nin dicilo entre voces imprecisas
nin sentilo entre falsos latexares,
nin anuncialo entre rendidas alertas…
Xa non vale…
Pois o cantar proponnos a mirada
cando o pobo determina patria
e é o amor quen nos marca os orientos
cando as demoras pérdense sen rumbos.
Xa non vale…
Pois o canto comunal contigo xa brada a plenitude
escribindo nos aires musicados,
riscando os silencios decretados,
poñéndonos en pé… e na victoria…
…a todo pobo indo…
soberano
E así nesa obra de marcha enorme
a compás da nosa cántiga popular…
entre non tantas como se quixer…
sobresae inmedible…unha voz…
tan solidaria, camarada, fratria
que celebrar…recoñecendo.
Unha voz tal florciñas campesías,
a ver de cristal de orballo por mañanciña festiva
a sabor de mel e de derrotas
a sentir de pobo… e de esperanzas.
Unha voz de brétemas e luzadas
que nos colle das mans…non retrocede…
para andar seguros nos días de seitura
E así con norte…sen perdernos.
Unha voz que brinca entre poemas
na roda de quen bailan melodiosos
a corpos puros que se abrazan
e a limpos ollos véndose ben certos.
Unha voz cantora que nos mide… e que rexistra:
a nosa resistencia,
o teito das estrelas,
o que falta por facer.
Unha voz integradora
de común escoita ,
a palabras relucintes,
con maiúsculas… de nación.
Unha voz en alto e respectada
de bradar tan irmandiño
en quinteiro comunal
a ideolóxica fondura.
Unha voz estable
ela…altísima mediadora
de todo sentir fluído
a paso popular…tan unitario.
Unha voz relevante resistente
á altura dos nosos tempos
co poder de nós… campante,
nas prazas e nas rúas.
Unha voz orgullosamente humilde
que manca cando resoa
conlevando a potente forza
da loita nosa… necesaria.
Unha voz de afectos… integradora
que mobiliza en plural
sen expectadores de monólogos baleiros
e si posta en alegres conversas… activadas.
Unha voz rebelde outrora e sempre
de amplo percorrido no que queda por facer
salientando a indignidade dun estado de orde público
que se nega ás reparacións…teimosamente.
Unha voz limpa determinada
que nos chama desde o amor
en clave de futuro… e de conquista.
Voz pois con nome propio,
contemporánea,
en sustento de idioma… irrenunciable.
Voz que liberando acusa
e que claramente expresa
“ O meu país”.
Voz que é arma de romper os círculos que agolan,
que é chave de abrir en amplo
a gaiola pola que reféns voamos,
Voz morna saborosa a colo de nai
de lume creativo, original…
en acariño… de casa e pan.
Voz con nome propio…VOZ…
digo a de Miro
acumulada de méritos…
digo Miro Casabella
El cantor dos cantores nosos
que nos axudan a chegar…
a chegar ás nosas alturas… desexadas.
E por iso MIRO disfrutamos contigo…noso cantor.
E tamén con elas …nosas cantoras
E tamén con eles… nosos cantores…
E así máis fondamente agora…dicimos NÓS…
DICÍMOLO con máis forza así…nesta mobilización…
aquí…na Ferreira de Valadouro
Pois así tamén… coma ti por causa do encoro de Castrelo de Miño…
a compás da música de cegos heroes nosos,
eles de terra matria…
hoxe nós cantaremos en irmandade…
e así diremos…
Hoxe é un día de ouro
de marabilla e festivo
pois temos todos motivo
para estar no Valadouro.
Celebramos ao cantor
con respecto e agarimo
el canta a terra con mimo
pra acoutar tanta dolor.
Que a súa palabra non cale
e que o canto siga forte
que o Miro marque ese norte
pois Galicia ben o vale.
Vaia así a despedida
que estas letras son razón
cantadas con corazón
pra Miro Casabella.
Que o Miro siga na teima
do seu facer exemplar
que non pare de cantar
que nos queda moita queima.
Que non pare de cantar…
Que nos queda moita queima.
david otero polo xullo patrio de X.Mª Díaz Castro de MMXIV.