Espímonos
e xuntos mergullámonos nun río de mercurio
foinos subindo a febre
e febrosos chegamos inevitablemente xuntos
a un océano de chumbo
no que imaxinamos xuntos ser polbos e peixes
e centolas entre anémonas.
Espidos
pedimos socorro imposible
aos avións de papel que nos sobrevoaban
construídos coas misivas dos tempos fluviais
nos que sobraban as palabras.
Nús
entre as bágoas negras
de tinta verquida
polo avión suicida das verbas desdebuxadas.
nús
construimos un caiuco
de cartón sintético
abandonándonos xuntos ao laberinto e á travesía.
E nús
Envolveunos, ferindo, a salitre
cas proporcións da cristalización perfecta
e os bicos salobres
tornáronse intragables.
Espidos
xogamos xuntos a debullar polispán.
Cando acordamos
xuntos
acabaramos co barco.
SaLGada. Ed. Fervenza.