Mar de Lumes é unha organización galega que traballa no ámbito da solidariedade internacional cuxos tres principios fundamentais son: o combate ao imperialismo, o apoio aos procesos de emancipacion e a internacionalización do conflito nacional galego.
O vindeiro venres 18 de marzo, o Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes organizará unha palestra na que se tratará o conflito que está a vivir o pobo kurdo, que sofre dende hai décadas a falta de recoñecemento das súas aspiracións nacionais e de liberdade. Será na Galería Dispara ás 20:00 horas, da man de Oscar Valadares.
Mar de Lumes é unha organización galega que traballa no ámbito da solidariedade internacional cuxos tres principios fundamentais son: o combate ao imperialismo, o apoio aos procesos de emancipacion e a internacionalización do conflito nacional galego.
0 Comments
Alba Rivas Gracias.
Gracias benquerido alcalde por iniciar os trámites desta fusión. Gracias por escoitar ás veciñas. Gracias polas reunións informativas, e polos plenos. Gracias pola elegancia e a boa disposición cara as que discordamos diante dos medios. Gracias por escusarse na falta de poboación para unirse con Cotobade, ou con quen sexa. Gracias polos chistes sen gracia. Gracias polos ataques persoais a veciñas que se expresan libremente perante accións políticas. Gracias infinitas polo caciquismo. Alcalde, gracias de verdade, por todo iso e máis. Gracias, porque co acordo interesado e ruín da fusión Cerdedo-Cotobade, temos a oportunidade de volver a xuntarnos as veciñas. De intentar entender entre todas de que vai esta merenda. De descubrir que as reunións informativas teñen de información sobre a fusión o que o monte Seixo ten de palmeiras. De visualizar o canto vale un voto, para o cacique, e canto valen os favores e as ameazas. Gracias tamén, sobre todo, por avivarnos o sentido do humor e a alegría. E gracias por lembrarnos que se nos fusionamos pensemos o que imos pedir porque por si acaso o esquezo adxunto en nota de prensa a lista das miñas peticións: 1. Que a fusión sexa coas veciñas da aldea, coidando unhas das outras, e axudándonos cando fai falta, mesmo que non estemos censadas aquí, se a miña veciña de Cabenca me vén pedir sal, lévollo eu antes que quen está censada aquí e vive en Ponte Vedra. 2. Que se a excusa é a falta de poboación, se cedan as ruínas sen propietarias a xente que queira habitalas, e se acollan con forza e servizos ás novas habitantes. 3. Que creamos en nós mesmas e no pedazo de terra no que estamos, Cerdedo, e que nos valoremos. O río Seixo, o Lérez, a Bichoca, as torres dos Mouros, Manuela de Barro, os Abrentes, as pandereteiras todas, as nenas que veñen bravas e valentes, os pastores, Porta Alén. 5. Que valoremos os nosos recursos naturais e culturais e non os deixemos expropiar por unha fábrica de colchóns. 6. Que nos queiramos, mesmo que nos pareza que a veciña se está equivocando, que nos apoiemos entre nós. 7. Que se se toman decisións, decidamos nós. 8. Que valoremos a auga e non lle poñamos prezo. 9. Que riamos, choremos e bailemos xuntas. 9.Que sexamos quen queiramos ser, sen atender aos favores do cacique. Gracias Balseiros, porque non estamos soas, porque somos bravas, radicais da sinxeleza e da interdependencia. Apasionadas da transparencia e da lucidez. Do espertar coletivo. Da risa. Gracias. Se estas peticións non se cumplen, declaro tamén publicamente, a independencia unilateral da miña casa na aldea da Revolta, na parroquia de San Xoán de Cerdedo, do concello de Cerdedo, do de Cotobade, e de todas as autoridades aburridas e grises que neguen o noso ben facer. Quixeramos engadir, ademais, que coa fusión a bisbarra de Terra de Montes ficaría esfarelada e iso conlevaría non poucos perxuízos socioeconómicos e culturais non só para a veciñanza de Cerdedo, mais tamén para a de Forcarei.
En positivo: Para nós a solución dos pequenos concellos galegos cada día máis despoboados non son as fusións de municipios, pois precarizan os servizos e sitúan á administración local cada vez máis lonxe dos veciños, sen por iso poñer couto ao declive demográfico. A solución pasa por mancomunar servizos para racionalizar o gasto. Tamén pasa por mudar a lei de financiamento estatal que discrimina aos pequenos concellos galegos, ingresándolles un 20% menos que a media española, debido a que Galicia ten un poboamento disperso e numerosos núcleos de poboación, o que fai máis caro dotalos de servizos. E a actual Lei tampouco contempla criterios correctores do envellecemento da poboación, un feito que tamén orixina máis gastos médico-sanitarios e de dependencia. Compre mudar esta Lei con urxencia. Por último, e ao contrario do que se veu facendo ate agora, compre que os Concellos leven a cabo políticas que fixen poboación, promovendo a riqueza patrimonial, agrogandeira, forestal e natural que a Terra de Montes atesoura, acabando de unha vez coas políticas clientelares que só benefician aos amigos a costa dos orzamentos, cos gastos desmedidos na retribución dos Alcaldes e coas obras faraónicas que todos e todas coñecemos. Saúdos. Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes Verbo Xido omos veciños libres coa única ideoloxía do SENTIDO COMÚN. Esta plataforma está formada por cidadáns, sen siglas políticas, comprometidos por traballar polo ben común dos nosos Concellos.
MANIFESTAMOS:
Por todo isto, por todas estas preguntas sen contestar, por todas as dúbidas que non nos saben resolver os nosos alcaldes, pola forma na que se levou a cabo este proceso de fusión EXPOMOS: O noso desacordo coa fusión de Cerdedo e Cotobade por considerar que é unha decisión que prexudica gravemente a Cotobade e a Cerdedo e PEDIMOS: Que se paralice esta fusión delirante e interesada. En algo tan importante os veciños teñen que ter voz e ser oídos. Para nós Cerdedo- Cotobade non é viable. Para rematar, animamos a todos os veciños de Cotobade e Cerdedo, tanto persoas como organizacións e asociacións de calquera tipo ou ámbito a unirse a plataforma veciñal “Non á fusión Cerdedo- Cotobade”, para loitar xuntos contra esta decisión que, consideramos, prexudica o futuro de Cotobade e Cerdedo sometendo a estes concellos a unha morte lenta. Pedro j. Peón Estévez, Chano Piñeiro, o xenial forcaricense, faría unha gran película co argumento surrealista da "fusión" dos concellos de Cerdedo e Cotobade. Sería unha historia do rural profundo coas súas xentes, paisaxes, tradicións e un par de caciquiños da vella escola urdindo xudiadas varias e que atenden por Balseiros e Cubeliña respectivamente. Arestora, Balseiros e Cubela van polas aldeas espallando a boa nova ante os asombrados veciños, cantando as excelencias da tal "fusión", saíndo a dobre prana na prensa da capital para contar na villa et corte o que tanto tempo ocultaron ós seus paisanos. Estas campañas mediáticas custan cartos que, naturalmente, pagarán os dous concellos. Pois si que comeza ben a "fusión"!
O pasado venres, Balseiros cantaba as alabanzas do invento na casa do povo de Pedre ante unha escasa ducia de veciños. Un deles díxolle que non se fundía con Forcarei (que sería o lóxico e natural) porque non se levaba coa alcaldesa Belén Cachafeiro. El insistiu en que llelo propuxera cen veces e que ela negouse. Esa mesma tarde, a través das ondas da cadena Ser, todos oímos a Belén dicir que a ela xamais lle propuxera tal cousa. Quen minte? Hai unha gran diferencia; Balseiros díxoo ante un grupiño de veciños en petit comité e a de Forcerei espallouno por radio por toda a provincia. O máis curioso é que había pouco máis dun ano, Balseiros acudiu a este mesmo lugar co argumento oposto. Daquela intentaba engordar o censo con vistas ás futuras eleccións. E non era a primeira vez (conservo os bandos). O caso foi que dicía que coa perda de povoación desaparecería o concello e os correspondentes servizos e que convenceramos a amigos, conhecidos e demais familia que viñeran empadroarse en Cerdedo aínda que fora de xeito provisional. Intentaba inchar o censo, que non fixar povoación. Iso nunca lle preocupou. Mal sabía el que o cómputo do censo faise un ano antes dos comicios. O que é de xulgado de garda e que ó tempo que nos estaba relatando os horrores dunha fusión, levaba un ano intrigando na sombra coa fusión con Cotobade!!! (Declaracións súas no D de P do domingo pasado) Pero que é o peor de todo? O peor é que os que lle aplaudiron a tese anti-fusión son os mesmos que agora lle aplauden a tese pro-fusión. Toma criterio! E se fose unha fusión... Isto é unha absorción. O peixe grande que come ó pequeno. Balsi vendendo o que non é del ó seu amiguiño dabaixo. E Cubeliña todo cheo de razón de timonel pois "Barco grande, ande non ande" que di o refrán. Cando vin a foto dos catro collidos das mans pensei que era unha parodia da foto dos Açores pero o primeiro que me veu á cabeza foi o cantar do gato: "Xuntáronse catro un día / os máis brutos deste barrio..." Que grande o Fito! Canto o boto a faltar! A pretendida fusión de Cerdedo e Cotobade é, como dicía un vello amigo meu, "Intentar cruzar un porco cunha cabra no mes de maio" Pero todo é posible habendo gheta. O Cubeliña é bo rapaz e anda fascinado cos parabéns dos seus adeptos pero...ollo! Tamén sabe calificar as críticas de "declaracións belixerantes" (diario de P.) Coma así, o rapaz está contento pois Cerdedo apórtalle un electorado típicamente conservador que lle ven de perilla. Lembro unha ocasión en que o defunto Cuíña quixo poñer a Marín na comarca de Pontevedra e os de Marín case o linchan. Eran outros tempos en que a xente non se deixaba bacilar. Como será o escudo do novo concello? O "agnus dei" a carrancholas do canón de pau? De remate, quixera proporlle algo ós promotores deste enxendro. É un xogo de palabras. O nome do novo concello comporase coas dúas últimas sílabas dun e as dúas primeiras do outro, é dicir: DEDOCOTO. E xa por último dicir que isto da fusión non é nada novo: Balseiros leva anos fundindo a Cerdedo. |
Colaboracións
Todos
Un proxecto de:Estamos en:Histórico
Septiembre 2024
Tabeiros Montes (Portal cultural de Tabeirós-Terra de Montes) de Asociación Cultural "Vagalumes" e Asociación Cultural e Ecoloxista "Verbo Xido" ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional. Con base nunha obra dispoñíbel en http://www.tabeirosmontes.com/. Os permisos alén do foco desta licenza pódense atopar en http://www.tabeirosmontes.com/colabora.html. |