Nin os libros dos mares, nin presenza de lavercas temerosas,
Cando descubrín o amor molesto e inseparábel de Sofía.
Espiando nas caixas esquecidas e rotas
Foi onde atopei anacos e reliquias
Audaces forzas derrubadas,
Barcas á deriva desorientadas e penosas.
Pendurounos o tempo en teas de araña por humedecer
E desexos de infantes valorosos
Teceramos ao redor nosa formas porentas,
Castelos infranqueábeis por conquistar.
Sometémonos as ausencias de novembro, tan cativadoras e inocuas.
Collemos por costume adorar fósiles raros,
Cabelos dourados,
Vendavais de motores e lóstregos de plumas de pomba.
Orfanatos gardados, primorosos, en cadaleitos engaiolados.
Acostumámonos aos arumes das nosas mans e á ausencia de molestos olores
Compartimos ollos e comidas rancias; carruaxes, paisaxes ou cartas desertas.
Démonos lembranzas coloridas,
E inventamos doenzas de amor e prisións para patriotas kurdos
Eramos perfectos e desexados.
Haz clic aquí para editar.