo (conserva a porta, de madeira). Dende a soleira da porta ao piso do pombal hai dous banzos de pedra. Antano, o acceso era visíbel dende as ventás da casa reitoral. Na face interior do paramento dispóñense 14 fileiras de celas, habilitando uns 315 aniñadoiros (dimensións dos niñeiros: 20x15 cm aprox.).
Cando a ampliación do camposanto parroquial, houbo intención de facelo desaparecer. Aínda permanece en pé, mais tristemente agochado tras os muros dos panteóns.

Baixo unha chuvia persistente, o pasado domingo membros do colectivo Capitán Gosende proseguimos o noso inventario de pombais cerdedeses. Nesta xornada, a inclemente meteoroloxía só permitiu ocuparnos do pombal do San Lourenzo do Serrapio, aldea que en 1897 fora desagregada da parroquia de Santo Isidro de Montes (Campo Lameiro) para pasar a formar parte da de Pedre (Cerdedo). Na vindeira entrega daremos conta do pombal da aldea vella de Vichocuntín, casarío abandonado adscrito tamén á parroquia de Pedre.
Pombal do San Lourenzo
Construción situada na aldea do Serrapio, pertencente á parroquia cerdedesa de Pedre. O pombal, restaurado hai uns anos, érguese na ladeira leste do cotarelo do San Lourenzo, en cuxo cume se erixiu, no século XVIII, unha capela na honra do santo martirizado na grella. O pombal (coordenadas.- X: 545.846; Y: 4.709.477) arrédase, cara ao sueste, uns 25 metros da capela, e a canda tres cruces e cruceiros configuran un conxunto etnográfico e moito mérito. O pombal foi propiedade particular, porén, na actualidade, permanece no limbo dos inmóbeis expropiados por Fenosa nos anos 80, a raíz do proxecto non materializado do encoro de Dorna. Así e todo, a casa das pombas figura consignada no PXOM de Cerdedo.
O pombal do San Lourenzo é unha construción de planta circular e paramento de cachotaría, xacando revocada con barro e cal. O picoto rochoso do San Lourenzo válelle de rexa cimentación. A anchura dos muros é duns 50 cm. O pombal acada uns 3’45 m de altura, dende o chan até as sopenas. Encol das sopenas armouse en tempos unha cuberta cónica (trabe medial, cangos e ripas). Sobre as ripas imbricábase a tella país. O beirado afástase das sopenas uns 34 cm. Nesta franxa, ábrense, cara ao leste, os biolos das pombas. Na actualidade, apenas cinco biolos permitirían o acceso das aves. O espazo interior atinxe os 2 m de diámetro. O piso é de terra e nun recuncho aínda se conservan algunhas tellas canle da antiga cubrición. O diámetro da construción é de 3 m, e o perímetro acada os 10 m. O pombal ocupa, daquela, uns 7 m2 de superficie. O van da porta ábrese cara ao norte. O oco presenta unhas dimensións de 112 cm de alto, 72/53 cm de largo (van abucinado) e 50 cm de fondo. Na face interior do paramento dispóñense hoxe uns 67 aniñadoiros. A fileira inferior de niñais sitúase a uns 90 cm do chan. As celas teñen unhas dimensións de 20x15x30-40 cm de fondo.
Como xa dixemos, hai unha década o pombal foi obxecto de restauración por parte do Concello. Segundo nos informou un veciño, o traballo foilles encomendado a uns operarios municipais que, pouco habelenciosos, acabaron facendo unha chambonada. Antes da restauración, o cume da cuberta rematábase cunha pequena moa de muíño. No ollo da moa axustábase un tubo cerrado de latón que erguía un catavento no que xiraba unha pomba.
Tras a restauración, as tellas que por ben debían case solapar os penais, ficaron moi recuadas, desbotouse o viraventos e o ollo da moa foi tapado cunha pedra. No pombal do Serrapio chove dentro coma fóra, e as novas madeiras xa evidencian podremia. No interior, a metade dos biolos de acceso e moitos dos aniñadoiros foron cegados con rebos e pegotes de cemento. Como engadiu o noso informante: “Os do auntamento nunca tiveron xente con arte”.
Un ferreiro de Bugarín chamado Manuel foi quen, a finais do século XIX, contratou a feitura do pombal, o depósito de auga e a casa de ao pé da estrada PO-230, na encrucillada de cara a Bugarín (Cerdedo) e Fornelos (Campo Lameiro). As pombas do pombal do San Lourenzo non tiveron máis fin ca o puramente ornamental.
Campaíña litúrxica, saudosa plumiña e cabeza antropomorfa
Por desgraza, a nosa visita ao Serrapio tamén serviu para ficar sabedores da desaparición da campaíña litúrxica do San Lourenzo, obxecto de bronce que fotografei en 2012, cadrando coa descuberta naquela aldea da pedra antropomorfa denominada Xacente do Coto das Insuas.
Aproveito o penúltimo parágrafo da segunda entrega da serie “Pombais cerdedeses” para, valéndome das plumas e das perdas patrimoniais como fío condutor, facer referencia a unha magnífica plumiña do debuxante Grato Amor Moreno (Vigo, 1949). No debuxo de Amor Moreno descubrimos, cal cata arqueolóxica, as vivendas que naquel Serrapio preexpropiado se situaban á beira do camiño da Pontapedre e que as padexadoras de Fenosa levaron por diante. Penso che un sogno così non ritorni mai più ... Volare oh, oh!, cantaba Domenico Modugno.
E para dar a despedida, deixamos constancia así mesmo da existencia dunha curiosa cabeza antropomorfa que, a xeito de cantacuco ou lampión, enfeita as sopenas do pinche dunha casa do Serrapio, no mesmo núcleo do San Lourenzo. A testa oriéntase cara ao suroeste, arrostrando estoicamente o vendaval. Segundo contan os veciños, a providencial cabeza gardou a casa do tornado que, en abril de 2013, se desatou na aldea e que arrincou árbores vedrañas, levantou tellados e causou non poucos sobresaltos. Para os incrédulos, temos constancia fotográfica das consecuencias daquel fenómeno. Poi d’improvviso venivo dal vento rapito, e incominciavo a volare nel cielo infinito... Volare oh, oh! Chova que vente, Capitán Gosende!!

Pechamos a serie dedicada aos pombais cerdedeses, revisitando o singular pombeiro de Vichocuntín de Arriba, casarío abandonado ao longo do século XIX que o colectivo Capitán Gosende deu a coñecer en 2013. Dende aquelas, mercé do noso exitoso patrocinio, a aldea vella de Vichocuntín converteuse nun dos lugares máis visitados e fotografados de Cerdedo, territorio orfo de alicientes per se e faltoso de atractivos por neglixencia. A posterior remodelación do cruzamento da estrada de Ourense coa estrada do Serrapio argallada pola autoridade (ano 2018), provocou a perda de boa parte da barreira vexetal (unhas 2 ha de arboredo autóctono) que, antano, preservaba this lost world, belísimo museo etnográfico, das inxerencias da groseira modernidade. En Capitán Gosende racionalizamos as perdas patrimoniais provocadas pola execución de obra pública carente de obxecto e pertinencia, ratificando o dito: Dunha mula só se pode esperar unha patada.
Pombal da aldea vella de Vichocuntín
Construción situada na aldea vella de Vichocuntín (ou Vichocuntín de Arriba), pertencente á parroquia cerdedesa de Pedre (coordenadas.- X: 547.517; Y: 4.709.157; alt. 318 m). O pombal, desprovisto da cuberta e inadvertido entre unha fronde de mimosas (Acacia dealbata), érguese na parte alta do casarío, a escasos cen metros ao norte da estrada xeral. É propiedade particular, mais, coma todos os bens daquela ribeira, está afectado polas expropiacións acometidas por Fenosa nos anos 80.
O pombal de Vichocuntín é de planta cadrada e paredes de cachotaría de granito, revocadas antano con barro e cal. A anchura dos muros é duns 60 cm. O edificio acada os 4’20 m de alto, dende o chan até os penais. A esta medida hai que engadirlle o metro que levanta a cuberta a catro augas, dende a trabe até o cume (altura total: 5’20 m). A armazón da cuberta compúñase dunha trabe medial, puntal, catro trabiñas esquinais, oito cangos radiais, ripas, cobertura de láminas de lousa e, no bico, un cantacuco cónico de pedra (pináculo). O espazo interior acada unha superficie de case 10 m2. Base cadrada perfecta (4’40 m de lado), o pombal ten un perímetro de 17’6 m, atinxindo unha superficie duns 19’4 m2. As sopenas arrédanse do beirado uns 45 cm. Nesta franxa da construción, abríanse en tempos uns 25 biolos. Na actualidade, apenas permanecen expeditos os biolos das paredes leste e sur; os máis foron cegados. O beirado contorna as paredes sur, leste e oeste. No cabo das paredes leste e oeste, o beiril remata nun hexaedro irregular de pedra.
O pombal, de piso terreiro, abre o van da porta cara ao leste. O oco posúe unhas dimensións de 120 cm de alto, 62/90 cm de largo (van abucinado) e 60 cm de fondo. Nas paredes interiores repártense de xeito irregular un cento de aniñadoiros de volumes disimilares. Unha ducia de celas foron xacando obturadas. Os niñais inferiores afástanse do chan uns 70 cm. Na parede sur e á mesma distancia do chan, dispuxéronse dúas grandes lacenas, de 123 cm de longo, 70 cm de largo e 50 cm de fondo. En cada unha das lacenas, abríronse tres buracos pasantes cuxa función, probabelmente, era a de soster media ducia de cangos que, no exterior, armaban un alboio (hoxe inexistente). As seis entallas abertas na parede sur dan testemuño. As paredes interiores presentan un rebaixe á altura dos biolos, aprestando o pousadoiro das aves.
Na actualidade, a construción vese arrodeada por innúmeras acacias que, grosas e inestábeis, poñen en grave risco a súa integridade.
O pombal pouco común da aldea vella de Vichocuntín non figura, inexplicabelmente, no PXOM de Cerdedo.
Pombal da Rampla
Dita construción, hoxe desaparecida, situábase na Rampla, no núcleo da parroquia de Cerdedo, no lugar nomeado antigamente O Pombal (oíase: O Palomar), xusto no empalme da estrada de Ourense coa estrada de cara a Presqueiras e á altura da antiga botica de Gamallo (coordenadas.- X: 550.159; Y: 4.709.048). Coidamos que aínda existía en 1956 (véxase a fotografía do Voo Americano), sendo derrubado pouco despois por mor do ancheamento do vial que comunica Cerdedo coa ponte Piñoa (dirección Presqueiras). O pombal arrequecía o igrexario de San Xoán.
De planta circular, cuberta cónica e muros encalados, tiña ao parecer un tamaño inferior ao da parroquial de San Martiño.
Traballo feito non corre présa. No remate deste noso proveitoso paseo polos pombais cerdedeses, Rosalía agasállanos coas honras do ramo:
Daquelas que cantan as pombas i as frores
todos din que teñen alma de muller.
Pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma,
¡ai!, ¿de qué a teréi?