A loitar!
Xosé Manuel Cabada Vázquez
¡Ánemo, galegos! ¡Todos a loitar! Que o día que tanto arelaron os vellos pra ser a Galiza libertá á porta xa está. ¡Pillémo-las fouces! ¡Marchemos á liza sega-las cabezas daqueles treidores que tantos escarnios fixeron da nosa Galiza! ¡Seguemos sen medo pra logo acabar!... E quede dende hoxe pra sempre o galego liberto de tales larpeiros!... ¡Sexamos hirmáns! O tempo é chegado. Corramos axiña vingar as inxurias que tantos fixeron da nosa terriña. * "El Emigrado", A Estrada. 30 xuño 1923. |