Un idealismo fascista con ánimo de lucro: o imposto "revolucionario"
Para entender o contexto no que o 31 de agosto de 1936 - ás 2:00 h.- se levan da súa casa ao escritor galego máis vendido do momento, Manuel García Barros, e para comprender como foron os feitos e de por qué finalmente salvou a vida, habería que situar este acontecemento no marco dun momento no que a falanxe da Estrada ven de formalizar a súa estrutura organizativa e financeira, con dúas xefaturas, a Consolación (Pelayo Bergueiro López) e A Estrada (Amable Durán Bergueiro), ostentando tamén un estradense a Xefatura da provincia de Pontevedra (Manuel Castro Pena).
Unha vez “paseados” ou encarcerados os cargos e dirixentes republicanos máis relevantes (que lograron capturar); se damos por certo o relato do crego de Quireza, José Rey Rivas, unha noite chegaron á súa casa Placido Castro Pena, Manuel López Costa (crego de Tabeirós), e o tristemente célebre Ramón Bao Lagares, para presentarlle o proxecto da conveniencia de “impoñer multas en vez de matar á xente”, xa que aínda que oficialmente desde Burgos se decretara a prohibición de visitar de noite as casa para pasear “desafectos”, isto seguía a facerse con total impunidade, facendo fincapé o crego da Consolación da mala imaxe que daba atopar “homes mortos na carreteira”. Segundo parece a orixe desta idea era pois “humanitaria” e restrinxida contra os simpatizantes republicanos.
Neste sentido proponse que se elabore un padrón dos posibles donantes entre os do “puño pechado” (sic) para reclamar sumas segundo as súas posibilidades. O problema é que había parroquias onde o crego non se prestaba a realizar dito censo e a recadación se facía de xeito discrecional, e sobre todo, unha vez montada a maquinaria de recolecta, esta adquiriu autonomía propia e máis que un medio de represión, acabou converténdose nun fin en si mesmo, o que se agravaba coa composición desta peculiar partida de cobradores de camisa azul, que eran recrutados entre delincuentes e aventureiros de dubidoso prestixio.
Así algún dos máis destacados como Ramón Bao Lagares, de Quireza, tiña antecedentes como provocador a soldo da dereita e fora detido por posesión dunha pistola con anterioridade ao golpe militar. Luís Rodríguez Gómez, chofer do devandito xefe provincial, fora detido o 11 de maio do 36 pola Garda Civil de Teis como autor dun roubo dunha batería de coche, e o 6 de abril xa o reclamaran por outros delitos semellantes. José Filloy Ensan, fora procesado con anterioridade por lesións, mais o que tiña sona de ser o máis sanguinario era Ricardo Menéndez Bustamante (o “Cubano”), quen era presentado polo seu Xefe Provincial en estes termos: “este ya se cargó a cuarenta y cinco tíos”, supoñemos que fixo esta “fazaña” despois do 18 de xullo, e desde logo, antes de febreiro do 37 cando foi eliminado en Vigo, posiblemente para selar o seu silencio. Tamén abundaban nas filas da falanxe “señoritos” estradenses de coñecida alerxia ao traballo, que atoparon agora un xeito doado de gañarse a vida.
Inicialmente o argumento co que se xustificaba este “imposto revolucionario” era para sufragar un suposto rescate de José Antonio Primo de Rivera que estaba detido na zona leal (o obxectivo segundo dicían era chegar ao millón e medio de pesetas daqueles tempos, que era a cifra que se fixaba que valería o seu xefe máximo), mais tarde redactouse un texto asinado polo Xeneral Cabanellas no que se dicía “Don Miguel Cabanellas, presidente de la Junta Nacional de Burgos, ordeno que los individuos que al margen se expresan, satisfarán las cantidades que se le marcan a cada uno de ellos”
Sobre a cantidade recadada hai que ter en conta que era diñeiro negro polo que só podemos facer unha estimación. O libro de contas de falanxe a finais do 36 reflectía só 23.723,45 pts., mais só nunha das 51 parroquias da Estrada, está comprobado que sacaron neste período 5.000 pts. e que posiblemente fose a media tendo en conta outros datos o que poderían dar un cuarto de millón, sen contar Cerdedo, Campo Lameiro, Forcarei, etc. que tamén estaban baixo estas xefaturas locais.
Pouco a pouco ampliouse o círculo na procura de máis cartos e xa empezan a ser frecuentados indianos ricos sen adscrición, e xa finalmente simpatizantes dereitistas e familias de militares, provocando finalmente un enfrontamento interno dentro da propia falanxe tantos polos obxectivos elixidos como polo reparto do botín, que sería aproveitado a nivel interno na loita polo poder, e a nivel externo para conseguir un respiro no medio de tanta arbitrariedade, caendo a primeira cúpula de falanxe ao cabo de seis meses.