Alfonso Ramiro Castro Dono e a creación cultural truncada
Xoán Carlos Garrido Couceiro
O franquismo freou a traxectoria literaria brillante de Alfonso Ramiro Castro Dono e Rafael Varela Pazo, ambos os dous mestres e militantes do Partido Galeguista que representaron A Estrada no enterro de Antón Vilar Ponte no 36. Rafael Varela fillo do industrial galeguista Xosé Varela, propietario da axencia FORD, que as veces facía de sede do PG, xa se destacara desde moi novo nas “Irmandades da Fala”, e agora despuntaba nas revistas literarias con poesías, máis tamén con textos de opinión nos xornais. El, en calidade de secretario da Comisión, foi un dos motores dunha iniciativa estradense que tería grande relevo no período republicano: erguerlle un monumento ao mariscal “Pardo de Cela” executado polos Reis Católicos. Conscientes de que non había ningún en todo o pais desde A Estrada lánzase o reto e é recollido por toda Galiza, máis tamén desde a emigración onde comezan a chegar donativos.
A idea foi lanzada polo mestre de Ribeira, Manuel González, militante do PG e na Comisión pro-monumento destacan o secretario do PG, Antonio Fraguas. Francisco Alonso Rey (PG), Manuel García Barros, Otero Abelleira (director de “El Emigrado”), Sánchez Brea (Director de “Vanguardia”), máis sobre todo o xuíz da Estrada, o poeta Fermín Bouza Brey, que pola súa profesión non militaba en ningún partido máis son evidentes as súas simpatías.
Fermín Bouza Brey, lembraría en 1970 - cando en calidade de membro da Academia Galega, promoveu a celebración do día das letras galegas dedicaba a Marcial Valladares – o seu “vivir estradense cun cárrego xudicial á costas, ca fertuna de percorrer istes campos, pousar nestas frondas ou cabalgar por estes rueiros do longo municipio da Estrada”. Chegou a esta vila en agosto de 1929. Como membro do Seminario de Estudos Galegos, implicou ao Concello Estradense como patrocinador desta institución e promoveu xunto con Fraguas a investigación arqueolóxica deste concello, visitando e catalogando os castros da comarca. Logo o Seminario de Estudos Galegos sería saqueado polos falanxistas e prohibido polo franquismo, e tentou a través do Instituto “Padre Sarmiento”, continuar esta labor, máis os seus folgos incansábeis tropezaban unha e outra vez cun réxime que quería negar calquera símbolo de identidade diferenciada da España “una, grande y libre”. Esmagando a diversidade lingüística e cultural, e xerarquizando e relegando ao refuxio folclórico as expresións da intelixencia popular que estaba a rexistrar o investigador e poeta neste concello.
Dos membros da Comisión pro-monumento citados, lembramos a os dous xornalistas máis sobresaíntes do momento, Sánchez Brea, que estaría acochado no monte moitos anos, e o galeguista Otero Abelleira, quen nos tempos das irmandades fora xa homenaxeado nas páxinas de “A Nosa Terra” por introducir nas súas aulas de Cereixo a materia de lingua galega. Director durante moitos anos do glorioso xornal “El Emigrado”, colleuno o 36 fóra da primeira liña, e xa que logo, confiado en que non actuarían contra el. Mesmo seguiu publicando no xornal – xa en mans falanxistas – traballos sobre técnicas de mellora da agricultura. Mais cando estaba a piques de rematar a guerra é detido coa escusa duns cromos que tiña na súa librería sobre os países do mundo, e que os referentes ao estado español aínda conservaban a bandeira lexítima. Como reza o xornal “El Compostelano” do 12 de xaneiro de 1939: “fué detenido el industrial José Otero Abelleira, de 46 años, porque en el escaparate de su establecimiento tenía una bandera tricolor grabada en una lámina de cartón”.
Finalmente os cartos do monumento ao mártir da causa galega empregáronse na campaña a prol do Estatuto, e logo do 36 habería tantos mártires a engadir a nómina que Pardo de Cela caeu no esquecemento en favor de Bóveda, Victor Casas, Anxel Casal, Camilo Díaz Baliño, Arturo Noguerol, e unha longa lista de militantes nacionalistas.
Un caso insólito e que dá conta da solidariedade familiar e comunal recibida polos represaliados é a do poeta de Guimarei Alfonso Ramiro Castro Dono, secretario do PG na Garda onde estaba destinado de mestre, estará acochado durante 12 anos. Nun dos lugares nos que se refuxiará será a casa de Ken Keirades. Alí deixará escrito un “Cara o Sol vermello” que circulará clandestinamente durante o franquismo sen saberse quen era o seu autor. Sería para ser cantado ao son da música do himno falanxista pero mudando a letra. O seu obxectivo era unha resposta á degradación a que eran sometidos ao obrigarlles a cantar unha e outra vez esta canción.
As casas familiares recibirían numerosas visitas de Garda Civís e falanxistas, máis nunca lograron atopalo, adoptando diversos disfraces e agachándose nos sitios máis inesperados. Sen posibilidades de gañarse a vida ao serlle prohibido exercer de mestre e procurador, resistiu até 1947 en que se entregou nunha das amnistías coas que o réxime de Franco quería rehabilitarse diante da opinión pública internacional que lle era hostil. Recuperaría a súa praza de mestre en 1951, e levaría unha vida de renuncia da súa vocación literaria, queimando toda a súa obra, e limitándose a exercer a docencia. Mais aínda sería detido outras veces - sospeitoso habitual - como cando un asasinato en Terra de Montes, e que só o feito de que algún parente seu – viaxante – pasara por alí naqueles días, foi motivo suficiente para que pensaran que el tería algo que ver no asunto.