David Otero
Non…non nos conformamos….
E por iso na memoria de todas e de todos os nosos mártires, héroes populares, irmandados na liberdade e na xustiza, na memoria viva, activa e nosa, representada hoxe aquí nas Laudas por Xosé Cortizo, velaquí a proba da manifesta rebeldía, a da non comuñón con rodas de muíño, nesta democracia pactada, coa proa orientada, a referente de aplauso e de exemplariadade, das e dos de Capitán Gosende. Estamos en boas mans.
Hoxe este recoñecer colectivo a Xosé Cortizo, encarna a todas as galegas e a todos os galegos que morreron na loita pola liberdade e pola xustiza.
Tócanos a nós, como así nos refiren os de Capitan Gosende, garantir a verdade na loita de cada día, garantir un proceso certo de reparación que argumente a falsidade da impunidade como política de Estado, si, a desta España, señora algunha vez, case sempre golfa.
Aquí non temos normalizado o olvido.
Aquí trunfa o recordo e a memoria
Aquí afirmamos… que sen memoria…
non hai liberdade posible.
Aquí sen memoria…
non haberá fomento de dignidade.
Aquí declaramos que a memoria…
Non pode ser a palabra fatal que nada di
nin o triste abrazo que non aperta
nin o bico pobre que non enamora
Que como dixo un patriota;
Se non hai memoria…
todo o presente é marabilloso.
Hoxe fagamos das Laudas,
na honra e na memoria,
un pobo en movemento…
un mundo de vida…
unha fronte dinámica de restauración
Sigamos pois…a pola verdade
Sigamos pois…sendo suxeitos de resistencia
Sigamos pois…alentando rebeldías
Sigamos pois e teimosamente… na responsabilidade de facer
Que a cousa non é doada.
Que a convivencia non se constrúe co duns contra outros.
…hai que seguir descombrando verdades
A fenda dos valados dos vencedores está feita…
toca ir por ela e agrandala…
derrubalos
entrar no seu terreo
Restituir
Liberarnos
Toca…
Pois o pobo noso na xustiza da reparación
é sempre o noso eterno retorno.
Poñamos os desexos e a loita no dicir de Alfonso Sastre
…que o conformismo non se inastale nas nosas esperanzas…
…que os nosos xeonllos non toquen o noso chan…