“Eu teño un amigo,
amigo sincero,
amigo que quero
que fale comigo.”
(19 de Xaneiro 2014)
Morreu meu amigo Balbino,
din que era un grande escritor,
pra min morreu un amigo
home de pluma e honor!
“En Cuba sempre camiñan
xuntos poesía e combate”,
escribiches grande amigo
dun cubano humilde vate.
Ti que fuches unha estrela
alumeando no universo
e fuches tan xeneroso
falando de humilde verso.
Graciñas reciba o ceo
por ter sido o teu amigo
non importa se falaches
ou non falaches comigo.
Trinta e un anos en Cuba,
casado cunha cubana,
xa tamén eras cubano
desta terra soberana!
Co teu Sóngoro Cosongo
de teu amigo Nicolás
despídoche amigo, irmán,
que descanses sempre en paz.
Galiza perdeu un fillo,
Cuba perdeu un irmán,
coa terra de Rosalía
sempre unidos nos verán.
Onde queira que ti esteas
recibe aperta no altor
grande amigo Neira Vilas
dun poeta e loitador!
Manuel Álvarez Fuentes
27 de Novembro 2015