Di Antonio Álvarez Solis que vivimos nunha partida de parchise onde cada vez que o poder se merenda unha ficha nosa, vai e conta non se sabe cantas ao seu favor….( xa se ve cantas leva e seica que madialeva…)
Nesa preocupación, neste estado, hai unha dolor moi forte…Unha dolor humana de mestre galego en camiño de normalizado,pois estamos fartos de resignacións e de anxélicas evanxélicas xenerosidades…
Respondamos meus a todo contundentes desde a reflexión clara, desde a comprensión compartida,sen odios, pero con razón,a todas horas, conscientes do problema de identidade, e así no comprender do noso entorno e medio nacional,desenvolvendo pensamento crítico, enfrontados aos tronos monárquicos e aos escanos que se din democráticos e que desde eles nos menosprezan. Enfrotandos tamén aos púlpitos, a tantos e a tantos…E así nós e coma …moi plenamente inadaptados,pois cada quen gradúa a súa enerxía,pois cada quen conforma proxectos de vida individuais e colectivos,desde propostas educativas e culturais,responderemos a estes ataques que nacen conscientemente de cabronas políticas ultraneoliberais emitidas a discursos de loros,que volven atrás e ás andadas,e que aproveitando crises provocadas, calculadas,poñen en marcha procesos privatizadores para acabar con todo aquilo arrecendente a público e destas obter beneficios sen medidas desde as empresas de parentes, amigos e corporacións corsarias,piratas definidos, que se poñen as botas a espuertas, e que gardan os tesouros acadados a mans cheas en illas non debuxadas….e todo á conta nosa…A iso irán pois as respostas compartidas radicais,contundentes,cheas de comuñóns e complicidades de construcción popular, polas que merece a pena todo esforzo,fronte ao neoliberalismo campante e triunfante de momento.
E así falo do ensino de arestora, deste ensino que sufrimos e non daquel soñado e desexado:
a todo vício de educar
e determinado…
público,galego,gratuito,de calidade.
Xa haberá que dicir aquel ensino elaborado en Comunidade Educativa, in situ,sen Bolonias, nin ministerio,noso,galego, con propósitos pedagóxicos ( e non con despropósitos). Aquel ensino digo…que fomos construíndo a base de rachar tantos límites establecidos e movendo os marcos de coutos controlados polos que daquela nos impoñían pagar cota e tránsito e sobre todo aquel ensino preñado intensamente das nosas palabras, as galegas , da nosa Lingua.Palabras cheas de contido e afectividades.Palabras que nos fan paso a paso,día a día. en Lingua matria.
E ao ensino,arestora enfeblecido,colocado malignamente en momento de agonía provocada,a músicas orquestrais,a responsos de luxo e fasto, irán para restauralo galego e cívico ( e para recuperalo)– eu creo-respostas de país,de pais e nais,de alumnado, profesorado,de políticos e de Sociedade en xeral…Todas e todos os que se escapen das renuncias complacentes de arestora e outrora,Si…mesmo cando daquela se invocaban consensos malentendidos e que o que pretendían eran liquidarnos…desconstruírnos ás traballadoras e aos traballadores, para agora botarnos a culpa dos gastos,dos dispendios e da boa vida…que nós pagamos relixiosamente.
E así agora incumpren a cada hora, un día si…outro tamén…a irresponsabilidades de goberno…para culpabilizarnos e eles librar en sanidade,en pensións, en prestacións sociais…EN EDUCACIÓN…A TODO MODELO NEOLIBERAL
E preguntamos…
Iso é incontestable…?
Incontestable este tanto desmantelamento…?
E así…perder pois o dereito a intervir…?
Cando nos sacan a soberanía…?
Para cando perder o dereito a intervir para acalar as críticas…ou para desmentir a liberdade de expresión…ou para seguir comungando con rodas de muíño…?
Preguntémonos se disentir é un problema de orde público?
Podemos falar?
FALAMOS?
Pois moitas e moitos aínda miran complacentes como nos rouban pola cara o ensino público.Ese ensino que nos levou a non poucas loitas e así tamén logo a triunfos satisfactorios e do cal todas e todos disfrutábamos ( e xa non).
E claro que estamos cabreados…
E movémonos para non agardar sentados e mirando tanto mal…
E cabreados… agardaremos… andando…
A Sentementos con acción
E cabreados a tanto insulto…Insulto das autoridades educativas que cada día profanan a nosa condición de cidadáns poñendo garda e control ao medre necesario de quen somos, o da nosa Lingua Galega sobre todo, desnormalizando,dinamitando,destruíndo… para pouco a pouco facernos desaparecer a enterramentos doces,a bombo e boa música. Será un desaparecer subvencionado,a gastos pagos,a todo gusto… coas veas cortadas.
Son pois… insultos de cada día…de verbo feito feridas…habitando entre nós… Amén…
E por non loitar,por resignarse…velaí como perder o dereito a termos dereito. Así nesa complacencia do benestar inventado e provocado… lambetada na boca, sucre cabrón, para nos facer caer logo máis…a máis altura…E téñeno claro como a auga….
E así nós a confiados…imos perdendo…ollo…imos perdendo…E por goleada.Polo mesmo faise necesaria a afloración da responsabilidade comunal de todas e de todos…para así mirar, pensar, responsabilizarse… saber…Esa loita conxunta e necesaria para emendar…E poida que non baste…
E daquela que…poñémonos a pensar…?
Poñémonos na loita para construír esperanza…?
Ou …?
Non os vedes cada día como nos insultan?
E preguntamos:
Que saben eses de ensino…?
Non lles importa saber nada… pois as súas accións son fodidas e malévolas…Xorden do mal leite propio da carencia de inteligencia.Esa que produce agresividade.E eles veña…dobrados á patronal….Non saben andar de pé…Sempre ao si señor.Pero é que nos deixan ao borde de estarmos “ a pelota picada”
Haberá que dar pasos a vellas aspiracións e novas transformacións?
Como facelo e orientados ?
Hai que explorar desde a democracia real e a soberanía?
Pois si.
Teremos que elaborar propostas de país e de nación, que valían de motores de recuperación e de restauración sostibles. Pois teñámolo claro de que nos están quitando a pel ( e xa non é metáfora)
Temos que facer visible a nosa insubordinación…
Insubmisos ( como así hoxe se proclamou no Pedregal de Irímia nacencia do noso río pai…O MIÑO)…INSUBMISOS…
Velaí a necesaria implicación dos homes e das mulleres. Esa responsabilidade no espazo público e na percura do ben común,da equidade…E Non basta con cabrearse, indignarse…e quedar quietos así indignados…Pois estamos conxugando perigosamente como cómplices… en tempos perfectos a súa acción destructiva compensatoria, para eles, coa nosa omisión poñendo festa e circo… e sen pan….
Como di un compañeiro noso mestre:
“ESTANNOS BIRLANDO TODO CO DESCARO DOS VELLOS AMOS E COA CHULERÍA DOS NOVOS SEÑORITOS”.
E dicimos…
E NON NOS QUEDA OUTRA:
EDUCAR LOITANTO…
NAS AULAS
E NAS RÚAS…
POIS SEN A ESPERANZA NA QUE MILITAMOS…
SERÍAMOS OUTRA COUSA…
AO MELLOR SERIAMOS COMA ELES…
E NON ENSINANTES…
Polo tanto amigas e amigos, compañeiras e compañeiros…sexamos pois unha tribu en pé…na irrenunciable condición da nosa pura identidade…A GALEGA.Así irá indo o noso movemento de (re)afirmación…
Así pois digamos…ate aquí chegamos…!!! Vale?
Pois estaremos loitando, neste caso desde o ensino, pola LIBERDADE.E por el, nel, queremos ratificar claramente quen somos…coa nosa escola galega…co noso ensino galego, público,laico e de calidade, gratuito…Pois este que nos queren meter …non o é.
E por moito que o queiran facer…desgaleguizarnos…non poderán…Non han conseguilo, pois as portas do ensino público mentres teñamos vida comunal e de pobo…nunca poñerán o colgante de PECHADO .NON HAI TRASPASO POSIBLE DA ESCOLA PUBLICA A OUTRAS MANS.
Exerzamos o optimismo cara ao futuro que constrúamos.Indo a máis, medrando nas ideas de como entender e construír, afortecer o noso ensino galego.E así indo a máis…eles terán que dimitir, irse, pois o ensino público non pode estar en cabezas focas…en cabezas executoras das normas do mercado feitas mans agoladoras ( que polo de agora, hai que velos, que ben o fan…e que bo botín levan de facer boa caixa…) Miralos ben como na nosa protesta ( disentindo plenamente, defendendo o ensino público), eles pretenden que un problema pedagóxico se volva un problema de orde público.Vaille así polo rego.E convenlles.Pero nós non queremos ser a desculpa que lles permita ir tirando.
Canto nos gustaría provocarlle a dolor da lucidez… a eles que viven na felicidade superficial da ignorancia…e miralos como xustifican de forma burda, escandalosa, as desigualdades das que tanto se benefician. E como poñen en cuestión os propósitos da escola pública de calidade para todas e para todos , remando a seu favor, mesmo invocando razóns xenéticas, dicindo que esta, a xenética, é determinante e así veña…a segregar.Ese proceder inxusto e desigual.
Falemos pois con todo aquel que queira escoitar.Todas e todos temos o dereito a ser oídos.Os nosos compromisos van coa verdade pois somos ( galegos e galegas) e temos terra e pobo, nación Galega.Tempos e lugares concretísimos.Idioma.E no cabreo pola defensa do ensino galego, público, laico, de calidade e gratuíto, aí abrirémonos en canal se for necesario.
Por iso a nosa ha ser unha educación afectiva, sentimental, en galego, sustentada polo pobo do galego.Nesa naturalidade limpa e expresiva. Inequívoca.Basta de exclusións na nosa propia casa.Velaí por iso a necesaria INSUBMISIÓN.
(no Pedregal de Irímia nacente do MIño a setembro de MMXIII).