Por iso imos recordar ao seu fillo cando se cumpren 100 anos do seu nacemento cunha ofrenda floral o vindeiro sábado 1 de febreiro no cemiterio da Estrada, onde se atopa xunto coa súa nai, a estradense Virxinia Pereira.
Aproveitando esta lembranza de quen fora o seu fillo biolóxico, quixemos tamén recordar a descendencia ideolóxica que deixou Daniel Castelao presentando un libro sobre os mozos que logo da súa morte, recolleron o facho do seu pensamento e reconstruíron o nacionalismo galego na terra coa constitución do Consello da Mocidade, do cal vimos de cumprir o seu 50 aniversario. Para isto imos presentar o libro “Do Piñeirismo ao Consello da Mocidade. O Rexurdir do nacionalismo galego” coa presenza dos seus autores Uxío Breogán Diéguez e Xoán Carlos Garrido e a proxección do documental da Fundación “Moncho Reboiras” sobre a historia deste Consello da Mocidade do ano 1963.