“Memorias dun neno labrego” é un best seller e un clásico. Por iso Galiza débelle tanto a Xosé Neira Vilas. Este autor que acaba de deixarnos foi un continuo colaborador do activismo cultural galego en xeral e estradense en particular. Ten participado en numerosos actos das asociacións e dos centros de ensino da nosa comarca. Por iso desde a Asociación Cultural “Vagalumes” en colaboración cos centros de ensino queremos renderlle esta homenaxe.
O acto será o vindeiro venres 29 de xaneiro ás 19:00 h. No Teatro Principal da Estrada. Durante a lectura proxectaranse vídeos.
Para anotarse na listaxe para ler podes facelo na seguinte ligazón: