Para saír do paso e tranquilizar, aparentemente ao menos, as nosas dubitativas conciencias, case sempre preferimos darlles unha esmola. Isto non nos libera, porén, das nosas dúbidas sobre o que se debería facer.
Tampouco sei eu moi ben qué facer. Mais tendo a pensar que as institucións políticas, sociais, relixiosas ou caritativas en xeral, por desprestixiadas que algunhas delas poidas estar, deberían concienciar máis claramente ás persoas. Quero dicir: Se hai mendigos polas rúas é porque reciben esmolas da xente. Non os habería se non as recibisen. Mellor dito, non os habería se os necesitados de axuda fosen directa e responsablemente atendidos por tales institucións a cambio de deixar a rúa. Pero entón si que habería que colaborar de modo máis decidido con estas institucións, sobre todo nunha situación como esta na que moitas persoas están a padecer penuria e exclusión social. Manuel Cabada Castro. VIGO.
[Publicado en “La Voz de Galicia”, xoves, 15 agosto 2013, páx. 14]