David Otero
(neste abril)
busco esencia matria montesía
e atopo …terra… desespero.
desespero por tanta espúrea ocupación
que en nada nos respecta,
nin coñece.
As voces nosas populares
polos cumes bravos
e rebeldes
destas aldeas tan lexítimas de nós
ben certamente
acusan usurpacións
bradando… na dolor xigante dun comunal sufrir
Queren eles colocarse señores
nas terras puras do que somos
nas das casas das nosas orixes e neneces
nas das mocidades
e así queremos declarar aquí as valentías
…escribilas…!
no sacro papel sen paro das nosas vidas…
Tamén aquí en fala nosa … nunca vencida,
rogaremos firmemente…
pobo a unirte…!
proclamando o xusto e necesario de loitar
para activarnos nas conciencias afiadas
e facernos escoitar…
por tanta aldraxe.
Veñen homes monte arriba contra nosa.
traen muíños xigantes pra fendernos os camiños,
como loros de palacio discursean
e fannos crer mentiras …
comenencias…
Queren volver ermos… os nosos chans
negarlles vida libre… ás nosas bestas
Gárdense deses propósitos…
non abusen.
Que os nosos ventos…
que os nosos montes
non son… señores… valor de cambio
Programen outra esccoiten …
que así… non…!
De non facelo…
teñan en conta e saiban… que daquela…
… serán as nosas palabras
as que se notarán todas elas
tal gadañas……
indo e vindo…
…xusticieiras.
david otero (ac vagalumes,a estrada)