Colabora neste artigo Sara Troitiño Ovelleiro
Ala polo decembro de 1633, na poboación de Grobas, unha pequena aldea situada no val dun río de mesmo nome vivía un home chamado Xosé, dono dunha casiña na que so vivían el, a súa muller Isolda e o seu fillo Francisco. A familia tiña certos problemas para subsistir xa que ese fora un ano verdadeiramente malo, as colleitas eran bastante escasas e os dous porcos que tiñan, e máis algunha galiña, morreran a causa do frío. Xosé, tiña moita relación co párroco de Millerada, Don Aurelio, ao que lle axudaba todos os domingos na misa, converténdose deste xeito no sacristán da parroquia.
Uns anos antes, o cabido da Catedral mandara construír unhas neveiras que eran, uns buratos na terra cubertos na súa parte interior por un muro de pedra para almacenar a neve ata conseguir xeo e así poder conservar alimentos. O lugar indicado polo cabido foi o monte de Fixó, outro dos pobos de Millerada. Decidiron situalas alí porque existía unha ruta dos Arrieiros cara ó Ribeiro, facendo que a zona estivese moito mellor comunicada. O cabildo logo de construír as dúas neveiras e máis unha casa que funcionaría como almacén, necesitaba unha persoa que administrara o negocio, e outra que traballara alí na fabricación do xeo. Falaron co párroco para que levase o negocio, Don Aurelio, logo de pensalo un pouco, decidiu aceptar a oferta que se lle propoñía. O home vendo a situación económica de Xosé, decidiu axudarlle dándolle traballo xunto a el nas neveiras.
O primeiro día, Xosé recubriu o chan de palla, facéndolle un bo leito a neve, para que esta non se ensuciase, despois disto colleu o seu carro e as súas dúas vacas e marchou de camiño a unha pequena depresión na ladeira da montaña para coller a neve. Transportábana no carro das vacas e depositábana nas neveiras para despois prensala e así convertela en xeo. Cando xa estaba o proceso rematado, o xeo era cortado e vendido aos nobres que gustaban incluso ata de facer xeados nos meses de calor.
Volvendo a actualidade, empezan nas neveiras uns traballos de arqueoloxía para rehabilitalas xa que estas permanecían nun total abandono dende o s. XIX. Dubídase da forma da cuberta das neveiras, aínda que se pensa que probablemente fose en forma de cúpula, así como do material utilizado para o tellado.
Como ben din, hai que mirar o pasado para poder escribir o futuro, así que historias como a das neveiras de Fixó non so nos serven para darnos conta da realidade da época e de como esas neveiras se transformaron nas actuais senón para coñecer estes fermosos recunchos que esconden os nosos pobos.
*Este artigo, está baixo os dereitos de autor da páxina ©Ventoxo Imaxes, para a súa modificación ou uso, é necesario o permiso explicito dos seus autores. Para máis información sobre o artigo contacte con nós en: [email protected].