Co gallo de dedicarse a Marcial Valladares o “Día das letras galegas” de 1970 a editorial Galaxia publica a novela Maxina daquel “precursor” cun prólogo do profesor Carballo Calero, que reproducimos:
Ricardo Carvalho Calero
Este escritor, Marcial Valladares Núñez, nado en Vilancosta, freguesía de San Vicenzo de Berres, na Estrada, o 14 de xuño de 1821, foi un distinguido periodista e erudito. Colaborou con don Antonio Machado Álvarez, ao que proporcionou materiais folclóricos. En 1884 licenciouse en Dereito pola Universidade compostelá. Retirado á súa aldea natal dende 1866, consagrouse ás letras, abandonando as actividades políticas ás que dedicara algún tempo parte das súas enerxías; até que finou alí mesmo o 20 de maio de 1903.
Como novelista Valladares merece atención especial, pois é cronoloxicamente o primeiro da nosa renacenza. Efectivamente, a el débese a primeira novela galega, Maxina ou a filla espúrea, publicada en La Ilustración Gallega y Asturiana. Coa redacción desta obra realizou un grande esforzo en varios sensos. Dende logo, aínda que non se trate dunha novela moi extensa, Valladares superou todos os seus predecesores e contemporáneos do renacemento galego no que se refire ás dimensións do escrito. Maxina é, efectivamente, a obra en galego máis extensa entre as publicadas por aqueles tempos. Tratándose dunha novela de asunto contemporáneo e que en grande parte quere ser de costumes, o autor víase obrigado a resolver unha infinidade de problemas de léxico, morfoloxía e sintaxe, para cuxa solución carecía de modelos e practicamente de antecedentes de calquera orde. Estaba, porén, ben preparado para o desempeño deste cometido como estudoso ben acreditado da fala, á que catro anos despois tiña de ofrecer o seu Diccionario gallego-castellano. Un tesouro de sabedoría verbo da lingua popular está esparexido polas páxinas de Maxina. Mesmo por veces a riqueza de léxico é superabundante e as frases semellan compostas exclusivamente para introducir verbas enxebres. Malia o que esta preocupación poida prexudicar a fluidez artística do relato, se non pode negar a importancia que dou á palabra como museo da lingua, como arsenal de vocábulos para a futura prosa galega e como documento histórico da fala real, xa que, adiantando o proceso de corrupción do idioma popular, este tipo de obras son as únicas autoridades de que dispomos para coñecer o estado daquel en cada intre.
Non é menos venerable a obra como o primeiro ensaio da novela galega, xa non polo que se refire á súa prosa, senón en canto esforzo por fundar un xénero. Por descontado, Valladares ten máis importancia como lexicógrafo que como novelista. Pero ter intentado e levado a cabo a primeira novela galega é xa un mérito histórico que lle non debemos relear. Contra o que se poida prever, Valladares non escribiu unha novela rural. Hai en Maxina labregos, pero tamén hai señores, e estes desempeñan na fábula os papeis principais. Maxina é, en realidade, unha novela de xinea romántica, do tipo de asunto contemporáneo, como, por exemplo, o Flavio de Rosalía de Castro. Pero o sentimentalismo de Valladares está temperado pola moderación característica deste escritor. Escribindo en 1880 e profesando ideais literarios rexionalistas, non podía dispensarse de escribir escenas de costumes ou tipos populares cun pintoresquismo máis ou menos realista.
A exposición e o desenlace da novela están tratados cun tempo lento, minuciosas descricións de persoas, lugares e obxectos e puntual crónica das accións, teñan moita ou pouca importancia para o desenvolvemento da fábula. Pero no medio da obra pasan os anos rapidamente, o autor renuncia a seguir os personaxes decotío e, se ao comezo da novela asistimos ao nacemento de Maxina, somos invitados á súa voda ao final.
Maxina, que dá título ao conto, non é, porén, a protagonista do mesmo, aínda que si, mesmo antes de nacer, é a causa desencadeante dos acontecementos.
Nomes non menos peregrinos que Maxina levan outros personaxes da novela. Así, Otilia, Salvio, Veranio, Ermelio, Adria e Fara. No diálogo, a xente fina fala o castelán, aínda que sexa cos labradores. Os labregos falan en galego. Algúns personaxes cómicos empregan o castrapo. Estes trazos de inocente realismo e os inevitábeis convencionalismos e inverosimilitudes non son dabondo para restar interese a este petrucial prototipo dun xénero aínda hoxe non ben desenvolvido.
Maxina ofrece a curiosidade de nos presentar unha muller embarazada que ignora quen foi o autor do seu estado. Otilia asiste a un baile de máscaras no teatro de Santiago. “A medianoite.... entra no salón unha comparsa rara, chamada dos magnetizadores, por consistiren as súas bromas en querer magnetizar a aquel ou este... Un dos da comparsa... tanto de magnetismo lles falou.... que.... foron até un gabinete non moi alumeado, onde o descoñecido máscara, con estudada verba e novas garatuxas cloroformizou... e abusou de Otilia”. Esta atópase, así, encinta sen saber de quen.
Tan curiosa e dabondo fantástica situación tiña xa sido tratada literariamente polo famoso escritor alemán Heinrich von Kleist (1777-1811) na súa novela A marquesa de O... Tal marquesa, durante o asalto dunha fortaleza, sofre un desmaio. Tempo despois resulta incribelmente embarazada, sen que garde a menor lembranza do acto de posesión que tivo lugar durante o desmaio mencionado.
Tanto en Kleist como en Valladares vense ao cabo en coñecemento de quen é o pai da criatura, aínda que en circunstancias moi distintas.
Merece tamén un pequeno comentario a técnica de desenlace empregada polo noso novelista. Conduce este ao cabo os acontecementos cara un final feliz. A desditada Otilia e o seu constante namorado Salvio poden finalmente reunírense e viviren tranquilos. Todo é ledicia na casa de Sancti-Petri. Todo o desenvolvemento da novela asegúranos, cando entramos no penúltimo capítulo, que o autor non ten xa outra cousa que facer senón describirnos unha voda e pechar o relato con todos consoladores e optimistas. Pero supetamente, bruscamente, deixándonos verdadeiramente pampos, don Marcial preséntanos un remato inesperado. A probe Otilia, cando xa non ten motivos para vivir anguriada.... louquea! “Louqueara!!!” escribe o novelista con triple signo de admiración. E a cousa é realmente para admirar. Seméllanos dende logo inxusta a sorte que se depara á heroína, se enfocamos sentimentalmente a obra, como farían as lectoras de La Ilustración. Non vemos xustificación psicolóxica nin artística suficiente nesta peripecia. O noso corazón alimenta un intre a desesperada esperanza de que Otilia recupere a razón. Mais, non ocorre nada disto e o que non podemos negar a Valladares é o mérito de nos sorprender completamente. Tanto é así que se nos ocorre pensar se o seu plan primitivo era o final completamente feliz e só a última hora, cando tiña que escribir as derradeiras páxinas, se sentiu un pouco ofendido coidando que todo lector deba por descontado o que tiña que vir, e quixo demostrar que era dono dos seus personaxes até o final e que podía facer con eles, non só o que agardaba o lector, senón tamén o quen non agardaba.

Your browser does not support viewing this document. Click here to download the document.

|