EN DICIR DE NÓS E PARA TI…E PARA VÓS…
Nesta liña comunal e de presente
Virxínia e Chuciño
horizonte Daniel
en Bonaval de Compostela
Abrazos irmandados
intensamente en nós e para vós
Galiza enteira e pura
constituída recoñecendo.
A casa matria A Estrada
irmá da mariña do Medio
A Oliva en Pontevedra
O transterramento… o exílio.
E así, o neno, nun tempo anticipado
foise
E foise enchendo memoria.
esa vida que facer a común respiro.
Chuchiño vai en nós
SEMPRE EN GALIZA
Na Patria que aflorece a cada alborexar de nós
nestes tempos …nos desexos
Imos así e de camiño
pola historia que escribimos
na tradición das mans traballadoras
a puntos e seguido e teimosías.
E Galiza pon acentos e recorda
brada nas certezas sen medidas
e demostra por nós representada
no facer en firme…este recordo.
Foi do neno un anaco curto de tea longa
a vida del…
a luz de azul e branco entre estrelas que liberan
a substancia pura pois…e reducida.
Pero confesamos ser xermolo ilusionado
fertilidade presente, esa enerxía,
e así recordo permanente sen recúos
recoñecendo…sendo…aquí estamos
Galiza non se esvae e vai de intentos permanentes
Galiza non se mide derrotada
Galiza proclamándose soberana
Recorda a cada hora en todo tempo.
Galiza na memoria así tamén…
será quen de un día decidir con liberdade…
chegarán os novos tempos desexados… compartidos
así facendo o pobo a cada paso…
Así facendo o pobo…
Na memoria
E recordando
A cada paso…
david otero da AC VAGALUMES a un de febreiro de 2014 no cemiterio de San Paio de Figueiroa
A ESTRADA.