Ouzande
Clara Iglesias Cortizo
- OUZANDE: probabelmente o nome orixinal da parroquia sería *Ousande, conservando o fonema s orixinal do galego, antes da introdución do z, fenómeno que aconteceu por volta do século XVI. Trátase dun topónimo de posesor, derivado do antropónimo xermánico Ausendus. De aquí formaríase o sintagma VILLAM AUSENDI, “granxa, explotación agrícola de Ausendus”. O topónimo Ousende aparece en repetidas ocasións na toponimia galega e tería a mesma orixe que o noso Ouzande.
- ALEMPARTE: topónimo formado por alén, do latín AD ILLINC, “ao outro lado de” e parte, do latín PARTEM, en alusión á situación da aldea, que se atopa da outra parte do río Pinguela, se vimos da vila da Estrada.
- O CASTRO: do latín CASTRUM, “campamento militar fortificado”. A palabra castro úsase para designar os poboados da época prerromana e romana. É un topónimo moi abundante no noso país e tamén aparece con moita frecuencia como apelido. Parece lóxico pensar que este nome indica que existiu no lugar un destes asentamentos.
- O FORMIGUEIRO: é un nome que pertence ao léxico común. Fórmase sobre o substantivo formiga, do latín FORMICAM + o sufixo locativo –eiro, é dicir, “lugar onde se crían e viven as formigas”. É de supoñer que o topónimo procederá da existencia naquel lugar dun formigueiro, que acabou por darlle nome.
- PENARADA: é un topónimo formado por dous elementos, o substantivo pena acompañado do adxectivo arada. En canto a pena, é un nome que aparece con moitísima frecuencia na toponimia; o máis probábel é que proveña do latín PINNAM, “amea” ou “pluma”. O cambio de significado para o galego, “rocha, pedra grande” parece que deriva da semellanza entre as rochas que coroan o alto dalgúns montes coas ameas dunha fortaleza. Hai autores que discuten esta etimoloxía e fan derivar o galego pena da raíz céltica penn- ou pinn-, “rocha, outeiro”. Na toponimia adoita ter o valor de “outeiro, elevación do terreo”. En canto ao segundo elemento, arada, o máis probábel é que se trate dun fitotopónimo, a partir do étimo HEDERATAM, derivado de HEDERAM, caracterizador do lugar como “abondoso en hedras”.
- O REDONDO: trátase dun topónimo orográfico, que alude á configuración redonda do terreo. Deriva do latín ROTUNDUM, “redondo, perfecto, ben acabado”.
Ouzande (San Lourenzo)
Manuel Reimóndez Portela
Este mesmo é o nome polo que se coñece a parroquia dende os máis antigos tempos, e pasou a depender da Estrada no ano 1869, constituíndose en filial desta. Chamábanlle "Douciente" polos anos 1462. Pertence á zona chamada de Tabeirós, coas demais parroquias de Nigoi, Parada, Tabeirós, A Estrada, Guimarei, A Somoza, Callobre, Lagartóns, Cereixo e Vinseiro.
Segundo nos conta Luna Sanmartín: "Ouzande chamábase antigamente "Ausande”. Do ano 1362 é un escrito polo que dona Aldonza Femández Churruchao lle doa ao mosteiro de Aciveiro "toda cuanta herdade et chantado eu ey nena freigesia de San Lourengo Douciente, a cual herdade chaman dorrego". Máis tarde, ao redor de 1574, aparece como vila de Ausinda. Xa no século XVII identifícase Ouzande con San Lorengo de Beande.
LINDES: linda esta parroquia coa da Estrada ao norte, polo sur coa da Somoza, polo leste con Guimarei, e polo oeste con Arcos de Furcos (Cuntis) e parte da Somoza.
Polo que atinxe ao nome por orde alfabética correspóndelle o número 32.
En canto ao que respecta á súa superficie está no posto número 38 con 360 hectáreas. Ten 560 habitantes de feito. Actualmente ten 404 habitantes.
Os lugares que hoxe compoñen a parroquia son os seguintes:
A crise poboacional desta parroquia está estudada por X. A. Fernández Castro en "A crise e mortalidade de 1769 en Ouzande” (Misc. hca. e cult. nº 5).
COMUNICACIÓNS: encontrándose a parroquia formando parte da Estrada polo mediodía, percórrena pistas que unen todos os lugares dándolle saída á Estrada a Codeseda polo leste, da que sae no remate da vila outra en dirección norte-sur percorrendo o medio de Ouzande cara a Somoza (hoxe chamado o paseo de Manuel Castiñeira).
O chamado Camiño de Ouzande é moi coñecido e antigo, viña do sur e seguía pola vila, pola rúa de Álvarez Insúa (rúa do "Sanatorio") para encontrarse cos demais camiños ou vereas que se cruzaban na mesma Estrada. En Ouzande pasaba polo lado de abaixo da igrexa e polo lugar do Castro, ata a hoxe denominada rúa F. Bouza Brey.
HIDROGRAFÍA: só ten regatos sendo o máis importante o chamado da Fervenza, aínda que hoxe non ten ningún cachón ou caída de auga, nace no regato das Rans, pasa pola Cabianca, cruzando a parroquia de poñente a nacente ata a ponte do Zarabeto entre esta parroquia e a de Guimarei camiño do Liñares.
FONTES: ten a parroquia a fonte de Cabada, a de Redondo (que é un manancial), a do Picoto nos lugares do mesmo nome, a do Río en Alemparte, a de Porto da Bouza no fondo da Devesa, a do rego das Rans e a fonte de San Lourenzo; nesta fonte levaban o santo os veciños e lavábanlle os pés de paso que lle pregaban que chovese, cando escaseaba a auga, facendo rogativas.
PONTES: só se encontra a ponte do Prado ao norte de Alemparte.
OROGRAFÍA: trátase dun terreo inclinado de oeste ao leste, dende o monte da Cruz cara á terra máis chá de Guimarei.
CASTROS
Castro de Ouzande: este castro encóntrase no lugar do Castro pola banda do oeste. As casas e os labores nas leiras dos veciños invadírono. Está moi desfigurado.
Polo que pode verse o curuto ten forma ovalada e nel hai árbores e os depósitos de auga das casas dos veciños dese lugar.
Recolleu Arca Caldas. "Dicía meu avó que aquí era o castro dos mouros ...xogabamos no castro, encontrabamos cacharriños pequenos e cachos de olas, que para nós non tiñan ningunha importancia".
"Seica, hai anos, viñera un profesor do Instituto da Estrada cos rapaces e atoparon restos de cacharros e cachos de tellas."
PAISAXE: fermosa é a paisaxe desde Penarada, O Castro e por suposto desde o mesmo adro da igrexa coas terras cara ao leste cerrada polo alto da Rocha.
HÓRREOS: algúns hórreos de pedra son verdadeiramente antigos, entre eles o do cura (antiga casa onde viviu o cura da parroquia, e hoxe Casa de Camba, cun vistoso pombal) e o da importante casa do Cereiro.
PEDRAS: entre as pedras moi fermosas e importantes por certo, Ouzande ofrécenos dous cruceiros:
1 Situación: no adro da igrexa da parroquia de Ouzande.
Descrición: plataforma con cinco chanzos cadrados. Pedestal:
cúbico con dúas "gorxas". Columnas: octogonal, moi delgada, con dúas imaxes no anverso: San Lourenzo no lado superior e San Bartolomeu no lado inferior. Capitel: moi pequeno, con volutas. Cruz: latina de sección cadrada, con bordes rombos. Anverso, Cristo crucificado coa testa virada á dereita; reverso, Nosa Señora das Angustias. Altura: uns cinco metros.
Inscrición: ilexible no pedestal.
Conservación: moi boa, recentemente restaurado, cando o foi a igrexa desta parroquia, un dos mellores exemplos que nos quedan do románico.
Tradición: a propia dos cruceiros nos adros.
Propiedade: pública.
Neste cruceiro a carón da igrexa, feito por Bartolomé Gómez de Pardiñas, o primeiro que viviu na parroquial como tal, foi ademais encargado a un canteiro de San Martiño de Sabrán (Vilaxoán).
2 Situación: parroquia de Ouzande, no torreiro e actual campo de fútbol, detrás da igrexa.
Descrición: plataforma con tres chanzos cadrados cunha mesa na fronte. Pedestal: de sección cadrada rematando estreito. Columna: octogonal, comeza e remata cadrada. Capitel: de sección cadrada cun querubín no anverso e no reverso. Cruz: latina, redonda, lisa. Anverso, fáltalle a imaxe, que tivera no seu tempo; reverso, Inmaculada. Altura: uns cinco metros.
Inscricións: "Propiedad de Manuel Rodríguez su mujer e hijo... D. Manuel 1892."
Conservación: mala.
Tradición: lémbrase de sempre no lugar.
Propiedade: pública.
Manuel Rodríguez era o célebre cereiro de Ouzande do que xa falamos, pois este co seu fillo convenceron ao curapara que trasladase o cruceiro que hoxe está no adro e o sacasen de detrás da igrexa e que alí levantarían eles outro como así fixeron, por iso leva os seus nomes e a data.
LENDAS: non atopamos veciños que soubesen de lendas asignadas a sitios concretos da parroquia aínda que falan de aparecidos da Santa Compaña e máis dun veciño marrulleiro moi coñecido que de noite moi tarde ía tornar a auga ás herbeiras botándoa para as súas quitándollelaa así aos veciños; pola mañá ben cediño "volvía as noces ao cesto"... os veciños decatáronse e propuxéronse esperalo todos xuntos de noite, mais como el soubo saía cuberto cunha saba e facíaos fuxir a todos, que decidiron non xogar coa espantonia.
Á fonte do San Lourenzo, patrón da parroquia, levaban os veciños a imaxe do santo cando non chovía, polo camiño íanlle pregando con oracións para que lles mandase auga, para o cal lle lavaban os pés na auga da fonte.

HISTORIA: segundo en 1607 Jerónimo del Hoyo: "falando de freguesía de San Lourenzo de Beande, que é a mesma de Ouzande: "Tiene esta feligresía de San Lorenzo veintidós feligreses. Los fructos se hacen tres partes, las dos y un desmero y el iglesario lleva la cura y la tercera las monjas del monasterio de Belvís. Vale la parte de retor veintidos cargas de pan, presentación de legos y no tiene los patronazgos derechuras, sino dos oblatas el dia de la abocación. La fábrica tiene de renta tres ferrados de centeno y ferrado y medio de trigo".
Catastro de Ensenada: pódese encontrar os importantes datos deste catastro referentes a Ouzande no capítulo dedicado a el, onde fala do couto do Viso ao que pertencía esta freguesía.
Tamén nos dixo Pascual Madoz: anos 1846-50: "Ouzande (San Lorenzo), feligresía de la provincia de Pontevedra (6 leg.), partido judicial de Tabeirós, diócesis de Santiago (4) ayuntamiento de La Estrada, situada, en la caída de una colina llamada vulgarmente de la Cruz con agradables vistas... El clima es algo frío y muy sano los vientos más frecuentes los del N. y E. Tiene 53 casas repartidas en los lugares de: Alemparte, Aldea de Abajo, Bedelle, Castro, Cachopas, Penerada, Redondo y en parte de la aldea de La Estrada capital del partido judicial y ayuntamiento. Hallándose en términos de esta parroquia la cual es una de las tres en que digimos está dividida dicha capital; la casa del ayuntamiento y la cárcel construída en 1841. Hay escuela de primeras letras frecuentada por cuarenta niños de ambos sexos cuyo maestro tiene 180 reales de sueldo real pagados por el fondo de propios. La iglesia parroquial (San Lorenzo) está servida por un cura de entrada y patronato lego. También hay una ermita dedicada a Nuestra Señora de la Peregrina construída en el mismo año de 1841 en la aldea de La Estrada.
Confina el término: N. Figueroa, E. Guimarey, S. Somoza y O. Arcos de Furcos. El terreno es gredoso, de buena calidad y regado por tres arroyos que bajan del monte que hay al O. Atraviesan por esta parroquia dos caminos: uno que desde Cuntis va a Pontevedra y otro de Cerdedo a Santiago. El correo se recibe en La Estrada tres veces a la semana procedente de dicha ciudad de Santiago. Produce maíz, centeno, patatas, nabos y lino, se cría ganado vacuno, lanar, de cerda y alguno mular y hay caza de liebres, conejos y perdices. Industria: La agrícola, 2 molinos harineros, y tejidos de lana, consistiendo el comercio en la introducción de este género de Ginzo de Limia y explotación de maíz para Padrón y Caldas. Población 53 vecinos y 210 almas."
Nomenclátor do Arcebispado de Santiago: Non trae datos desta parroquia.
No censo de 1924 tiña 413 habitantes.
Dinos Alvarez-Limeses Blázquez (1936):
"Ouzande (San Lorenzo). Dista 41 kilómetros de Pontevedra y uno de La Estrada y limita: al N. con esta parroquia, al S. con Somoza, al E. con Guimarey y al O. con Arcos de Furcos de Cuntis.
Entidades: Alemparte con 222 habitantes, Cachopas 24, Castro 27, Penerada 31, Redondo 93 y en diseminado 34. Que hacen un total de 431 habitantes para los que hay una escuela mixta desempeñada por maestra. La atraviesan las carreteras de Chapa a Carril y la de Vilapouca a Puente Vea. El terreno es de buena calidad.
La distancia a que está de la villa de La Estrada, un kilómetro, hace que pueda considerársele como formando parte de ésta y en efecto cuando La Estrada obtuvo el título de villa entraron a formar parte de ella 21 edificios de esta parroquia. La antigua casa consistorial estaba incluida en su territorio."
IGREXA: trátase dunha igrexa que conserva fermosas mostras da súa orixe románica, aínda que coma todas as do concello foi moi modificada en parte, p. ex. en 1781 segundo unha inscrición que ten encima da porta lateral como nos di Hipólito de Sá, a quen seguiremos nesta descrición.... "modificándose también la fachada con lo que desapareció la portada románica y la traza inicial de esta parte de la iglesia... Encima del dintel hay una inscrición relacionada con estas obras realizadas en la iglesia. El ábside es semicircular y está unido a la nave por una porción rectangular limitada por el arco triunfal y otro arco interior que señala el arranque del tramo circular. Los arcos son de medio punto algo peraltados y con ligero cierre de herradura directriz que también tiene la bóveda de cañón que cubre la parte recta del ábside. En el tambor semicircular bóveda de cascarón o cuarto de esfera. Sirven de apoyo a los arcos dos pares de columnas adosadas con capiteles de extraordinaria factura... con adornos florales, o entrelazos coronados, animales en actitud agresiva o escenas de caza. El arco triunfal es recio y de arista, está rodeado de doble archivolta, interior tórica y otra exterior de billetes... Exteriormente queda de la obra románica el ábside semicircular con la espléndida y variada colección de canecillos... figuras humanas, cabeza de animales y caprichosa ornamentación geométrica... En el testero de la nave que destaca sobre el ábside otra ventana en saetera y encima como antefija un Agnus Dei con una cruz de ocho puntas sobre el lomo. La fachada actual carece de mérito".
OUZANDE ROMÁNICA
Tamén no inventario de Ángel del Castillo p. 399 recolle... "Restos de una interesante iglesia románica de mediados del siglo XII."
Colocóuselle unha imaxe da Virxe do Carme segundo Colmenero p. 364.
Sábese que sobre da porta do cemiterio se lía gravado nunha pedra: "Como me ves te verás en breve" R.I.P. 1848". Hoxe non se encontra alí.
Inscrición campás: grande: JESUS MARIA Y JOSE AÑO DE 1903 FUNDIDA POR J. LISTE E ORAZO. Mediana: JESUS MARIA Y JOSE AÑO 1902 FUNDIDA POR J. LISTE EN ORAZO. Pequena: moi alta non se lle chega.
Sobre esta interesante mostra do románico dinos Luna Sanmartín:
"Observando a fachada principal, de orientación occidental, apréciase o perfil dun arco de medio punto peraltado e cegado. Este arco, que facía o labor de descarga, é o único testemuño que nos queda da primitiva fachada románica que desapareceu tras a reedificación de parte da nave que tivo lugar, como se pode constatar nunha inscrición sita no lintel da porta lateral setentrional, no ano 1781.
A fachada presenta unha porta rectangular arquitrabada e unha fiestra na parte central superior. O conxunto está coroado por un campanario de dobre corpo, onde tres arcos de medio punto, dous no de abaixo e un no de enriba, resgardan as tres campás. Aderezan as acróteras dos dous corpos uns pináculos barrocos. Unha cruz de ferro con veleta, símbolo característico dos nosos templos, levántase na parte central do corpo superior. Esta fachada lémbranos a de San Miguel de Moreira.
No muro meridional da nave salvou da desfeita da restauración, un fragmento do aleiro decorado no chafrán con bólas.
Castelao gustaba de chamarlle ás cruces que se erguen no cumio das igrexas, as cruces antefixas, as fillas ou netas, pola súa feitura, das irlandesas e escocesas, cruces cumiais. Un carneiro portador dunha cruz está no piñón do muro do testeiro da nave de San Lourenzo. O tema do Agnus Dei, tan representado na miniatura mozárabe, está moi difundido no noso románico. O Agnus Dei, o Año de Deus ou Año Pascual, Xesucristo, aparece degolado porque foi inmolado e á vez en pé porque foi resucitado. Cristo é comparado constantemente ao longo da Biblia cun año, animal frecuentemente empregado nas ofrendas a lavéh, é símbolo de bondade e de mansedume. Cristo como fillo de Deus acata con docilidade os mandatos do Pai, que lle ordena morrer para "quitar os pecados do mundo".
A característica do Agnus Dei, de Ouzande, está na tipoloxía da cruz. Estamos diante dunha cruz de palmas ou de oito puntas, de tradición hispánica, utilizada polos hispanovisigodos é unha cruz que pertence ao grupo das patadas e é característica de Asturias.
Lembrámonos dos versos do poeta pontevedrés, Luis Amando Carballo, que nos invitan a contemplar unha posta de sol sobre as cruces das nosas igrexas:
E o sol agoniante
vén a encravarse na cruz,
abrindo os marelos brazos
como o Salvador Xesús.
O máis salientable da arte románica que posúe San Lourenzo é a súa ábsida semicircular; orientada ao leste, seguindo a ortodoxia das igrexas católicas, apreciamos dende o exterior que está apoiada sobre tres bancos, estando o inferior paralmente soterrado.
A ábsida de San Lourenzo -a diferenza das outras tres igrexas de ábsida semicircular da comarca non ten nin columnas acaroadas ao tambor nin contrafortes na porción rectangular. Estas ausencias non constitúen un elemento orixinal diferenciador xa que desapareceron, seguramente, por mor duna construción e reparación.
Enriba da seteira, escorado un pouco á esquerda, distinguimos o escudo do marqués de Santa Cruz que tivo, durante moito tempo, a prebenda de presentar crego (as presentacións rematan coa chegada do Concilio Vaticano II).
Sen dúbida, o máis interesante da ábsida é o seu aleiro con chafrán enfeitado con bólas, sostido por unha magnífica e variada colección de canzorriños moi choqueiros: cabezas de animais e diversos personaxes que se atopan tocando a viola, en posición invertida, coas mans nos xeonllos, suxeitando un falo, ofrecendo os seus xenitais; completan a colección canzorros con motivos vexetais e un de proa."
Nos primeiros anos do século pasado o mozo Castelao ía de paseo coa que posteriormente sería a súa muller, Virxinia Pereira, dende A Estrada ata Ouzande. Gustáballe moito a igrexa e o cruceiro, feito que estudou José Manuel Castaño García no artigo "A Estrada na obra gráfica de Castelao" (Miscelánea hca e cultural n1)."
As reformas nesta igrexa comezaron xa no ano 1787, e continuaron en 1971 cando se recintou a pedra da ábsida e a sancristía (do século XVIII), e no ano 1972 fixéronse as escaleiras de pedra do adro, ademais duna cámara de aire nas paredes en 1974, así como unha tribuna totalmente nova en 199S. Na actualidade, aínda están en restauración os mobles da sancristía, do século XVIII.
O cemiterio parroquial foi aumentado grazas a un terreo de masa común, derivado da concentración parcelaria.
Chaman a atención tamén dous farois moi fermosos que están construídos no adro da igrexa, coas pedras dos muíños e as columnas dos alpendres de Codeseda.
PAZO DE OUZANDE: non existe na actualidade aínda que se sabe del por algún documento correspondente á Casa de Figueroa de Arriba na Estrada, segundo Juan Bermúdez de Castro.
Hoxe óllase un pequeno resto de parede sen sinais da súa nobreza.
Pola banda de abaixo destas ruínas pasaba o chamado "camiño de Ouzande", que aínda hoxe aparece estreitiño entre casas.
FESTAS: a festa do santo patrón San Lourenzo celebrábase o día 10 de agosto e cambiárona para o segundo Domingo do mesmo mes, celebrando tamén festa o sábado anterior. Actualmente a Asoc. A Fervenza e a Xunta Parroquial organizan o festival de música tradicional "Músicas da Terra" o venres anterior ao San Lourenzo.
Tamén o segundo domingo de setembro celebran a festa do Socorro. Non teñen máis festas; antigamente foi moi importante a festa do San Roque, que din que entre todos coma irmáns consumían 3 vacas, 5 carneiros, media ducia de polos e galiñas, 16 ferrados de trigo, todo ben regado con 7 canadas de viño.
INDUSTRIA: ten a parroquia unha industria de traballado do mármore, outra tamén de transformación do aluminio e un ferreiro, unha peixería, unha de construción, unha industria da pedra, unha fontanería e unha carpintería metálica.
Dispoñen dunha importante taberna e comercio de comestibles fronte á igrexa. E réstanlle aínda moitos muíños que foron moi importantes. Nos muíños do regato da Fervenza, fronte a Alemparte e Redondo moían case que todos os veciños, e son o do Rubio, o do Salgueiro, o da Arqueta, o Vello, o de arriba e o da Freixa.
Como algúns veciños tiñan que ir moer moi lonxe (ao Mollarabo) construíuse o do Recosto na costa do Prado, entre sete veciños que decidiron dar entrada a un máis para que así sendo oito non lles tocase de moer sempre o mesmo día da semana.
CENTROS CULTURAIS: debaixo do palco teñen un local que é utilizado para a celebración de xuntas e outras actividades.
ASOCIACIÓNS CULTURAIS: na parroquia xa existe dende hai tempo unha certa tradición participativa e democrática que se materializa na xunta parroquial, que é escollida polos veciños e veciñas. Neste contexto, no verán de 2001 nace a "Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande", que debe o seu nome á fervenza que baixa polo medio da aldea e que constitúe un contomo paisaxístico e arquitectónico (6 muíños e un pozo), no que se está a traballar na súa recuperación.
A Fervenza de Ouzande recolle como obxectivos nos seus estatutos:
1. Organizar actividades culturais na parroquia
2. Recuperar o patrimonio cultural da parroquia
3. Recuperar e conservar o patrimonio arquitectónico da parroquia
4. Dinamizar o tempo libre dos rapaces e rapazas
5. Dinamizar o tempo libre das persoas maiores da parroquia
6. Promover a cultura galega e o idioma galego
7. Desenvolver actividades de todo tipo encamiñadas a cubrir as necesidades das persoas asociadas e da comunidade en xeral.
8. Desenvolver actividades dirixidas a achegar recursos para cumprir cos fins fundacionais
9. Fomentar e mellorar as relacións entre as persoas da comunidade parroquial
Na actualidade a Asociación conta cun total de 230 socios e socias, organiza actividades relacionadas co ciclo das festas anuais: magosto, noite do lumeiro, Entroido, cantos de Reis; outras tamén, como a festa anual da sociedade, concertos, presentacións de libros, foliadas, o Festival Músicas da Terra, en colaboración coa Xunta Parroquial; actividades continuas: cursos de pandeireta, gaita e baile tradicional, agricultura biolóxica, hábitos de saúde, rutas a pé, etc. Así mesmo, promove a publicación de "Carreiros", que vai polo cuarto número. Traballa tamén na recuperación do contomo natural e arquitectónico da Fervenza e os seus muíños, e está a levar adiante a catalogación dos bens patrimoniais da parroquia. A participación dos socios e socias e dos veciños e veciñas en xeral constitúe un dos valores máis importantes da asociación.
O ENSINO: pódese practicar o deporte da caza menor nos montes cara ao Alto da Cruz e por Penarada, ademais de cara aos da Somoza.
En canto á SANIDADE teñen os servizos da medicina na mesma vila que lles queda moi preto.
Polo que atinxe á ECONOMÍA, vivenda, luz e forma de vida é das mellores e semellante á das demais parroquias que rodean a mesma vila da Estrada, onde traballan moitos veciños, aínda que a agricultura segue sendo unha principal forma económica de vivir. Teñen iluminación pública, teléfonos, etc.
PERSOEIROS: lémbranse todos do célebre cereiro cun taller moi importante do que aínda hoxe se ve un cuberto cos secadoiros; xa nos dicía Pedro Varela que se chamaba "D.Ángel Rodríguez, o Cereiro de Ouzande, famoso en toda la comarca por su hombría, influencia y buena posición, que al fallecer hace unos 23 años (polo 1900) dejó un hueco difícil de llenar entre los prototipos fornidos y de valor, ensalce de la raza galaica". Del aínda di algún veciño que certo día montou a cabalo para Santiago coa finalidade de trae o título de Perito dun fillo seu... e veu dicindo que só levara 100 pesos, que se chegara a levar 100 máis tamén lle traía título ao cabalo.
...xa sabemos que isto non se dicía só do cereiro de Ouzande... pero sempre se aplicou a persoas que sobresaísen, aínda que fose polas súas argalladas.
Persoeiro egrexio desta parroquia, coidamos que nado nela onda a mesma vila da Estrada foi Waldo Álvarez Insua, que naceu en xuño de 1858 e morreu en Madrid o día 10 de agosto de 1938, fixo Bacharelato en Santiago e estudou algo de leis, sendo alí compañeiro de Alfredo Brañas, escribiu os primeiros versos na Revista Galaica e mais no Heraldo Gallego de Lamas Carbajal, debido aos seus artigos emigrou a Cuba en 1877 e das súas andainas na llla fainos un bo estudo Xosé Neira Vilas na "Gran Enciclopedia Gallega", que nos di que na Universidade da Habana rematou a carreira de Dereito e fundou "El Eco de Galicia" "una de las primeras publicaciones periodísticas gallegas en América", interrumpiuse a súa publicación en 1881 para reaparecer ao ano seguinte ata o 29 de decembro de 1900, que deixou de publicarse. "En sus páginas fustigó, la injusticia, las arbitrariedades como cuando lanzó la memorable campaña contra el "Círculo de hacendados de la Habana que pretendía llevar a Cuba emigrantes gallegos en condiciones inhumanas, muy parecidas a la esclavitud". Débese tamén a el a iniciativa da fundación de "El Centro Gallego de La Habana", sendo o seu primeiro "socio de mérito" e secretario da Sociedade de Beneficencia de Naturales de Galicia "la institución gallega más antigua de América fundada en 1871 y a la que Rosalía dedicó en 1880 Follas Novas". Fundou o xornal La Aurora de Yumurí, en Matanzas y la Sociedad Gallega de Beneficencia en la villa de remedios.
"Viaja repetidas veces a Galicia con su familia. Preside los juegos Florales de La Coruña en 1891 así como la Liga Gallega de la misma ciudad en 1898... nombrado vicepresidente de la sección de Economía Política en el Congreso Hispano Americano celebrado en Madrid en 1900 bajo la presidencia de Canalejas." En 1900 pasou a vivir a Madrid onde fundou o Centro Gallego, sendo o seu primeiro secretario. Traballou arreo coma periodista e avogado, promoveu unha suscrición ao prol de Rosalía de Castro, enferma e pouco axudada economicamente. A súa obra literaria é moi ampla: Colaborou con "La Razón" na Habana e en Madrid con "El Literal" e "El País" así como co "Diario Español" en Buenos Aires, "La llustración Gallega y Asturiana", "La Esfera" e "Blanco y Negro"... escibiu libros: "Aires da miña terra Galicia Contemporánea", "Páginas de Viaje", "Ecos de mi Patria", "La Emigración", e outras moitas.
Ten publicado sobre este persoeiro X. C. Garrido en Contarretranca nº 10. Unha moi boa biografía e selección da súa obra está en "Waldo Álvarez ínsua, estradense, escritor, emigrante" (1997), e publicado por Fillos e Amigos da Estrada, da autoria de O. Arca Caldas.
Constituído o Concello da Estrada en 1840, nomea alcalde a Manuel Otero, foi o segundo D. Manuel Dopazo de Ouzande.
"El entonces cura de Ouzande D. Juan Manuel Fontela escribió unos sentidos versos que fueron grabados en la piedra de los laterales de un monumento dedicado a la Constitución que se levantó en la incipiente villa (en la plaza entonces llamada de Ramiro Ciorraga). Los versos decían:
El cuerpo municipal fija este punto en su historia para perpetua memoria del siete de abril fatal A un porvenir venturoso consagra este lateral digno es pueblo tan leal de paz justicia y reposo. Aludiendo con ello a los liberales Fernando Lorenzo, Eduardo Otero y Gonzalo Arén, fusilados en A Estrada por los carlistas el día siete de abril de 1836."
Antonio Álvarez Insua (1858), irmán do anterior, avogado e férreo impulsor das sociedades galegas na Habana. Foi tamén un convencido defensor dunha Cuba española no momento da independencia da illa. Sobre el ten un interesante artigo Olimpio Arca Caldas "Antonio Álvarez Insua defensor dunha Cuba Española" (Miscelánea hca. e cultural nº 6).
O crego Xoán Manuel Fontenla García, último párroco de Ouzande e home de especial peso na parroquia polos seus feitos e escritos. Sobre el escribiu Manuel Castiñeira "D. Xoán Manuel Fontenla García, último párroco de Ouzande, Ouzande" (Miscelánea hca. e cultural nº 6)
Outro persoeiro desta parroquia tamén se considera a Manuel Castiñeira Rodríguez, párroco da Estrada e Ouzande durante máis de 30 anos, persoa especialmente vinculada coa parroquia e a quen os seus veciños tomaron a iniciativa de lle poñer o seu nome á rúa que os une coa vila.
Manuel Pereira Valcárcel (...) mestre e poeta, reside en Madrid aínda que é fillo e habitual desta parroquia. Ten publicados os poemarios "Poemas de cinza" "Todo morte" e artigos como "O próximo vivido" (Misc. hca. e cult. nº 4) e "Fernando Porto na distancia" (Tab. Terra IX).
Xabier Camba Sanmatín, (1968) filólogo, mestre e escritor, dinamizador socio-cultural da parroquia. Ten publicada obra de tema pedagóxico.
TOPONIMIA MENOR: sobresaen Penarada, O Castro, O Formigueiro, A Devesa, a Moroza (conxunto de pedras pequenas, soltas, en terreo labradío), a Fervenza (debeuna haber noutros tempos) e Caldeciñas xa que alí era onde botaban os porrais case que todos os veciños da parroquia; anaquiños moi pequenos de bo terreo e con auga para regar a porralada, cebolas, leituga...) e a fonte de San Lourenzo, historia de santo patrón.
PLANTÍOS REAIS: dinos no Catastro de Ensenada: "La Dehesa real hace de cavida 40 ferrados y medio, confina L. Cerrada de Fonte Cavada P.N. y M. monte de dicha feligresía.
Vivero de dicha Dehesa Real se halla inmediato a la dicha situación circundado sobre sí en dicho monte y hace de cavida un ferrado y ocho quartillos y dos tercios."
TELEFONÍA: por cable.
RURALCENTRO: está situado no local social do campo da festa (O Redondo) e dalles acceso a Intemet de xeito libre e gratuíto a veciños e veciñas. Pertence á rede de centros de "aestradadixital".
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.

Pedro Varela
Á caída dun outeiro do Monte da Cruz está a parroquia de Ouzande, que consta de 70 cabezas de familia e 378 habitantes.
Antigamente chamábase Auzande, e talvez se deba a diferenza a que os galegos fixeron do au latino, ou.
Parece que en latín bárbaro, Ouzande ou Auzande significaba “alá, andando até máis adiante”.
Lugares: Alemparte, O Formigueiro, Topete, O Redondo, Aldea de Abaixo, Picoto, O Castro, Penarada e As Cachopas.
Alemparte componse de alén e de parte, equivalendo o composto a “máis alá”, “do outro lado”, “desa parte”. Do significado do Formigueiro, O Redondo, Aldea de Abaixo e O Castro, non cómpre ocuparse. Topete é dimidutivo de tope, que significa “sobresaínte”, “superior” ou “elevado” e precisamente nunha elevación está o casarío. Picoto vénlle de estar situado nun outeiro ou pico. Cachopas chámanse os anacos de trontro de árbore con raíces que quedan na terra despois da tala. É de supoñer que os habería no lugar cando se fundou.
Lindeiros: norte, A Estrada; sur, A Somoza; leste, Guimarei e oeste, Arcos de Furcos.
Vías de comunicación: camiños rurais antigos. Está en proxecto un camiño do estado desde a Estrada á Igrexa.
Teñen os pais de familia unha escola mixta atendida por unha mestra.
No elesiástico: Ouzande foi freguesía independente e aínda tivo a de Aguións unida na antigüidade. En 1869 pasou a ser filial da Estrada. O patrón é San Lourenzo, e presentan para o curato o marqués de Santa Cruz e outros. A igrexa, de puro estilo románico-bizantino, ocupa un punto pintoresco desde o que se admira un panorama fermosísimo. Sobre a porta lateral, hai un letreiro que di «año de 1781»; e responde á data dunha reforma; polo leste vese o escudo de Santa Cruz. No camposanto existe un cruceiro que descansa sobre un pedestal antigo no que se le: «Anno MDCIXVVIII-A costa del Rector». Sobre a porta do cemiterio, labrada en pedra e realce, hai unha caveira á que segue esta inscrición: «Como me ves, te verás en breve. R.I.P. 1874». Na capela do Socorro, pendente do altar, consérvase un precioso coiro de Córdoba(47). Inmediato á igrexa pola parte do nacente, á beira do camiño, levántase un cruceiro coa seguinte inscrición: «Propiedad de D. Ángel Rodríguez, su mujer e hijo D. Juan Manuel-1892».
Festas anuais: San Lourenzo, os días 10 e 11 de agosto; o Socorro, o segundo domingo de setembro; e o Santísimo, sen día fixo.
Antigamente as parroquias de Ouzande, Aguións e Lagartóns sorteábanse para dar un quinto ao exército.
Dominaban na localidade os señoríos de Santa Cruz, Sangro, Torre de Guimarei, marqués de Canillas, e tamén o de Soutomaior.
Moitos dos naturais do país dedicábanse, como os seus veciños da Somoza, a cardar la.
O Concello, en sesión de 19 de agosto de 1859, autorizou a división do monte de Ouzande entre os habitantes.
Antonio de Ponte rendiu o seu tributo de sangue á patria, posto que morreu pola súa independencia, canda a invasión francesa de principios do século pasado.
E non pecharemos esta descrición parroquial sen adicar un párrafo á memoria do célebre D. Ángel Rodríguez, o cereiro de Ouzande, famoso en toda a comarca pola súa bonhomía, influencia e posición. Ao falecer, hai uns 23 anos, deixou un oco difícil de encher entre os tipos rexos e de valor, exemplo da raza galaica.
*Pedro Varela, A Estrada, 1923, ed. Deputación de Pontevedra, 2017.