[Publicado na “Voz de Galicia”, 22 novembro 2013, p. 30, menos a frase que está en cursiva].
O día Mundial da Filosofía celébrase o terceiro xoves de novembro (onte, 21 de novembro). Dende hai pouco tempo, é verdade, só dende o ano 2002, e auspiciado pola UNESCO. Ten este ano como bandeira o tema: “Sociedades inclusivas, planeta sostíbel”. A directora xeral da UNESCO, Irina Bokova, comentou certeiramente que “a filosofía ten o poder de cambiar o mundo por estar dotada da capacidade de transformarnos, dando máis peso ás nosas indignacións ante a inxustiza, máis lucidez para formular preguntas que incomodan, máis convicción para defender a dignidade humana”. Pero ¿quen se preocupa hoxe en día de pensar a fondo cousas coma estas? Vivimos coa lixeireza dos lóstregos, sen detérmonos a pensar, a compartir pensamentos e a analizar o xeito de levalos á práctica. Mais non deberiamos deixarnos influír polos intereses espurios dos gobernos, polos fanatismos relixiosos ou por escuros poderes económicos. A filosofía occidental xurdiu como crítica á política e ás relixións populares. Un dos seus mártires máis coñecidos foi Sócrates. Mais hoxe poderían selo outros (¿o estadounidense Snowden, o arxentino Francisco de Roma...?), aínda que non se tivesen mergullado endexamais nun texto de filosofía pura. Ánimo, pois, e a xuntar forzas nesta loita “filosófica” e baril pola transformación do mundo! MANUEL CABADA CASTRO. VIGO.
[Publicado na “Voz de Galicia”, 22 novembro 2013, p. 30, menos a frase que está en cursiva].
0 Comentários
|
Publicacións
Outubro 2020
CategoriasOutras referencias
Entrevista en Noticieiro Galego Arquivos
|