Sobreira de Valboa
A Sobreira de Valboa (Arnois): considerada a máis antiga de Galicia, xa se ten constancia dela no S.XVI, reinando os Reis Católicos, como pertencente á casa da Vila dos Hórreos. Este fastuoso exemplar, considerado o primeiro de Galicia non só pola súa idade senón tamén polas súas dimensións, logrou sobrevivir ó paso do tempo e incluso a un incendio que lle deixou un enorme oco no tronco.