David Otero Fernández Fernando Pessoa dixo que a súa Patria era a Lingua Portuguesa. Nós dicimos que a nosa Patria é a Lingua Galega. Patria de dimensións inmedibles, por ser a nosa Lingua un todo de todo en todo. E por iso, na Patria,hoxe, recibimos a bo gusto, a unha veciña nosa, da casa, a cal, aínda que vivindo en Poio de Alexandre Bóveda, tivo nacencia en Vinseiro desta Estrada nosa de Otero Abelleira, Bernardo Mato e Varela Buxán. Benvida Charo e benvida a túa filla Iria. Os Vagalumes transmitímosche un bo recibir, tanto das e dos presentes, como de quen non poden estar e quixesen. Grazas Charo por nos dares as palabras feitas relatos. Nós poñeremos a lectura . Exerceremos tamén así, contigo, irmandade no idioma e na literatura E foi cando logo de cando os bosques sentían frío, metidos nos outonos, a sabor de pan recén forneado, fresco e morniño, cando vas ti Charo, no tempo de case agora e fóra del, nas túas palabras/literatura enerxéticas, tamén feitas de mulleres, xermolando unha estrela de estrelas, e pos nas nosas mans, este teu libro, relato a relato, unha ducia, como acio de uvas xerador de doce néctar, pola lectura,titulado FUNÁMBULAS, que ben seguro, ha darnos bo gusto, como viño de bo labio e mellor padal.
Direi, en especial, que as miñas palabras de hoxe… sono consecuencia e resultado da miña lectura, desde logo non literal, pois ben se sabe que esa é o grao cero da lectura, sono dunha lectura activa, mesmo creativa, persoal,do teu libro. Xa que logo, non pretende ser… a lectura e si soamente… unha lectura. E non do lector… e si humildemente dun lector. Hoxe presentamos este libro. Un libro para todas e para todos. Que quere selo…de todas e de todos. Un libro que, desde as mulleres…desde a desigualdade, desde unhas realidades da realidade, reivindica equilibrio e igualdade. Reivindica análise e reflexión Sobresaen nel os nubeiros bretemosos cheos de silencios e soidades, castigos e violencias e a presenza da xustiza a medias por veces, enteira por outras Non hai personaxes que santificar, nin que permañezan nas resignacións. Non queren que se lles rece. Tampouco que se lles poñan velas.Nin pasar doas de misterios de dolor. Nesta ducia de sucesos , relatos literarios… non hai sermóns, nin tampouco homilías por pascua florida, pois as mulleres viven e bracexan arroutadas, bravas, e de por elas…camiñan. Elas na corda frouxa, nos arames, funámbulas, indistructibles… revivindo sobre ruínas…investidas de poder… coñecéndose…competentes e con saberes, bracexan e conquistan en pronomes EU de NÓS determinado, Son elas…, e tamén todos NÓS debésemos ser ese NÓS determinado. Os relatos neste libro FUNÁMBULAS de Charo sono para activar e reter. Van en días nacentes de mulleres con presenza en marcha de sinfonías latexantes. Mulleres en rota creativa ,vital, a reaccións de pouca espera. Van por historias tristes, a desengaños,na fustración, pero tamén por camiños e momentos de desexos e ensoñacións, nas esperanzas, construindo liberación emocional. Van a espertares que intúen sucesos en augas mornas sensibles, que acariñando corpos, afortecen…sen recuar. Son relatos a bandas sonoras e a compás de poesía amiga, nosa tamén, digo portuguesa. Van na derrota. No comezo da folla en branco e do bolígrafo que cae como fracaso da escrita. Pero indo nas teimosías... non se para, segues …escríbes. Van no cazador, por autono, case sempre presente…co tempo que se altera, na filla…na boneca rota…mirando os restos. Van no espello cando os días te botan fóra e a imaxe non gusta, aínda que a auga sexa vida…e vaste do que ves…no aquel especial de xemelgas asimétricas… antónimas. Van na néboa que engule…que fermosea sen desaparecer… coñecendo por saber e sen dar volta …nun baile de palabras azucradas. Van nas certezas polos recordos que se volven padecer… e ela acariña a seu irmao recén, que alí estaba a batalla e a desorde….e a pistola no chan para disparar. Van no NÓ…tendo que irse buscando onde o nó afrouxe e desaparece…pero o pasado…pesaba cada vez máis e había que volver a el… Van no Desatino preguntando se valeu a pena ser Marcos…e niso repásanse as cicatrices…e quérese que a nova vida siga. Van no Angele dei, Anxo da Garda…e rubir pola sobreira por buscar a luz, o límite…os horizontes…e durmir no colo protector daquela sobreira… pero xorde o triángulo…todo cambia,..alguén salvou...e escribe. Van no Inocente…nas dúbidas… na materninade soñada…e volta aos pesadelos… a cara reflictica…del…na dela…e elaoutra na páxina perversa… Van no desafío…ela…que foi a preferida…a escollida…feita ao gusto del…nese capricho… e deixa de ser feliz…e pídenlle perdón co mesmo egoísmo…e chorou por ela…pero perdeuna para sempre Van no outono…a laio ou berro…e perseguilo…na soidade en compañía …con afectos… pero o medo…o trío…ela,el e a súa muller morta, pero presente…e o berro outra vez… presente. Van na pomada da Graña…María Graña…seu pai facedor de menciñas e sandador de males…María Graña aprendiz…. e non calou, pero probou….pero foi a mellor e mandou…agora serve café… Velaquí Charo o teu libro no que podemos sentir as mulleres, a súa dolor e loita, recuperando presenzas, atopándose intensamente, decidindo, , habitando as follas dos outonos e dos invernos, as flores das primaveras e dos veráns, velas , acariñalas…e telas sempre…ata a morte. Por iso, as mulleres, deben recibir flores de xustiza xenerosamente. Daqueles que as queimaron por bruxas, que as pecharon por tolas Daqueles de malos pensamentos e que non se alegraron por nós nacer mulleres e non machos. Daqueles que se meteron de noite nas nosas camas de e nos taparon a boca. Daqueles que non pagaron o xusto polo noso traballo. Daqueles que non souberon dicir NON ás nosas fotos núas polas redes . Daqueles que dixeron “ muller tiñas que ser”, que fixeron burlas e chistes machistas… e cando nunha discusión nos mandaron calar co aquel de…” ti que sabes” … ( e mirade se sabemos) Hai que ver como nos olvidamos do que nos dixeron quen saben: “todo o que fas para min, sen min…falo contra min…pois… eu son…se ti es”. E como dixo o poeta: “ Ai canto nos custa… ver o ben en vós… e notar o mal en nós”. Charo…en FONÁMBULAS quen abra os ollos …pode ver, botar contas… e preguntarnos o que temos… e canto nos falta para sermos quen… de lle poñer luz ás tebras que levamos dentro e por fóra… pois abofé que co que ocultamos…imos en chulerías … avanzando cara aos cantís…sen cambiar de rumbo para salvarnos. Por estes tempos, desgrazadamente, triunfase… dicíndolle á xente o que esta quere escoitar… pero o que ten mérito… é xustamente , como ti fas no teu libro: “escribir para que percibamos as verdades difíciles”. E así… os teus veciños… léndote, e cómplices…querémos dicirche que DEFENDER verdadades difíciles... “… por nós… que non quede”. MOITAS GRAZAS. Susana Sanches Arins a primeira vez que viemos à rapa
subimos ao peom às sete da manhã chegamos goradas tanta era a solheira sentadas no meio do oceano verde dispostas a não continuar a aventura um velho disse comigo mais nada comigo e assinalou com a vara o infinito mar de tojos e amarelo. atrás dele fomos Dolo, Inhaki, Pablo e mais eu. não sabemos, somos do fojo, não de sabucedo. é só acompanhar. e mais nada. é só acompanhar. eu temia a vara. pensei-na para as bestas picar aguilhoar ferir marcar com sangue o coiro com fúria a propriedade e nós não somos bestas. mesmo assim caminhei. no infinito vimos uma greia pequena como a nossa. somos poucas. rodeai. e mais nada. fizemos um círculo em volta dos animais. longe. deixai-nas respirar. acompanhamos o seu passo. respirai. e mais nada. em silêncio caminhamos o mar verde de tojo o mar rosa de urzes a tempestade de crinas. na calma o bafo das bestas o passar apressado dos poldros o porte vigiante do garanhão o mar da arousa no horizonte infinito Inhaki assinalou uma peneda uma porca fugia da nossa direção com uma corte de bacorinhos atrás riscados como tigres torpes no apuro en silêncio caminhamos o mar verde de tojo. uma carriça rompeu a cantar e não calou uma nuvem desorientada cruzou o céu e em silêncio chegamos ao peão e levamos as nossas bestinhas ao curro e o velho disse não era tão difícil e mais nada. qual o preço de navegar na calma ao vento das crinas o mar verde de tojo? quanto custa o mar rosa de urzes o mar da arousa no infinito? 2 euros o metro quadrado. e mais nada. monstros bem visíveis invadem o mar verde de tojo. chegam com os dumpers as escavadoras os trailers de cinco eixos e trabalham a paisagem como nunca nós o fizemos desaparece a calma a tempestade vira barulho não acompanham em silêncio para que acompanhar abrir caminhos colocar torres dominar o vento e mais nada monstros invisíveis negoceiam em gabinetes a partição do mar verde em tojo e amarelo a repartição de benefícios 2000 euros o metro quadrado para nós 2 euros o ruido a fúria e mais nada. naquela nossa primeira vez na rapa após o curro o churrasco e a pulseira de coiro descansamos da calor à beira do rio entre banho e sesta pablo descobriu-se comido das carrachas carrachas na barriga das pernas carrachas nos tornozelos carrachas nas virilhas porque não todo é formosura no mar de tojo verde. admirando as nuvens esquecemos proteger as pernas que eramos do fojo e não de sabucedo. a extirpação da parasita foi lenta e longa azeite pinça de depilar dor pinga de sangue e mais nada. não mais nada da carracha aprendemos a sua fortaleza a capacidade para não ceivar-se da presa a resistência a abandonar e aqui chega a moral da história não sejamos como as carrachas sejamos carrachas aloitemos os dumpers as escavadoras os trailers de cinco eixos com calma emerjamos do mar verde de tojo subamos-lhes às crinas em silêncio no mar rosa de urzes respiremos nunca ceivar cravemos unhas no aceiro travemos fortemente os cravos arranquemos parafusos com os dentes e derrubemos deixemos dumpers escavadoras trailers de cinco eixos de pernas para o ar barriga na lama pasmados com a olhada no mar infinito do céu. e se temos que tirar da vara tiremos que não somos bestas mas bem podemos e mais nada. Arcos de Riba, abril de 2023 Susana Sanches Arins Manuel Cabada Castro
Concha Rodríguez Nacín no 1954 nas Quintas de Codeseda.Son pois nena de aldea.Medrei entre os animais da casa. Eran parte de nós.Meu irmán e mais eu, de cabalo das bestas da casa, levábamos as vacas ao Foxo Vello, onde precisamente nace o río das Quintas.Moita rapazada fomos pedra de grade e pedra de sementadoira.Todo un título.
Agora xa entrada en anos, abofe que cando pensas niso, atoàs moi pouca cousa.Tampouco ventaxe algunha para a xente do común que viñese dos Gobernos.Menos dos monopolios.Recordo que polos anos sesenta aos carros das vacas había que poñerlle á forza unhas chapas de colores:Eran o tributo para que se puidese andar cos carros pola estrada. Vaia ironía…Todo foron golpes pa a vida nas aldeas.Agonía, direi que irreversible, para o rural. Pero hai máis. A emigración deixou eivada á Galicia interior sobre todo.Eucaliptos, encoros, minicentrais,Os galegos hai ben tempo que debésemos ter luz gratis.Un canon especial galego. Galicia é excedente en electricidade.Non hai máis que mirar e ver como a nosa enerxía eléctrica marcha para a meseta enchegando á Canda e ao Padornelo.Vaise porque a levan a bo prezo. Agora tocan eólicos.Para as eléctricas, din productoras de enerxías verdes, non somos máis que cotas de altura, onde a poder ser que os ventos zoen ben e os muíños así produzan máis. Que saben eles da biofília,si…,estar atada ás raíces que configuran a natureza, o medio ambiente, as tradicións,os costumes,et..? Marcan e trazan.Fan e desfán.Nada, nin un pouco, lles preocupa se destrúen sen respecto, nin consideración,a nosa flora,os nosos montes, a nosa fauna, en especial neste noso caso,sen ter para nada en conta os nosos animais libres nestes montes. Hoxe aquí estamos nun lugar máxico, de todas e todos nós, comunal e non hai mellor momento que xuntar esforzos e valorar o que é noso e defendelo.Queren sacárnolo.E temos que facernos escoitar,Son horas. concha rodríguez das quintas |
Un proxecto de:Colaboracións
Tudo
Estamos en:Histórico
Novembro 2024
Tabeiros Montes (Portal cultural de Tabeirós-Terra de Montes) de Asociación Cultural "Vagalumes" e Asociación Cultural e Ecoloxista "Verbo Xido" ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional. Con base nunha obra dispoñíbel en http://www.tabeirosmontes.com/. Os permisos alén do foco desta licenza pódense atopar en http://www.tabeirosmontes.com/colabora.html. |