MILLERADA: é un abundancial de millo, é dicir, o seu significado é “grande cantidade de millo”. Esta palabra deriva do latín MILIUM, e na actualidade utilizámola para nos referir á planta gramínea orixinaria de América; pero inicialmente millo designaba outro cereal ao que o americano veu substituír por ser este moito máis produtivo e alimenticio. Por iso, para diferencialos, o que orixinalmente se chamaba millo, hoxe coñecémolo como millo miúdo ou paínzo.
A Capela de San Antonio de Garellas foi fundada en 1668 por Don Gregorio Reigosa.
|
|
A Capela de San Antonio de Garellas foi fundada en 1668 por Don Gregorio Reigosa.
Esta consta dunha planta rectangular, con muros de cachotaría e cantería de granito e cuberta dunha tella de dúas augas. O escudo que se atopa na fachada, pertence á familia do fundador. É unha das capelas máis antigas do concello de Forcarei, xa que se atopa nunha zona moi importante no pasado histórico, cousa que demostra o castro de Garellas. A capela foi restaurada no ano 1994, a primeira foto foi tomada o día catro de febreiro do ano 1995. Na terceira foto amósase unha cruz misteriosa situada na parte traseira da capela. A última foto é do 8 de xuño do 2025, a capela ten tres bandeiras debido á celebración do San Antonio. |