As incautacións: A institucionalización do roubo
O 18 de xullo significou un problema, máis tamén unha oportunidade. Un problema para aqueles que estaban comprometidos coa democracia republicana, mais sobre todo unha inmensa oportunidade para aqueles amigos do alleo que atopaban agora total impunidade para facerse con aquilo que gorentaban e non estaban dispostos a pasar o traballo necesario para poder pagalo.
As incautacións eran de todo tipo, desde os reloxos, que moitos atopan logo da súa requisa nos puños dos falanxistas, até vehículos, casas, empresas e terras. Quizais iso explique algúns paseos de condenados de antemán como o alcalde de Cuntis, Manuel Rodríguez – a quen tamén mataron o fillo – e que apareceu paseado por terras de Trasdeza, cando estaba baixo custodia da Garda Civil. Era moi coñecido na Estrada, por ser dunha parroquia limítrofe, polo que causou grande impresión a noticia de que o atoparan sen os dentes de ouro que o caracterizaban. A causa militar que tiña en curso (46/37) e que remataría seguro no seu fusilamento como o do resto dos alcaldes da comarca, tivo que ser sobresaída por defunción do acusado.
O ex-alcalde, Mario Blanco no seu traballo sobre o 18 de xullo na Estrada publicado en “A Estrada, miscelánea histórica e cultural”, lembra “como triste anécdota decir que el Sr. [Senén] Goldar tenía entonces una moto B.S.A. que entonces era el no va más. Pasearse en la moto fue la ilusión de los jefes falangistas de La Estrada”.
Fillos de perseguidos acordan como viñan en carros de vacas a levarlle as súas pertenzas da casa, algún só podo salvar unha foto dos seus pais como no caso de Coto Chan. Mais imos pararnos en dous casos emblemáticos. A carreteira da escopeta e a incautación das propiedades do empresario José María Pena. Dous sucesos independentes e a vez conectados.

A carreteira da pistola
Dá conta Carlos Fernández na súa obra sobre o 18 de xullo como Manuel Castro Pena tiña sido ferido e logo detido por enfrontarse aos manifestantes do 1º de maio do 36 ao seu paso pola Consolación. Estivo pouco máis dun mes na cadea con algúns dos seus irmáns e participou na reunión do 6 de xullo na prisión da Cañiza na que se falou dos preparativos do golpe e se lle nomea xefe da organización. Uns poucos días antes do “alzamento” bótase ao monte con 10 falanxistas. Cando os militares controlan o poder reaparece asumindo a xefatura provincial de Falanxe. Unha das primeiras decisións que toma é realizar unha estrada desde o Arnado até a súa casa en Parada. Esta pista será levado a cabo grazas ao traballo gratuíto dos veciños da zona mais sobre todo tamén pola apropiación sen autorización nin consentimento dos terreos dos por onde ía discorrendo a obra. A subvención do Concello e da Deputación para os materiais (dinamita e ferramentas). Como di Manuel, todos estaban conformes “excepto algunos rojos”, polo que foi preciso poñer a Ramón Bao de capataz para que apunta de escopeta acabara conseguindo tamén a aceptación de estes últimos. Unha vez en Parada, un amigo seu pediulle que xa postos seguira até Entrecastrelo, e así o fixo.
Un próspero empresario
José María Pena López, posuía a axencia FORD, un garaxe e stock de accesorios de automóbiles con surtidor de gasolina, concesión de CAMPSA e unha Fábrica de Gasosas, cervexa, sidra, lixivia e espumosos, ademais dunha fermosa casa. Como presidente do Frente Popular na manifestación do 1º de maio, logo do confronto cos Castro Pena, chamou ao Gobernador Civil para que interviñese, e así o fixo Gonzalo Acosta Pan, detendo aos castro pena. O 5 de xuño de 1937, xunto con 6 estradenses máis é fusilado en Pontevedra. As súas propiedades son requisadas.
Como legalizar os roubos?
A situación a que se chega é de tal inseguridade xurídica que o 9 de febreiro de 1939 Franco promulga a lei de Responsabilidades Políticas, para dar unha sanción legal a estas incautacións para que retroactivamente aqueles parentes dos expropiados non poidan reclamar as súas propiedades. Había unha disonancia entre o que se predicaba de defensa da sagrada propiedade privada fronte ao comunismo como xustificación da guerra, e o que se estaba a facer. Por iso interpretouse que aqueles que foran despoxados non foron vítimas dun vulgar roubo senón que era o pago polas consecuencias desastrosas que tivera propagar as súas ideas. Os fillos de José María Pena terían que preitear até que logo de pagar as sancións correspondentes por “responsabilidades políticas” conseguiron recuperar a casa, isto é, practicamente tiveron que volver a mercala.