David Otero
postos a pasos de conquistas,
vaian estas nosas palabras
feitas á man,
escrivividas a perto túa
para lelas a corazóns de proximidade
postas a sentepensar de pobo.
E así contigo … Manuel, poeta noso,
ti propio de andar en agardo nos desexos,
acelerador de rebeldías,
traballaches tanto
poñendo luz ás grandes falsidades,
a pensamento limpo de vixente poesía,
para determinar en pobo identidade de nación.
Por iso así…saborexamos docemente…
a túa madureza intelectual.
posta en limpo sempre na militancia
e así… en irmandade… sentímonos no chamo
de contigo compartir loita e camiño
para poñer á vista os manipuladores
que serven en mesas finas tantas mentiras.
E velaí tamén Manuel…
a compás do paso do nubeiro pola Chaira
hoxe sostemos as miradas por así vernos
na traxectoria comunal da túa memoria
e así imos no canto das esperanzas,
nas vontades,
cos corazóns latexantes… cos alentos.
pois a cada ano Manuel
a compás de conciencias espertando
sen precisar outro sol que nos mornee
queremos atarnos á terra patria
na luz brillante e forte da nosa estrela
plena de delicadeza… de acariños,
na rebeldía toda popular…feita ela… identidade.
Setembro a oito de 2024.