Este acto será presentado polo escritor estradense David Otero, e contará coa presenza do propio autor ademais do Director da Editorial SEPT Francisco Domínguez Martínez, e do membro desta editorial e autor do libro “Conversas do P. Seixas”, Silvestre Gómez Xurxo.
O Padre Seixas é unha figura fundamental da nosa cultura en canto promotor da galeguización da igrexa. Manuel Cabada Castro afonda na biografía desta personalidade e nas súas conviccións achegando luz a Xaime Seixas, e con el a nosa cultura e historia recente.