Francisco Azurmendi Iglesias |
Damián Porto Rico |
Introdución e agradecementos
Aínda que a demanda constante de cera impulsada pola práctica relixiosa cristiá e a produción, ao mesmo tempo, do único edulcorante accesible antes das importacións masivas de azucre fixeron que a apicultura estivese moi presente na economía rural, o valor económico, social e cultural acadado polas abellas desde —cando menos— a Idade Media non foi debidamente considerado até hoxe mesmo. E iso malia non se tratar dunha actividade que afecte unicamente ao contorno ou ao medio ambiente no que se desenvolve, senón que ao seu arredor orbitan múltiples elementos que van desde os que posibilitan a extracción e transformación dos seus produtos até as solucións técnicas e legais ou os resultados sociais e culturais dos que as alvarizas son un exemplo.
De feito, a apicultura non existe naturalmente,senón que se superpón a outras actividades, interactuando con elas: é produto da intervención do home na paisaxe, compite con diferentes formas de explotación dos recursos, adopta gran variedade de formas en función das condicións ambientais, dos costumes, da proximidade ou afastamento dos asentamentos humanos, dos tipos de uso do solo...; o que dá orixe a diversas formas de apicultura. Sirva de exemplo a diferente tipoloxía de colmeas no norte ou no sur de Europa, cada un deles adaptado a contornos particulares, determinados pola paisaxe, a climatoloxía e a vexetación. A chamada apicultura arborícola de zonas do norte do continente practícase desde o leste de Alemaña até os Urais a través de Polonia, en rexións de enormes masas forestais, escasamente poboadas nas que non existían grandes campos de cultivo e emprega ocos practicados en troncos de árbores, o que permitía ás abellas movérense libremente. Nas zonas meridionais, como a Península Ibérica, úsanse trobos, cortizos ou colmeas móbiles e múltiples manifestacións arquitectónicas que transitan desde as alvarizas ás lacenas. Porque aquí a preferencia pola viticultura, os cereais ou a cría de gando fixo da apicultura unha actividade regulamentada para manter ás abellas afastadas de determinadas zonas. Os cultivos herbáceos tampouco eran os máis axeitados, do mesmo xeito que as queimas para obter pasteiros ou a produción de carbón vexetal supoñerían un grave problema se as colmeas non estivesen protexidas. En definitiva, no sur, a apicultura competía e mesmo entraba en conflito con moitos outros tipos de uso de recursos explotados por gran variedade de actores.
Así, a pesar de que estes insectos prosperaban na vexetación natural da serra, a paisaxe foi modificada para adaptarse ás necesidades do home. Deste xeito a apicultura proporciona unha lente a través da que considerar a intervención humana no medio, amosando como desde a Idade Media a paisaxe foi xestionada, regulada e antropizada, orixinando unha serie de construcións merecedoras de estudo e conservación en tanto que son representativas da denominada cultura popular do noso país: porque un patrimonio que non se coñece tampouco se aprecia, nin se valora nin se restaura. E non hai pobo con futuro sen memoria.
Resta expresar o noso agradecemento as numeroras persoas é institucións que posibilitaron o presente estudo cos seus consellos e indicacións: aos veciños que nos facilitaron información —algúns deles aínda apicultores— como Daniel Blanco, Manuel, José López, Natalio Vila, Antonio Darriba, Jaime Gil, José Calvo, Alejandro,
Marcos, Camilo, Guillermo, Antonio Dobarro, Francisco López, Luís Fernando, Bernardino, Luís González, Roberto Figueiras, Ana María Meixomín, Xosé Afonso Bara, Xurxo Vilas e Sandra Rivas. A Antón Barbeito polos seus debuxos dalgunhas das alvarizas. A Mario Pereira, polas súas suxestións e achegas ao texto.

Metodoloxía
A identificación das alvarizas da Serra do Candán e Terra de Deza é un traballo que esixiu compatibilizar, ao longo de varios anos e de ímprobos esforzos a pé de campo, a recollida de notas e apuntamentos con traballos informáticos de tratamento de bases de datos, textos e imaxes. Con todo, cónstanos que as alvarizas recollidas neste catálogo non poden ser a totalidade das existentes nos espazos naturais examinados: por forza deben —ou deberon— existir máis na bisbarra. Aínda así era preciso un primeiro paso decisivo que sentase os alicerces de futuros estudos, ogallá que máis completos, sobre estas manifestacións arquitectónicas.
A informática manifestouse como ferramenta imprescindible e de grande utilidade, non só para plasmar os resultados dos traballos realizados, senón tamén á oferta de diversos recursos en liña aos que acudimos, ben fosen bases de datos arquivísticas, bibliográficas ou históricas, tales como a aplicación Galiciana ou os portais CODOLGA e PARES, que posibilitan o acceso remoto a diversos arquivos galegos e estatais ou o programa QGIS para as labores de cartografía; ben fosen puntos de consulta de imaxes por satélite que ofreceron unha perspectiva aérea desde a que a miúdo e por riba dos percorridos a pé facilitaron a identificación dos perímetros e valos de moitas das alvarizas en ausencia de vexetación.
Non foi menos laboriosa a consulta e lectura de documentos e libros en diversos arquivos e bibliotecas á procura de datos, sempre con disparidade de resultados. Sobresaen os fondos eclesiásticos, así os dos mosteiros de Aciveiro, Oseira ou Dozón, como os de diversas parroquias da contorna depositados nos Arquivos Históricos Diocesanos de Santiago e Lugo, no Arquivo do Reino de Galicia ou no Arquivo de Simancas. É tan probable como desexable que, co paso dos anos, o interese dos investigadores achegue novos documentos para axudar a debuxar un maior —e mellor— catálogo que inclúa cantas alvarizas se conserven en Galicia e afonde na súa datación e na súa historia.
Todas estas pescudas previas debían ser logo contrastadas mediante entrevistas e comunicacións con veciños das diversas parroquias en sucesivas visitas, xa que a tradición oral é ás veces decisiva á hora de diferenciar os muros dunha alvariza dos que pechan unha tenza ou unha horta abandonada. Estas viaxes proporcionáronnos ocasións dabondo para percorrer o grande espazo natural do Candán e os seus contrafortes montañosos cargados de curiosidade, non sempre satisfeita, polos roteiros que fomos tecendo entre as diversas zonas que nos parecían propicias para a construción de alvarizas tras considerarmos a súa situación, orografía, tradición toponímica, etc.
Fase importante foi a de recolleita de datos para a elaboración das fichas de cada unha das alvarizas contempladas neste catálogo: localización da construción vía satélite coas súas coordenadas e altitude, medición e delimitación dos valos e paramentos, toma de fotografías, anotación das especies florais asociadas e da contorna, determinación do estado de conservación e/ou explotación e uso do ben... non sempre doados de executar debido á situación ou ao estado das vías de acceso dalgunhas delas.
O obxectivo era elaborar as precisas bases de datos relacionais que nos proporcionasen, cando menos, unha imaxe de conxunto desta parte do patrimonio histórico e cultural de Galicia con todos os seus datos e referencias.
Foi o carácter documental e fotográfico deste proxecto, encarado desde o seu inicio á consecución de imaxes de calidade, o que nos levou a visitar varias veces e en estacións diferentes do ano cada unha das alvarizas á procura dos mellores encadres e luces. A intención é achegar ao público tan sequera un pequeno anaco da beleza que ampara a Serra do Candán e as súas paisaxes, contida nestes elementos patrimoniais da nosa cultura. Non descoidamos, iso si, o obxectivo de ofrecermos un rigoroso estudo destas manifestacións tan peculiares e un tanto esquecidas.

A Serra do Candán: O medio físico
"Os seres da serra cantamos a soidade dun mundo que case non existe xa máis que en nós mesmos"
Olga Novo
Olga Novo
A paisaxe da Serra do Candán é similar ao resultado dun cribo que esparexe en numerosos e pequenos núcleos as parroquias e lugares, ámbito que foi de ilusións e esperanzas, de vida e de morte para os nosos devanceiros. É difícil para un foráneo facerse á idea de que case o 50% dos núcleos de poboación do Estado Español son Galicia e están en Galicia fundamentalmente a causa da súa xeografía de vella e ancestral montaña desgastada.
Xa o cóengo cordobés Bernardo Xosé Aldrete refire no seu periplo en 1612 a lombos de mula desde Córdoba a Compostela o asombro que lle causan a multitude de aldeas e lugares que atopa ao entrar na montaña galega «pasamos adelante por aquellas montañas, todas pobladas de lugarcicos [...] que hacen hermosísima vista y muchos arroyos y ríos que cruzan y arboledas [...]. Todas las cuatro leguas que hay de sierra desde Triacastela hasta Cebrero están llenas de lugarcicos de diez, doce, veinte y treinta chozas más o menos como es la comodidad de la tierra que tienen para labrar» (1).
Foi deses montes de onde tomaron ducias de xeracións dos nosos afamados canteiros, proverbiais mesmo desde antes da Idade Media, a pedra á que cos seus arcanos deron forma até transformala en vivendas, igrexas, cruceiros, pontes e todo un grande abano de construcións populares: muíños, batáns, hórreos, sequeiros, pesqueiras, alvarizas..., patrimonio que engalana os montes ás beiras dalgún deses dez mil ríos que cantaba Cunqueiro. Porque é a pedra, xunto coa auga, a mellor materia prima dos nosos montes, nos que xorden os puros mananciais e prístinas fontes: desde os mil metros de desgastado Candán caen augas e neves que son o xermolo do Lérez, do Umia, do Deza... E nas súas beiras explotáronse recursos coma o mel desde hai milleiros de anos.
Non está de máis lembrar que en todas as relixións os cumios son lugar de encontro de ceo e terra, morada de deuses, centro de culto. Desde o Gólgota, o Sinaí ou o Tabor, pasando polo Carmelo, Covadonga ou Montserrat, na relixión cristiá, son múltiples os exemplos de oroxelatría ou culto aos montes. Noutros credos, poderiamos mencionar, só a título de exemplo, o Parnaso co seu templo de Apolo, o Olimpo como morada dos deuses gregos ou o Kailasa como residenza de Shiva. Así é que cando os canteiros da Terra de Montes empezaron a substituír as aras de Xúpiter —como non— Candamio polas igrexas e as ermidas dos cumios, non só utilizaron as mesmas pedras deses montes que desde San Martiño de Dumio se lles acusaba de loar, senón que deron ás súas igrexas forma de montañas e aos seus campanarios aparencia de cimas. Todo coa mesma materia: a pedra que tamén serviu para conservar en apartados recantos do Candán o clima cálido e a protección contra os elementos que precisaban as lexións de abellas que fornecían dun chisco de dozura as vidas.
A Serra do Candán está situada no corazón xeográfico de Galicia, entre as provincias de Ourense e Pontevedra, formando parte da denominada Dorsal Galega e, desde o ano 2001, desa figura administrativa paneuropea e un tanto ambigua denominada Rede Natura 2000. As súas 10683 hectáreas repártense en dúas provincias polos concellos de Beariz, Forcarei, Lalín,
O Irixo e Silleda e por terras de ducias de parroquias, sendo ademais de Lugar de Importancia Comunitaria (LIC ES1140013 "Serra do Candán"),
Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e compoñendo —xunto ás Brañas de Xestoso e ao Alto Lérez— un conxunto de indiscutible valor dentro do panorama ecolóxico galego.
Na súa contorna foron mosteiros coma os de Santa María de Aciveiro, hoxe restaurado e reducido ao ámbito da hostalería turística, as xoias pétreas do románico destas paraxes e os posuidores do poder e da terra. Aciveiro era epicentro da vida socioeconómica das Terras de Montes e boa parte da de Deza mercé á xestión dos monxes cistercienses. Atópase convertido en pousada logo da declaración de Ben de Interese Cultural e Monumento Histórico Artístico. Del parten os roteiros máis transitados para percorrer esta serra, chegando até o non tan lonxano cenobio de Santa María de Oseira (non casualmente procedente do latín Ursaria, da raíz Urs. oso), outro dos centros medievais do goberno da zona que conserva nos seus fondos documentais antigas referencias ás parroquias da bisbarra (2). Velaí tamén o mosteiro de San Pedro de Dozón, o de San Salvador de Camanzo, a capela dos Deza en San Pedro de Ansemil, a igrexa de San Xiao de Ventosa co sepulcro do seu abade Lopo...
Abondosos exemplos artísticos do poder económico acadado por estas institucións desde a Idade Media até practicamente o século XIX.
Próxima á serra atópase unha zona chamada desde antigo Terra de Deza. Polas súas aldeas pasaban moitos dos camiños dos arrieiros, transportistas que coas súas recuas carrexaban até Compostela —entre outras mercadorías— o afamado viño do Ribeiro, ollando de esguello desconfiados mentres transitaban ao pé dos cinco cumios que coroan a Serra do Candán, cunhas cotas que varían entre os 1017 e os 700 metros de altura: o do San Bieito —o maior—, seguido do Coco, o Seixiños Brancos, o Chamor e o alto de San Sebastián. Gardiáns silentes que foron de metais coma o estaño, a mica, o ferro, o litio ou o volframio que lles foron subtraídos das entrañas desde tempos anteriores ás lexións de Augusto até ben entrado o século XX nos xacementos de A Trigueira, Bustelos, A Saborida, Oucido, Val do Muíño, Monte dos Negros...(3). A partir de 1930 a entidade "Sindicato Estannífero de Lalín" seguiu coas extraccións de estaño, rexistrando numerosas minas (a da Malaca, a da Banca, a Cortada, Vitoria, Bitillón...). De feito, a actividade mineira da zona motivou que o lugar da Trigueira contase con luz eléctrica trifásica antes que a propia vila de Lalín.

1. Gan Jiménez 1990: 403 e ss.
2. Por exemplo a referida a Zobra, do ano 1272: "villa que vocatur Zovra sub parrochia sante Marine de Zovra in terra de Decia". En Romaní Martínez 1989-1993.
3. O estaño de Galicia foi obxecto de explotación comercial e intercambio con outros pobos europeos desde o segundo milenio antes de Xesús Cristo. O seu principal mineral é a casiterita, que aparece asociada con frecuencia á volframita en xacementos cuarcíferos ou de pegmatita. Tamén aparece en depósitos aluviais acumulados en depresións con brañas e regueiros preto dos filóns, resultando estas acumulacións en superficie máis doadas de explotar. O volframio ou tungsteno é o metal coñecido con máis elevada temperatura de fusión e obtense da volframita, un mineral a desbotar para os mineiros de estaño. Desde a denominada Revolución Industrial a súa demanda disparouse para a elaboración de aliaxes de aceiro e filamentos eléctricos. Galicia é unha das zonas de Europa con mellores xacementos: velaí as minas a ceo aberto de monte Neme en Santa Comba, por exemplo. Na Serra do Candán a explotación deste recurso circunscribiuse a actividades dispersas e de pequenas dimensións, extraéndose a volframita de vetas cuarcíferas.

O marco xeográfico
Conceptoscomaos de Terra de Montes,Terra de Deza ou Trasdeza proceden, cando menos, do século VIII e aplícanse a territorios condais de lindeiros non sempre ben definidos e que transcenden as actuais división administrativas.
A Terra de Deza aparece citada como condado ("comisso") de Deza no concilio de Lugo do ano 569 e así pasou as primeiras centurias da Idade Media, até que no século XII a influencia da Igrexa —ben sexa mediante a creación de mosteiros ou mercé ás doazóns á sé metropolitana de Santiago— non deixou de medrar, chegando a ser a verdadeira señora da terra (4). Os seus límites quedaron traducidos por B. Cañizares:
«El séptimo condado [...] llámase Decense: empieza en el monte Summio y desciende directamente al río Arnego que afluye al Ulla, siguiendo hasta el Puente de más arriba de Asnoioso y de aquí derecho a Monte Aucto, desde donde continúa por la Sierra hasta el monte de Cusanca y así cierra por el monte de Dezón y luego a la Portela de Caurias concluyendo hasta el Su mmio» (5)
Hoxe mudou bastante a caracterización territorial e administrativa da chamada Terra de Deza, formada polos concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.
Con todo, os criterios para efectuar unha delimitación ou mesmo unha comarcalización da ampla zona de estudo que nos ocupa, formada maioritariamente pola serra do Candán e as súas ramificacións montañosas, non poden ser unicamente históricos ou socioeconómicos (6). Débense avaliar así mesmo —e con preferencia— factores topográficos e xeofísicos, como as serras e os cursos de auga de relevancia. Así, a barreira montañosa que representa a chamada Dorsal Galega e os seus contrafortes desde a Pena de Francia ao Testeiro pola banda sur e o río Ulla polo norte son boas referencias, formando uns case perfectos límites naturais da comarca xunto ás serras do Faro e Farelo ao leste e a xa citada serra do Candán ao oeste.
As bacías do Deza e do Arnego cobran especial relevancia para o noso obxecto: a maior concentración de alvarizas deste estudo sitúase nelas, ao pé da Dorsal Galega, nun relevo moi fragmentado por numerosos ríos e regatos de curto percorrido. Cómpre ter presente que o conxunto da Serra do Candán e do monte San Sebastián é un exemplo claro de macizo tectónico no que o río Toxa pasa pola liña, de fractura (7).
O Candán atópase no sector nordeste da provincia de Pontevedra, no corazón do país e nunha zona na que se concentra, posiblemente, a maior densidade de edificios románicos de Galicia. Aos que se suman máis de medio cento de casas fidalgas(8) e ducias de castros e monumentos megalíticos nunha paisaxe dominada pola historia e por unha gran carga de produción agraria como é a de Deza. Este espazo permaneceu durante toda a Idade Media e boa parte da Moderna fragmentado en múltiples división e coutos: Borraxeiros, Camanzo, Camba, Carboeiro,
Caxide, Cira, Dozón, Piloño, Trasdeza, Ventosa... Aínda que no eido xurisdicional o señorío da maior parte das parroquias estaba repartido entre o condado de Lemos e os xa citados mosteiros de Aciveiro e Oseira.
Así mesmo cómpre citar a penetración da nosa zona de estudo polo sur na provincia de Ourense e concello do Irixo.
Teriamos pois a hidrografía como factor xeográfico determinante dun espazo situado en boa medida na bacía media do Ulla, que é o río que recibe pola súa vertente esquerda as augas do Deza e do Arnego. Nace o Deza no Testeiro con tres cabeceiras chamadas Fonte do Testeiro (a 820 metros de altitude), San Xusto (a 760 metros) e Candosa (a 680 metros). Súmanselle logo os ríos Zobra e Chedas pola marxe dereita e o Candán pola esquerda, despois xúntaselle o Asneiro ou Dozón (con orixe na Pena de Francia de Dozón, a 780 metros) augas arriba da Ponte Taboada (á altura de Cristimil). Pola súa marxe esquerda recibe as augas do Abeleda (que nace en Samprizón, a 720 metros de altura) e do Lebozán (en Doade). Máis abaixo engádenselle o Carrio, o Brenzos e o Busto. Tamén descende desde O Faro o río Arnego, cunha orientación de sur a norte e desembocando no Ulla en Brocos (Agolada). Na bacía do Deza obsérvanse dúas zonas altimétricas: unha por riba dos 600 metros e outra por debaixo desa altitude, que corresponde a zonas máis suaves e coincide cos actuais asentamentos e terras de cultivo, mentres que a primeira pertence a paisaxes menos humanizadas, con predominio da fraga e do monte baixo.
Na bacía do Arnego é a curva dos 800 metros sobre o nivel do mar a que separa as superficies de aplanamento inferiores da zona máis montañosa integrada na dorsal, correspondéndose a área comprendida entre os 200 e os 400 metros ao curso inferior do río. Desde o seu nacemento no Faro amosa unha cabeceira ampla formada por afluentes que xorden nas abas da dorsal: o Rodeiro, o Turubelo, o Pequeno ou o regato das Abellas. A bacía do Ulla presenta unha zona que vai dos 600 aos 800 metros na parte oriental e outra de 400 a 600 na occidental, claramente relacionadas co interfluvio Deza-Arnego. Mais das tres, é a do Deza a que presenta a maior porcentaxe de superficies de fortes pendentes, coincidentes coa Dorsal Galega e con tramos encaixados desde o seu nacemento no Testeiro, recibindo as augas do Refoxos, do Candán, do Grobas, do Chedas, do Medos, do Zobra, do Asneiro, do Gouxa, do Carrio, do Orza, do Abollo e do Toxa.
A morfoloxía presenta dúas zonas diferenciadas: unha delas que poderiamos denominar de media montaña (encadrada, como dixemos, na Dorsal Galega) con elevacións superiores aos 800 metros e unha segunda de aplanamento, cun primeiro tramo superior aos 600 metros de altitude e outro inferior, entre os 400 e os 600. A primeira das zonas (a de predominio granítico e de xistos cuarcíticos) con montes coma o Testeiro (1003 metros), o Coco (970 metros), a Serra do Candán (1014 metros) alongada de Sur a Norte, a Serra do Carrio (827 metros) cunha orientación de nordeste a suroeste, etc.
No eido xeolóxico, este relevo fraccionado pola rede hidrográfica que se encadra na Dorsal Galega con altitudes comprendidas entre os 450 e os 1000 metros sobre o nivel do mar, amosa un claro predominio dos xistos cuarcíticos e do granito nas zonas máis altas; e de xistos, paragneis e rochas sedimentarias nas cotas baixas: xistos e paragneis na maior parte da bacía media e alta do Deza, intercalados por diques de cuarzo e pegmatita, malia as grandes masas de granito de dúas micas que se aprecian por todo o Candán. Substratos que orixinan, cando menos, sete tipos de solos na zona, dominando os cambisoles úmbricos, aptos para os cultivos, e os leptosoles, menos desenvolvidos, pobres en nutrientes e con escasas posibilidades agrícolas, que ocupan as dorsais e as áreas de pendentes pronunciadas nas que se instalarían —con preferencia— as alvarizas(9)
Trátase dunha zona de clima oceánico, aínda que de transición entre o oceánico de montaña das cotas máis elevadas da Dorsal Galega e o oceánico hiper-húmido das Rías Baixas: o que sería un clima oceánico continentalizado, con forte baixada das temperaturas medias invernais en relación á costa, frecuentes xeadas nocturnas e precipitacións anuais superiores aos 1300 mm., superando a propia Serra do Candán os 1500: alcanzando en ocasións cifras en torno aos 3000 mm., con máximos en inverno, ao igual que en toda a bacía do Ulla (10)
A poboación da zona articúlase, de xeito maioritario, en pequenos núcleosdispersos ou lugares (soamente no concello de Lalín contabilízanse 335 lugares en 48 parroquias), sendo a día de hoxe os recursos económicos básicos a agricultura e a gandaría: isto é, o sector agrario, inmerso nun proceso de modernización un tanto preocupante iniciado coas concentracións parcelarias e que prosegue con introdución de maquinaria, implantación masiva de cultivos forraxeiros e praderías polifitas (compostas case en exclusiva de trevo violeta, raigrás italiano e trevo branco), construción de estabulacións para gando de leite e porcino, etc. Estes factores modifican o sistema agrícola e a paisaxe tradicionais, pasando o primeiro de ser un policultivo de autoconsumo a un complemento do sector gandeiro intensivo con prados e forraxes para a cabana pecuaria. Aínda que tampouco sería atinado definir hoxe o medio rural imperante na zona de estudo unicamente en función da actividade agraria, malia que esta continúe dominando as paisaxes: o rural transmutou na actualidade a unha especie de amalgama social, económica e cultural, coexistindo fogares dedicados á agricultura a tempo completo xunto a outros a tempo parcial, compostos por segundas residencias, vivendans para vacaións,(11) etc En todo caso estamos a referirnos a un espazo de moi baixa densidade demográfica (menor de 50 habitantes por quilómetro cadrado, a metade da media galega, concentrando o concello de Lalín case o 50% da poboación) agás núcleos como Lalín, Silleda ou Cruces, cunha clara tendencia demográfica negativa e un forte envellecemento xeral que semella non sobrepoñerse ao pulo do sector de servizos e á presenza de áreas industriais que amosaron un forte potencial nos últimos anos.
As alvarizas catalogadas sitúanse en sete concellos (Cadro 1) distribuídas por vinte e sete parroquias, destacando Lalín, que con 63 comprende case a metade do total. Séguelle Dozón con 32, dato explicable polo carácter montañoso deste concello (boa parte do territorio atópase por riba dos 700 metros sobre o nivel do mar) debido á súa proximidade á Dorsal Galega. Esta característica, unida ao feito de que a parroquia lalinense de Zobra é a que maior número de alvarizas alberga, parece poñer de manifesto a importancia de factores como a altitude ou a imposibilidade de dedicar a cultivos ou a outras actividades agropecuarias determinadas zonas, o que levaría a unha especialización delas na produción de cera e mel.
A maior distancia aparecen os municipios de Forcarei e Silleda con 10 alvarizas cada un, O Irixo con 8 e Rodeiro e Vila de Cruces con dúas (Vid. gráficas 1, 2, 3, 4 e 5).
Noutros concellos próximos, como Agolada, Unicamente fomos capaces de rastrexar topónimos que indicarían a presenza no pasado deste tipo de construcións: Lomba das Alvarizas, Rego do Monte das Alvarizas, Pena das Abellas, Alvarizas, A Ponte das Abellas, Rego das Abellas, etc.
Polo de agora resultaron infrutuosas as procuras tendentes a localizar nel estruturas que respondan a algunha das tipoloxías de alvarizas estudadas, aínda que non desbotamos achados nun futuro.

4. No ano 1165 o rei Fernando II fixo doazón da Terra de Deza cos seus dereitos e señorío á Mitra Compostelá, malia que no espiritual e relixioso seguiu dependendo da diocese de Lugo. Dependencia corroborada polo Papa Alexandre III no 1170: Arquivo Catedralicio de Santiago. Tombo B. Fol. 264 v°.
5. Cañizares del Rey 1946: 74-101. Correspondéndose o monte Summio co actual Farelo, o monte Aucto co San Sebastián e a Serra co actual Candán.
6. García Oro / Novoa Gómez 2000.
7. Rodríguez Martínez-Conde 1982: 63. A zona estudada forma parte, xeoloxicamente, da denominada zona IV (Galicia Media-Tras os Montes) do noroeste peninsular definida por Matte (vid. Mapas xeolóxicos escala 1:50000. I. G. M. E., 1974-1982).
8. Gómez Buxán / Rubia Alejos 2005.
9. Martínez Cortizas. Tese de doutoramento. Inédita. Universidade de Santiago de Compostela. Páx. 150 e ss.
10.Pérez Alberti 1982: 89 e ss. Tamén Carballeira / Debesa / Retuerto / Santillán /
Ucieda 1983: 205 e ss. A análise realízase sobre datos obtidos a unha cota poida que demasiado baixa, da estación termopluviométrica de Lalín, situada a 552 metros sobre o nivel do mar (temperatura media anual de 12,7° C, total de precipitacións de 1290 mm., temperatura media das mínimas absolutas de -2,2° acadada en xaneiro e temperatura media das máximas absolutas de 32,2° en agosto); non reflicten os cambios climáticos experimentados pola Dorsal Galega a cotas superiores aos 700 metros, nas que descenderían as temperaturas e aumentarían as precipitacións.
11. Miramontes Carballada 2006: 219-234.

O encadramento histórico
É obrigado así mesmo un encadramento histórico deste legado patrimonial que son as alvarizas. Algúns autores non dubidan en relacionalas coa vida monástica cisterciense europea, á que atribúen O espallamento da apicultura e mesmo as características das súas Arquitecturas. Está claro que foi nos escritorios monásticos onde se copiaron as obras antigas que trataban da crianza das abellas, coma o libro IX do De re rustica de Lucio Columela, exercendo os monxes como gardiáns e transmisores daqueles coñecementos antigos. Do mesmo modo que, máis modernamente, o Libro de Agricultura do andalusí Abu Zacaria Iahia, redactado nos séculos XII ou XIII, foi traducido ao castelán polo prior da catedral de Tortosa José Antonio Banqueri.
E desde o milagre da infancia de Santo Ambrosio numerosos foron os clérigos que escribiron obras dedicadas á apicultura: os frades Toribio de Pumarada ou Francisco de la Cruz, o abade Rozier, o presbítero asturiano Xosé Antón Sampil, o pai León Lacasia Aspuruz, o cura de les abeyes Carlos Flórez Lorenzo, etc.
Mais, á parte do non cuestionado labor da Igrexa e os seus membros na preservación da cultura previa á Idade Media, é probable tamén considerar que este tipo de apicultura milenaria forme parte da etnografía galega máis ancestral, representada por unhas artes construtivas propias en pedra a xunta seca, nun exemplo de optimización dos recursos coa finalidade primitiva de resgardar ás abellas das inclemencias atmosféricas, a fauna e os incendios. De feito, rastrexar tan sequera a presenza do propio mel ou da cera na documentación monástica medieval non resulta tarefa sinxela. Para empezar, a maior parte dos fondos arquivísticos de Santa María de Aciveiro non se conservaron por diversas vicisitudes: o incendio provocado por un cociñeiro no século XVII e a invasión francesa e nova queima do edificio en 1809 fixeron que apenas queden escritos aos que botar man.
Na documentación dos séculos XII, XIII, XIV e XV referida ao mosteiro de Oseira (espallada no Arquivo Histórico Nacional de Madrid e noutras institucións e mesturada coa do mosteiro de San Pedro de Dozón) son anecdóticas as referencias a pagamentos de rendas realizados en mel ou cera, malia habelos de todo tipo de especies: gando maior e menor, galiñas, viño, carolos, mazás (magaas camoeses), peras, allos, cebolas, nabos, uvas, castañas, landras, trigo, centeo, miúdo, madeira, anguías, touciño, manteiga... E iso aínda que desde a fundación do mosteiro en 1137 se conservan escrituras nas se mencionan coutos, casais, granxas, igrexas, herdades, leiras, quiñóns, pousas, pesqueiras, muíños, tullas, celeiros, presas, fornos de tella e de pan, viñas e outra caterva de bens e edificacións; mais ningunha referencia expresa ás alvarizas nin ás súas producións ou rendementos, nin sequera entre os pagamentos por mor de vasalaxe, nos que se mencionan produtos coma os ovos e as filloas. Acaso estarían incluídos entre os produtos hortícolas que acostumaban quedar fóra da tributación? Habería que consideralos agrupados baixo epígrafes xenéricos como omnibus fructus, et etiam omnis fructus, terciam partem de omni fructu, ad montem et ad fontem cum omni directura sua, etc.? O caso é que os papeis amósannos uns monxes máis preocupados pola extensión do cultivo de cereais e viñas, sendo abondosas cláusulas esixindo aos colonos a construción de parras, lagares, celeiros ou muíños, mais non alvarizas nin estrutura ningunha relacionada coas abellas (12)
Aínda que a cera ou o mel formasen parte do pagamento de foros, trataríase dunhas producións de difícil control no tocante aos seus rendementos por parte dos perceptores. Tales poden ser algunhas das causas do postergamento das alvarizas respecto a outros bens na documentación monástica medieval da zona.
Tamén é probable que os mosteiros se aprovisionasen de boa parte do mel e da cera que precisaban con cortizos explotados xunto aos propios cenobios, atendidos polos monxes. Hai exemplos abondo de clérigos dedicados á cría de abellas noutras partes da Península Ibérica desde comezos da Idade Moderna con destino á súa comunidade, coma o carmelita Francisco de la Cruz ao que citaremos máis adiante. Tamén sabemos que mosteiros coma o catalán de Roca Rossa de Maganet de la Selva ou o valenciano de Valldigna explotaban colmeas na Idade (13) Media
Teñamos presente, así mesmo, que a apicultura é unha actividade que adoita desenvolverse dentro de recintos pechados, afastada dos ollos do común e non exenta dun certo perigo. Esixe unha iniciación e uns coñecementos máis fondos e ao alcance de menos persoas que o cultivo habitual da terra ou a crianza de gando cos que case todos estaban máis familiarizados. Ademais, produce menos ganancias e non ocupa espazos ou terras cobizadas para outros fins.
Ao anterior debemos unir a ausencia de todo tipo de simbolismo e de calquera epigrafía de índole cristiá nas alvarizas estudadas. O contrario do que sucede, por exemplo, cos muíños e batáns, a miúdo sinalados con cruces como símbolo de pertenza ao patrimonio dun eclesiástico, por exemplo. Nada indica nin fai supoñer a intervención da Igrexa na construción nin explotación de ningunha alvariza das estudadas. Aínda que non se pode negar a predilección á hora de fundar casas e cenobios dos cistercienses polas zonas montañosas e cabeceiras fluviais, zonas nas que tamén se erguen a maioría destas construcións. Tamén debemos ter en conta que a primeira obra adicada exclusivamente á apicultura das publicadas en España é o tardío Tratado breve de la cultivación y cura de las colmenas, de Luís Méndez de Torres, do 1586 (14)
Tampouco a bibliografía especializada se ocupou do consumo de mel nas comunidades monásticas galegas, sendo notoria a carencia de monografías centradas na apicultura medieval; nin tan sequera en época moderna, como si as hai doutros produtos: velaí a atención prestada, por exemplo, ao peixe.(15) Si quedan referencias nalgúns traballos centrados no ámbito comarcal que, malia non resultar moi esclarecedoras no que ás alvarizas se refire, constatan que as colmeas estaban inseridas no circuíto económico habitual: vendíanse e legábanse como calquera outro inmoble. César Gómez Buxán menciónaas formando parte de numerosas dotes matrimoniais na zona de Deza na Idade Moderna, nas parroquias de Brántega, Doade, Erbo, Maceira, Moimenta, Rodís,
Toiriz, Ventosa Así figuran en diversos protocolos notariais. O 30 de xaneiro de 1763, por exemplo, no que se xustifica o dote de Antía
Carlín para casar co veciño do couto de Camanzo Nicolao Casal e no que figuran 100 ducados «por razón de ganados mayores y menores, partos y postpartos, alhajas de cocina, albariza y más bienes muebles que le pueden corresponder» (17)
Así mesmo hai referencias ás alvarizas noutras tipoloxías e series documentais arquivísticas como os preitos. Posto que as colmeas coa súa cera e mel, situadas a miúdo en lugares ermos ou apartados sen vixilancia permanente, constituían unha tentación para os ladróns: no 1808 o veciño de Santa María de Baio Xosé Bentín queixábase de tres roubos sucesivos. A primeira testemuña manifestou
«que con motivo de ser vecino de la parte que le presentó y haberse divulgado en aquel vecindario el daño considerable que últimamente se experimenta en su avellariza o colmenar nombrada de Soaiglesia por hallarse en término de igual nombre, comprensiva en dicha de Bayo, tuvo el que depone el cuidado de ir a reconocerle por mera curiosidad; y habiéndolo hecho la mañana del día martes de la presente semana en que había oído el lastimoso suceso, halló en dicha avellariza varios sitios en descubierto o faltosos de los cobos o colmenas».
Aos que se engadían os danos ocasionados:
«le han robado doze colmenas de corcho y otros tantos cobos poblados de avejas, unas y otros en tres ocasiones; los últimos sucedió amaneciendo el martes de esta semana, los que el testigo ha visto en la avellariza del Bentín y su circunferencia, vacíos y fracturados de recién, a excepción de dos de ellos que aún se tenían alguna cera; que ocho colmenas de las referidas acaeció habérsele robado por julio del año próximo pasado, hallándose la parte que le presentó en la ciudad de Santiago, las que también el testigo vio en aquel entonces, vaciadas y rotas de próximo; y las cuatro restantes padecieron igual asalto según se ha divulgado por uno de los meses últimos del . año pasado» (18)
Tamén nos fondos do Arquivo do Reino de Galicia se conservan sentenzas como a de 1716 confirmatoria da ditada tres anos antes polo xuíz de Deza contra Ignacio Touceiro e Manuel Rodríguez por roubo de colmeas, e que os desterraba a oito légoas fóra da xurisdición de Deza por tal delito (19)
De aí a utilidade das alvarizas, pois como ben dicía Sampil na súa obra, «un colmenar cerrado y cubierto es ventajoso para las abejas y para el dueño, que tiene seguras las colmenas de lad rones, zorros y otros animales» (20)
Tamén se conservan múltiples preitos referidos á cera: no 1808 os veciños de San Martiño de Forcarei Pascual Mariño e Alonso Gamallo presentaron querela contra Manuel Barros, xa que lles adebedaba o pagamento «de porción de cera que los sobredichos dieron a mi parte para que la labrase y pusiese en obra para su beneficiamiento, como lo han hecho fiándola según costumbre del país para varias iglesias, cofradías y otras personas a pagarla a plazos» (21)
O mosteiro de Santa María de Aciveiro contaba cun enorme couto patrimonial e xurisdicional que se incrementou a cada paso logo da súa fundación no 1135: desde as iniciais freguesías de Dúas Igrexas, Quintillán, Pereira ou a propia Aciveiro até comprender parte das de Forcarei, Beariz, Montes, Millarada, etc. No chamado Tombo Grande do mosteiro (un dos poucos documentos que se conservan del, redactado entre 1607 e 1809) si se reflicten desde o século XVI rendas para cobrar en cera: 605 libras no XVI, 1270 nas do XVII, 1199 nas do XVIII... Mais non deixa de ser curiosa a ausencia de referencias a alvarizas, cando si se mencionan outras fontes de ingresos como batáns, muíños e neveiras. Aínda así debemos considerar que Aciveiro tiña, en propiedade e posesión, todo o monte do Candán, os das encomendas, os de Refoxos, Graba, Grobas... «en donde ninguno puede apastar ganado en ellos sin licencia del monasterio» (22) Os dereitos de pasto nestes eidos orixinaron numerosos preitos nos séculos XVII e XVIII cos veciños de Deza e Trasdeza, xa que só os de Aciveiro, Pereira e Dúas Igrexas estaban facultados a levar o seu gando a eles sen pagar: velaí, por exemplo, a querela contra Agustín Filloi en 1740, cando pasando a recoñecer os montes
«fray Cristóbal Reinoso cura del referido Real Monasterio y fray Leandro Martínez Mayordomo Cillerero de él, asistidos de Tomás Pereira, merino, para la percepción de rentas [...] y otras personas y llegados a dichos montes y entre los lugares llamados de Masgalán y la Goleta, términos de los referidos montes de las encomiendas propios de dicho Monasterio, hallaron catorce cabezas de ganado mayor de caballerías, y con ellas el querellado. Y tratándose de querer hacer curro de ellas contradijo el querellado oponiéndose a dicho Merino, jurando a Cristo que al primero que se acercase a ellas le había de derribar la tapa de los sesos».
Outra fonte de conflitividade cos veciños —e mesmo co Cabido da catedral de Santiago— foi a explotación do xeo nas neveiras, con preitos que tamén chegaron á Real Audiencia do Reino de Galicia. Igualmente polo aproveitamento irregular das fragas do mosteiro.
Un exemplo é a querela iniciada contra Amaro Barreiro por descascar carballos na devesa de Boelle en 1616 (23). Porque, malia falarmos dun período histórico no que non sempre resulta doado diferenciar entre xestión e propiedade, o certo é que os recursos forestais estaban tan estreitamente regulamentados como aliñados co privilexio señorial e as clases dirixentes. Con todo, tampouco podemos afondar no coñecemento destas arquitecturas botando man dos papeis vellos na mesma medida que o fariamos con outras manifestacións senlleiras do patrimonio cultural galego.
Está claro que tanto Oseira como Aciveiro, na mesma medida que outros mosteiros con influencia ou posesións na zona de estudo —coma os de San Salvador de Camanzo, San Lourenzo de Carboeiro, San Pedro de Dozón ou San Xurxo de Codeseda— serían grandes consumidores de cera polas súas necesidades litúrxicas. Do mesmo modo que as igrexas, capelas e ermidas da zona. Por iso tanto a cera coma o mel tiñan que figurar entre os bastimentos que transportaban os arrieiros por Vilatuxe ou os froitos que se beneficiaban desde o século XII na feira de Cea. Máxime cando, tras o concilio de Trento e a implantación da chamada Contrarreforma, os servizos relixiosos se multiplicaron, con actos a gran escala que fixeron medrar a demanda de velas. Velaí, por exemplo, comportamentos coma o manifestado nos funerais de dona María Varela, celebrados na cidade de Compostela «conforme a la disposición de la difunta y sus circunstancias, mandando poner para velar el cadáver, mientras estuvo de cuerpo presente cuatro achas de a cuatro pavilos y seis velas de a libra; y además de ello otras doce achas también de a cuatro pavilos para la función del entierro, seis velas, las cuatro de media libra para el altar mayor y otras diez velas para los cinco altares que hay en aquella iglesia.»
Rematada a cerimonia «el vicecura de Sar, acompañado de su sacristán y de la mujer de éste, no bien acabó de echar en tierra el cadáver, se apoderaron de la cera que había estado ardiendo alderedor de él y también en los altares, e hicieron una arbitraria partija de ella» (24)
O que nos da unha idea do valor e a estima qu e tiña o produto.
A partir do século XVII xorden máis referencias. De 25 de marzo de 1650 data o foro do lugar das Cerdeiras concedido polo mosteiro de Aciveiro a Domingo Fernández, veciño de Dúas Igrexas, sendo parte da pensión a satisfacer unha libra de cera (25) anual En 1685 moveu o prior querela contra os veciños de Ribela André Brea e Gregorio dos Campos por impago dunha renda na que figuraban «tres po rtes de cera» (26)
Tamén os señores leigos da terra, coma o conde de Lemos, percibían rendas en cera. Do 1682 é o apeo das súas posesións nos montes do Candán, nas devesas de Parada, Vilatuxe e Zobra, nas que «cortan leña y pastan los ganados los vecinos de dichas feligresías y los de la Jurisdicción de Lalín». No documento aparece Xoán Blanco, criado de Pedro López de Soutomaior, como levador da «Cabana de Bustelos, dehesa, casas y propiedades de que se compone [...] en pensión de una libra de cera» (27) Mais nin unha liña que fale de onde se producía.
No ano 1689 xa se viña celebrando feira en Soutelo o último domingo de cada mes, con misa na ermida de San Roque e produtos apícolas á venda (28) Do mesmo xeito que nas contas da fábrica da igrexa de Santa María Magdalena de Soutelo de Montes, ao igual que noutras da contorna, desde 1665 se contabiliza como unha das súas maiores partidas a cera para o culto: 104 reais de gasto nestes dous anos «de los cirios pasquales y velas delgadas, ocho libras, de cera amarilla labrada a trece reales la libra son ciento y quatro reales» (29) Feito que se repite nas contas das décadas seguintes, nas que a cera constitúe o maior gasto que debían afrontar os mordomos nomeados para levar as contas da igrexa, xeneralizándose incluso o epígrafe de cargo de cera, tanto para a fábrica parroquial como para cada unha das confrarías ou capelas establecidas na freguesía. Era lóxico se temos en conta que nas propias visitas do arcebispo de Compostela á parroquia se establecía «que ningún sacerdote celebre el Santo Sacrificio de la misa sin sotana, cuello y dos velas encendidas»; ou que «pena de excomunión mayor no digan misa con una sola vela» (30)
Mesmo nas contas de 1810 de San Pedro de Quintillán se consignan por parte do mordomo «ochenta y nueve reales que entregó a Lorenzo García por adeudárselos dicha Iglesia para el total de quatrocientos y veinte reales que importó la grada de doce blandones o hachas de cera blanca que para ella hizo, según encargo de los feligreses, por haveren robado los Franceses quanta havia» (31)
A día de hoxe consérvase unha cerería en Forcarei, no lugar de Casanova, cun lagar tradicional: última testemuña da actividade destes borreiros ou comerciantes de cera. E até os anos trinta do século XX abastecía de cera e «de toda clase de velas y cirios» a fábrica e cerería de Gumersindo Espiña e hijo, en Forcarei. Con anterioridade, no século XVIII, atopábase na parroquia de Santa María de Dúas Igrexas o importante taller de cera propiedade de Xosé Barreiro. O patrimonio cultural asociado á cerería podería ser const itutivo doutro estudo paralelo.
Xa no catastro de Ensenada, nos anos 1752 e 1753, se contabilizaban para Galicia un total de 366.339 colmeas, trobos ou cortizos; dato que reflicte ben ás claras a importancia que tiña a apicultura no noroeste ibérico. A mesma fonte histórica infórmanos, por exemplo, de que nesas datas na parroquia de Santa María de Dúas Igrexas (Forcarei) había 119 veciños que desenvolvían o traballo de borreiros; isto é, comerciaban con cera que transportaban por medio de recuas ou co concurso e colaboración de arrieiros ás feiras de Doade, Soutelo, Fondós ou Aciveiro, e que desde o Medievo promoveran os monxes asentados no mosteiro desta última parroquia. Parece probable que houbese máis, porque, malia a utilidade desta fonte, cómpre subliñar que algúns autores reputados, como Bouhier, consideran que no catastro de Ensenada existe unha ocultación sistemática que pode chegar até a metade do declarado. A redución impositiva podíase lograr, cando menos por catro vías: minorando os rendementos, ocultando a extensión de parcelas, acentuando as terras de inferior calidade ou desvalorizando os prezos a aplicar (32). No libro de persoal de leigos do mesmo catastro de 1752 de Santa María de Aciveiro e sobre un total de 163 cabezas de familia, máis do 17% aparecen co oficio de traficantes de cera, ocupación que moitos compaxinaban coas de labradores, arrieiros ou carboeiros e que poden darnos idea da importancia do aproveitamento dun medio que, a priori, non semellaba o máis axeitado para o desenvolvemento de comunidades humanas de entidade.
Quedan moitas outras fontes arquivísticas por rastrexar en pormenor. Na documentación eclesiástica, por exemplo, encontramos nos expedientes de liberdade e solteiría —que debían formalizar cantos se ausentaban das súas parroquias por calquera motivo— casos coma o do veciño de San Pedro de Quintillán, Xosé Canabal, quen declaraba en 1810 que cando tiña doce anos saía por períodos de oito a dez días «acompañado de su padre al Partido de la Ulla a comprar y recoger cera de colmenas» (33) Así mesmo na documentación eclesiástica da diocese de Lugo poderían xurdir referencias a alvarizas e a outro tipo de estruturas apícolas, tal e como sucede na arquidiocese de Santiago.
Na serie de visitas pastorais á parroquia de Santa María de Oza en 1594 alúdese á colmea que había na parede da igrexa (34) no expediente de recoñecemento da reitoral de Santiago de Tabeirós de 1858 descríbese «una lacena destinada al uso de abejas, tiene las correspondientes puertas de madera de castaño empotradas» (35). A escritura de formación de patrimonio do veciño de San Pedro de Tenorio Martiño González Senra, de 1737, inclúe «una alvariza con una docena de colmenas cerrada sobresí» (36). A escritura de recepción de ordes sagradas do veciño de San Miguel de Arca Antón Silva Cerviño de 1730 cita entre os seus bens no lugar de Montillón «la casa pegada a la que viven con su alto y bajo, caballerizas, corrales, todo ello cerrado, maderado y tejado, aira, alvariza y lo más perteneciente a la referida casa» (37). Manuel Pazos Ortega pediu en 1776 as ordes a título de bens patrimoniais nos que se mencionaban parte do muíño de Rabeáns dos Cabaleiros, un pombal e dúas abellarizas nas Terras de Vea (38) Son datos que amosan como estas construcións se situaban ao mesmo nivel que outras manifestacións da arquitectura popular de Galicia á hora de garantir a congrua sustentación das elites que serían reitoras da vida espiritual e social das parroquias. Incluso revelan como nas zonas da nosa xeografía nas que a presenza do oso xa non supoñía unha ameaza para as explotacións apícolas, tornábase escusada a construción de alvarizas. Velaí boa parte da costa galega, como Santa Mariña de Xuño, onde as colmeas xa non se protexían con valos desde o século XVIII (39) O certo é que se fose pola tradición documental ou pola historia escrita, pouco saberiamos destas construcións.

12. Romaní Martínez 1989: 127. O autor chega define o que denomina núcleo de propiedades do mosteiro de Lalín-Deza, entre os ríos Deza e Arnego, chegando polo norte case ao Ulla e polo sur ás serras. Do mesmo autor, A colección diplomática do mosteiro cisterciense de Santa María de Oseira (Ourense) (1025-1310). 3 vol. Santiago de Compostela: Tórculo Artes Gráficas, 1989-1993. E así mesmo de Portela Silva / Garrido / Romaní Martínez 1993.
13. Salesi Fava /Sapoznik /Whelan 2021: 275-296.
14. Méndez de Torres 1586.
15. Vázquez Lijó /Sandoval Brea 2009: 333-359.
16. Gómez Buxán 2001: 107.
17. Arquivo Histórico Universitario de Santiago. Protocolos, 6254.
18. Arquivo Histórico Diocesano de Santiago. Fondo do Provisorato. Unidade de instalación PR45220. Vid. tamén Ortego Gil 1995: 45-71. Poden consultarse casos de roubos de colmeas noutras parroquias do arcebispado no mesmo fondo: PR46764, por exemplo, referido a Santa Baia de Castro.
19. Arquivo do Reino de Galicia. Sentenzas. Leg. 28.545.
20. Sampil 1798: 94.
21. Arquivo Histórico Diocesano de Santiago. Fondo do Provisorato. Unidade de instalación PR45271.
22. Rodríguez Fraiz 1973: 79 e ss.
23. Arquivo Histórico Diocesano de Santiago. Unidade de instalación P000167. San Bertomeu de Pereira.
24. Arquivo Histórico Diocesano de Santiago. Fondo do Provisorato. Unidade de instalación PR46769. Ano 1812.
25. Tombo Grande Aciveiro. Fol. 62.
26. Íd. Fol. 25.
27. Arquivo Histórico Nacional. Sección Nobleza. Lemos, C1 e D1. Apeo dos termos e propiedades da mordomía de Lalín e Deza no Reino de Galicia.
28. Arquivo do Reino de Galicia. Leg. 28545. Sentenza de vista de 9 de xuño de 1716 confirmando a do xuíz da xurisdición de Deza sobre roubo de colmeas: menciónase que os acusados non foran encontrados vendendo mel nin cera nas feiras da zona.
29. Arquivo Histórico Diocesano de Santiago. Fondo Parroquial de Santa María Magdalena de Montes. Unidade de instalación P023608.
30. Arquivo Histórico Diocesano de Santiago. Fondo parroquial de San Pedro de Quintillán. Unidade de instalación P023615. Visita do ano 1785.
31. Íd. Contas da Fábrica do ano 1810.
32. Bouhier 1979.
33. Arquivo Histórico Diocesano de Santiago. Fondo do Provisorato. Unidade de instalación PR45892.
34. Íd. Fondo parroquial de Santa María de Oza. Unidade de instalación P009605.
35. Íd. Fondo parroquial de Santiago de Tabeirós. Unidade de instalación P021496.
36. Íd. Fondo Xeral. Expedientes de patrimonios. Unidade de instalación 711/165.
37. Íd. Fondo Xeral. Expedientes de sagradas ordes. Unidade de instalación 645/18.
38. Íd. Fondo Xeral. Expedientes de patrimonios. Unidade de instalación 12/8.
39. Íd. Fondo Xeral. Expedientes de sagradas ordes. Unidade de instalación 950/30.

Flora e fauna
"Ollo o ceo mouro cun medo antergo.
Torna a abella ó trobo, a anduriña cingue o voo.
Van as nebras do trono non son agoreiro"
Uxío Novoneira (1990): Os Eidos

Recursos naturais da Serra do Candán
Nas case 11000 hectáreas da Serra do Candán contabilízanse cando menos catorce tipos de unidades ambientais diferentes, predominando a matogueira e os medios rochosos silíceos (sobre os que desenvolveron a súa actividade académica varios xeólogos europeos de renome desde os anos setenta do século pasado), nos que cómpre non esquecer a presenza dun elevado número de explotacións mineiras. A zona inclúese no denominado sector corolóxico galego-portugués da provincia cántabro- atlántica, comprendida na rexión eurosiberiana que lle corresponde á España húmida: caracterízase por una serie de comunidades vexetais propias que se suceden conforme ao grao de alteración e das que a máis evolucionada son as fragas mixtas caducifolias sobre solos ácidos, formadas por carballos, bidueiros, acivros, abeleiras, castiñeiros, loureiros... Esta comunidade arbórea climática de masas de Quercus robur e Quercuspyrenaica que noutrora debeu ocupar case toda a zona presenta a día de hoxe, en xeral, dimensións reducidas (malia a relevancia de carballeiras como as de Bustelos, Moa, Subirol ou Meavía), resistindo as especies caducifolias nunha superficie inferior ao 8% do total e case sempre en cotas superiores aos 500 metros sobre o nivel do mar. Nótase tamén unha gradual substitución dos carballos (Quercus robur) polos cerquiños (Quercus pyrenaica). A acción antrópica circunscribiuna a áreas de acceso dificultoso ou escaso aproveitamento, deixándoa reducida as máis das veces a formacións depauperadas e empobrecidas con abondosa matogueira.
A densa rede hidrográfica está así mesmo salpicada de pequenas manchas de ameneiros (Alnus glutinosa), freixos (Fraxinus excelsior), trémulos (Populus tremula) e salgueiros (Salix atrocinerea) ligadas a solos con encharcamentos máis ou menos permanentes. Ao igual que sucede coas fragas, estes espazos acadaron, outrora, a categoría de bosques de ribeira. Hoxe retroceden a causa da acción humana a prol de prados seminaturais e moi nitrificados. Nos solos brañentos que aparecen nas terras chás mal drenadas atopamos outra caste de formacións con abondosa presenza de bidueiros (Betula celtiberica), e unha composición da flora algo diferente.
Ademais destas especies arbóreas, tamén se presentan no seu sotobosque numerosas especies arbustivas, lianoides e herbáceas.
De feito, a paisaxe vexetal aparece dominada agora por matogueiras e uceiras secas con elevada predominancia de Erica sp., de gramíneas e de toxos, de chorimas e de xestas, interrompidas por pedras silíceas con especies pioneiras do Sedo-Escleranthion e do Sedo-Veronicion dillenii.
Son unha etapa de substitución consecuencia da degradación dos bosques climácicos. Estes matos podemos dividilos en uceiras-toxeiras e piorneiras ou xesteiras. As uceiras-toxeiras, normalmente mestas e localizadas nos lindeiros dos bosques, están dominadas polos toxos: o arnal (Ulex europaeus), o gateiro (Ulex minor) e o femia (Ulex gallii); xunto a diversas ericáceas: uces e queirugas (Erica cinerea, Erica arborea, Erica umbellata,
Erica australis, Erica ciliaris, Calluna vulgaris e Daboecia cantábrica, sobre todo). As xesteiras caracterízanse pola predominancia de xestas (Cytisus sp.), piornos (Genista sp.), carqueixas (Pterospartum tridentatum) e codesos (Adenocarpus sp.). Son especies que mesmo foron noutrora obxecto de cultivo, posto que supoñían un complemento das actividades gandeiras: para acondicionar as cortes do gando e conseguir estrume, para leña e combustible ou mesmo para obter unha boa colleita de mel coas súas floracións. Cómpre lembrar que ca madeira das uces elaborábase carbón vexetal (que despois se comercializaba en Soutelo de Montes e Beariz ou era empregado para os fornos que conseguían o estaño das minas de Zobra, por exemplo), a casca dos carballos empregábase no curtido de pel, a madeira de bidueiros e ameneiros aproveitábase para facer desde zocos até apeiros para a labranza, as castañas foron un produto básico para o autoconsumo (40). Constituían todos eles recursos do monte aproveitados nun claro exemplo de autoabastecemento e desenvolvemento sostible.
Os prados naturais e seminaturais, como etapa de substitución tamén dos bosques climácicos, sitúanse con preferencia nos fondos dos vales, onde a potencia dos solos e a humidade favorecen o seu óptimo desenvolvemento.
No tocante ás repoboacións e cultivos forestais de crecemento rápido, están compostas por eucaliptos (Eucaliptus sp.) e piñeiros (Pinus pinaster, Pinus radiata e Pinus silvestris), ocupando, polo xeral, terreos roubados ás carballeiras e ocasionando efectos negativos no equilibrio hídrico e nutricional dos solos.
Máis tamén resisten na serra e as súas ramificacións especies vexetais ás veces endémicas do noroeste ibérico e outras que figuran no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, tales que a arzola (Eryngium durieaei), a Thymelaea broteriana, a xunca de algodón (eriophorum angustifolium), a árnica (Arnica montana), o bugallón Ranunculus bupleuroides, o acivro (Ilex aquifolium), o rañacú ou xilbardeira (Ruscus aculeatus), o Carex asturica), o (Bromus rubens) os amarelles (Narcissus bulbocodium, Narcissus cyclamineus, Narcissus asturiensis, Narcissus triandrus...), o iris (Iris boissieri), os quitamerendas (Crocus serotinus, Crocus carpetanus e Merendera pyrenaica), o Allium victorialis, a Paradisea lusitanica, o érbedo (Arbutus unedo). E mesmo varias especies de orquídeas como Anacamptis pyramidalis, Cephalanthera longifolia, Dactylorhiza maculata, Dactylorhiza elata, Serapias lingua, Orchis morio e Spiranthes spiralis.
Hai que subliñar tamén a abondosa presenza da arandeira (Vaccinium myrtillus), outrora recurso trófico importante na dieta do oso pardo (41)
Con todo e malia a súa relevancia e singularidade, o LIC da Serra do Candán ten que afrontar unha loita constante contra a proliferación de plantacións de cultivos forestais con especies foráneas, pirófitas e de crecemento rápido, coma os citados piñeiros e eucaliptos, que superan de longo as 1500 hectáreas de extensión, contra a instalación de parques eólicos outorgados ás empresas eléctricas nos cumios axeitados para este aproveitamento ou contra unha densa rede de infraestruturas viarias (máis de 20 vías terrestres de comunicación transcorren por el). Factores este que levaron o bosque de frondosas habitual noutrora a unha regresión continuada.
Da comunidade vertebrada desta serra cómpre destacar a presenza de especies que figuran no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Entre as aves rapaces, ás tres rapiñas presentes en Europa occidental a gatafornela (Circus cyaneus), a tartaraña cincenta (Circus pygargus) e a tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus), súmanse algunhas das escasas parellas nidificantes en Galicia de falcón peregrino (Falco peregrinus) e bufo real (Bubo bubo.) que quedan na zona obxecto. de estudo (42)
Tamén temos especies de aves propias de zonas abertas e comunidades de pasteiros como as picas dos prados (Anthuspratensis), a pica campestre (Anthus campestris), a pica alpina (Anthus spinoletta), a laverca (Alauda arvensis), etc. Aínda que, sen dúbida, son aves —impropiamente— denominadas esteparias tales que o sisón (Tetrax tetrax) como nidificante e a avetarda (Otis tarda) nas súas dispersións postnupciais as estrelas da observación e o turismo ornitolóxico da serra (43)
Da empobrecida comunidade de mamíferos, eliminado o oso (Ursus arctos), ocupan o lobo (Canis lupus signatus) e o gato bravo (Felix sylvestris) o ápice da pirámide trófica; seguen, nos chanzos inmediatamente inferiores, o porco bravo (Sus scrofa), o teixo (Meles meles), o raposo (Vulpes vulpes), a lontra (Lutra lutra), a xeneta (Genetta genetta), a marta (Martes martes), a garduña (Mustela foina), a donicela (Mustela nivalis), o tourón (Mustela putorius), o visón americano (Mustela vison), o leirón (Eliomys quercinus), o esquío (Sciurus vulgaris) e o murgaño de Cabrera (Neomys anomalus).
Aínda que o máis descoñecido dos que figuran no Catálogo Galego de Especies Ameazadas é a toupa de río (Galemyspyrenaicus). Interese especial reviste a comunidade de morcegos, con todas as súas especies protexidas: o morcego de ferradura pequeno (Rhinolophus hipposideros), o morcego de ferradura grande (Rhinolophus ferrumequinum), o morcego rateiro grande (Miotis miotis), o morcego das fragas (Barbastella barbastellus) ou o morcego común (Pipistrellus pipistrellus).
Igualmente os anfibios contan practicamente todos con figuras de protección supraestatal: desde a píntega común ou roncha (Salamandra salamandra) até a salamántiga galega ou rabilonga (Chioglossa lusitanica), pasando polos limpafontes ou tritóns: o común (Lissotriton boscai),
o palmadOLissotriton helveticus) e o verde (Triturus marmoratus).
Así mesmo as ras das veigas (Discoglossus galganoi), ra verde (Pelophylax perezi), ra patilonga (Rana ibérica), ra vermella (Rana temporaria), ra de Santo Antón (Hyla molleri) e o sapos común (Bufo bufo.), o corriqueiro (Epidalea calamita) e o comadrón (Alytes obstetricans). E os réptiles coma o lagarto arnal (Timon lepidus), o das silvas (Lacerta schreiberi), a lagartixa galega (Podarcis bocagei), o liscante (Anguis fragilis), as cobras: a lagarteira común (Coronella austriaca), a lagarteira meridional (Coronella girondica), a de colar (Natrix natrix) e a viperina (Natrix maura), o cobregón (Malpolon monspessulanus) ou a víbora de Seoane (Vipera seoanei).
Non son menos interesantes as comunidades de fauna invertebrada, con especies protexidas tamén en todos os territorios da Unión Europea como as libélulas Macromia splendens, Oxygastra curtisii e Coenagrion mercuriale, os coleópteros Lucanus cervus e Cerambyx cerdo ou o gasterópodo Geomalacus maculosus. Así mesmo cómpre lembrar a presenza na conca do Ulla, entre os invertebrados, do mexillón de río (Margaritifera margaritifera), obxecto de atención prioritaria na política medioambiental comunitaria.
Contan pois o Candán e os seus contrafortes montañosos con especies animais e vexetais capaces, sen máis axuda, de asentar a base dun turismo de natureza respectuoso e sostible, adobiado pola presenza de paisaxes singulares e dun patrimonio cultural e material envexable.
E de toda a súa fauna, as abellas espertaron ben cedo a curiosidade e admiración do primate humano, até o extremo de que algúns autores as consideran como a primeira especie domesticada, adiantándose ao can e ao cabalo en milleiros de anos: velaí, por exemplo, as pinturas do epipaleolítico abrigo da Araña, en Bicorp (Valencia) datadas no 3500 antes de Xesús Cristo ou as recentemente descubertas de Castellote (Teruel) representando a recolección de mel. Conxugan asemade as abellas a súa capacidade para producir elementos de consumo para nós, cun comportamento social complexo. Quen sabe se foi ese o motivo polo que as abellas, desde o antigo Exipto, se consideraron como símbolos das ánimas. Tanto é así, que na parroquia ourensá de Loureses aínda a finais do século pasado se dicía que eran as almas dos devanceiros que viñan da
lúa (44); nos Ancares son cualificadas como benditas (45); en Asturias non se blasfema nin se discute diante das abellas, que reciben os expresivos nomes de pitinas de Dios, abeyinas de Dios, benditas,(46) etc. En lugares máis ao norte de Europa, como Gales e Alemaña, eran seres sagrados procedentes do Paraíso. Autores hai que remontan estas tradicións facéndoas chegar a Exipto e ás culturas grega (Zeus foi alimentado por abel las) e romana (47) Explicando así que aínda hoxe permaneza na mentalidade dos galegos o aforismo de que o que mata a unha abella ten cen anos de pena (48),
O mel constituíu até épocas moi recentes o único edulcorante coñecido ao alcance do home. E a cera, como xa vimos, foi iluminación requirida —incluso tras o solpor das vidas— no culto instituído aos defuntos pola Igrexa Católica. Ambos os produtos contan hoxe con substitutos coma o azucre, a estearina, a estevia, as parafinas..., mais aínda hai que ter presentes as probadas calidades medicinais e aplicacións non superadas en moitos aspectos dos "froitos" das abellas.
Non foi até o ano 1880 cando o párroco de San Vicenzo de Argozón (concello de Chantada) don Benigno Ledo, coñecido coma "o cura das abellas", instalou na nosa terra a primeira colmea móbil (poucos anos antes de construír a primeira colmea para a multiplicación por división, chamada colmea-viveiro). E o primeiro traballo sobre esta disciplina dedicado expresamente aos apicultores galegos é o Manual de apicultura de 1893, obra de don Ramón Pimentel Méndez (49). Despois da adopción de colmeas de cadros múltiples, que se impuxeron de forma masiva a partir de mediados do século XX, as técnicas experimentaron fondas transformacións. Chegados aos finais do século, con grandes modificacións no sistema tradicional de explotación apícola e coa mudanza xeneralizada en case toda a Península de colmeas fixas a móbiles, podemos dar por finalizado o período de máis de medio milenio no que as alvarizas tiveron utilidade para este fin. Hoxe en día a apicultura revélase como unha actividade alternativa que contribúe a paliar a situación de abandono do campo galego e, malia que até o momento se encontra con eivas para o seu desenvolvemento tales que a baixa rendibilidade, a escaseza de relevo xeracional ou a chegada de especies como a néspera asiática, a modernización deste sector eminentemente artesanal no último cuarto de século e a apertura de novos mercados fai da apicultura unha actividade prometedora.
A abella melífera (Apis mellifera) ten así mesmo un papel fundamental na polinización: malia que hai moitos outros insectos que desenvolven ese labor na nosa terra como moscas (dípteros en xeral), abellóns (xénero Bombus), bolboretas ou diversos tipos de nésperas (himenópteros), os coñecedores da bioloxía destes animais estiman que máis do 80% das plantas con flores precisan das abellas para xerar sementes viables (50) Un servizo ecolóxico de mantemento e expansión das especies vexetais que procuran, ao que se engade o carácter xeneralista das súas accións (ao recoller o pole dunha gran diversidade de plantas asegurando de forma proporcional a súa supervivencia) e o aproveitamento derivado da capacidade de localizar e comunicar con precisión as obreiras a situación dos recursos, polinizando de xeito preciso nos momentos idóneos aínda as especies de floración máis breve.
Por desgraza o uso de determinados axentes fitoquímicos nos cultivos agrícolas leva décadas xerando graves problemas ás abellas: aos efectos devastadores nos bosques atlánticos da varroatose (51) ocasionada polo ácaro Varroa destructor e descrita durante décadas coma o problema máis preocupante para a apicultura mundial—, da nosemose e das viroses, súmanse recentemente a denominada Desorde de Colapso da Colonia (CCD polas súas siglas en inglés: Colony Collapse Disorder) ou síndrome de despoboamento e a presenza de nésperas foráneas como a Vespa velutina. Debemos tomar consciencia de que a desaparición das abellas leva consigo unha diminución das funcións de polinización que pode ter importantes repercusións: os apicultores sosteñen unha das actividades que proporciona, hoxe en día, un dos maiores beneficios ambientais nos ecosistemas sen acadar o máis mínimo recoñecemento social co seu labor. E iso malia que a abella en estado silvestre chegou a ser unha especie de animal mitolóxico, considerándose practicamente extinguida na Península Ibérica até hai pouco, agás polos enxames domésticos fuxidos. Nas últimas décadas xeneralizouse a utilización de razas híbridas: de Norteamérica proceden as starline (combinación de razas mansas italianas, de desenvolvemento temperán na primavera) ou as midnite (carniolas e caucasianas adaptadas a climas fríos e húmidos); de Inglaterra as buckfast... Dando como resultado o confinamento da abella negra silvestre autóctona europea (Apis mellifera mellifera), hoxe en retroceso grave en toda Europa. En outubro de 2019 un equipo da universidade alemá Julius Maximilians de Wurzburgo (Baviera) dou inicio en Galicia a un estudo na procura das que poderían ser as derradeiras abellas silvestres auténticas de Europa en enxames naturais. Unha das conclusións —non demasiado orixinal— foi que a taxa de supervivencia invernal dos mesmos depende en boa medida da calidade do contorno, da paisaxe e da presenza no mesmo de uces, matogueiras e fragas (52) Outra, esperanzadora, foi a de que en Galicia aínda sobreviven abellas silvestres e non só razas importadas e/ou aclimatadas. Desde logo, a desaparición das abellas nas nosas montañas pode orixinar unha crise ecolóxica moito maior que a do emblemático oso.
A zona de Deza e a Serra do Candán contan cunha boa saúde medioambiental e privilexiada posición apícola: seguindo os datos da AGA (Asociación Galega de Apicultura), é a terceira comarca da provincia en canto a numero de colmeas, con case 1500 colmeas censadas e máis de medio cento de apicultores e co sector medrando na última década (53).

40. Picallo Fontes 2018.
41. Fernández Calvo / Obeso 2004: 213-223. Tamén Swenson / Gerstl / Daahle / Zedrosser 2000.
42. Nercellas Méndez / Taboada Martínez 2003. Taboada Martínez 2009. e Taboada Martínez / Nercellas Méndez 2009.
43. Taboada Martínez 2006.
44. Alonso Romero 2000: 79.
45. Fernández González 1978: 45.
46. Alonso Romero, F. Op. cit.: 80.
47. Ransome 1986: 155 e 172.
48. Castroviejo s. d.: 119.
49. Pimentel Méndez 1893.
50. Polaino 2006. Tamén Calatayud / Simó, s. d.
51. Na actualidade están autorizados contra a varroatose case unha vintena de tratamentos sanitarios en España, cos que se obteñen resultados dispares en función de variables como a climatoloxía; mais que orixinan problemas de toxicidade nas abellas, xeran resistencia por parte do ácaro e producen residuos nas alvarizas. Desde 2019 funciona o grupo Varroaform (que comprende as comunidades de Galicia, Castela e León, Castela A Mancha e Canarias) coa finalidade de desenvolver unha formulación de liberación controlada a partir de produtos de orixe natural incorporados en soportes biodegradables como alternativa aos tratamentos convencionais.
52. Rutschmann / Kohl / Machado 2022.
53. Datos do ano 2014.

A tráxica historia do oso e as abellas: un destino común?
Corría o ano 1942 cando en Pena Boullosa (Serra de Ancares) caían vítimas dos cazadores os últimos osos galegos. Aínda que, se recorremos ás sempre traxicómicas novas das hemerotecas, foi o exemplar morto o 13 de xuño de 1946 na parroquia de Couceiros (concello de Paderne, que comprende parte da Serra do Leboreiro, a escasos cinco quilómetros da fronteira portuguesa e do termo municipal luso de Melgago) o que ostenta a dubidosa honra de ter sido o derradeiro oso abatido —legalmente— en Galicia. A grotesca fazaña mereceu o recoñecemento do gobernador civil da provincia de Ourense (Orense naqueles tempos), Vicente Muñoz, sen dúbida polas reminiscencias de xesta medieval que levaba implícitas, pois foi levada a efecto con apeiros de labranza polo agricultor Camilo Lloves González auxiliado, a xeito de escudeiro, por un rapaz de 14 anos de idade chamado Roxelio. Logo de varias horas de persecución o animal empoleirouse a unhas penedas e alí, acurralado, defendeuse da forcada que manexaba Camilo Lloves, ao que trabou. A operación de rematar o animal (e salvar o veciño) recaeu en mans da garda civil do fronteirizo postode PonteBarxas. Ao parecer tratábase un exemplar macho subadulto de 102 quilos que, en verbas do propio Camilo Lloves —aínda vivo en 1996— formaba parte dun grupo de tres osos que con frecuencia destruían colmeas na rexión (54). Temos pois ao último dos osos vencellado na súa morte ás abellas e á súa explotación tradicional nas serras.
Non se pode concibir peor remate para un animal ao que honraran e respectaran os nosos devanceiros e que formou parte destacada do imaxinario popular galego na mesma medida que as outras dúas bestas postas hoxe na picota pola sociedade: o lobo e o xabaril. Poida que poucos se decatasen de que, de entre todas as bestas que sustenta a fábrica do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago, destaca a figura dun oso, realizada con alarde de fidelidade, lambendo unha pouta (supoñamos que para saborear o mel dunha colmea que debera ter asaltado pouco antes). Quen sabe se se trata dunha representación do pecado ou da gula, e a afección do oso polo mel tivese levado a mestre Mateo a decantarse por este animal en detrimento do porco ou dalgún outro coas mesmas similitudes —ou máis— ca nosa especie? O rei portugués Xoán I non tivo reparos en comparar a ledicia provocada pola caída do «urso na armadilha com a visao da gloria de Deus». Don Dinis a piques estivo de morrer nas gadoupas dun oso e Fernán Pérez de Andrade empregouno como animal totémico no seu mausoleo en Betanzos.
Xa as máscaras de home-oso foran un elemento recorrente do folclore europeo, con tradicións e danzas de disfraces por todo o continente vencelladas ao carnaval e ao mes de febreiro; ao mellor subsistencia dun antigo rito de deshibernación de orixe prehistórica. No século XI o arcebispo de Reims condenaba certos vergoñentos xogos con osos (turpia joca cum urso) e as máscaras que neles se empregaban. E o tema da caza do oso, habitual nas novelas cabaleirescas (Valentin et Orson (55), tamén orixinou representacións populares como a catalá Rosaura de l'Os, representada cando menos desde 1444, ou a de Arles-sur-Tech no Perineo francés. En Galicia temos novas da danza do oso de Betanzos até 1914 e aínda saen máscaras de oso o luns de carnaval en Salcedo (Pobra de Brollón, Lugo), San Pedro de Moreiras (Toén, Ourense), Viana do Bolo...
O certo é que as Cortes de Castela aludían a mediados do século XVI á importancia dos osos no noroeste peninsular e as referencias do XVII e do XVIII amosan tamén o abondoso de lobos e osos nas serras galegas, malia as batidas e montarías comunais institucionalizadas desde a Idade Media até practicamente os nosos días (56) Dicía a comezos do século XVI o bacharel Olea que en Galicia «ay tantos osos e puercos bravos, que de noche guardan las viñas porque no se las coman» (57) Polas mesmas datas (ano 1550) nas que aludía á súa abundancia o licenciado Molina (58) e ao tempo que nas Cortes reunidas en Valladolid (1548 e 1563) se elevaban peticións denunciando que «en el Reino de Galicia hacían grandes estragos osos, lobos, jabalís y venados y que los señores prohibían a los particulares correr y matar dichas fieras, y si alguna intentaba hacerlo, era maltratado y amenazado, por lo que solicitaban libertad para matarlos por todos los medios» (59)
José Piñeiro Maceiras contempla a existencia aínda no século XIX de tres poboacións de osos na contorna do núcleo norte peninsular: unha nas serras do Faro e Testeiro, outra no Macizo Central Ourensán e outra que transitaba polas meridionais serras do Xurés, Larouco e Leboreiro. De xeito atinado elucubra este autor que a primeira delas (a máis próxima a nós, na contorna e dominios do mosteiro de Oseira) debeu ser a que antes desapareceu, por causas físicas,biolóxicas e sociais: a escasa altitude das montañas —que non permitiría zonas de invernada e refuxio seguras— xunto a motivos xeográficos e sociais, como a intensa transformación viaria experimentada nesta zona interior de Galicia no XIX e a insuficiente cobertura arbórea, minguaron a cativa viabilidade dunha poboación tan afastada do núcleo cantábrico. Únase o anterior á secular e atávica persecución promovida desde as administracións públicas: en 1826 aínda a Real Audiencia do Reino de Galicia e o Supremo Consello constataban por escrito «la necesidad de exterminar los lobos, osos y otros animales dañinos, que causaban graves daños en aquel Reino», ao tempo que a promovían (60)
Malia todo, Miñano menciona a súa presenza na contorna do mosteiro de Oseira e na serra do Invernadoiro pasado o primeiro (61) cuarto do XIX e Madoz nas poboacións pontevedresas de Noceda e Portela (Rodeiro) no ecuador do século (62) E. de 1848 é a mención dun exemplar na devesa de Santo André de Illobre (Vedra), a una legua de Santiago, recollida polo insigne naturalista galego López Seoane (63) . Aínda en 1880 aparecen mencionados entre a caza maior e fauna daniña dos termos de Cerdedo, Dozón, A Lama, Monterroso, Boborás e Beariz, correspondentes aos partidos xudiciais de A Estrada, Lalín, Chantada e Carballiño (64) Parece que en outubro de 1883 un oso atacou a un cazador en Seixo, ás beiras do Ulla (65) No verán de 1897 foi avistado un exemplar moi preto de Compostela,nas proximidades de A Escravitude (66) Obviamente a noutrora abondosa presenza de salmónidos no río Ulla debeu propiciar o achegamento á conca de exemplares divagantes procedentes destas zonas ou mesmo, xa que estaríamos a falar ao longo do XIX maioritariamente de individuos itinerantes e non de poboacións asentadas e con efectivos numéricos de entidade e relevancia, que se circunscribirían ás montañas leonesas e ao Caurel. No século XIX hai autores que aventuran a presenza de oito núcleos de poboación: o da Ulloa (pola súa presenza en Santo André de Illobre), o de Terra de Montes (na área de confluencia das provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense), o de Terra de Tribes (na serra de Queixa e Santo Amedio), o da Fonsagrada (no límite con Asturias), o do Cebreiro (Serra de Ancares e proximidades), o do Caurel, o de Valdeorras e o do Bolo (Serra do Eixo e lindes con León e Zamora) (67)
Mais, aínda cando se conservaron exemplares até ben entrado o XX nas montañas ourensás e na Serra do Caurel, montañas de Cervantes ou na Serra do Oribio, cando desapareceron realmente os osos de Pontevedra? É difícil de precisar e a case anecdótica presenza para toda Galicia nesta centuria do animal reflíctese nalgún traballo, malia que se trataría de exemplares itinerantes e nunca sedentarios que procederían do Caurel, Pena Trevinca ou Seabra (68)
Claramente tanto a destrución da masa arbórea autóctona como as grandes obras de infraestruturas levadas a efecto entre 1940 e 1960, unidas aos excesos da caza, extinguiron o oso da nosa contorna, relegándoo ao imaxinario e á memoria (69). Cómpre lembrar que as montarías non foron regulamentadas até a Real Cédula de 3 de febreiro de 1804 e que a Ley de Caza de 10 de xaneiro de 1879 consideraba á práctica totalidade dos depredadores como "animais perniciosos". No 1953 o Ministerio de Agricultura decretou a formación das funestas e mal denominadas "Juntas de Extinción de Animales Dañinos y Protección de la Caza", compostas por representantes da Administración, de gandeiros e de cazadores. Foron
responsables da matanza indiscriminada con todo tipo de métodos até 1961 de preto dun millón de exemplares de especies da listaxe de animais considerados perniciosos (moitos deles incluídos a día de hoxe na listaxe de especies en perigo de extinción, coma o lince, a aguia imperial ou o propio oso).
Resulta obvio que a situación problemática do oso deriva da explotación irracional do medio que o home leva practicando e que o elevaron á consideración de "alimaña". Malia que durante a maior parte do ano (primavera e verán) este animal consume plantas, froitos do monte, invertebrados e mesmo preas, no outono procura alimentos de alto contido enerxético coma o mel ou as mazás nas hortas, para acumular reservas de cara ao inverno.
Debemos ter en conta que tanto a aparición como a expansión pardo coinciden bastante ben coas da especie humana, o que leva implícita unha coexistencia conflitiva na que o plantígrado levou as de perder, minguando efectivos e territorio a medida que se estendían as actividades agropecuarias. Así, desde a Idade Media apareceron grandes baleiros no seu mapa de distribución e o oso foi acosado e sometido a unha presión cinexética sen pausa, quedando restrinxido a espazos de difícil acceso e escaso valor agrario.
Malia todo, sempre foi considerado unha peza de caza excelsa, a miúdo reservada á nobreza. Con todo os habitantes das comunidades rurais nunca deixaron de matalos para defender as súas colleitas e gandos, ou mesmo para alimentarse con eles: do oso (como do porco) aproveitábase todo. E foi rival capaz de singularizarse e facerse co seu espazo na toponimia (70) na mitoloxía e mesmo na heráldica. Poida que debido a que o oso garda certas similitudes "fraternais" connosco que, sen dúbida, os nosos devanceiros tiveron ocasión de observar e comprobar de primeira man: pode sosterse e camiñar erguido a dúas patas, conta con habilidades para nadar, subir ás árbores, pescar, xogar coma os homes... e roubar o mel. Non é raro pois que desde os tempos prehistóricos se lle gardase culto nas cavernas (velaí as covas de Regordou ou de Montespan) e que algúns autores o consideren como o primeiro deus ao que loaron os homes, elevándoo no seu xénero feminino á categoría de constelacións celestes. Mais, esvaecidos os tempos dos mitos, coa consolidación das cidades e o divorcio (cada vez maior) coa natureza,
Plinio "o Vello" xa dicía del que non había animal máis habilidoso para facer o mal. Despois veu a identificación cristiá co demo realizada por Santo Agostiño e a vinculación cos pecados capitais, simbolizados na luxuria, na folganza, na gula... De aí a figurar como mascota de San Galo, San Brais, San Columbano... ou mesmo de castelos, circos e feiras, houbo un paso. E a caza do oso como "alimaña" adquiriu o carácter de exterminio institucional xa na Idade Media: mesmo loitando contra as fragas e o mato que lle daban acubillo e obrigándoo a refuxiarse nos cumios, nas montañas... e nas labras heráldicas dos pazos.
Non deixa de ser significativo que unha das últimas persoas convictas por ter matado ilegalmente un oso na década dos oitenta do século pasado rematase ocupando o posto de alcalde. Se cadra, pola popularidade que lle outorgou tal feito.
Aspectos formais e construtivos
En Galicia chámase alvarizas (ou abellarizas) aos apiarios tradicionais: típicas da montaña asturiana, galega e leonesa, son a máis espectacular manifestación arquitectónica da apicultura ibérica. Etimoloxicamente remítenos ao latín ALVARIAM, da raíz ALVUM: 'ventre, útero ou colmea' (71)
Son construcións elaboradas —polo común— en pedra a xunta seca e de feituras diversas, aínda que con predilección polas formas circulares ou ovaladas, coa característica habitual de contar cunhas entradas de reducidas dimensións para evitar que os osos derrubasen a porta facendo forza poñéndose en pé. Sen dúbida foi a presenza deste animal —por riba doutros— a orixe das alvarizas, polo que a súa reprodución nas zonas da Galicia máis montañosa coincide coas maiores concentracións destas estruturas pétreas. Na raia asturiana e parte da comarca de Ancares, adoitan recibir outros nomes como cortinos, cortines, cortius, puestos, talameiros... que —como veremos— son formas dialectais asimilables a miúdo ás tipoloxías que describiremos para a serra do Candán.
Construíanse nun lugar axeitado que reunise as condicións óptimas para facilitar, por exemplo, o "aldo" (a entrada e saída das abellas) (72) ou as horas de sol propicias.
Obviamente, e alén das diversas denominacións, as alvarizas son o expoñente máis acabado e perfeccionado dun tipo de explotación oposta ao nomadismo ou apicultura itinerante practicado noutras zonas peninsulares e europeas nas que se trasladaban as colmeas en función da dispoñibilidade de recursos florais. Este sistema adoitaba producirse en rexións cerealeiras, nas que as abellas non dispoñían máis que dun curto período de tempo para aproveitarse do pole, aínda que situadas preto de áreas dotadas de recursos florais complementarios. Resulta curioso que neste tipo de explotacións transhumantes estacionais se contemplase tamén a miúdo a colocación das colmeas rodeadas por muros de protección a modo de defensa contra o gando ovino e os incendios; mesmo contando ás veces con casetas para gardar as ferramentas de traballo: estes mesmos elementos repítense en moitas das alvarizas que veremos (73) Porque malia que a principal función destes elementos no que atinxe á defensa contra a fauna era previr os ataques dos osos, tamén a ofrecían contra as incursións de teixos, raposos, xabarís e mesmo rabaños de gando doméstico que pastaban na contorna; ou dalgún asalto ocasional e de calquera tipo de continxencias coma os incendios, utilizados tradicionalmente para a obtención de pastos.
Como veremos non é posible datar con certeza a maior parte das alvarizas do noso estudo, agás as de máis recente construción, pois as referencias explícitas a elas na documentación son escasas antes da Idade Moderna. Contando que xurdirían coa función primordial de defender as colmeas contra os osos nun tempo no que estes eran abundantes, algúns autores aventuran a súa orixe para a zona na Idade Media, vencelladas aos mosteiros i stercienses próximos e sen demasiadas referencias arquivísticas que o testemuñen. Co mesmo rigor, a súa presenza podería retrotraerse á época da dominación romana. Mais, polo de agora, non foi posible atopar con seguridade ningunha referencia documental anterior ao século XVI.(74) No tocante ás máis modernas (deixando á parte as elaboradas con cemento e bloques, dos anos setenta e oitenta do século XX e que se asemellan ás descritas como "colmenares de caseta" da zona de Palencia (75), comunicacións persoais dos —xa escasos— veciños sitúan a súa construción a finais do século XIX ou comezos do XX; aínda que semella que reproducindo patróns anteriores e incluso repetindo localizacións favorables: as alvarizas parece que transcenden ás abellas e aos osos, do mesmo modo que as catedrais, os batáns ou os muíños de auga transcenden ás xeracións que os ergueron e utilizaron.
Das conservadas e reunidas neste catálogo, unicamente unha (a número 041 do catálogo) ofrece a data da súa construción no lintel, que a sitúa en 1919.
De todos os xeitos, pouco ou nada deberon cambiar estas construcións destinadas ás abellas desde a súa orixe até os nosos tempos, agás as mudanzas das últimas décadas propiciadas pola desaparición do oso, o emprego de novos materiais ou o xurdimento de tipoloxías diferentes.
Son construcións a ceo aberto, tradicionalmente realizadas en pedra seca e de forma circular ou ovalada; aínda que sempre se acomodan ás condicións orográficas. Por exemplo, C. González Pérez refire a da Pena do Fundicio, nun cantil do río Balouta, na parroquia de Santa María de Rao (en Navia de Suarna) de forma triangular para asentarse sobre a rocha76. As máis completas rematan os seus grosos muros cunha serie de pedras a modo de viseira para evitar a entrada dos animais aínda que estes agatuñen polo valo: o beirado ou sopena. A porta de acceso —cando a hai— é de reducidas dimensións.
No que atinxe ao seu emprazamento, elíxense ladeiras protexidas dos ventos máis fríos e que reciban sol desde as primeiras horas do día: zonas con pendentes pronunciadas (de até 30°) orientadas ao abrente. Sen dúbida para proporcionarlle ás abellas os raios quentes da mañá durante o inverno e protexelas polas tardes do verán das horas de máis calor.
Neste sentido, debemos ter en conta que se ubican nun medio xeográfico adverso, con rexistros térmicos baixos (o frío é o grande inimigo das abellas) e no que a luz debe ser aproveitada; preferentemente nun plano inclinado que non discrimine ningunha colmea con espazos de sombra e que os protexa dos ventos dominantes. A disposición dos recintos en dirección ao ceo e a amplos horizontes tamén facilita ás abellas os trazados das súas viaxes, nas que se guían pola luz polarizada. Aínda que debemos ter en conta a dispoñibilidade de terreos de cada zona, estando os que son apropiados para usos agrícolas —por exemplo— destinados a outros labores. De aí que as alvarizas se vexan circunscritas, as máis das veces, a espazos considerados menos produtivos ou carentes de utilidade para os cultivos habituais. Malia iso, de continuo o monte era obxecto de usos gandeiros e, periodicamente, as zonas de monte baixo eran cultivadas. Ademais, leñadores, serradores, carpinteiros, zapateiros, curtidores, carboeiros, ferreiros, toneleiros... procuraban neles as materias primas e combustibles, polo que arredor dos terreos incultos existía un complexo sistema de relacións que regulamentaba os equilibrios entre superficie arborada e monte baixo; ao igual que entre xestión, explotación e consumo (77)
Adoitaban construírse no monte —polo xeral de titularidade común— e case sempre afastadas dos núcleos de poboación, incluso a distancia considerable dos fogares, co fin de evitar problemas de convivencia emanados da presenza conxunta de abellas, persoas e gando.
O afastamento das aldeas explicaríase tamén pola maior dispoñibilidade de flora neses outros eidos: ás veces incultos e arbustivos, onde medran as uces, as xestas e os toxos; outras con soutos e carballeiras. En ambos os casos se poden conseguir máis doadamente variedades de mel de maior calidade que coas árbores froiteiras e os cultivos de horta.
No seu interior procúrase certa inclinación do chan, coa idea de que todos os cortizos reciban unha boa cantidade de luz e calor e que as abellas non se entorpezan nas entradas e saídas dos mesmos: utilízanse repisas de pedra ou socalcos para que as colmeas estean dispostas neles en filas ou reas (rea cimeira, rea do medio, rea do fondo...). Estas bancadas ou chanzos poden estar realizadas no solo ou ben elaboradas con laxes. Tamén poden consistir en asentos individuais, de lousa ou outra pedra, para cada colmea. Os obxectivos son procurarlles illamento da humidade e do frío e facilitarlles os movementos ás abellas ao libralas dos obstáculos que representarían as colmeas das zonas inferiores. Por riba as colmeas levaban unha lousa a modo de tellado (a barda) para protexelas da choiva, do aire e da neve.
Sobre o anterior, non nos resistimos a reproducir un fragmento da obra escrita polo carmelita e ermitán Francisco de la Cruz —posiblemente no século XVII ou a finais do XVI— dedicada á apicultura e localizada na Biblioteca Nacional de España no ano 2000. Malia referirse a unha zona ben afastada de Galicia como é o deserto de Bolarque, na Alcarria, amosa perfectamente como deben ser os lugares nos que se establezan as colmeas; ademais dun grande entendemento por parte do autor, baseado en anos de observación e entrega ao coidado das abellas do convento do lugar:
De el sitio del colmenar y cómo han de estar las losas o soleras.
El sitio del colmenar ha de ser en valle y abrigado del cierzo, que es el aire que más daño les hace; ha de ser el sitio de manera que les de el sol, en saliendo, en las piqueras; y han de estas puestas de suerte que no impidan el sol, de que sale, las unas a las otras; por delante, porque viendo ellas el sol se alientan, salen más presto al trabajo. También el sitio del colmenar ha de estar en ladera que esté un poco corriente por si alguna vez lloviere alguna nubada reciba el agua abajo y no se quede entre las colmenas, porque en el verano lo pueden sufrir, en el invierno les hace notable daño la humedad, y esta humedad les pone los panales que están a la parte de abajo junto a la losa llenos de moho, y será forzoso cortárselos a la primavera porque en estos panales no meterán miel ni criarán pollo.
Y las abejas reciben grande daño con aquella frialdad, porque perecen muchas de frío, es causa de enfermar. Para remedio de todos estos daños será bien que las losas en que están asentadas estén un poco altas, fuera de la tierra como cuatro dedos, y se le haga una reguerica a la redonda para que de esta manera se evite este daño.
También ha de estar el sitio del colmenar muy limpio de yerba, porque las impide cuando vienen cargadas y suelen sacarlas, que se les mueren, y se enredan en la yerba y se están trabajando por sacarlas y pierden el tiempo.
Es de notar que las que se les mueren las sacan del colmenar, o las apartan de la colmena lo más que pueden, que aun estos animalicos no quieren ver los muertos en su casa ni junto a ella; por esta causa es bien que no tenga yerba. Lo otro, que si en el otoño se pegase fuego (que sucede muchas veces), sería posible no podello remediar, y así es bien que se quite la ocasión con tener limpio el colmenar. A mi me ha sucedido ir la primavera a ver las colmenas y ver que andaban flojas y con poco fervor a las piqueras, y les limpié el sitio del colmenar; y otro día volví a verlas y andaban solícitas labrando, que no cabían por las piquera, me dieron bien a entender que eran amigas de limpieza.
Y si un perro es tan agradecido por un pedazo de pan que leda su señor, que muchas veces se pone a riesgo de perder la vida y otros extremos que se leen en algunas historias que han hecho estos animales, por qué tengo yo de entender les había de privar nuestro Señor de este distinto natural de ser agradecidas [...].
También es bueno que haya algunos árboles junto a las colmenas, para que cuando salen los enjambres se asienten en ellos, advirtiendo que no les hagan sonar a las colmenas en el invierno y no los dejen criar muy altos, porque si son altos y se asientan los enjambres no los podrán coger con tanta facilidad como si son pequeños (78)
Sobre a presenza de árbores e arbustos no interior das alvarizas, son numerosos os exemplos de especies autóctonas e algunha invasora (nomeadamente mimosas) que medran en moitas delas logo de ter sido abandonadas. Así, como veremos nas fichas do catálogo con máis pormenor, é común o cultivo de determinadas especies co fin de favorecer as abellas. Rara debeu ser a alvariza en explotación que non contase no pasado con buxos (Buxus sempervivens), érbedos (Arbutus unedo), loureiros reais (Prunus laurocerasus) ou outras árbores de floración temperá que respondían á necesidade de facer máis doados os derradeiros días do inverno ás colmeas. Tamén se recorría a especies de porte arbustivo coma o romeu (Rosmarinus officinalis). Mesmo é probable que a introdución doutras especies foráneas como as mimosas (Acacia dealbata) sexa un exemplo da axuda que o apicultor proporcionaba ás abellas: aínda hoxe, polo carnaval, os fondos de moitas alvarizas abandonadas se tinguen de marelo coas súas flores, destacando na monótona paisaxe das ladeiras da serra e sinalando as localizacións das colmeas. Algunhas destas árbores, coma o buxo, proporcionaban así mesmo a madeira da calidade necesaria para a manipulación dos enxames. Sobre este tema tamén se expresara con acerto o citado carmelita Francisco de la Cruz:
De los árboles que son provechosos a las colmenas.
Todo árbol frutal, salvo los priscos, que dicen algunos que enferman con la flor, dicen que sale lechetrezna, les es dañosa. Yo no sé la maña de a saber esto, de que estas yerbas les hagan daño, porque como son tan sutiles y ocultas sus enfermedades no se pueden tan fácilmente alcanzar; de las que yo he alcanzado diré adelante. Los almendros florecen temprano y, con su flor, crían el pollo, y con la flor de box. Del fresno y del acebuche entran mucha flor, y del chopo y álamos negros, y del espino y del olmo y del olivastro y de la oliva y del roble cornicabra entran mucho, y es buena la flor de la galloma y, por otro nombre, malmadurillo, que es a modo de maraña. De la yedra entran mucha, esa viene por septiembre.
Les ayuda mucho para sellar los vasillos donde han envasado la miel; de estos árboles hacen lo principal de la cera y los vasillos; de las flores de las yerbas más meten miel y ámago para su sustento que no cera. El madroño las favorece mucho en el tiempo de la mayor necesidad, que es po Navidad, que en la flor que echan, que es como unas campanillicas, y allí cogen mucha miel [...], sobre todo el romero por entrar de él miel, cera y dura muchos días la flor (79)
En ocasións as alvarizas contan no interior con algún refuxio para resgardo do abelleiro ou das súas ferramentas, como teremos ocasión de comprobar no catálogo.
Tipoloxías
Os estudos de Naves e Naves sobre os sistemas de defensa das colmeas fronte aos osos consideran para a veciña Asturias tres tipos fundamentais: os cortius (cercados circulares ou ovalados de pedra seca con beirado de lastras sobresaíndo que impiden o acceso do oso), os talameiros (torres de planta cadrada de catro ou cinco metros de altura sobre as que se coloca un taboado para asentar as colmeas) e as alvarizas de peneda (formadas en repisas naturais pechadas e modificadas con pedras) (80)
En xeral a bibliografía específica sobre as alvarizas é escasa; particularmente no que atinxe ás da Serra do Candán, pois desde que o etnógrafo Xaquín Lorenzo lles dedicase uns parágrafos da súa obra (obviando a súa moito maior dispersión territorial), non parece subliñable ningún estudo nin catalogación sistemática:
En Lalín (Pontevedra) e terras darredor, as colmeas non se teñen a carón da casa senón no monte, en construccións especiais que levan o nome de albarizas. A albariza é un anaco de terreo, polo xeral incrinado, ó que cerca unha parede duns 3 mts. de outa, cunha porta pró paso da xente e que se pecha cunha folla de madeira. As albarizas son sempre redondas ou ovaladas, ourentadas ó nacente e de grandor variable xa que depende da cantidade de abellas que deba conteñer. O muro que a rodeia tén a mesma estructura que os que pechan as herdades. Adoitan levar polo cume unhas lousas faguendo un capiado (81)
Tampouco son prolixos nin exactos ao respecto outros etnógrafos galegos recoñecidos, como Xesús Taboada Chivite, que refire sobre a comarca de Verín que «los colmenares se construyen a la manera antigua, para que no pudieran ser depredados por los osos. Eran recintos circulares con paredes de dos a tres metros de altura y rematados en cornisa de 0,60 centímetros de vuelo. Encima de la puerta de entrada otra piedra completaba el círculo de la cornisa» (82)
Aínda así, o seu inventariado e catalogación (como a de todo o noso patrimonio) con referencias á súa tipoloxía, localización, estado, hábitat no que se localiza, características espaciais, aspectos construtivos, capacidade e potencialidade da súa conservación e/ou restauración etc., é un traballo previo básico para encontrar solucións acordes cos novos tempos e sistemas produtivos e para valorar a súa reconversión e sostemento presentes e futuros; implementado o anterior coas medidas políticas e económicas preceptivas: revisión e aplicación ou mellora da lexislación e control, declaracións de BIC e ENIL, trazado de roteiros culturais, sostemento subvencionado... Porque a arquitectura popular, da que as alvarizas son un expoñente de calidade indubidable e en perigo de desaparición, é cimentación básica da nosa cultura, parte da memoria que identifica a nosa comunidade cun pasado común e que a fai asumir a súa vocación de futuro como pobo (83)
Mais ao teren sido consideradas as alvarizas como un ben menor dentro dos que compoñen a cultura material e antropolóxica de Galicia, non se lles prestou até fai pouco tempo a atención precisa, alén de recensións xornalísticas ocasionais. Unido o anterior ás súas localizacións —a miúdo difíciles de concretar ou de non tan doado acceso coma o doutros bens—, carecemos a día de hoxe dun inventario que reflicta non só a súa complexidade morfolóxica, senón tamén o seu número exacto ou tan sequera aproximado. Malia os meritorios e laboriosos intentos e traballos parciais elaborados nas últimas décadas, os censos oficiais da Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura recollen pouco máis de mil alvarizas para toda Galicia, centrándose na franxa oriental (desde o Xurés até o norte das serras de Lugo, destacando O Caurel con 230 delas) e quedando relegadas as da Serra do Candán ao se considerar unha representación residual.
Parece obvio que a realidade é ben distinta e complexa, pois esta zona conta cunha das concentracións de alvarizas máis importantes de toda a Península Ibérica.
Cómpre ter en conta a presenza de construcións deste sentido en moitas outras partes de Galicia: podemos rastrexalas debuxando nun mapa un eixo que desde Ourense (ao abeiro de poderosos mosteiros coma Oseira) chegue até a Costa da Morte (contorna na que así mesmo proliferaron cenobios dependentes de San Martiño Pinario de Santiago como Moraime, Ozón ou Baíñas). Tamén hai presenza de alvarizas na caurelá serra de Lóuzara, no val de Quiroga ou mesmo no pontevedrés val de Vea. Aínda que en moitas destas zonas (Tabeirós (84) ) Montes utilizábase con frecuencia outro tipo de solución arquitectónica máis integrada na vida doméstica: construcións, como as lacenas ou apiarios nas paredes das vivendas, con acceso desde o interior das mesmas e que contan de seu con certa variedade tipolóxica e formal (con ou sen topete sobre a piqueira, por exemplo), nun sistema que favorecía a estreita vixilancia e coidado dos apiarios nun clima máis morno e con menor presenza de fauna hostil (85)
Así pois, as alvarizas formaron parte dun sistema de produción e cría de abellas que se espalla por todo o noso país, aínda que adoptando características propias segundo a zona na que se sitúan: temos as abelleiras da montaña interior (Ancares, O Caurel, Ribeira Sacra, Quiroga e Viana do Bolo, por exemplo), que se corresponderían coas mesmas tipoloxías, aproximadamente, que as da Serra do Candán. Tamén as da Costa da Morte, ás veces en forma de valo: muros divididos en nichos que poden adoptar distintas formas segundo o terreo (circulares, elípticos, cadrados...). Así mesmo están as lacenas: cavidades en paredes de vivendas, hórreos, muíños ou templos nas que se resgardan as colmeas.
Finalmente, no Xurés e norte de Portugal temos as abellarizas de teitos de palla, de muros menos elevados que na montaña interior e que ofrecían sobre todo protección ás abellas contra o gando que se movía polo monte.
Nun ámbito europeo, este tipo de construcións —tanto alvarizas como valados apícolas— atópanse nunha imaxinaria liña recta que poderiamos trazar desde a Península Ibérica aos Alpes, ou mesmo aos Balcáns e Turquía. Nas Illas Británicas temos as lacenas de abellas (bee boles).
As tipoloxías construtivas das alvarizas son moi diversas, aínda que se pode colixir que os muros defensivos foron facéndose menos rexos a medida que os osos desaparecían dos nosos montes, quedando reducidos nas últimas etapas a meros valos testemuñais; cando non cambiaron por completo a súa formulación material pasando a ser paredes de bloques de cemento ou sinxelos peches perimetrais de arame. Mesmo se teñen colocado colmeas en emprazamentos de ladeira similares aos que tiveron as alvarizas, mais xa sen defensa ningunha.
De establecen ha clasificación formal, habería que contemplar as de contorno circular, as de contorno ovalado (consecuencia a miúdo das condicións do terreo, compostas en base a dous círculos unidos por dúas tanxentes exteriores), as elípticas, as elípticas truncadas (resultado da aparición de dous muros rectilíneos), as de media elipse ou forma de ferradura, as rectangulares, as rectangulares de contorna redondeada, as cuadrangulares, as de chanzos similares aos talameiros (que nos resistiriamos a considerar meros apiarios pola súa singularidade e especificidade), etc.
Nós optamos por clasificar as da serra do Candán (vid. Cadro 2) diferenciando media ducia de categorías segundo a súa morfoloxía básica: circulares, elípticas ou ovaladas, cadradas, rectangulares ou trapezoidais, tipo alvariza de pena e en gradas ou socalcos.
As circulares (aínda que tamén en boa medida as elípticas e as ovaladas) responden á concepción que poderiamos denominar da alvariza clásica, no que sería unha adaptación —na maioría das ocasións— ao terreo. Este grupo abrangue aquelas construcións nas que se albisca unha intencionalidade cara a formas circulares, mais sen acadar nunca a perfección desta figura, xa que se opoñen os acusados desniveis e a man de obra artesá. O mesmo acontece coas elípticas, que nunca contan con dous eixos simétricos (86). Existe a posibilidade de que estes deseños tendentes a circulares teñan a súa orixe nunha tradición construtiva que procure maior efectividade na defensa: unha parede curva é sempre máis difícil de escalar que unha recta. E tamén estaría relacionado coa necesidade de exposición solar nun clima húmido e de invernos fríos, xerando menos zonas de sombra.
As alvarizas cadradas ou rectangulares están moi presentes no Candán, constituíndo unha característica singular pola súa porcentaxe dentro do total. Serían, cronoloxicamente e en termos xerais, máis modernas que as circulares ou ovaladas: dos séculos XIX ou mesmo comezos do XX (sen prexuízo de poder retrotraer algunha delas até finais do XVIII).
Seguindo a Naves (87)decidimos denominar como alvarizas de peneda aquelas alvarizas situadas en repisas —máis ou menos— naturais modificadas con pedras ou con valos en todo ou parte do seu perímetro.
Serían un exemplo, poida que o máis ancestral, da primixenia forma de aproveitamento do contorno polos poboadores da serra, implementando as defensas naturais de certos lugares co obxecto de aproveitalos para a cría de abellas.
Unicamente queda un exemplo de alvariza en gradas (a número 25 deste catálogo), salientable pola súa singularidade no conxunto da serra, preto da devesa de Bustelos en Santa Mariña de Zobra, concello de Lalín.
No apartado de outras tipoloxías englobamos as que non responden a ningunha das precedentes ou ben aquelas que teñen un estado de conservación tan malo que non é posible outorgarlles con certeza unha ou outra forma.
Son as circularesun 27% do total das catalogadas) as que predominan na serra do Candán e a súa contorna, seguidas moi de cerca polas rectangulares. Ambas tipoloxías xuntas superan a metade de todas as da serra, quedando as de tipo alvarizas de peneda restrinxidas aos enclaves máis esgrevios.
A concentración das alvarizas en áreas de media montaña da Serra do Candán (é difícil empregar con criterio xeográfico rigoroso o termo montaña en Galicia) reflicte a importancia que debeu ter, noutrora, a explotación apícola nestas zonas nas que a orografía e o clima poñen limitacións ao desenvolvemento de actividades que serían máis doadas noutras cotas máis baixas, o que nos pon na pista dun aspecto da economía tradicional do noroeste ibérico —en certo modo aínda non ben estudado— e das súas interaccións e dinámicas co medio circundante, coa flora e, sobre todo, coa fauna. Case unha terceira parte de Galicia (máis de 12000 quilómetros cadrados) ofrece un relevo de máis de 600 metros de elevación sobre o nivel do mar, que podemos cualificar como de serra. Orixínase así unha dicotomía val/montaña (media montaña, propiamente, no caso galego, no que este termo implicaría a zonas tan diverxentes como a Terra Cha, a Serra de Queixa ou a dos Ancares) máis acusada que noutras latitudes. Moitas destas serras derivan de antigas superficies de aplanamento secundarias ou terciarias, degradadas pola acción fluvial, fragmentadas e basculadas coa Neóxena Cuaternaria e obxecto dunha segunda degradación pola posterior intervención humana. Son zonas nas que, hoxe, está a menor densidade demográfica de Galicia: menor na actualidade que a comezos do século XX. Unha realidade froito da síntese espazo/historia, que entronca co subdesenvolvemento: aquí está a Galicia en verdade esquecida, con condicións paisaxísticas e económicas próximas ao Medievo e con gran dependencia da natureza.
A emigración á procura de mellores condicións de vida xerou a conseguinte baixa de produtividade, posto que sería a poboación más envellecida a encargada de levar o peso das explotacións. As actividades son, primordialmente, agrícolas, exceptuando os tempos puntuais dalgunhas explotacións mineiras e o sector forestal, desde sempre mal encamiñado: orixinando o que algúns autores chegan a definir, de forma esaxerada, como unha arquitectura froito da miseria. Mais é certo que se trata dun tipo de arquitectura derivado dun sistema económico ancestral, con climatoloxía adversa, baseado nunha agricultura e gandaría de escasa produción até hai pouco tempo, inserido nunha topografía abrupta que xera tipoloxías de gran sobriedade e humildade, nas que o aforro é a máxima, cun arcaísmo froito de elementais recursos tecnolóxicos e reducidas pouco máis que á pedra de gra e á madeira; aínda que tremendamente funcionais.
Así atopamos unha distribución por altitude das alvarizas que, salvo no caso das parroquias do concello de Vila de Cruces (moito máis modernas e construídas a unha cota notoriamente máis baixa que as demais), vai dos 455 aos 780 metros sobre o nivel do mar, no que parece ser un intervalo óptimo entre esas dúas curvas de nivel. De feito, reitérase esa distribución segundo a altitude (Vid. gráficas 6, 7, 8, 9 e 10) preferíndose as cotas que van dos 500 aos 700 metros en todos os concellos estudados:
Neste contorno hostil no que o relevo e o clima son condicionantes que determinan a distribución dos hábitats, semella que as comunidades humanas optaron por solucións construtivas adaptadas ao territorio e ás limitacións impostas polos elementos: muros grosos, vans pequenos, orientación ao sur...
O emprego da técnica da pedra seca coloca as alvarizas entre os bens recoñecidos pola UNESCO como patrimonio da Humanidade desde o ano 2018 (88), revelándose como de necesidade perentoria a realización dun censo de todas elas, xeolocalizándoas, identificándoas segundo as súas tipoloxías e posibilitando o acceso á información de forma xeneralizada mediante medios informáticos, sen que nada disto supoña requisitos adicionais ao tempo do seu mantemento e conservación para os propietarios alén da lexislación vixente. Trátase, sen dúbida, de elementos patrimoniais de elevado valor etnográfico, xa que a pedra seca por si mesma xa é unha modalidade construtiva de grande enraizamento na nosa terra, prescindindo de calquera tipo de morteiro ou argamasa e constituíndo un dos exemplos de modificación da paisaxe antrópica co emprego dunha técnica cun alto grao de especialización e transmitida mediante o oficio ancestral dos canteiros. Son unha parte fundamental da arquitectura na paisaxe galega, do mesmo modo que hórreos e cruceiros, valos e peches para usos gandeiros e agrarios como curros, neveiras, pombais, foxos de lobos, muíños, pesqueiras ou sequeiros, que contribúen a definir a estrutura das propiedades e a explotación do territorio.
Unha das singularidades que podemos cualificar como integradoras e esenciais das alvarizas é a de estar elaboradas con pedras do contorno, material co que así mesmo se edificaron todas as outras construcións tradicionais polas comunidades aldeás unha vez seleccionados os emprazamentos axeitados a cada unha das actividades necesarias. A pedra é doada de conseguir, xa que integra o substrato xeolóxico da comarca, ofrece dispoñibilidade, proximidade e resistencia, ademais de non requirir elevados investimentos nin sequera no tocante ao seu mantemento. Adoita empregarse en forma de cachotería (anacos de pedra sen traballar) de tamaño manexable e botando man de lousas de xisto, gneis ou granito,dependendo do substrato predominante. As máis antigas, circulares ou elípticas, retrotráennos ás técnicas construtivas castrexas e da Idade do Ferro do noroeste peninsular, reeditando o opus incertum dos romanos e que resultou perpetuado nas vivendas da montaña (pallozas).
E do mesmo xeito que nestas, as portas estaban case sempre orientadas ao leste ou sueste, sen dúbida á procura do sol e de protección dos ventos dominantes. Dado que o clima é un dos condicionantes bioxeográficos para o éxito das alvarizas, quen as ergueu acadou o maior proveito xerando no interior delas un microclima máis benigno que o do exterior, conxugando os coñecementos dos oficios de pedreiro, canteiro e mestre de obras cos específicos dun especialista nos sectores agrario e apícola.
Na parte occidental de Asturias consta a presenza de canteiros galegos contratados para edificar cortíus cando menos desde o século XVIII, ofrecéndose polos pobos a facelo: «El cortín de Beyal Longo principiólo Juan el Menor el año de 1745, trabajaron en él más de 20 días gallegos canteros de Pontevedra, lo delinearon a compás con un cordel y una estaca en medio e hicieron mitad de sus paredes» (89)
Aquí mesmo poderiamos chegar a valorar a posibilidade non constatada documentalmente, mais formulada pola proximidade e semellanza na súa concepción e proxectos de varias delas, da existencia de especialistas locais unidos por vencellos familiares na súa construción. Acadan así estas arquitecturas anónimas unha das máis elevadas sínteses entre o home e o medio físico, con variantes adaptadas a cada lugar e problemática.
Por fortuna varias delas permanecen en uso na actualidade, posto que a apicultura parece experimentar un crecente pulo nas últimas décadas, en parte debido á sensibilización xeral da sociedade a favor de produtos naturais, ecolóxicos, de proximidade, bio... Mais, en xeral, é o abandono a súa condición (Gráfica 11), cando non a desaparición no caso de non arbitrarse medidas eficaces a prol da súa protección. Un 61,8% delas non están en uso desde hai máis dunha década, fronte ao 30,5% con actividade rexistrada no 2022. É de subliñar así mesmo a taxa de abandono do 7,7% entre 2010 e a actualidade.
Debemos ter en conta que a transformación do campo e as novas relacións das xentes co medio (que orbitan entre a transformación do rural nun mero lugar de lecer e a industrialización con funcións unicamente produtivas e empresariais) xeraron a aparición de novos tipos de arquitectura aos que as alvarizas non foron alleas: velaí algunhas das máis recentes, elaboradas con cemento e tixolo ou bloques e que parecen desvirtuar uns deseños que eran, a un tempo, func ionais e estéticos. No entanto, o emprego de novos materiais en xeral, non deixa de representar unha forma de traslado das lóxicas antigas, mesmo con reutilización ecolóxica de refugallos da construción: a arquitectura consiste en propoñer solucións, que non teñen por que considerarse aberrantes.

54. La Región, 17 de xuño de 1948. Ourense. Páx. 2 (baixo o titular "Osos en Padrenda"). Tamén en ABC, 17 de xuño de 1948. Madrid. Páx. 13 ("Luchan con un oso y resultan varios heridos"). Hai varias referencias da nova en prensa nesas datas.
55. Schwam-Baird (Ed.) 2011. Entre a bibliografía que trata o tema, destaca Praneuf 1988. Tamén Bernadac 2000.
56. Piñeiro Maceiras 2013: 25-32.
57. Filgueira Valverde 1947.
58. Molina 1949.
59. Taboada Chivite 1971: 187-198.
60. Gaceta de Madrid, 18 de novembro de 1826. Madrid. Páx. 554.
61. Miñano y Bedoya 1826-1829.
62. Madoz e Ibáñez 1845-1850.
63. López Seoane 1861: 214.
64. Riera y Sans 1881-1887: "Encuéntrase [en Galicia] algún oso, aunque muy raramente" (vol. 12. Páx. 307).
65. Valverde 2011: 511.
66. La Correspondencia Gallega, 3 de xullo de 1897. Pontevedra. Páx. 3.
67. Chouza Mata / Cid González 1995.
68. Fernández de Córdoba 1964: 307. Fala da presenza do oso en zonas sen especificar dos montes de Ourense.
69. Aínda nos montes de Entrimo en 1971 houbo danos atribuídos a osos en colmeas.
De feito, a zona (xunto con Lobios e Muíños) foi sometida a un "réxime de caza controlada" en xuño de 1972 polo Ministerio de Agricultura.
70. Velaí referencias toponímicas da zona como "Val do Oso", "río d'Oso" etc. Vid. Romaní Martínez / Rodríguez Suárez (eds.) 2003.
71. Virxilio, nas súas Xeórxicas (IV, 34 e 35), xa fala con acerto das colmeas ou "alvaria" tecidas con vimbios flexibles: "ipsa autem, seu corticibus tibi suta cavatis seu lento fuerint alvaria vimine texta, angustos habeant aditus: nam frigore mella cogit hiems, eademque calor liquefacta remittit utraque vis apibus pariter metuenda" ("as colmeas, o mesmo as que fagas con cortizas cavadas e cosidas, como as que tezas con flexibles vimbios, teñan a piqueira estreita: co frío cristaliza o mel, coas calores volve poñerse líquida: ambos os danos teme a abella por igual").
72. Nesa comunidade autónoma veciña o dereito de "aldo" constituía parte importante dos arrendamentos dos "cortíus": consistía na obriga de manter limpo de obstáculos un espazo polo que voaban e accedían as abellas ás colmeas, impedindo a instalación neles doutros "cortíus" ou de plantacións. Vid. VV. AA. 2019.
73. Lemeunier 2011: 17- 40.
74. Datación máis ou menos coincidente coas do resto de Europa: en 1434 menciónase, por exemplo, un apiario con capacidade para 60 colmeas en Brinhola (Provenza) protexido cun valo de pedra contra os animais e os incendios. Archives Départementales du Var (ADV), Notarial, Brignoles, 3E7/147, s. f. (19-VIII-1434). Citado por Salesi
Fava, Lluis; Sapoznik, Alexandra e Whelan, Mark. Op. cit.
75. Díaz y Otero / Naves Cienfuegos 2010.
76. González Pérez 2011: 59.
77. Rey Castelao 1995.
78. Cruz 2002: 10-25.
79. Íd.
80. Naves / Naves 1998.
81. Lorenzo 1979: 146.
82. Taboada Chivite 1971: nota 10.
83. Llano 1981.
84. Está constatada a súa presenza en casas das aldeas de Vilar en San Martiño de Figueiroa (Cerdedo), Terreboredo en Santo André de Souto, As Quintas, Fontenlos, Currelos en San Xurxo de Codeseda (A Estrada)...
85. As lacenas pechábanse por dentro con táboas recebadas con bosta de vaca, ás veces disimulada con cal.
86. Tamén se inclúen neste grupo as de forma de ferradura.
87. Naves / Naves. Op. cit.
88. A xunta de Galicia incorporara en setembro do 2016 a pedra seca ao Censo do Patrimonio Cultural de Galicia, como manifestación do noso patrimonio cultural inmaterial.