Quen se arroga gobernarte…?
Quen se arroga apagar a luz que a cada día nos demandas…?
Acaso hai pobo que conceda ese proceder…?
Poñamos pois data de gardar o 24 f década ano…!!!
Que niso vai o noso brado de moita rabia…
e rebeldía…
Así o dicimos
Rosalía…
E así seguimos tirando do fío
e indo na esperanza…
facéndoa un algo máis …
e afirmándoa.
Velaí traballaremos nas nosas vidas,
nas que queremos vivir,
na felicidade compartida…
nos tempos de ir e nomearnos
Pois do sentir…
sabemos.
Pois do sentir…
dicimos
Esencia de Galiza
universal substancia,
dona e señora nosa
muller total galega.
E así direi pois…o teu nome…
Rosalía
Flor de mimosa arrecendente
ou rosa pura natural,
a voz enorme de poeta,
ronsel de exemplo permanente
E así direi pois…o teu nome…
Rosalía
Loitadora inmedible sen fatigas
agarimoso compás de cantiga popular
palabra contundente natural
agromar de luz…e de esperanza.
E así direi pois…o teu nome…
Rosalía
Doce cotovía pura, ben cantora e sempre nosa
con tellado de fogar feito de versos
na casa habitable de poemas
a tanto sentir sostible… e popular
E así direi pois…o teu nome…
Rosalía
Levamos neste andar e compartindo
a mochila acugulada de mil soños
e así nós hoxe… pedimos a palabra
no teu nome que nos enche de futuro
E así direi pois…o teu nome…
Rosalía
Que sabemos de emocións tan compartidas
non busquemos nas carautas das mentiras
aceptemos a forza das palabras
de amor xigante o corazón… azul e branco
E así direi pois…o teu nome…
Rosalía
Ti estás sempre na luz morna do soñar
na nosa rexa estrela viva
na páxina de honra que ben lemos
polo ourado camiñar do pobo noso
E así direi pois…o teu nome…
Rosalía.
E así digamos hoxe o teu nome
Rosalía
Ti para sempre na memoria feita vida
para sempre no sentir de pobo noso
Para sempre…
pois digamos…
Rosalía
david otero
( no ano de X.Mª Díaz Castro,MMXIV)