Guimarei*
Pedro Varela
Parroquia lindante coa Estrada, de 146 cabezas de familia e 788 habitantes.
Uimarei, Vimarei e Vimarey; destes tres modos vimos escrito en documentos antigos o nome da freguesía, e iso serviunos de base para deducir o significado, que é: “punto ou localidade de vimieiros, onde abundan os vimbios”. De bimar ou binar (dar segundo labor ás terras) también puidese vir Guimarei ou Bimarei.
Lugares: A Torre, A Painceira, A Costa, Algalia, Outeiro, Campos, Gudín, A Cruz, San Xiao, Xerlís, A Torrevella, O Cogoludo, Rial, A Devesa, Veiga de Abaixo e A Cardavella.
Os foros do lugar da Painceira teñen todos millo miúdo e paínzo, o cal demostra que o terreo produce esa gramínea, e de aí o nome do casarío. O significado de Algalia é, “posterior”, “baixo”, aplicábel ao caso. Torrevella, por unha torre que alí houbo. Rial está ao pé dun regato. Cardavella, “onde a vella cardaba la”.
Deixamos para último lugar A Torre, que ten a súa importancia histórica, porque a tal torre ou fortaleza antiga aínda está en pé e o mesmo a casa señorial que lle deu orixe. «Da casa de Vilar de Paio Muñíz en Corneira, arciprestado de Barcala, era o ilustre señor D. Melchor Mosquera de Sotomayor Villar y Pimentel, señor da casa de Guimarei, do couto do Viso e Cruz de Merza, administrador xeral pola súa Maxestade da Real Fábrica de Salinas de Galicia, mordomo más antigo que foi do Serenísimo D. Juan de Austria». O mesmo D. Melchor, en decembro de 1692, outorgou carta foral, titulándose dono e señor da Torre de Guimarei, couto e xurisdición do Viso. Aínda se conservan no escudo colocado sobre a porta principal, dúas inscricións que din: «Villar». En tempos antigos aquela mansión señorial debeu ser moi importante, a xulgar polos vestixios de extensas edificacións que se ven sobre o terreo. Cóntase que todo iso o incendiou Pedro Madruga, nunha das súas andanzas, co afán de que só quedase en Galiza a súa casa de Soutomaior para servir de residencia real; e como existen sinais do incendio, o conto non vai descamiñado do todo, aínda que puido ser casual o lume ou debido a outros motivos. Molina, célebre escritor de asuntos galegos, asegura que os Irmandiños derribaron varias fortalezas e puido ser unha delas a de Guimarei. A edificación ou casa actual é relativamente moderna, moi sólida, de planta baixa e teitos abovedados con pedra labrada. A torre, aínda que carece de teito, consérvase bastante ben, debido ao perpiaño con que está construída. Os muros teñen sete cuartas de groso; a base é un rectángulo que se achega moito ao cadrado; a súa altura é duns 15 metros; ten seteiras por todos os lados e na parte superior, en cada ángulo, a figura dun canón en pedras saíntes, detalle demostrativo de que a obra foi feita xa entrada a Idade Media, despois do invento da pólvora e armas de lume. A casa e terra que a rodea están dedicadas hoxe a Estación Agronómica e pertencen ao marqués de Aranda e de Guimarei, señor de Rubiáns, que posúe outros terreos e cobra foros na contorna. O título de marqués de Guimarei foi outorgado por Felipe V no ano 1716 e o de señor de Rubiáns, por Carlos III en 1761.
Linderos da parroquia: norte, Lagartóns e A Estrada; sur, Tabeirós e A Somoza; leste, Cereixo e oeste, A Estrada e Ouzande.
Vías de comunicación: a estrada de Vilapouca a Ponte Vea pola parte oeste, e a de Cereixo por nordés; camiños rurais; a ponte de Xerlís e os pontillóns da Algalia, Ousendes, Sanlouzáns, Zarabeto, A Torre e A Devesa. O Estado aprobou o proxecto dun camiño desde A Estrada á Torre.
Bañan o territorio os regatos de Ínsuas, que xorde no Zarabeto e o de Ponte Nova ou Xerlís, que nace na Somoza. Tamén vén da Somoza a auga da presa xeral que constitúe unha riqueza para Guimarei e deu lugar a un sonado preito.
Aínda que esta parroquia é de grande importancia, está abandonada en canto a instrución primaria, pois non ten ningunha escola: foron aprobados polo Ministerio os expedientes para crear unha de nenos e outra de nenas, pero o momento non dá chegado. Os labradores están asociados agrariamente mediante un sindicato e teñen seguro de gando.
No eclesiástico: esta freguesía ten por filial á Somoza, por patrón a San Xiao; hai un cura e un coadxutor; o curato é de entrada presentación do marqués de Aranda, señor de Rubiáns e de Guimarei. A igrexa é espazosa aínda que de pouca altura, e presenta sinais de ter sido reformada con engadidos entres ou catro épocas distintas. Sobre a porta lateral do norte lese: «M. D. C C I X». Polo leste, hai esta inscrición: «Anno Domine MDCCCLX—Aedificans aedificavi sacrarium hoc habitaculum tuum, Domine, ut exaudias orationem mean et dixit bene ficiste erit nomen meum ibi in aeternum. Parocho D. Dominico Antonio Núñez». Polo mesmo punto leste e tamén polo frontis, hai escudos do marqués de Guimarei, que fixera a igrexa primitiva no lugar da Torrevella; despois de arruinarse ese templo, construíron outro nun terreo, hoxe herbeira, de D. Manuel Sanjiao, próximo á igrexa existente. O cardeal Payá, nunha visita que fixo á parroquia, ordeou que se queimase a primeira capa de herba que nacese no terreo onde estiveron a igrexa e o cemiterio, para que non a comese o gando. En cada unha das catro esquinas do mesmo terreo, colocouse unha cruz de madeira, pero actualmente ningunha delas existe. Nos libros parroquiais consta que, como a devandita igrexa estaba moi próxima á presa xeral, pola parte inferior a filtración das augas prexudicábaa de tal modo que houbo necesidade de clausurala en 1709. A actual foi construída por Andrés de Fontaíña, mestre de cantaría, veciño de Pedre, por 6000 reais de vellón; a obra durou desde o 21 de marzo de 1708 e inaugurouse o día 6 de agosto de 1709, sendo cura D. Feliciano Fernández de Boán. Eran tempos de fame, nos que custaba 25 reais o ferrado de millo e 18 o de centeo, prezo enorme para aquela época. Tamén nos libros parroquiais consta: «no adro da igrexa parroquial de Guimarei a 8 de abril de 1836, deuse sepultura ao cadáver de D. Fernando Lorenzo, que se achou no camiño público do lugar da Estrada, en termos da devandita parroquia; enterrouse na 4ª fileira e última polo fondo, formando liña recta coa esquina do corpo da igrexa, e marcouse cunha cruz feita a pico». «En virtude de que Dª Ramona Arén, viúva, pediume licenza para transportar á parroquia de San Martiño de Riobó por medio de D. Antonio Paseiro, boticario da Estrada como o manifesta a súa carta a data de hoxe, os cadáveres do seu marido e do seu irmán D. Eduardo Otero e D. Gonzalo Arén, que tamén se acharon no camiño da Estrada en termos desta parroquia de Guimarei; en efecto, concedínlla e leváronos, e para que conste asínoo como cura párroco, a 8 de abril de 1836, Domingo Antonio Núñez».
Os tres señores a que aluden estas actas aquí incluídas, foran fusilados polos carlistas o 7 de abril do referido ano.
Festas anuais: San Xiao, o 7 de xaneiro; o día seguinte, o Rosario; o terceiro domingo do mesmo mes, Santa Lucía; Santa Polonia, o luns de Carnaval; as Flores, o último domingo de maio; San Antonio, o 13 de xuño; San Ignacio o 30 de xullo; as Dores, o terceiro domingo de setembro; San Roque, o día seguinte; o Corazón de Xesús, festa movíbel, no día correspondente de cada ano; o Sacramento, o 6 de agosto; San Ramón, o 28 do mesmo mes.
Outras particularidades: No lugar da Algalia hai unha capela, advocación de San Ildefonso, fundada polo Cóengo Racioneiro de Santi Spíriti de Santiago, D. Alonso Martínez de Barcia no ano de 1706.
Umarei (Guimarei) foi doada a Santiago por Fernando II.
En 1706 fundouse o vínculo da casa de Cobas por D. Alonso Calvelo de Castro e a súa esposa Dª Josefa de la Fuente. Tamén eran vinculares as casas dos herdeiros de Soto no Outeiriño, e a de D. Benito Gómez, en Xerlís; e distinguíase a que hoxe pertence a Badía, procedente de D. Juan Andújar, Cabaleiro Maestrante de Ronda.
A Casa de Veiga de Abaixo, hoxe de Ventura Bermúdez, dise que procede dun personaxe morto pola Inquisición.
O Concello, en sesión de 21 de setembro de 1877, acordou a creación dunha feira no punto da Cruz, para celebrala os días 19 de cada mes; debeu ter pouca vida, pois apenas queda recordo dela na localidade.
Á parroquia que nos ocupa agregáronlle o lugar de Xerlís, hai uns 50 anos.
Na parte inf9erior da casa reitoral, vese a fonte de San Ignacio, que foi bendicida polos padres xesuítas Santos e Conde, co gallo dunha misión; e perdura o costume de bendicir as augas o día do santo nun pío feito expresamente, para despois levárenas os devotos para as súas casas con fins relixiosos.
En Sanguiñeiro, nun terreo situado fronte á casa do peón de camiños, encontrou Juan Campos, de Rial, os alicerces dun forte muro e mais un muíño de man.
Na Fervenza existe o punto coñecido por “Pozo dos Mouros”, notábel pola súa profundidade. As augas, discorrendo por entre uns penedos, caen alí desde unha enorme altura. Hai uns 35 anos, unha mole de pedra socavada pola corrente descendeu ao precipicio causando un ruído espantoso que se sentiu en toda a parroquia. O vulgo di que a ese pozo levaban os mouros as súas cabalarías por un subterráneo, desde o Castro, para abeberalas. O tal Castro é o que existe inmediato á estrada de Vilapouca a Ponte Vea, en termos do lugar de Outeiro. Por outra banda, hai que ter en conta quemouro en galego significa tamén “negro”, e neses pozos parece ennegrecida a auga debido á profundidade.
En Xerlís había en 1712 un escribán, D. Baltasar Gómez de Castro, sucesor doutro, D. Benito Gómez do Vilar, que actuaba en 1681.
Pola independencia nacional, cando foi a invasión francesa pereceron Jorge do Campo, José Touceda, Jacinto do Porto e Fernando Piñeiro.
Hai en Guimarei algúns establecementos comerciais e cartería.
*Pedro Varela, A Estrada, 1923.