Este Volume 11 da revista, titulado A rebelión de Prometeo,inclúe ademais do relato de Xurxo Esquío O nacemento dos deuses, a dez escritor@s máis na categoría de relato, a sete na de poesía e a dous ilustrador@s.
Tanto os textos como as ilustracións, versan sobre a temática proposta pola revista, a rebelión da humanidade fronte aos poderes dos deuses ou os poderes ultraterreos .
Contos Estraños, que vai polo seu volume nº 11, estrea con este novo número a independencia do selo editorial Urco Editora, e pasa a ser unha editora independente como asociación cultural sen ánimo de lucro.
A presentación terá lugar na feira da cultura galega, o Culturgal, que se celebrará entre o 1 e 3 de decembro no Pazo de Cultura de Pontevedra.
Contos Estraños ten este ano un stand propio, o número 17, onde presentarán ás súas novidades editoriais e onde comparecerán algúns d@s autor@s que participan neste Volume 11.
Esta é a lista de autor@s incluídos no Volume 11- A Rebelión de Prometeo:
RelatoMarcos López Concepción –A filla das Insectas
Roberto A. Rodrigues –Chincha rabiña
Lois Z –Pantomina
David Botana –Unha fantasía
Alba Rozas Arceo –A dama do corazón negro
Xurxo Esquío –O nacemento dos deuses
Jorge Emilio Bóveda –A resurrección de Herminio Espada
Xosé Carlos Carracedo Porto –Universos
Manuel Ángel Gayoso –O neno melón
Violeta González –As verdades
Santiago Bergantinhos –Eles gritaron o meu nome
IlustraciónMaría Montes
Lúa Campos (QR en poema)
PoesíaAndrea Fernández Maneiro –Delirium
Jonathan Costas –I e II
Miguel Ángel Alonso Diz –Epitafio dun deus
Laura Rey Pasandín –Metamorfose da memoria
Lúa Campos –Simbiose
Artemisa Semedo –O lume roubado
Ramiro Torres –Prometeu
Máis info:
http://contosestranhos.com/
http://culturgal.com/es/