Simboloxía franquista en Cerdedo (6ª entrega)
Calros Solla
- Fonte pública de Figueiroa
Localización
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Figueiroa.
Lugar: Figueiroa.
Coordenadas: X: 549.761; Y: 4.710.224
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1950, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local da Falanxe. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte e pío. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falanxe (xugo e frechas) e por debaixo riscáronse as siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 45 cm x 31 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falanxe]
J. A. M. 1950
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Fonte pública de Figueiroa
Localización
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Figueiroa.
Lugar: Figueiroa.
Coordenadas: X: 549.756; Y: 4.710.312
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1950, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local da Falanxe. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte e desaugadoiro. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falanxe (xugo e frechas) e por debaixo riscáronse as siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 55 cm x 33 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falanxe]
────
J. A. M. 1950
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Fonte pública de Figueiroa
Localización
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Figueiroa.
Lugar: Figueiroa.
Coordenadas: X: 549.723; Y: 4.710.354
Inmóbel: Fonte pública con dúas inscricións memorativas. Na pedra cabeceira orixinal (inf.) tallouse a data de construción: “1929”, enmarcada por trazos xeométricos. Posteriormente, sobre a cabeceira orixinal asentouse unha cornixa soportando un remate trilobulado. En cada un dos lobos riscouse un motivo floral (un hexapétalo e dous tripétalos). Os motivos florais encadran o emblema de Falanxe. Por debaixo riscáronse as siglas J.A.M. e mais a data da reconstrución: “1950”, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local da Falanxe. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. Esta fonte é un claro exemplo de usurpación (non é o único caso, pero si o máis evidente). Restaurado recentemente, o inmóbel consta de fonte e pía. Non se aproveitou a restauración para eliminar a simboloxía preconstitucional. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa segunda inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto orixinal ocupa unha superficie de 100 cm x 26 cm. O texto franquista ocupa unha superficie de 44 cm x 28 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falanxe]
J. A. M. 1950
1929
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando os motivos florais, os xeométricos e as datas de construción e reconstrución: “1929” / “1950”.
- Fonte pública de Figueiroa
Localización
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Figueiroa.
Lugar: Figueiroa.
Coordenadas: X: 549.646; Y: 4.710.344
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local da Falanxe. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pía e lavadoiro. Na cabeceira da fonte, o emblema de Falanxe (xugo e frechas) tallouse á esquerda e, á dereita, riscáronse a data de construción (sup.) e as siglas J.A.M. (inf.). As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 59 cm x 21 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falanxe] 1952
J. A. M.
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Fonte pública de Vilar (fonte do Quinteiro de Baixo)
Localización
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Figueiroa.
Lugar: Vilar.
Coordenadas: X: 549.152; Y: 4.710.677
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local da Falanxe. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pía e lavadoiro. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falanxe (xugo e frechas) e por debaixo riscáronse as siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 42 cm x 33 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falanxe]
J. A. M. 1952
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
* Na aldea de Deán localizamos unha fonte e lavadoiro. Na pedra do muro acaroado ao inmóbel labrouse a inscrición “FT / DO / AGRO / 1949”. A data de construción non se acompaña de simboloxía franquista.
* No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha fotografía dunha fonte de Figueiroa (rueiro da Cruz) que data da súa inauguración (1950). Na foto, a cabeceira da fonte exhibe a simboloxía franquista que, en época recente, uns veciños retiraron e fixeron desaparecer.
Continuará...