O delito de ser alcalde
XOÁN CARLOS GARRIDO
O alcalde da Estrada, como non podía ser menos, era da politizada e dinámica parroquia de Guimarei – como os seus compañeiros de patíbulo – concretamente natural do lugar de Cardavella, onde nacera o 19 de outubro de 1898. Así pois a súa vida remataba aos 38 anos de idade deixando tres fillos, aínda que polas súas conviccións liberais non contraeu matrimonio, aínda que se sentía responsable das súas crianzas e era agarimoso con elas como lembra unha filla, por iso ao lle ofreceren un crego, cando se topaba en “capilla”, Jesús pediu que no seu sitio lle trouxeran un notario, para deixar recoñecida a súa paternidade.
O que lembran del é a súa bonhomía e o seu amor pola vida. Xastre de profesión, era habitual que puxera o seu comercio como referente de información sobre actividades políticas, como é o caso do mitin que ía celebrar Azaña en Pontevedra en agosto de 1935. De feito aparece en abril de 1935 como Secretario de Propaganda de Izquierda Republicana da Estrada, aínda que a súa procedencia do sindicato agrario de Guimarei e o seu compromiso coas loitas libradas nesa parroquia fará que se presente adscrito aos agrarios, antes que a calquera outra opción partidaria.
O domingo 31 de maio de 1931 celébranse na Estrada as primeiras eleccións limpas que houbo na súa historia. Dos 25 concelleiros saíron electos 14 do Centro Republicano Estradense, 3 do Comité ao servizo da república de Codeseda, 1 da Casa do Pobo, 7 Presentados como autonomistas independentes. Aínda que como indicaba o xornal “la verdadera significación de algunos de estos señores hemos de ir conociéndola por su actuación”. Pois nestes momentos constituíntes a cousa ideolóxica aínda estaba moi confusa como se verá, e como vimos na nosa “transición”. Polo distrito de “Sequeros” presentouse candidatura do Centro Republicano na que figuraba Jesús Puente Fontanes. Fronte a eles opuxéronse os republicanos-agrarios de Manuel Maceira Rivadulla (tamén de Guimarei), vencendo a lista de Jesús Puente. O alcalde escollido será Juán Manuel Rodríguez Seijo, e Jesús exercerá de tenente alcalde, oficiando algunha voda civil ou realizando outras funcións en substitución do alcalde até que no outono do 34 ábrese unha crise de goberno municipal coa petición de incompatibilidade contra Seijo, por se propietario dun local que foi – indirectamente – alugado ao Concello. Pasa entón a ocupar a alcaldía, se ben o 15 de outubro de 1934, debido a revolta de Asturias e os sucesos que acontecían en todo o Estado nese momento, foi detido por orde militar, pasando o tenente alcalde Arturo Otero Ulloa, a exercer a presidencia da corporación. Foi liberado en poucos días, mais non puido recuperar a alcaldía até que en maio de 1936, logo do trunfo do Fronte Popular nas eleccións de febreiro, o goberno deixou sen efecto a suspensión dos cargos municipais electos que fixera o goberno do bienio negro. Vótase ao presidente da Corporación e volta a ser elixido Jesús, que como di o xornal “ejercía ese cargo por sustitución reglamentaria el 5 de octubre de 1934, y a quien sin causa justificada se le metió en la carcel en aquella fecha”. Esta experiencia anterior fíxolle confiarse no 36, pensaba que estaba diante doutra das habituais ondas represivas que ao final quedaban nunhas cantas detencións e uns días de vacacións forzadas á sombra. Senón como entender que foran xantar diante do Cuartel da Garda Civil, e logo de rematar acudiran a dito Cuartel, tal como lle tiñan pedido.
A xestión de Jesús foi breve pero intensa, porque o concello tivo que facer fronte a unha situación moi difícil como consecuencia da desastrosa xestión anterior (a delegación de Facenda faille responsable ao Concello de 74.648´72 pts. por non ter presentado os anteriores concelleiros o Repartimento de Rústica) por outra banda tivo que combater a corrupción e reducir a presión fiscal que gravaba as rendas máis pobres. Isto é, pagar as débedas e reducir os impostos: a primeira decisión é que a recadación do Consumo que se fixera directamente polo Concello para eliminar a porcentaxe coa que se quedaba o recadador (2%), acorda tamén que se deixe de cobrar pola entrada na Praza de Abastos. Por outra banda, o Fronte Popular, como é obvio, estaba dividido pola súa composición plural. Concelleiros agrarios, de Izquierda Republicana e Partido Galeguista renunciarán por diferenzas con algunha decisión adoptada, o que non lle librou da pena de morte a algún destes dimisionarios, como é o caso de Gómez Rivas de Oca.