Tabeirós Montes
  • Novas
    • Presentación
    • Contacto
    • Colabora
  • Terra
    • A Estrada >
      • Agar (Santa Mariña)
      • Aguións (Santa María)
      • Ancorados (San Pedro)
      • Ancorados (San Tomé)
      • Arca (San Miguel)
      • Arnois (San Xiao)
      • Baloira (San Salvador)
      • Barbude (San Martiño)
      • Barcala (San Miguel)
      • Barcala (Santa Mariña)
      • Berres (San Vicenzo)
      • Callobre (San Martiño)
      • Castro (San Miguel)
      • Cereixo (San Xurxo)
      • Codeseda (San Xurxo)
      • Cora (San Miguel)
      • Couso (Santa María)
      • Curantes (San Miguel)
      • Estrada, A (San Paio)
      • Frades (Santa María)
      • Guimarei (San Xiao)
      • Lagartóns (Santo Estevo)
      • Lamas (San Breixo)
      • Liripio (San Xoán Bautista)
      • Loimil (Santa María)
      • Matalobos (Santa Baia)
      • Moreira (San Miguel)
      • Nigoi (Santa María)
      • Oca (Santo Estevo)
      • Olives (Santa María)
      • Orazo (San Pedro)
      • Ouzande (San Lourenzo)
      • Parada (San Pedro)
      • Paradela (Santa María)
      • Pardemarín (Santa Baia)
      • Remesar (San Cristovo)
      • Ribeira (Santa Mariña)
      • Ribela (Santa Mariña)
      • Riobó (San Martiño)
      • Rubín (Santa María)
      • Sabucedo (San Lourenzo)
      • Santeles (San Xoán)
      • Somoza, A (Santo André)
      • Souto (Santo André)
      • Tabeirós (Santiago)
      • Toedo (San Pedro)
      • Vea (Santa Cristina) >
        • Santa Cristina de Vea (Santa Cristina)
        • Manuel Ventura Figueroa, ( 1708-1783), Arzebispo de Laodicea, Patriarca das Indias, Presidente do Real Consello e Cámara de Castela e a súa relación con Santa Cristina de Vea
      • Vea (San Xiao)
      • Vea (San Xurxo)
      • Vea (Santo André)
      • Vinseiro (Santa Cristina)
    • Terra de Montes >
      • Bearíz >
        • Beariz (Santa María)
        • Lebozán (Santa Cruz)
        • Xirazga (San Salvador)
      • Cerdedo >
        • Castro (Santa Baia)
        • Cerdedo (San Xoán)
        • Figueiroa (San Martiño)
        • Folgoso (Santa María)
        • Parada (San Pedro)
        • Pedre (Santo Estevo)
        • Quireza (San Tomé)
        • Tomonde (Santa María)
      • Forcarei >
        • Aciveiro (Santa María)
        • Castrelo (Santa Mariña)
        • Dúas Igrexas (Santa María)
        • Forcarei (San Martiño)
        • Madanela de Montes, A (Santa María Madanela)
        • Meavía (San Xoán)
        • Millarada (San Amedio)
        • Pardesoa (Santiago)
        • Pereira (San Bartolomeu)
        • Presqueiras (San Miguel)
        • Presqueiras (Santa Mariña)
        • Quintillán (San Pedro)
        • Ventoxo (San Nicolao)
    • Veciños >
      • Campo Lameiro
      • Cotobade
      • Cuntis
      • Padrón
      • Pontecesures
      • Silleda
      • Teo
      • Valga
      • Vila de Cruces
      • Vedra
  • Cultura
    • Arte >
      • Artesanía >
        • Fernando Porto
      • Cine >
        • Chano Piñeiro
      • Escultura >
        • Esculturas funerarias >
          • Cemiterio de Folgoso
        • A purísima de Asorey
      • Fotografía >
        • Karina
        • Pedro Brey Guerra
        • Maxcarun >
          • Aves
          • Insectos
          • Mamíferos
          • Reptis e anfíbios
        • Naturgalicia
      • Pintura
      • Teatro
    • Asociacionismo >
      • A.C. A Estrada >
        • Antonio Fraguas e o monumento aos mártires
        • Enterro da Sardiña
        • Mostra de artesanía da Estrada
        • Simposio de literatura galega de autoría estradense
      • A. C. O Brado
      • Contrarretranca
      • A. C. Vagalumes >
        • Actividades
      • AEC Verbo Xido >
        • Carteis e publicacións
        • Defensa das árbores autóctonas
      • CETMO
    • Ensino >
      • Primaria >
        • CEIP O Foxo >
          • As nosas cousas
          • Bilbioteca
          • Peque Xenios
          • Pereiriños
        • CEIP de Figueroa (A biblio de Carola)
      • Secundaria >
        • IES Chano Piñeiro >
          • O Chaniño - Biblioteca
          • Lingua de Montes
        • IES Manuel García Barros (As nosas letras)
        • IES Nº 1
    • Letras >
      • Antonio Rodríguez Fraiz >
        • Achegas
        • Entrevistas >
          • Salvador Antonio Rodríguez Fraiz, un crego do noso pobo
      • Ramón de Valenzuela Otero >
        • Achegas >
          • Sermos Galiza
        • Fotos
        • Vídeos
      • Manuel Daniel Varela Buxán >
        • Fotos
        • Textos
      • Manuel García Barros >
        • Correspondencia >
          • Cecilia Alcoba
          • Xosé Ramón Fernández Oxea (BEN-CHO-SHEY)
        • Documentos
        • Fotos
        • Vídeos
        • Xornadas e outras achegas
      • Marcial Valladares Núñez >
        • Actividades
        • Obra
        • Vídeo
      • Olimpio Arca Caldas >
        • Fotos
        • Obras
        • Vídeos
      • Xoseme Mosquera >
        • Vida
        • Obra
      • Xosé Roxelio Otero Espasandín >
        • Do autor >
          • Vivir morrendo
        • Paisaxe vital de Xosé Otero Espasandín con Castro ao lonxe
        • Un Otero Espasandín de vinte anos
      • Xosé Manuel Cabada Vázquez >
        • Biografía
        • Documentos
        • Imaxes
        • Obra
      • Xosé Otero Abelleira >
        • Fotografías
    • Historia >
      • Oficios >
        • Esmoleiros
      • Centenario da revolta labrega >
        • Sociedades agrarias
        • Xornais e documentos
        • Sociedade de Instrución Unión de Rubín de La Habana
        • Recuperación da Festa Labrega
        • Revolta labrega de 1915
    • Música >
      • Banda de Gaitas de Forcarei
      • Coral Polifónica Estradense
      • Chorovía na moucarría
      • Gaiteiros de Soutelo
      • Nao
      • Xenreira
      • Xosé Lueiro
    • Patrimonio >
      • Arquitectura vernácula >
        • Alvarizas
      • Castelos >
        • Castelo de Cira
      • Castros >
        • Fortaleza/Castro de Terra de Montes
      • Cruces
      • Hórreos >
        • Hórreo de Quintela
      • Igrexas
      • Lavadoiros >
        • Liñares
      • Megalítico
      • Mámoas
      • Mosteiros >
        • Mosteiro de Aciveiro
      • Muíños
      • Neveiras >
        • Neveiras de Fixó
        • Neveiras do mosteiro de Aciveiro
      • Pazos >
        • Casa e capela de San Ildefonso na Algalia (Guimarei)
        • A casa de Araúxo en Ponte-Sarandón
        • Casa de Badía
        • Casa de A Silva en Ribadulla (Arnois)
        • A Casa da Condesa (ou do Piñeiro) en Santa Mariña de Ribeira
        • A casa de Sesto (Ribela)
        • Casa de Recarei (Curantes)
        • Casa de Miranda (Santeles)
        • Casa de A Silva en Vendexa
        • A Casa Grande de Parada
        • A Casa Grande de San Paio de Figueiroa
        • Casa de Barcia en San Miguel de Cora
        • A casa de "Os Muros"en San Pedro de Parada
        • Casa de Vilanova en Remesar
        • "Casa Varela” en Pereiras
        • Os Mondragón de Vilasusán.Remesar
        • O Pazo do Outeiro de Maíndo (Couso)
        • Pazo de Correáns
        • Pazo de Guimarei
        • Pazo da Mota
        • Pazo de Monteagudo
        • Pazo de Oca
        • Pazo de Preguecido
        • Pazo de Valiñas
        • Pazo de Xerliz
      • Petróglifos >
        • Laxa da Romaxe
        • Laxas de Penide
      • Pontes >
        • Ponte de Andón
        • Ponte Carballa
        • Ponte de Gomail
        • Ponte de Leira
        • Ponte de Parada
        • Ponte Vea
      • Torres >
        • A Torre da Barreira
        • Torre de alarma de Barciela
        • Torre de Guimarei
    • Tradicións >
      • Entroido
      • Rapa das bestas >
        • Fotografía >
          • Fotorapa
          • 2008
          • 2009
          • 2010
          • 2011
          • 2012
        • Vídeo
        • Publicacións
      • San Xoán no Areal
  • Natureza
    • Árbores >
      • Sobreira de Balboa
      • Sobreira de Valiñas
    • Fervenzas >
      • Fervenza de Callobre
      • Fervenza de Curantes
    • Fontes
    • Flora >
      • Cogumelos
      • Piornal de San Trocado
    • Fauna >
      • Aves >
        • Canilonga
      • Anfibios e réptiles
      • Invertebrados
      • Mamíferos >
        • Lontra
      • Peixes
    • Lagoas >
      • Canteira de Ventoxo
      • Lagoa Sacra
      • Lagoa do Seixo
    • Montes >
      • Candán
      • Monte do Seixo
      • Pico Sacro >
        • Fotografías
        • Textos
        • Vídeos
      • Serra de Cabanelas
    • Penedos >
      • Penedas de Naveiro
    • Ríos >
      • Ulla
    • Vales
  • Muller
    • Asociacionismo >
      • Colectivo Feminista
      • Espadela >
        • A muller na Terra de Montes (Exposición do CETMO)
        • Festa da Vincha
    • Nomes >
      • Avelina Valladares
      • Virxinia Pereira
  • Memoria
    • Actividades >
      • Eliminación da simboloxía franquista
      • Homenaxe nacional as vítimas do franquismo en San Simón
      • Homenaxe a Xoán Xesús González
      • Proxección de "A derradeira lección do mestre" (24-3-2007)
      • Homenaxe aos paseados da Ponte do Regueiro
      • Conmemoración do 5 de xuño (5-06-2007)
      • Homenaxe a Bernardo Mato Castro na súa escola (8-7-2006)
    • Documentos >
      • Causas >
        • Así se xustifica unha condena a morte de José Costés Fernández e José Gómez Rivas >
          • Ideas polas que se mata a Cortés Fernández
      • Cartas >
        • Manuel Graciano ao Goberno Portugués
        • Carta dos Concelleiros ao pobo da Estrada
        • Ramón Fernánde Rico
        • José Mª Pena
      • Instrucións para a resistencia
      • Oficio de Crego de Castro (Cerdedo)
      • Memorias >
        • Memorias dun proscrito
      • Prensa >
        • Galicia Libre
      • Publicacións
    • Os feitos >
      • O levantamento franquista na Estrada
      • A Estrada viste a camisa azul
      • O “imposto revolucionario”
      • O saqueo do pobo. O invento do secuestro express
      • As incautacións: A insticionalización do roubo
      • A interrupción tráxica do galeguismo
      • Represión do maxisterio estradense
      • Mulleres, dignidade e rebeldía
    • Imaxes >
      • Vitimas do franquismo
    • As listaxes >
      • A Estrada >
        • Fuxidos da parroquia de Guimarei
        • Presos en San Simón
      • Terra de Montes >
        • Beariz
        • Cerdedo
        • Forcarei
    • Os lugares >
      • A casa do pobo de Deán (Cerdedo)
      • A república de Guimarei
      • Ponte do Regueiro
      • Quilómetro 1 da Avenida de Buenos Aires: Aquí se fusilou
    • Os nomes >
      • Antonio Sueiro Cadavide
      • Alfonso Ramiro Castro Dono. A creación cultural truncada
      • Alfredo Iglesias
      • Candido Tafalla, A Estrada, acude a Pontevedra a defender a democracia
      • Brea Abades, un anticipo da masacre?
      • Francisco Varela Garrido
      • Isolino Feros. A lotería da conmutación de penas capitais
      • José Mª Baliño Sánchez, estradenses no maquis francés
      • José María Pena, o presidente do Frente Popular
      • Ken Keirades silenciado
      • Antonio Fraguas. A práctica da humillación
      • Balseiros, o delito de ser alcalde
      • Bernardo Mato Castro, mallar no ensino
      • Hixinio Carracedo Ruzo, a caza do home >
        • Fotos homenaxe a Carracedo na Somoza no seu 75 cabodano
      • José Gómez Rivas e a represión na zona da Ulla
      • José Mª Taberneiro, “o rolo de Vilapouca”
      • José Rodríguez Sangiao, O ferreiro de Guimarei
      • Manuel Puente Porto, e a represión dos labregos conscientes
      • Manuel Coto Chan e o socialismo estradense
      • Martiño Ferreiro Álvarez, o cerdedense que morreu en Mauthausen
      • Ramón Fernández Rico, o torneiro. Unha familia desfeita pola represión franquista
      • Ventín, 5 da mesma familia fusilados xuntos
      • Vidal Puga. 1934, o prologo do 1936
    • Testemuños >
      • David García Insua
      • Roxelio Arca
  • Movementos
    • Ecoloxismo
    • Emigración >
      • Arxentina
      • Brasil
      • Cuba >
        • Nomes >
          • Manuel Álvarez Fuentes
          • Jesús Barros López
    • Loita labrega
    • Movemento obreiro
    • Movemento veciñal >
      • Contra a suba do IBI na Estrada
      • Loita contra a fusión de Cerdedo
    • Normalización lingüística >
      • Conflito do Foxo
      • Letras galegas 1970 na Estrada
      • Queremos Galego
    • Pacifismo
    • Política >
      • BNG
      • PSOE
      • PP
      • OUTROS
  • Sinaturas
    • Andrea Porto
    • Calros Solla
    • Carlos Loureiro
    • Clara Iglesias Cortizo
    • David Otero
    • Dionisio Pereira
    • Goretti Sanmartin
    • Luis Alberto Silva Casas
    • Manuel Cabada Castro
    • María N. Soutelo
    • Sindo Villamayor
    • Susana Sánchez Arins
    • Xoán Carlos Garrido
    • Xosé Luna
    • Xurxo Esquío
  • Arquivo
    • Foto >
      • Edificios
      • Eventos
      • Deporte
      • Industria
      • Nomes
      • Rúas
      • Xente
    • Vídeo >
      • Documentais >
        • CETMO
        • A Estrada románica
      • Filmes
      • Actos
      • Conversas
      • Imaxes
    • Audio >
      • Voces
    • Publicación >
      • Libros >
        • Ond´o sol facheaba ó amañecer. Vida e obra de Avelina Valladares. Xosé Luna Sanmartín
        • Vagalumes. Manuel Cabada Vázquez
        • A Estrada
      • Xornais >
        • Eco de la Estrada
        • El Emigrado
        • El Estradense
      • Revistas >
        • Contrarretranca
        • Cotaredo
        • Tabeirós Terra
        • Verbo Xido
      • Folletos

DionÍsio Pereira

A Coruña, 1953. Economista e Historiador. Veciño de Cerdedo e membro de Verbo Xido.

Blog do autor

Nubens no ceo do Seixo

12/25/2013

0 Comentários

 
 Imagem
Por riba dos penedos da Porta do Alén, as nubens empedran o ceo coas historias do Seixo.


O can de Cernadelo

Cinco casas abertas tiña, daquela, Cernadelo, terra de patacas e augas abondosas, tanto como as visitas do xabarín e, ás veces, as do lobo. Un mal día, morreu xa maior un dos veciños, deixando sen sustento e sen amo un can impoñente, protexido por un colar de coiro e pugas.
Día tras día, o can tornaba daquela casa valeira. Unhas veciñas que ían e viñan a Pontevedra, deixábanlle un saco de pienso para que non morrera de fame e, compadecidas do seu abandono, dábanlle agarimos. Contaban que, cada vez que retornaban a Cernadelo e o can ía ao seu encontro, aquel animal choraba de certo.
Aos poucos, as mulleres foron espaciando as visitas á casa matriz por causa dos achaques ate que, un día, non voltaron máis.
Casas pechadas en Cernadelo; noites desoladas nas que oubea un can.

En salvaxe compaña
Disque o amor move montañas, malia que no Seixo mellor sería dicir que as traspasa. De Cernadelo a Chamadoira, noite si e outra tamén, un mozo alumea o camiño das bestas co fachuco, pensando na rapaza que agarda na palleira.
De súpeto, decátase de que non anda só: por acá e por acolá sínte folguexar e, mesmo, pode imaxinar os ollos acesos da manada.
Mentres avanza acompañado entre uces e penedos estremecidos, desconfía de como saír desta mala partida.
Non houbo tal: os lobos tan só déronlle escolta ao seu devezo e chegou sen mal a Chamadoira.
Anos andados, baixo o trebón da guerra, aquel mozo socialista de Cernadelo aprendeu que, nesas mesmas paraxes do Seixo, o home resultou ser máis fero que o lobo.

Furados
Tal que os montes veciños de Beariz ou Cachafeiro, pola banda de Presqueiras as abas do Seixo están inzadas de pequenas minas de estaño e de wolfram.
Velaí os vellos galpóns da “Estañífera Gallega” e a canle feita por uns ingleses, seica para conducir a auga precisa para os lavadoiros. Tamén, a lembranza das xentes adicadas á roubacha nas escombreiras naqueles anos famentos da posguerra; a presenza dos traficantes de mineral na vila de Cerdedo....
Sen que ninguén a recolla e acariñe, a memoria esvaece.

Patrimonio estragado
Camiños do Seixo rebentados polos artiluxios “todo terreo”.
Muíños da Cavadosa, socavados hai un lustro por unha chea do río do Seixo, hoxendía esnaquizados sen remedio.
Ao seu carón, a serra hidráulica, noutrora intacta, en perigo de desfeita.
Río abaixo, a ponte “romana” deturpada polo formigón e o desleixo de uns e outros.
Vanas promesas do alcalde “vello” e menosprezo mercantilista do alcalde “novo”: ¿na mesta “noche ibicenca” do 4X4  e dos noxentos xogos de guerra, qué futuro para o que foi fermoso e útil noutrora?.

Rebeldes e perseguidos
Disque o mítico canteiro socialista de Presqueiras, Alfredo Iglesias, adoitaba facer xuntanzas clandestinas na campa de Santa Mariña alá polos tempos da Ditadura de Primo de Rivera.
Cando a guerra, outro socialista cerdedense, José Torres, andivo días fuxido polo Seixo; cando baixou á vila para facerlle unha visita á muller, alguén avisou aos falanxistas que o cazaron metido na cambota da cheminé.
Naquel verán do inferno, un republicano perseguido chamado Severino Bugallo, liscou de Cerdedo e deambulou pola Chamadoira, por Limeres e polo monte arriba; alí, entre unhas rochas, deixou agachado o “ferro” antes de marchar para América.
Tempos andados, no devalo dos anos 40, o Seixo debeu ser transitado polas partidas guerrilleiras de “Foucellas” e do “Xanote”, como rota de paso entre as terras de Rivela, na Estrada, os outeiros de Casetas e Cachafeiro no concello de Forcarei, e o concorrido agocho de “Covaladróns”, encanfurnado entre os montes de Pedre e Limeres.

No Seixo, veñen a rebolo as nubens e as historias......


Publicado en Solla, C. “Monte do Seixo. Reivindicación da Montaña Máxica”, Ed. Cardeñoso, Vigo, 2007.
0 Comentários



Enviar uma resposta.

    Obra

      "A CNT no campo galego (1931-1936)"; en Cuadernos de Estudios Gallegos tomo 31; Santiago de Compostela, 1978-80.
        "Crónica de una sociedad coruñesa: El Centro de Estudios Sociales Germinal"; La Voz de Galicia (12/8/1981).
        El semanario ¡Despertad! y la CNT Galaica: análisis de una influencia 1928-1930; Coloquios de Pau, 1982.
        "Informe sobor de prensa obreira en Galiza (1930-1936)" (con Manuel González Probados); en Cuadernos de Estudios Gallegos tomo 33; Santiago de Compostela, 1982.
        "A CNT no campo galego (1931-1936)" (con Manuel González Probados); en I Xornadas agrarias galegas; Ministerio de Agricultura, 1984 (p. 491-511).
        "Prensa y Anarquismo en Galicia. Análisis de una experiencia: 'Brazo y Cerebro' (1935-1936)" en Actes du Colloque "Typologie de la Presse Hispanique"; Universidade de Haute Bretagne, 1984.
        Introducción a Os Conquistadores Modernos: Movemento Obreiro na Galicia de Anteguerra; AAVV, Ed. A Nosa Terra, 1992.
        "Asociacionismo e conflictividade na Galiza mariñeira (1870-1936)", en AAVV: Os Conquistadores Modernos: Movemento Obreiro na Galicia de Anteguerra; Ed. A Nosa Terra, 1992.
        A CNT na Galiza (1922-1936); Ed. Laiovento, 1994.
        Actividades marítimas na Galiza contemporánea; Relatorio presentado no Congreso "O mar na Historia de Galicia"; Universidade de Vigo, 1996.
        "O mar dos galegos no tempo de Manoel Antonio", en Manuel Antonio: Embarcados nun cantar. Ed. A Nosa Terra, 1996 (colección A Nosa Cultura nº 16).
        "Mariñeiros do Gran Sol: os últimos da fila"; Revista Inzar Razóns nº 16, 1997.
        "Empresarios, fábricas e traballadores: a industria da madeira (1920-1936)" (con Manuel González Probados); en O Camiño Portugués: III Aulas no Camiño: un estudio multidisciplinar da realidade galega que atravesan os camiños de Santiago (coord. por José Leira López-Vizoso; p. 223-236). 1998.
        Sindicalistas e Rebeldes; Ed. A Nosa Terra, 1998 (colección Prensa e Creación nº 5). ISBN 84-89976-29-5.
        Imaxes da fatiga. Crónica gráfica do traballo na Galiza; A Nosa Terra, 1999.
        "Os Mortos esquecidos, radiografía da represión franquista nun pequeno concello rural, o caso de Cerdedo (Pontevedra)", en A represión franquista en Galicia: actas dos traballos presentados ao Congreso da Memoria; Narón, 4 a 7 de decembro de 2003.
        O Asociacionismo dos pescadores na Galiza de anteguerra: unha ollada de conxunto; Ateneu Libertário Ricardo Mella, 2004.
        O anarquismo na Galiza (con Eliseo Fernández); Ed. Positivas, 2004. ISBN 84-87783-79-1.
        O Cambedo da Raia, 1946 : solidaridade galego-portuguesa silenciada; Asociación Amigos da República, 2004.
        Xosé Otero Espasandín. Vida e pensamento dun cerdedense desterrado; Asociación Verbo Xido, 2004.
        Foulas e Ronseis; Ed. Positivas, 2005. ISBN 84-87783-85-6.
        "Enterramentos civís en Cerdedo durante a IIª república", na publicación Verbo Xido nº 10 (maio 2005)
        O Alzamento fascista na bisbarra das Frieiras: só viñeron a matar e roubar; Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005.
        A IIª República e a Represión franquista no Concello de Cerdedo; Asociación Verbo Xido, 2006.
        "A saga dos Quintillán de Sorribas", na publicación Verbo Xido nº 14/15 (xullo (2006).
        "Crónicas de Forcarei - noticia de José Canabal, canteiro e anarquista", na publicación Verbo Xido nº 14/15 (xullo (2006).
        O movemento libertario en Galiza (1936-1976) (con Eliseo Fernández); A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-059-1
        Álbum de guerra; canteiros da Terra de Montes no exército popular da República (xunto a Rogelio Arca Rivas); Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2008. ISBN 978-84-935963-6-1
        A fuxida do Portiño; (A Nosa Terra, 2009). Con Carlos Velasco, Emilio Grandío e Eliseo Fernández.
        Síntese histórica do movemento obreiro galego: das orixes até 1984; (Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza, 2010).
        15-M: O pobo indignado (Laiovento, 2011).
        José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela (Fundación 10 de Marzo, 2012).

    Arquivos

    Fevereiro 2014
    Dezembro 2013
    Novembro 2013

    Categorías

    Todos

    Publicacións

    Canteiros da terra de montes no exército popular da república [Álbum de guerra]
    File Size: 5307 kb
    File Type: pdf
    Baixar o arquivo

    A II República e a represión en Cerdedo
    File Size: 11058 kb
    File Type: pdf
    Baixar o arquivo

    Feed RSS