A práctica da humillación
O que se buscaba coa represión era medidas exemplares para que os grupos sociais que durante a república colleran folgos e conquistaran un estatus de dignidade que nunca tiveran, recibiran un escarmento para que volveran a someterse e abaixar a cabeza diante dos dominantes. As mulleres, os obreiros, os pobos con cultura e lingua diferente da hexemónica, tiñan que recuar até situacións historicamente semellantes a Idade Media, coa súa Santa Inquisición, que servía para esconxurar calquera idea transgresora. Mais nese contexto a profesión de mestre esixía poñerse en primeira liña de fogo e obrigaba a posicionarse con todas as consecuencias dunha banda ou doutra. Moitos o fixeron co movemento obreiro como Cortés Fernández de San Miguel de Castro, que foi fusilado por comunista, cando era da CNT, outros optaron pola causa galega e outros polas das mulleres, e algún por todas, e outros por ningunha ou polas contrarias (lémbrese que o primeiro xefe provincial de Falanxe e os locais da Consolación e A Estrada eran tamén mestres).
As persoas que pola súa profesión de prestixio – como a de mestres - se puxeron ao servizo das causas populares, tamén tiveron que sufrir o desprestixio e degradación coa que se pretendían combater o ideario que encarnaban.
Así pois, a represión do galeguismo buscaba sobre todo a humillación desta doutrina para menoscabar a autoestima e orgullo de ser galegos que viñan de alcanzar coa república e coa campaña do Estatuto. Os seus líderes, en moitos casos intelectuais e persoas de notoriedade, eran escarnecidos publicamente para que a xente lle perdera o grande respecto que lles tiña. Tamén había outra colectividade social relegada e marxinada que coa República vai coller confianza en si mesma e nas súas posibilidades: As mulleres. Quen viñan de alcanzar o dereito a voto. En moitos casos ese proceso de recuperación da dignidade como grupo social coincidiron na mesma condición de galegas e de mulleres.
Así ás mulleres – que era un grupo moi activo e relevante no galeguismo estradense – sufriron a separación no caso das mestras (Dolores Sánchez Abad), ser levadas ao “cuartelillo” e algunha delas foi rapada a cero. O caso máis significativo foi o da militante galeguista Sarita Caramés, quen lonxe de ocultarse e avergoñarse do que lle fixeran, en vez de recluírse na casa, saíu a rúa e mesmo se arranxou para semellar máis fermosa –segundo contan as testemuñas – o que non evitou que seguira a ser acosada, mesmo a súa mestra optou por darlle clases particulares ás 6 ou 7 da mañá para axudarlle a rematar os estudios sen sufrir as vexacións coas que pretendían minar o seu ánimo. Mesmo lle fixo unha poesía que aínda lembra: “Te quiero porque eres buena / te admiro porque eres guapa / entre morenas y rubias / eres la flor y la nata”
Poesía que seguro lle axudou a soportar as afrontas coa súa xuventude.
Sarita Caramés era unha moza brillante e de conviccións feministas que a levaban a solidarizarse coas mulleres que estaban en situacións precarias. Mais tamén era moi fermosa e todos os “fillos de papá” da Estrada lle facían as beiras. Ela rexeitounos e nomeadamente aos falanxistas. O cal se comentaría popularmente que sería unha das motivacións da xenreira dalgún contra ela.
Para lograr esta humillación a imaxinación dos represores discorreu entrar os detidos na vila atados a cola dun cabalo, facer borrar coas mans e sosa cáustica as pintadas da recente campaña a prol do Estatuto, desfilar coa bandeira franquista cantando o “cara al sol”, o devandito rapado de pelo e sobre todo un aceite de rícino que era servido masivamente entre quen inutilmente pretendían preservar a dignidade. A situación na que quedaban era tal que algúns co tempo terán secuelas que lle levará a tomba, máis agora o que se perseguía e o abatemento moral. Un dos comensais máis sinalados deste menú falanxista foron o mestre Manuel García Barros e o seu fillo David, militante das mocidades galeguistas, aos que nos referiremos con máis adiante.
O caso emblemático da represión do galeguismo e de persoas prestixiosas foi o ignominioso trato ao profesor Don Antonio Fraguas. Obrigado tamén a borrar coas mans as pintadas do estatuto e desfilar abandeirado pola Estrada.
Despois disto Don Antonio, xuraría non regresar xamais a este concello, mais os seus alumnos non agardarían ao fin do franquismo para desagravialo pois sentían unha débeda con el que precisaban saldar e aproveitando o 25 aniversario do que fóra o “Instituto de Segunda Enseñanza”, que tan bo recordo traía na vila, trouxeron a Don Antonio á Estrada, logo de todo este tempo que evitaba mesmo o paso pola vila para ir de Santiago á súa casa en Cotobade, e tributáronlle unha homenaxe multitudinaria que dá conta do sentir de respecto e agradecemento da maioría dos estradenses con este intelectual de renome.