David Otero Fernández
Direi, en especial, que as miñas palabras de hoxe… sono consecuencia e resultado da miña lectura, desde logo non literal, pois ben se sabe que esa é o grao cero da lectura, sono dunha lectura activa, mesmo creativa, persoal,do teu libro. Xa que logo, non pretende ser… a lectura e si soamente… unha lectura. E non do lector… e si humildemente dun lector. Hoxe presentamos este libro. Un libro para todas e para todos. Que quere selo…de todas e de todos.
Un libro que, desde as mulleres…desde a desigualdade, desde unhas realidades da realidade, reivindica equilibrio e igualdade. Reivindica análise e reflexión
Sobresaen nel os nubeiros bretemosos cheos de silencios e soidades, castigos e violencias e a presenza da xustiza a medias por veces, enteira por outras
Non hai personaxes que santificar, nin que permañezan nas resignacións. Non queren que se lles rece. Tampouco que se lles poñan velas.Nin pasar doas de misterios de dolor. Nesta ducia de sucesos , relatos literarios… non hai sermóns, nin tampouco homilías por pascua florida, pois as mulleres viven e bracexan arroutadas, bravas, e de por elas…camiñan. Elas na corda frouxa, nos arames, funámbulas, indistructibles… revivindo sobre ruínas…investidas de poder… coñecéndose…competentes e con saberes, bracexan e conquistan en pronomes EU de NÓS determinado, Son elas…, e tamén todos NÓS debésemos ser ese NÓS determinado. Os relatos neste libro FUNÁMBULAS de Charo sono para activar e reter. Van en días nacentes de mulleres con presenza en marcha de sinfonías latexantes. Mulleres en rota creativa ,vital, a reaccións de pouca espera. Van por historias tristes, a desengaños,na fustración, pero tamén por camiños e momentos de desexos e ensoñacións, nas esperanzas, construindo liberación emocional. Van a espertares que intúen sucesos en augas mornas sensibles, que acariñando corpos, afortecen…sen recuar.
Son relatos a bandas sonoras e a compás de poesía amiga, nosa tamén, digo portuguesa. Van na derrota. No comezo da folla en branco e do bolígrafo que cae como fracaso da escrita. Pero indo nas teimosías... non se para, segues …escríbes. Van no cazador, por autono, case sempre presente…co tempo que se altera, na filla…na boneca rota…mirando os restos. Van no espello cando os días te botan fóra e a imaxe non gusta, aínda que a auga sexa vida…e vaste do que ves…no aquel especial de xemelgas asimétricas… antónimas. Van na néboa que engule…que fermosea sen desaparecer… coñecendo por saber e sen dar volta …nun baile de palabras azucradas. Van nas certezas polos recordos que se volven padecer… e ela acariña a seu irmao recén, que alí estaba a batalla e a desorde….e a pistola no chan para disparar. Van no NÓ…tendo que irse buscando onde o nó afrouxe e desaparece…pero o pasado…pesaba cada vez máis e había que volver a el… Van no Desatino preguntando se valeu a pena ser Marcos…e niso repásanse as cicatrices…e quérese que a nova vida siga. Van no Angele dei, Anxo da Garda…e rubir pola sobreira por buscar a luz, o límite…os horizontes…e durmir no colo protector daquela sobreira… pero xorde o triángulo…todo cambia,..alguén salvou...e escribe. Van no Inocente…nas dúbidas… na materninade soñada…e volta aos pesadelos… a cara reflictica…del…na dela…e elaoutra na páxina perversa… Van no desafío…ela…que foi a preferida…a escollida…feita ao gusto del…nese capricho… e deixa de ser feliz…e pídenlle perdón co mesmo egoísmo…e chorou por ela…pero perdeuna para sempre Van no outono…a laio ou berro…e perseguilo…na soidade en compañía …con afectos… pero o medo…o trío…ela,el e a súa muller morta, pero presente…e o berro outra vez… presente. Van na pomada da Graña…María Graña…seu pai facedor de menciñas e sandador de males…María Graña aprendiz…. e non calou, pero probou….pero foi a mellor e mandou…agora serve café…
Velaquí Charo o teu libro no que podemos sentir as mulleres, a súa dolor e loita, recuperando presenzas, atopándose intensamente, decidindo, , habitando as follas dos outonos e dos invernos, as flores das primaveras e dos veráns, velas , acariñalas…e telas sempre…ata a morte.
Por iso, as mulleres, deben recibir flores de xustiza xenerosamente.
Daqueles que as queimaron por bruxas, que as pecharon por tolas Daqueles de malos pensamentos e que non se alegraron por nós nacer mulleres e non machos.
Daqueles que se meteron de noite nas nosas camas de e nos taparon a boca.
Daqueles que non pagaron o xusto polo noso traballo.
Daqueles que non souberon dicir NON ás nosas fotos núas polas redes .
Daqueles que dixeron “ muller tiñas que ser”, que fixeron burlas e chistes machistas… e cando nunha discusión nos mandaron calar co aquel de…” ti que sabes” … ( e mirade se sabemos)
Hai que ver como nos olvidamos do que nos dixeron quen saben:
“todo o que fas para min, sen min…falo contra min…pois… eu son…se ti es”.
E como dixo o poeta:
“ Ai canto nos custa… ver o ben en vós… e notar o mal en nós”.
Charo…en FONÁMBULAS quen abra os ollos …pode ver, botar contas… e preguntarnos o que temos… e canto nos falta para sermos quen… de lle poñer luz ás tebras que levamos dentro e por fóra… pois abofé que co que ocultamos…imos en chulerías … avanzando cara aos cantís…sen cambiar de rumbo para salvarnos. Por estes tempos, desgrazadamente, triunfase… dicíndolle á xente o que esta quere escoitar… pero o que ten mérito… é xustamente , como ti fas no teu libro: “escribir para que percibamos as verdades difíciles”. E así… os teus veciños… léndote, e cómplices…querémos dicirche que DEFENDER verdadades difíciles... “… por nós… que non quede”.
MOITAS GRAZAS.