Tabeirós Montes
  • Novas
    • Presentación
    • Contacto
    • Colabora
  • Terra
    • A Estrada >
      • Agar (Santa Mariña)
      • Aguións (Santa María)
      • Ancorados (San Pedro)
      • Ancorados (San Tomé)
      • Arca (San Miguel)
      • Arnois (San Xiao)
      • Baloira (San Salvador)
      • Barbude (San Martiño)
      • Barcala (San Miguel)
      • Barcala (Santa Mariña)
      • Berres (San Vicenzo)
      • Callobre (San Martiño)
      • Castro (San Miguel)
      • Cereixo (San Xurxo)
      • Codeseda (San Xurxo)
      • Cora (San Miguel)
      • Couso (Santa María)
      • Curantes (San Miguel)
      • Estrada, A (San Paio)
      • Frades (Santa María)
      • Guimarei (San Xiao)
      • Lagartóns (Santo Estevo)
      • Lamas (San Breixo)
      • Liripio (San Xoán Bautista)
      • Loimil (Santa María)
      • Matalobos (Santa Baia)
      • Moreira (San Miguel)
      • Nigoi (Santa María)
      • Oca (Santo Estevo)
      • Olives (Santa María)
      • Orazo (San Pedro)
      • Ouzande (San Lourenzo)
      • Parada (San Pedro)
      • Paradela (Santa María)
      • Pardemarín (Santa Baia)
      • Remesar (San Cristovo)
      • Ribeira (Santa Mariña)
      • Ribela (Santa Mariña)
      • Riobó (San Martiño)
      • Rubín (Santa María)
      • Sabucedo (San Lourenzo)
      • Santeles (San Xoán)
      • Somoza, A (Santo André)
      • Souto (Santo André)
      • Tabeirós (Santiago)
      • Toedo (San Pedro)
      • Vea (San Xiao)
      • Vea (San Xurxo)
      • Vea (Santa Cristina) >
        • Santa Cristina de Vea (Santa Cristina)
      • Vea (Santo André)
      • Vinseiro (Santa Cristina)
    • Beariz >
      • Beariz (Santa María)
      • Lebozán (Santa Cruz)
      • Xirazga (San Salvador)
    • Cerdedo >
      • Castro (Santa Baia)
      • Cerdedo (San Xoán)
      • Figueiroa (San Martiño)
      • Folgoso (Santa María)
      • Parada (San Pedro)
      • Pedre (Santo Estevo)
      • Quireza (San Tomé)
      • Tomonde (Santa María)
    • Forcarei >
      • Aciveiro (Santa María)
      • Castrelo (Santa Mariña)
      • Dúas Igrexas (Santa María)
      • Forcarei (San Martiño)
      • Madanela de Montes, A (Santa María Madanela)
      • Meavía (San Xoán)
      • Millarada (San Amedio)
      • Pardesoa (Santiago)
      • Pereira (San Bartolomeu)
      • Presqueiras (San Miguel)
      • Presqueiras (Santa Mariña)
      • Quintillán (San Pedro)
      • Ventoxo (San Nicolao)
  • Patrimonio
    • Material >
      • Arquitectura vernácula >
        • Alvarizas
        • Pombais
      • Castelos >
        • Castelo de Cira
        • Fortaleza/Castro de Terra de Montes
      • Castros >
        • Castro de Barbude
        • Castro de Garellas
        • Castro da Mouteira
        • Castro de Ribela
      • Cruces
      • Hórreos >
        • Hórreo de Quintela
      • Igrexas >
        • Capela de San Bartolomé
      • Industria
      • Lavadoiros >
        • Lavodoiro de Liñares
        • Lavadoiro do Souto
      • Megalítico
      • Mámoas
      • Mosteiros >
        • Aciveiro
      • Muíños
      • Neveiras >
        • Neveiras de Fixó
        • Neveiras do mosteiro de Aciveiro
      • Pazos >
        • Casa e capela de San Ildefonso na Algalia (Guimarei)
        • A casa de Araúxo en Ponte-Sarandón
        • Casa de Badía
        • Casa de A Silva en Ribadulla (Arnois)
        • A Casa da Condesa (ou do Piñeiro) en Santa Mariña de Ribeira
        • A casa de Sesto (Ribela)
        • Casa de Recarei (Curantes)
        • Casa de Miranda (Santeles)
        • Casa de A Silva en Vendexa
        • A Casa Grande de Parada
        • A Casa Grande de San Paio de Figueiroa
        • Casa de Barcia en San Miguel de Cora
        • A casa de "Os Muros"en San Pedro de Parada
        • Casa de Vilanova en Remesar
        • "Casa Varela” en Pereiras
        • Os Mondragón de Vilasusán.Remesar
        • O Pazo do Outeiro de Maíndo (Couso)
        • Pazo de Correáns
        • Pazo de Guimarei
        • Pazo da Mota
        • Pazo de Monteagudo
        • Pazo de Oca
        • Pazo de Preguecido
        • Pazo de Valiñas
        • Pazo de Xerliz
      • Petróglifos >
        • Cuiña (Quireza)
        • Laxa da Romaxe
        • Laxas de Penide
      • Pontes >
        • Ponte de Pedre
        • Ponte de Andón
        • Ponte Carballa
        • Ponte do Crego
        • Ponte de Gomail
        • Ponte de Leira
        • Ponte de Parada
        • Ponte de Gundián
        • Ponte Vea
        • Ponte de Santo Antonio
      • Torres >
        • A Torre da Barreira
        • Torre de alarma de Barciela
        • Torre de Guimarei
    • Natural >
      • Árbores >
        • Sobreira de Valboa
        • Sobreira de Valiñas
      • Fervenzas >
        • Fervenza de Callobre
        • Fervenza de Curantes
        • Pozo Sangoento
      • Fontes
      • Flora >
        • Cogumelos
        • Piornal de San Trocado
      • Fauna >
        • Aves >
          • Canilonga
        • Anfibios e réptiles
        • Invertebrados
        • Mamíferos >
          • Lontra
        • Peixes
      • Lagoas >
        • Canteira de Ventoxo
        • Lagoa Sacra
        • Lagoa do Seixo
      • Montes >
        • Candán
        • Monte do Seixo
        • Pico Sacro >
          • Fotografías
          • Textos
          • Vídeos
        • Serra de Cabanelas
      • Penedos >
        • Penedas de Naveiro
      • Ríos >
        • Ulla
      • Vales
    • Inmaterial >
      • Entroido
      • Oficios >
        • Esmoleiros
      • Rapa das bestas >
        • Fotografía >
          • Fotorapa
          • 2008
          • 2009
          • 2010
          • 2011
          • 2012
        • Vídeo
        • Publicacións
      • San Xoán
  • Artes
    • Artesanía >
      • Fernando Porto
    • Cine >
      • Chano Piñeiro
    • Escultura >
      • Ignacio Cerviño
      • Esculturas funerarias >
        • Cemiterio de Folgoso
      • A purísima de Asorey
    • Fotografía >
      • Karina
      • Pedro Brey Guerra
      • Maxcarun >
        • Aves
        • Insectos
        • Mamíferos
        • Reptis e anfíbios
      • Naturgalicia
    • Música >
      • Banda de Gaitas de Forcarei
      • Coral Polifónica Estradense
      • Chorovía na moucarría
      • Gaiteiros de Soutelo
      • Nao
      • Xenreira
      • Xosé Lueiro
    • Pintura >
      • Virxilio Blanco
    • Teatro
  • Letras
    • Andrea Porto >
      • Textos
    • Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
    • Antonio Fraguas
    • Antonio Rodríguez Fraiz >
      • Textos
      • Estudos
      • Entrevistas
    • Carlos Loureiro >
      • Textos
    • Calros Solla >
      • Textos
    • David Otero >
      • Textos
    • Dionísio Pereira >
      • Textos
    • Goretti Sanmartín >
      • Textos
    • Manuel Cabada Castro >
      • Textos
    • Manuel García Barros >
      • Correspondencia >
        • Cecilia Alcoba
        • Xosé Ramón Fernández Oxea (BEN-CHO-SHEY)
      • Documentos
      • Fotos
      • Vídeos
      • Estudos
    • Manuel Daniel Varela Buxán >
      • Fotos
      • Textos
    • Marcial Valladares Núñez >
      • Actividades
      • Estudos
      • Obra
      • Vídeo
    • Neves Soutelo >
      • Textos
    • Olimpio Arca Caldas >
      • Fotos
      • Obras
      • Vídeos
    • Ramón de Valenzuela Otero >
      • Achegas >
        • Sermos Galiza
      • Fotos
      • Vídeos
    • Santiago Gómez Tato
    • Sindo Villamayor >
      • Sindo Villamayor
    • Susana Sánchez Aríns >
      • Susana Sánchez Arins
    • Xoán Carlos Garrido
    • Xosé Luna
    • Xoseme Mosquera >
      • Vida
      • Obra
    • Xosé Manuel Cabada Vázquez >
      • Biografía
      • Documentos
      • Imaxes
      • Obra
    • Xosé Otero Abelleira >
      • Fotografías
    • Xosé Roxelio Otero Espasandín >
      • Do autor >
        • Vivir morrendo
      • Paisaxe vital de Xosé Otero Espasandín con Castro ao lonxe
      • Un Otero Espasandín de vinte anos
    • Xosé Varela Buela
    • Xurxo Esquío >
      • Xurxo Esquío
  • Historia
    • Feitos >
      • Prehistoria
      • Idade Antiga
      • Idade Media
      • Idade Moderna
      • Idade Contemporánea >
        • Revolta labrega de 1915 >
          • Sociedades agrarias
          • Xornais e documentos
          • Sociedade de Instrución Unión de Rubín de La Habana
          • Recuperación da Festa Labrega
          • Revolta labrega de 1915
    • Persoas >
      • Anxel Campos Varela
      • Manuel Ventura Figueroa
      • Pedro Varela Castro
      • Ramón Silvestre Verea García
      • Waldo Álvarez Insua
  • Memoria
    • Actividades >
      • Eliminación da simboloxía franquista
      • Homenaxe nacional as vítimas do franquismo en San Simón
      • Homenaxe a Xoán Xesús González
      • Proxección de "A derradeira lección do mestre" (24-3-2007)
      • Homenaxe aos paseados da Ponte do Regueiro
      • Conmemoración do 5 de xuño (5-06-2007)
      • Homenaxe a Bernardo Mato Castro na súa escola (8-7-2006)
    • Documentos >
      • Causas >
        • Así se xustifica unha condena a morte de José Costés Fernández e José Gómez Rivas >
          • Ideas polas que se mata a Cortés Fernández
      • Cartas >
        • Manuel Graciano ao Goberno Portugués
        • Carta dos Concelleiros ao pobo da Estrada
        • Ramón Fernánde Rico
        • José Mª Pena
      • Instrucións para a resistencia
      • Oficio de Crego de Castro (Cerdedo)
      • Memorias >
        • Memorias dun proscrito
      • Prensa >
        • Galicia Libre
      • Publicacións
    • Feitos >
      • O levantamento franquista na Estrada
      • A Estrada viste a camisa azul
      • O “imposto revolucionario”
      • O saqueo do pobo. O invento do secuestro express
      • As incautacións: A insticionalización do roubo
      • A interrupción tráxica do galeguismo
      • Represión do maxisterio estradense
      • Mulleres, dignidade e rebeldía
    • Imaxes >
      • Vitimas do franquismo
    • Listaxes >
      • A Estrada >
        • Fuxidos da parroquia de Guimarei
        • Presos en San Simón
      • Terra de Montes >
        • Beariz
        • Cerdedo
        • Forcarei
    • Lugares >
      • A casa do pobo de Deán (Cerdedo)
      • A república de Guimarei
      • Campo de Laudas
      • Ponte do Regueiro
      • Quilómetro 1 da Avenida de Buenos Aires: Aquí se fusilou
      • Simboloxía franquista
    • Nomes >
      • Antonio Sueiro Cadavide
      • Alfonso Ramiro Castro Dono
      • Alfredo Iglesias Álvarez
      • Candido Tafalla Froiz
      • Manuel Brea Abades
      • Manuel Garrido "O resucitado"
      • Francisco Varela Garrido
      • Isolino Feros Salgueiro
      • José Mª Baliño Sánchez
      • José María Pena
      • Manuel García Barros
      • Antonio Fraguas Fraguas
      • Jesús Ignacio Puente Fontanes (Balseiros)
      • Bernardo Mato Castro
      • Hixinio Carracedo Ruzo >
        • Fotos homenaxe a Carracedo na Somoza no seu 75 cabodano
      • José Gómez Rivas
      • José Mª Taberneiro
      • José Rodríguez Sangiao
      • Manuel Puente Porto
      • Manuel Coto Chan
      • Martiño Ferreiro Álvarez
      • Ramón Fernández Rico
      • Ventín, 5 da mesma familia fusilados xuntos
    • Represores
    • Testemuños >
      • David García Insua
      • Roxelio Arca
  • Movementos
    • Asociacionismo cultural >
      • A.C. A Estrada >
        • Antonio Fraguas e o monumento aos mártires
        • Enterro da Sardiña
        • Mostra de artesanía da Estrada
        • Simposio de literatura galega de autoría estradense
      • A. C. O Brado
      • Contrarretranca
      • A. C. Vagalumes >
        • Actividades >
          • Conmemorar Carvalho Calero
        • Vídeos
        • Publicacións
        • Fotos
      • AEC Verbo Xido >
        • Carteis e publicacións
        • Defensa das árbores autóctonas
      • Capitán Gosende
      • CETMO
      • Colectivo Portalén
    • Ecoloxismo
    • Emigración >
      • Arxentina
      • Brasil
      • Cuba >
        • Nomes >
          • Manuel Álvarez Fuentes
          • Jesús Barros López
    • Ensino >
      • Primaria >
        • CEIP de Figueroa >
          • CEIP de Figueroa (A biblio de Carola)
        • CEIP Cabada Vázquez
        • CEIP Pérez Viondi
        • CEIP Villar Parama
        • CEIP O Foxo >
          • As nosas cousas
          • Bilbioteca
          • Peque Xenios
          • Pereiriños
      • Secundaria >
        • IES Nº 1 >
          • Fotos
        • IES Manuel García Barros >
          • As nosas letras
        • IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
        • IES Chano Piñeiro >
          • O Chaniño - Biblioteca
          • Lingua de Montes
    • Feminismo >
      • Asociacionismo >
        • Colectivo Feminista
        • Espadela >
          • A muller na Terra de Montes (Exposición do CETMO)
          • Festa da Vincha
      • Nomes >
        • Avelina Valladares
        • Mary Isaura
        • Virxinia Pereira
    • Loita labrega
    • Movemento obreiro
    • Movemento veciñal >
      • Contra a suba do IBI na Estrada
      • Loita contra a fusión de Cerdedo
    • Normalización lingüística >
      • Conflito do Foxo
      • Letras galegas 1970 na Estrada
      • Queremos Galego
    • Pacifismo
    • Política >
      • BNG
      • PSOE
      • PP
      • OUTROS
  • Arquivo
    • Foto >
      • Edificios
      • Eventos
      • Deporte
      • Industria
      • Nomes
      • Rúas
      • Xente
    • Vídeo >
      • Documentais >
        • CETMO
        • A Estrada románica
      • Filmes
      • Actos
      • Conversas
      • Imaxes
    • Audio >
      • Voces
    • Publicación >
      • Libros >
        • Ond´o sol facheaba ó amañecer. Vida e obra de Avelina Valladares. Xosé Luna Sanmartín
        • Vagalumes. Manuel Cabada Vázquez
        • A Estrada
      • Xornais >
        • Eco de la Estrada
        • El Emigrado
        • El Estradense
      • Revistas >
        • Contrarretranca
        • Cotaredo
        • Tabeirós Terra
        • Verbo Xido
      • Folletos

Manuel cabada castro

Licenciado en Filosofía pola Universidade Pontificia de Comillas. Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid. Teoloxía pola Universidade de Innsbruk e doutor en Filosofía polas universidades de Múnic (cunha tese dirixida polo seu mestre e teólogo Karl Rahner)

Biografía

Na fronte unha estrela

23/1/2015

0 Comentários

 
Imagem
A escena que tradicionalmente se nos pon á vista na festividade da Epifanía do Señor ten que ver con reis, estrelas e coa alegría dos agasallos de ouro, incenso e mirra que estes reis magos lle ofrecen ó Neno Xesús.
Véñenme á lembranza aqueles versos de Curros co gallo do traslado, no ano 1891, dos restos mortais de Rosalía de Castro desde o cemiterio de Adina ó templo de San Domingos de Bonaval de Santiago. O poema empezaba así: “Do mar pola orela / Mireina pasar, / Na fronte unha estrela, / No bico un cantar”. E remataba deste xeito: “¡Ai, dos que levan na fronte unha estrela! / ¡Ai, dos que levan no bico un cantar!”.
Versos coma estes poderían aplicarse tamén ós Reis Magos de Oriente, seguidores daquela estrela da que nos fala o evanxelista Mateo, que lles daba luz ós reis na súa busca da Verdade e do Ben. Unha busca que neles se ía facer concreta no encontro agarimoso con Xesús,  o Emmanuel, o “Deus connosco”. Levaban eles tamén “na fronte unha estrela”. Estrela que os guiaba co seu resplandor. A estrela de Rosalía era o seu amor a Galicia e ás xentes pobres e postergadas do seu país, do noso país. Os Reis Magos son tamén para nós un símbolo bendito de cantos, sexan humildes ou poderosos, se poñen en camiño para ofreceren os seus dons e o seu agarimo ós pobres e necesitados do mundo. 
Porque ben sabemos que é neles, nos pobres, onde se atopa Deus e onde quere que aprendamos a atopalo. Pois no Neno Xesús identifícase Deus cos pobres e humildes do mundo enteiro. É alí onde Deus quere ser servido, querido e agasallado. Non noutro lugar. Mirade con que forza o papa Francisco se refería non hai moito ó lugar central que deberían ocupar os pobres no seo da Igrexa: “Quero unha igrexa pobre para os pobres. Eles teñen moito que ensinarnos... É necesario que todos nos deixemos evanxelizar por eles. A nova evanxelización é un convite a recoñecer a forza salvadora das súas vidas e a poñelos no centro do camiño da Igrexa. Estamos chamados a descubrir a Cristo neles, a prestarlles a nosa voz nas súas causas, mais tamén a sermos amigos seus, a escoitalos, a interpretalos e a recoller a misteriosa sabedoría que Deus quere comunicarnos a través deles”.
Volvendo a vista ós Reis Magos, eles móstrannos no seu comportamento que é precisamente neste servizo ó próximo necesitado, representado na pobreza do Neno Xesús, onde se atopa a verdadeira grandeza de cantos dispoñen de bens e de riquezas. Eles son só verdadeiramente grandes e poderosos cando saben engrandecer e alegrar os que carecen de posibilidades para desenvolver con dignidade a súa vida.
Por outra parte, non pensemos que esta decisión, a dos Reis Magos ou tamén a nosa propia decisión persoal, foi ou é unha decisión puramente persoal. É sempre o Deus que dirixe a historia e os acontecementos todos, aínda que sexa desde o humilde lugar dun presebe, o que de moi diversas maneiras suscita en todos, como tamén nos Reis Magos, bos pensamentos e desexos. El é sempre quen atrae cara ó ben, cara ó humilde servizo dos pobres e necesitados do mundo.
Segundo os versos de Curros, Rosalía, impulsada pola estrela que levaba na fronte, levaba tamén “no bico un cantar”. O canto é expresión de fe nunha causa, a alegría dun modo de pensar, de actuar e de traballar que ensancha o espírito e lle dá vigor ó camiñar de quen lanza ó vento o seu canto. Sobre os Reis Magos dinos Mateo que, tralo seu encontro con Herodes, a estrela se lles volveu aparecer e que, ó ollala de novo, “sentiron unha grande alegría”. Tamén deles podemos dicir que levaban “no bico un cantar”.
Cos seus relatos de Nadal, os redactores destes acontecementos salvíficos sobre o Neno Xesús, están a ofrecernos, nunha linguaxe mitolóxica, unha mensaxe concreta que suscita e provoca alegría e esperanza. Temos aí diante un Deus salvador, un Deus Pai que se fai irmán de todos en Xesús. A fraternidade entre todos queda deste xeito instaurada no mundo como realidade ou como esperanzador proxecto e fermosa tarefa a realizar.
Este anuncio ou este destino da humanidade son todo o contrario do comportamento dun Herodes preocupado pola posibilidade de que o anunciado “rei dos xudeus” o vaia desbancar do seu posto real, da súa privilexiada posición de poder. Porque cando un fai depender a súa vida do seu poder, da súa forza e da súa violencia, entón verase inevitabelmente tentado a recorrer a toda clase de trampas e artimañas para se manter no seu posto fronte a calquera que o poida desbancar del.
O tempo de Nadal é un tempo forte que convida a nos converter a novas categorías. É, ademais, un tempo litúrxico que contén unha mensaxe dirixida non só ós cristiáns, senón á humanidade enteira. Porque o verdadeiro templo de Xesús é o mundo enteiro e non o limitado interior das nosas igrexas, nas que podemos contemplar as variadas  representacións do seu nacemento. Á fin e ó cabo, pagáns eran tamén os Reis Magos que camiñaron cara ó encontro do Neno Xesús para agasallalo cos seus regalos. Por iso, o xudeu Paulo, reconvertido en cristián, alude expresamente, na segunda Lectura,  e con grande abraio, o gran “misterio” de que tamén “os xentís son parceiros, membros do mesmo corpo e copartícipes da promesa en Cristo Xesús polo Evanxeo”.
Este Deus universal e concreto, aberto a todas e a cada unha das persoas, de calquera espazo cultural, de calquera país, de calquera relixión ou de calquera tempo histórico, é o que os seguidores de Xesús teñen ou temos que ofrecer con humildade, agradecemento e alegría a todos, se é que un pretende ser fiel ó seu Mestre. 
Día de Reis é tradicionalmente un día de regalos e ilusións para moitos, sobre todo para os máis pequenos. Deberiamos desexar que tódolos días da nosa curta ou longa vida sexan, nalgunha medida, “Día de Reis” para cantos se atopen nalgún momento das súas vidas con nós, converténdonos deste xeito en verdadeiros e esperados reis para tantos empobrecidos (de mil maneiras) como existen no mundo. 

* 6 xaneiro 2015

0 Comentários



Enviar uma resposta.

    Publicacións

    Outubro 2020
    Julho 2020
    Agosto 2019
    Janeiro 2019
    Fevereiro 2017
    Outubro 2016
    Setembro 2016
    Agosto 2016
    Julho 2016
    Junho 2016
    Maio 2016
    Abril 2016
    Setembro 2015
    Junho 2015
    Março 2015
    Janeiro 2015
    Dezembro 2014
    Novembro 2014
    Outubro 2014
    Setembro 2014
    Agosto 2014
    Julho 2014
    Junho 2014
    Abril 2014
    Fevereiro 2014
    Janeiro 2014
    Dezembro 2013
    Novembro 2013
    Agosto 2013

    Categorias

    Todos

    Feed RSS

    Outras referencias

    Entrevista en Noticieiro Galego

    Arquivos

    Recensión en "Encrucillada" sobre o libro do Pai Seixas
    File Size: 170 kb
    File Type: pdf
    Baixar o arquivo

    Lembranza de Francisco Sanmartin
    File Size: 255 kb
    File Type: pdf
    Baixar o arquivo

    Arturo Rivas Castro, un físico de Sabucedo cortexado e controlado polos intereses bélicos e económicos dos primeiros dirixentes franquistas
    File Size: 5801 kb
    File Type: pdf
    Baixar o arquivo

    Minidiccionario ou glosario da rapa das bestas de Sabucedo. Un vademecum
    File Size: 160 kb
    File Type: pdf
    Baixar o arquivo

    El Dios que da que pensar
    File Size: 24889 kb
    File Type: pdf
    Baixar o arquivo

    Boa Nova-Galicia Digital-Biblioteca Virtual
    File Size: 1957 kb
    File Type: pdf
    Baixar o arquivo