Tabeirós Montes
  • Novas
    • Presentación
    • Contacto
    • Colabora
  • Terra
    • A Estrada >
      • Agar (Santa Mariña)
      • Aguións (Santa María)
      • Ancorados (San Pedro)
      • Ancorados (San Tomé)
      • Arca (San Miguel)
      • Arnois (San Xiao)
      • Baloira (San Salvador)
      • Barbude (San Martiño)
      • Barcala (San Miguel)
      • Barcala (Santa Mariña)
      • Berres (San Vicenzo)
      • Callobre (San Martiño)
      • Castro (San Miguel)
      • Cereixo (San Xurxo)
      • Codeseda (San Xurxo)
      • Cora (San Miguel)
      • Couso (Santa María)
      • Curantes (San Miguel)
      • Estrada, A (San Paio)
      • Frades (Santa María)
      • Guimarei (San Xiao)
      • Lagartóns (Santo Estevo)
      • Lamas (San Breixo)
      • Liripio (San Xoán Bautista)
      • Loimil (Santa María)
      • Matalobos (Santa Baia)
      • Moreira (San Miguel)
      • Nigoi (Santa María)
      • Oca (Santo Estevo)
      • Olives (Santa María)
      • Orazo (San Pedro)
      • Ouzande (San Lourenzo)
      • Parada (San Pedro)
      • Paradela (Santa María)
      • Pardemarín (Santa Baia)
      • Remesar (San Cristovo)
      • Ribeira (Santa Mariña)
      • Ribela (Santa Mariña)
      • Riobó (San Martiño)
      • Rubín (Santa María)
      • Sabucedo (San Lourenzo)
      • Santeles (San Xoán)
      • Somoza, A (Santo André)
      • Souto (Santo André)
      • Tabeirós (Santiago)
      • Toedo (San Pedro)
      • Vea (San Xiao)
      • Vea (San Xurxo)
      • Vea (Santa Cristina) >
        • Santa Cristina de Vea (Santa Cristina)
      • Vea (Santo André)
      • Vinseiro (Santa Cristina)
    • Beariz >
      • Beariz (Santa María)
      • Lebozán (Santa Cruz)
      • Xirazga (San Salvador)
    • Cerdedo >
      • Castro (Santa Baia)
      • Cerdedo (San Xoán)
      • Figueiroa (San Martiño)
      • Folgoso (Santa María)
      • Parada (San Pedro)
      • Pedre (Santo Estevo)
      • Quireza (San Tomé)
      • Tomonde (Santa María)
    • Forcarei >
      • Aciveiro (Santa María)
      • Castrelo (Santa Mariña)
      • Dúas Igrexas (Santa María)
      • Forcarei (San Martiño)
      • Madanela de Montes, A (Santa María Madanela)
      • Meavía (San Xoán)
      • Millarada (San Amedio)
      • Pardesoa (Santiago)
      • Pereira (San Bartolomeu)
      • Presqueiras (San Miguel)
      • Presqueiras (Santa Mariña)
      • Quintillán (San Pedro)
      • Ventoxo (San Nicolao)
  • Patrimonio
    • Material >
      • Arquitectura vernácula >
        • Alvarizas
        • Pombais
        • Reloxos de sol
      • Castros >
        • Castro de Barbude
        • Castro de Garellas
        • Castro Loureiro
        • Castro da Mouteira
        • Castro de Ribela
      • Cruceiros >
        • A Estrada
        • Forcarei
        • Cerdedo
      • Hórreos >
        • O hórreo do Coto Nabal
        • Hórreo de Quintela
      • Igrexas >
        • Capela de San Bartolomé
      • Industria
      • Lavadoiros >
        • Lavodoiro de Liñares
        • Lavadoiro do Souto
      • Megalítico
      • Mámoas
      • Mosteiros >
        • Aciveiro
      • Muíños
      • Neveiras >
        • Neveiras de Fixó
        • Neveiras do mosteiro de Aciveiro
      • Pazos >
        • Casa e capela de San Ildefonso na Algalia (Guimarei)
        • A casa de Araúxo en Ponte-Sarandón
        • Casa de Badía
        • Casa de A Silva en Ribadulla (Arnois)
        • A Casa da Condesa (ou do Piñeiro) en Santa Mariña de Ribeira
        • A casa de Sesto (Ribela)
        • Casa de Recarei (Curantes)
        • Casa de Miranda (Santeles)
        • Casa de A Silva en Vendexa
        • A Casa Grande de Parada
        • A Casa Grande de San Paio de Figueiroa
        • Casa de Barcia en San Miguel de Cora
        • A casa de "Os Muros"en San Pedro de Parada
        • Casa de Vilanova en Remesar
        • "Casa Varela” en Pereiras
        • Os Mondragón de Vilasusán.Remesar
        • O Pazo do Outeiro de Maíndo (Couso)
        • Pazo de Correáns
        • Pazo de Guimarei
        • Pazo da Mota
        • Pazo de Monteagudo
        • Pazo de Oca
        • Pazo de Preguecido
        • Pazo de Valiñas
        • Pazo de Xerliz
      • Petos de ánimas
      • Petróglifos >
        • Cuiña (Quireza)
        • Laxa da Romaxe
        • Laxas de Penide
      • Pontes >
        • Ponte de Santo Antonio
        • Ponte Vea
        • Ponte de Gundián
        • Ponte de Paradela
        • Ponte de Parada
        • Ponte de Leira
        • Ponte de Gomail
        • Ponte do Crego
        • Ponte Carballa
        • Ponte de Andón
        • Ponte de Pedre
        • Pontes do Lérez
      • Torres e castelao >
        • A Torre da Barreira
        • Castelo de Cira
        • Fortaleza/Castro de Terra de Montes
        • Torre de alarma de Barciela
        • Torre de Guimarei
    • Natural >
      • Árbores >
        • Sobreira de Valboa
        • Sobreira de Valiñas
      • Fervenzas >
        • Fervenza de Callobre
        • Fervenza de Curantes
        • Pozo Sangoento
        • Fervenza do Segón
      • Fontes
      • Flora >
        • Cogumelos
        • Piornal de San Trocado
      • Fauna >
        • Aves >
          • Canilonga
        • Anfibios e réptiles
        • Invertebrados
        • Mamíferos >
          • Lontra
        • Peixes
      • Lagoas >
        • Canteira de Ventoxo
        • Lagoa Sacra
        • Lagoa do Seixo
      • Montes >
        • Candán
        • Monte do Seixo
        • Pico Sacro >
          • Fotografías
          • Textos
          • Vídeos
        • Serra de Cabanelas
      • Penedos >
        • Penedas de Naveiro
      • Ríos >
        • Ulla
      • Vales
    • Inmaterial >
      • Entroido
      • Haxiografía
      • Mitoloxía
      • Oficios >
        • Esmoleiros
      • Romaxes >
        • A Saleta de Bugarín
      • Rapa das bestas >
        • Fotografía >
          • Fotorapa
          • 2008
          • 2009
          • 2010
          • 2011
          • 2012
        • Vídeo
        • Publicacións
      • San Xoán
  • Artes
    • Artesanía >
      • Fernando Porto
    • Cine >
      • Chano Piñeiro
    • Escultura >
      • Ignacio Cerviño
      • Esculturas funerarias >
        • Cemiterio de Folgoso
      • A purísima de Asorey
    • Fotografía >
      • Karina
      • Pedro Brey Guerra
      • Maxcarun >
        • Aves
        • Insectos
        • Mamíferos
        • Reptis e anfíbios
      • Naturgalicia
    • Música >
      • Banda de Gaitas de Forcarei
      • Coral Polifónica Estradense
      • Chorovía na moucarría
      • Gaiteiros de Soutelo
      • Nao
      • Xenreira
      • Xosé Lueiro
    • Pintura >
      • Virxilio Blanco
    • Teatro
  • Letras
    • Avelina Valladares
    • Andrea Porto >
      • Textos
    • Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
    • Antonio Fraguas
    • Antonio Rodríguez Fraiz >
      • Textos
      • Estudos
      • Entrevistas
    • Carlos Loureiro >
      • Textos
    • Carlos Mella
    • Calros Solla >
      • Textos
    • David Otero >
      • Textos
    • Dionísio Pereira >
      • Textos
    • Goretti Sanmartín >
      • Textos
    • Manuel Cabada Castro >
      • Textos
    • Manuel García Barros >
      • Correspondencia >
        • Cecilia Alcoba
        • Xosé Ramón Fernández Oxea (BEN-CHO-SHEY)
      • Documentos
      • Fotos
      • Vídeos
      • Estudos
    • Manuel Daniel Varela Buxán >
      • Fotos
      • Textos
    • Marcial Valladares Núñez >
      • Actividades
      • Estudos
      • Obra
      • Vídeo
    • Neves Soutelo >
      • Textos
    • Olimpio Arca Caldas >
      • Fotos
      • Obras
      • Vídeos
    • Ramón de Valenzuela Otero >
      • Achegas >
        • Sermos Galiza
      • Fotos
      • Vídeos
    • Santiago Gómez Tato
    • Sindo Villamayor >
      • Sindo Villamayor
    • Susana Sánchez Aríns >
      • Susana Sánchez Arins
    • Xoán Carlos Garrido
    • Xosé Luna Sanmartín >
      • Recursos
    • Xosé Manuel Martínez Oca
    • Xoseme Mosquera >
      • Vida
      • Obra
    • Xosé Manuel Cabada Vázquez >
      • Biografía
      • Documentos
      • Imaxes
      • Obra
    • Xosé Otero Abelleira >
      • Fotografías
    • Xosé Roxelio Otero Espasandín >
      • Do autor >
        • Vivir morrendo
      • Paisaxe vital de Xosé Otero Espasandín con Castro ao lonxe
      • Un Otero Espasandín de vinte anos
    • Xosé Varela Buela
    • Xurxo Esquío >
      • Xurxo Esquío
  • Historia
    • Feitos >
      • Prehistoria
      • Idade Antiga
      • Idade Media
      • Idade Moderna
      • Idade Contemporánea >
        • Revolta labrega de 1915 >
          • Sociedades agrarias
          • Xornais e documentos
          • Sociedade de Instrución Unión de Rubín de La Habana
          • Recuperación da Festa Labrega
          • Revolta labrega de 1915
    • Persoas >
      • Anxel Campos Varela
      • Manuel Ventura Figueroa
      • Mary Isaura
      • Pedro Campos Couceiro
      • Pedro Varela Castro
      • Ramón Silvestre Verea García
      • Virxinia Pereira
      • Waldo Álvarez Insua
  • Memoria
    • Actividades >
      • Ponte do Barco
      • Eliminación da simboloxía franquista
      • Homenaxe nacional as vítimas do franquismo en San Simón
      • Homenaxe a Xoán Xesús González
      • Proxección de "A derradeira lección do mestre" (24-3-2007)
      • Homenaxe aos paseados da Ponte do Regueiro
      • Conmemoración do 5 de xuño (5-06-2007)
      • Homenaxe a Bernardo Mato Castro na súa escola (8-7-2006)
    • Documentos >
      • Causas >
        • Así se xustifica unha condena a morte de José Costés Fernández e José Gómez Rivas >
          • Ideas polas que se mata a Cortés Fernández
      • Cartas >
        • Manuel Graciano ao Goberno Portugués
        • Carta dos Concelleiros ao pobo da Estrada
        • Ramón Fernánde Rico
        • José Mª Pena
      • Instrucións para a resistencia
      • Oficio de Crego de Castro (Cerdedo)
      • Memorias >
        • Memorias dun proscrito
      • Prensa >
        • Galicia Libre
      • Publicacións
    • Feitos >
      • O levantamento franquista na Estrada
      • A Estrada viste a camisa azul
      • O “imposto revolucionario”
      • O saqueo do pobo. O invento do secuestro express
      • As incautacións: A insticionalización do roubo
      • A interrupción tráxica do galeguismo
      • Represión do maxisterio estradense
      • Mulleres, dignidade e rebeldía
    • Imaxes >
      • Vitimas do franquismo
    • Listaxes >
      • A Estrada >
        • Fuxidos da parroquia de Guimarei
        • Presos en San Simón
      • Terra de Montes >
        • Beariz
        • Cerdedo
        • Forcarei
    • Lugares >
      • A casa do pobo de Deán (Cerdedo)
      • A república de Guimarei
      • Campo de Laudas
      • Ponte do Regueiro
      • Quilómetro 1 da Avenida de Buenos Aires: Aquí se fusilou
      • Simboloxía franquista
    • Nomes >
      • Antonio Sueiro Cadavide
      • Alfonso Ramiro Castro Dono
      • Alfredo Iglesias Álvarez
      • Candido Tafalla Froiz
      • Manuel Brea Abades
      • Manuel Garrido "O resucitado"
      • Francisco Varela Garrido
      • Isolino Feros Salgueiro
      • José Mª Baliño Sánchez
      • José María Pena
      • Manuel García Barros
      • Antonio Fraguas Fraguas
      • Jesús Ignacio Puente Fontanes (Balseiros)
      • Bernardo Mato Castro
      • Hixinio Carracedo Ruzo >
        • Fotos homenaxe a Carracedo na Somoza no seu 75 cabodano
      • José Gómez Rivas
      • José Mª Taberneiro
      • José Rodríguez Sangiao
      • Manuel Puente Porto
      • Manuel Coto Chan
      • Martiño Ferreiro Álvarez
      • Ramón Fernández Rico
      • Ventín, 5 da mesma familia fusilados xuntos
    • Represores >
      • Padre Nieto
    • Testemuños >
      • David García Insua
      • Roxelio Arca
  • Movementos
    • Asociacionismo cultural >
      • A.C. A Estrada >
        • Antonio Fraguas e o monumento aos mártires
        • Enterro da Sardiña
        • Mostra de artesanía da Estrada
        • Simposio de literatura galega de autoría estradense
      • A. C. O Brado
      • Contrarretranca
      • A. C. Vagalumes >
        • Actividades >
          • Conmemorar Carvalho Calero
        • Vídeos
        • Publicacións
        • Fotos
      • AEC Verbo Xido >
        • Carteis e publicacións
        • Defensa das árbores autóctonas
      • Capitán Gosende
      • CETMO
      • Colectivo Portalén
    • Ecoloxismo >
      • Invasión eólica
    • Emigración >
      • Arxentina
      • Brasil
      • Cuba >
        • Nomes >
          • Manuel Álvarez Fuentes
          • Jesús Barros López
    • Ensino >
      • Primaria >
        • CEIP de Figueroa >
          • CEIP de Figueroa (A biblio de Carola)
        • CEIP Cabada Vázquez
        • CEIP Pérez Viondi
        • CEIP Villar Parama
        • CEIP O Foxo >
          • As nosas cousas
          • Bilbioteca
          • Peque Xenios
          • Pereiriños
      • Secundaria >
        • IES Nº 1 >
          • Fotos
        • IES Manuel García Barros >
          • As nosas letras
        • IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
        • IES Chano Piñeiro >
          • O Chaniño - Biblioteca
          • Lingua de Montes
    • Feminismo >
      • Asociacionismo >
        • Colectivo Feminista
        • Espadela >
          • A muller na Terra de Montes (Exposición do CETMO)
          • Festa da Vincha
    • Loita labrega
    • Movemento obreiro
    • Movemento veciñal >
      • Contra a suba do IBI na Estrada
      • Loita contra a fusión de Cerdedo
    • Normalización lingüística >
      • Conflito do Foxo
      • Letras galegas 1970 na Estrada
      • Queremos Galego
    • Pacifismo
    • Política >
      • BNG
      • PSOE
      • PP
      • OUTROS
  • Arquivo
    • Foto >
      • Edificios
      • Eventos
      • Deporte
      • Industria
      • Nomes
      • Rúas
      • Xente
    • Vídeo >
      • Documentais >
        • CETMO
        • A Estrada románica
      • Filmes
      • Actos
      • Conversas
      • Imaxes
    • Audio >
      • Voces
    • Publicación >
      • Libros >
        • Ond´o sol facheaba ó amañecer. Vida e obra de Avelina Valladares. Xosé Luna Sanmartín
        • Vagalumes. Manuel Cabada Vázquez
        • A Estrada
      • Xornais >
        • Eco de la Estrada
        • El Emigrado
        • El Estradense
      • Revistas >
        • Contrarretranca
        • Cotaredo
        • Tabeirós Terra
        • Verbo Xido
      • Folletos

Manuel cabada castro

Licenciado en Filosofía pola Universidade Pontificia de Comillas. Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid. Teoloxía pola Universidade de Innsbruk e doutor en Filosofía polas universidades de Múnic (cunha tese dirixida polo seu mestre e teólogo Karl Rahner)

Biografía

Cámara de tortura. Non, grazas.

12/9/2015

0 Comments

 
Imagem
Algúns dos vosos coñecidos ou amigos están quizais de vacacións. Ó mellor tamén algúns de vós, aínda que non vos teñades desprazado de Vigo. O descanso tras o traballo e as diversas ocupacións é sempre bo. Por algo se di tamén, aínda que habería que ver a maneira de entendelo de maneira axeitada, que Deus mesmo no sétimo día descansou, é dicir, que acougou da obra ben feita da súa creación do mundo. Dese mundo ó que pertencemos todos nós.
    Aínda que a min en particular non me gusta estar man sobre man, sen deixar de facer sempre algunha cousa, recoñezo que a todos nos fai falla ter tempos de acougo, de tranquilidade, de reflexión, de vérmonos cos demais, de atendelos e escoitalos aínda que poidamos ser da opinión de que pouco ou nada iriamos nós aprender deles ou mesmo eles de nós. Non nos esquezamos de que o mesmo noso Deus cristián non é un solitario, pechado na súa unicidade esencial, senón a plenitude dunha relación trina que chamamos a Santísima Trindade. A Trindade misteriosa e marabillosa da unidade entre Pai, Fillo e Espírito.
    Todo isto vén a conto de que no Evanxeo de hoxe se nos fala tamén do “descanso”. Xesús enviara os seus apóstolos e discípulos a anunciar a súa boa nova. Fixérono o mellor que puideron ou souberon, procurando anunciar a Xesús con liberdade e humildade, apoiándose non en ningún poder ou prestixio social ou económico, senón unicamente na sinxeleza e grandeza dunha mensaxe incribelmente alegre e ilusionante, a “alegre nova” de Xesús. Pois ben, para Xesús calquera que anuncie o evanxeo exerce un traballo. Coma os demais, é tamén polo tanto un traballador que realiza unha obra, unha boa obra. Merece en consecuencia tamén o seu descanso. “Vinde vós sós –dilles Xesús- a un lugar arredado, e descansade un pouco”.
    A intención desde logo era boa, mais as proxectadas “vacacións”, que de por si serían xa ben curtas, acabáronselles axiña a Xesús e mais ós apóstolos, porque ó desembarcaren con este fin (coma se fixesen o traxecto pola ría desde aquí a Cangas) alá estaban xa as multitudes esperándoos. Multitudes, das que se nos di que eran “como ovellas sen pastor”. Precisadas polo tanto do anuncio e da paz do bo pastor. Non se podía deixalas sen apoio e protección.
    Mais se os apóstolos non acadan atopar a conveniente paz e tranquilidade, é dicir, o acougo do que non lles viría mal poder gozar un chisco, polo menos teñen o consolo de anunciaren algo que dá ilusión e alegría ás multitudes e polo tanto tamén a eles. Unha mensaxe de paz, dunha paz fonda e vivificadora, que é a condición de toda obra ben feita e a base fundamental de toda a boa nova de Xesús. Esa paz que anunciaran tamén os anxos no nacemento de Xesús: “Gloria a Deus no ceo, e PAZ a tódalas persoas de boa vontade”. Esa “paz” á que se nos convida liturxicamente en tódalas eucaristías dos domingos tras invocarmos o Señor dicindo: “Señor Xesús Cristo, Ti dixécheslles ós teus Apóstolos: déixovolo miña paz, dóuvolo a miña paz”.   
    É isto mesmo o que nos vén dicir Paulo na súa carta de hoxe ós Efesios: Cristo Xesús -dinos Paulo- “é a nosa paz.... El veu e anunciou a paz, paz para os de lonxe e para os de cerca”...
    Por que “paz”? Porque Xesús é quen nos descubre o misterio dun Deus Pai de todos, que no seu Fillo Xesús, convertido en irmán noso, e na forza do Espírito Santo quere facernos partícipes a todos da paz e do amor que habitan no interior de Deus mesmo.
    Tamén a Primeira Lectura nos axuda a darlle á nosa Eucaristía de hoxe este aire de paz e de tranquilidade, que é, como vedes, algo moi importante para un seguidor de Xesús. Nesta primeira Lectura o profeta Xeremías critica os pastores que espantan as ovellas ou lles fan, dunha ou doutra maneira, perder os ánimos.     Efectivamente, Xeremías denunciaba a aqueles pastores que, en vez de coidaren agarimosamente das ovellas, “escorrentábanas” e “espantábanas”: “Vós espantades as miñas ovellas, escorrentádelas e non coidades delas: ollade que eu vos pedirei contas da maldade dos vosos feitos”. Xeremías anuncia neste sentido que o Señor “constituirá pastores que as apacenten, de xeito que xa non volvan ter medo, nin se espanten, nin se perda ningunha das ovellas”.     O futuro Xesús sería, como ben sabemos, ese “bo Pastor”. Así o afirma el de si mesmo. Un pastor que exerce a súa función, como nolo recorda Paulo na súa carta ós Efesios, non baseándose na antiga lei “de mandamentos e normas”, senón na lei viva e interior do amor que el nos anuncia e ofrece e que está dirixida á construción dunha “nova humanidade”.
    Mais semella que iso de “espantar as ovellas” continúa aínda a ser unha tentación á que ás veces se sucumbe, cando o Novo Testamento leva, teoricamente alomenos, bastantes séculos de funcionamento. Unha pequena anécdota. Hai xa ben de anos que me contou un parente meu, xa defunto, que cando era mozo traballara bastante na construción desas antigas e cativas estradas galegas nosas que teñen moitas curvas, porque daquela non había aínda as máquinas de agora. Pois ben, como era ano santo foise confesar alá polos anos trinta do século pasado á cidade do Apóstolo. Mais ó lle comentar ó confesor que el era un obreiro, quen o escoitaba no confesionario aproveitou a ocasión para lle dicir que os obreiros eran os culpábeis dos males do país. Era este un xeito de espantar as ovellas... Naturalmente, non o pasou nada ben neste seu encontro penitencial.
    Algo de razón terá neste sentido o papa Francisco cando hai pouco, no seu importante documento eclesial  “A alegría do Evanxeo”, nos dicía o seguinte: “Lémbrolles ós sacerdotes que o confesionario non debe ser unha sala de torturas, senón o lugar da misericordia do Señor”. Tema este, o da “misericordia” de Deus, moi querido para o papa actual, entre outras motivos porque precisamente hai algúns meses anunciou el que dedicará a este tema (o da “misericordia”) todo un “ano santo”, o próximo ano 2016.
    Aproveitemos, pois, este tempo xa máis quentiño e tranquilo do verán para medrarmos neste espírito de paz, de comprensión, de amor , de “misericordia” ó que nos chama a boa e alegre nova do Evanxeo.

* Domingo, 19 de xullo 2015
0 Comments



Leave a Reply.

    Publicacións

    Octubre 2020
    Julio 2020
    Agosto 2019
    Enero 2019
    Febrero 2017
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Septiembre 2015
    Junio 2015
    Marzo 2015
    Enero 2015
    Diciembre 2014
    Noviembre 2014
    Octubre 2014
    Septiembre 2014
    Agosto 2014
    Julio 2014
    Junio 2014
    Abril 2014
    Febrero 2014
    Enero 2014
    Diciembre 2013
    Noviembre 2013
    Agosto 2013

    Categorias

    Todos

    Fuente RSS

    Outras referencias

    Entrevista en Noticieiro Galego

    Arquivos

    Recensión en "Encrucillada" sobre o libro do Pai Seixas
    File Size: 170 kb
    File Type: pdf
    Descargar archivo

    Lembranza de Francisco Sanmartin
    File Size: 255 kb
    File Type: pdf
    Descargar archivo

    Arturo Rivas Castro, un físico de Sabucedo cortexado e controlado polos intereses bélicos e económicos dos primeiros dirixentes franquistas
    File Size: 5801 kb
    File Type: pdf
    Descargar archivo

    Minidiccionario ou glosario da rapa das bestas de Sabucedo. Un vademecum
    File Size: 160 kb
    File Type: pdf
    Descargar archivo

    El Dios que da que pensar
    File Size: 24889 kb
    File Type: pdf
    Descargar archivo

    Boa Nova-Galicia Digital-Biblioteca Virtual
    File Size: 1957 kb
    File Type: pdf
    Descargar archivo

Powered by Create your own unique website with customizable templates.