Unha vez pasado o 17 de maio semella que xa podemos facer unha bóla de papel cos textos e letras das últimas semanas. Unha bóla como as que cada día nos meten dende os catro puntos cardinais ou como as implicadas nos fenómenos fanáticos deportivos. I é que, a diferenza do que ocorrería con calquera outra figura tridimensional, perfectamente delimitada por vértices e arestas, as infinitas caras da esfera resultan o mellor invento para esconder esa patente sensación de que xa todo está inventado. Resulta complicado loitar contra esa idea de que unha bola, por moito que varíe de forma, tamaño, peso e gusto non deixa de ser unha bola.
A escrita, como oficio artesán que é, tamén é unha bola que cociñamos para que outros coman ou incluso para comer nós mesmos. Pero, ata qué punto é nutritivo o pan que amasamos? Implica certo egocentrismo pensar que é mellor o noso pan que outros para poñelo no mercado, ou é unha simple oferta que facemos para enriquecer un panorama panadérico múltiple, diverso e cambiante? Sería máis egoísta ficar co noso pan só para nós ou é lícito pensar que a arte é un produto co que se poida comerciar?
Supoño que cada quen pode tomar partido e xogar coa bóla/bola literaria ao seu antollo, seguindo os seus criterios sobre orixinalidade, autenticidade, honestidade e economía. Teremos en conta que o propio embigo é tamén unha cuestión de redondeces.
Sermos Galiza, Maio de 2013