Se o día 24 de febreiro se conmemora o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro é, como tantas outras celebracións e homenaxes, debido á loita e á perseverancia do nacionalismo. Está claro que os que nos gobernan son partidarios de esquecer. O esquecemento é a moda nestes tempos, sobre todo cando o que se quere olvidar son os símbolos e persoeiros da patria. Por que debemos recordar? Que interese pode ter lembrar a Rosalía 177 anos despois?
Rosalía foi a fundadora da literatura galega contemporánea. Cando saíu á luz Cantares gallegos, en 1863, aínda non se publicara ningún outro libro integramente na nosa lingua e estaba completamente esquecido o período de normalidade e de esplendor literario medieval. A literatura galega rexurdía, despois dos Séculos Escuros, grazas ao traballo e ao entusiasmo dos rexionalistas.
Pero a obra de Rosalía non ten únicamente o mérito de ser a primeira: é ademais unha proposta radical e un cambio na visión da Galiza. En Cantares gallegos, a autora dá unha lección de orgullo identitario e de dignificación do país: os labregos e labregas que aparecen non son pobres paletos ignorantes e estúpidos (como eran vistos polos “señoritos” vilegos, alienados xa de si mesmos), senón persoas con sentimentos delicados e tenros; herdeiros dunha lingua e dunha cultura dignas e capaces de soportar con verdadeiro heroísmo os sufrimentos e desgrazas da miseria e da emigración; Galiza non é un país infértil e feo, como se pensaba desde o centro do Estado Español, senón un lugar fermoso e produtivo, idóneo para a felicidade e con grandes potencialidades económicas, pendentes de desenvolver.
E en Follas novas, Rosalía chega ao seu cumio como escritora. Encontramos neste libro unha poesía transcendental e filosófica; ao tempo que comprometida. A autora di no prólogo que o poeta “non pode prescindir do medio en que vive e da natureza que o rodea”: debe de expresar as dores daqueles que sofren, debe sentir como propias as desgrazas alleas. Precisamente, desde unha óptica feminina e feminista, expresa sobre todo a súa admiración e identificación coas mulleres do pobo. A profundidade e inconformismo que nos ofrece a autora non ten comparanza co que na literatura española se estaba publicando naquela altura. Quizais por iso nin a súa obra en galego nin o seu poemario en español, En las orillas del Sar, foron correctamente comprendidos durante moito tempo. Follas novas une a denuncia social, a reflexión ética e o desgarro íntimo e existencial nunha verdadeira xoia da literatura universal.
Rosalía é toda ela unha lección de autoafirmación e de dignidade. É unha muller que, a pesar das limitacións impostas polo seu xénero, exerceu a liberdade de pensamento; exercicio que conduce, como ela mesma di, ao pecado, ao enfrontamento co establecido. E precisamente é este enfrontamento o que hoxe non convén: cómpre que esquezamos quen somos, que non rebulamos, que fiquemos inermes perante o progresivo desmantelamento da nosa cultura. Celebramos o 177 aniversario do nacemento de Rosalía: lembrémola ese día e todos os días, pero lembrémola coa súa mensaxe radical e transgresora.
E en relación con isto, podémonos preguntar por que non convén que a nova Casa das Letras da Estrada leve o nome da nosa autora fundacional. Quizais por que non era estradense?. Ou será porque o que queren as nosas Institucións é que esquezamos os nosos símbolos e referentes nacionais para poderen desmantelar máis facilmente o país? Porque é posible recordar esquecendo, trivializando e baleirando os contidos que non interesa recordar.