Colabora neste artigo Sara Troitiño Ovelleiro
A canteira de Ventoxo, era unha explotación mineira a ceo aberto que se inaugurou no ano 1973 da man da empresa “Agroman”. Dende ese ano e tras a extracción dunha alta cantidade de materiais outras empresas interesadas no proxecto como “Hermanos Díaz” (1982), “Malvar” (1989) e finalmente, “Sercoysa” (2005) comezaron a traballar nesta canteira que finalmente queda abandonada no ano 2012 despois de case 40 anos de explotación.
Este lugar, que permanece intacto despois de tantos anos, deu por converterse nos últimos anos nun foco de interese cultural e ata incluso reclamo turístico non so para os veciños da zona, senón que atrae a numerosos viaxeiros. Aínda que debemos ter en conta que esta non é unha paisaxe natural senón que é o resultado de décadas de acción humana, é o resultado dun forte impacto medioambiental coa consecuente modificación do ecosistema propio.
Podemos advertir o cambio, xa que pasou de ser un monte a un lago nun corto prazo de tempo, tan so corenta anos. Con estas alteracións moitos animais e vexetais perden o seu hábitat natural e ao ver que o seu ecosistema está quedando asolagado, vense obrigados a fuxir ou morrer alí. Por outra banda dámonos conta de que unha canteira é un elemento necesario, xa que sin ela non teríamos gran parte do material de construción que hai nas nosas estradas, casas,etc.
O que nos leva a presentar un dilema moral, debemos modificar un ecosistema ata o punto de rematar con el so para obter materiais en vez de apostar por substitutos naturais para o problema?
*Este artigo, está baixo os dereitos de autor da páxina ©Ventoxo Imaxes, para a súa modificación ou uso, é necesario o permiso explicito dos seus autores. Para máis información sobre o artigo contacte con nós en: [email protected].