Durante o evento entregáronse diversos premios
A celebración estivo presidida pola titular da entidade, Gódula Rodríguez Señarís, quen recibiu aos participantes no encontro dedicado este ano aos emigrantes Manuela Rey Ortiz ( Vinseiro, A Estrada 1942) e José Mª Teo Barcala (Vexa, A Estrada, 1932)
Entregáronse estímulos ás familias Vila, Martínez-Carou, Vinseiro, Fijón, Cribes, Senra e Buela- Valdespino pola súa longa data como socios e o seu destacado labor social.
Pola súa banda, os asociados Martha e Francisco Rodríguez; Dores e Antonio Torres; Daysi López; Delia López; Gódula Rodríguez e Manuel Barros foron recoñecidos pola súa participación nos eventos literarios ‘Encontro coas nosas raíces’ celebrados nos anos 2010 e 2012.
Así mesmo, foron premiados os catro gañadores do Concurso ‘Coñece á Estrada e a Galiza’: Belinda Crespo, Sonia Laíño, Emilia Peñalver e Adrián Calvo, así como o directivo da Agrupación de Sociedades Comarcais, Felipe Cid.
Na gala artística participou un elenco integrado por alumnas da Escola de Danzas Españolas da profesora Dunia Machado, o tenor Bernardo Lichilín, a soprano Zoylín Ibarra e a coreógrafa e castañuelista, Belinda Crespo, cun variado repertorio de danza e música de Galicia, España e Cuba. A festa concluíu cun brinde e unha merenda- buffet.