Naceu en Santiago de Compostela no ano 1946. É mestre e animador á lectura. Foi membro fundador do “Pen Clube de Escritores Galegos”, de “Galix”, da “Fundación Castelao” e da “Asociación Cultural O Brado” da Estrada. Tamén é Membro da “Fundación Alexandre Bóveda”, do “Pedrón de Ouro”, do “Patronato San Martiño”, do “Colectivo Cultural Estradense”, de “Nova Escola Galega” e da “Asociación de Escritores en Lingua Galega”. Ademais é socio de “Irimia” e de “Encrucillada”.
Participa en actividades de Colectivos de Renovación Pedagóxica nas áreas de Lingua Galega, Animación á Lectura e Psicomotricidade. Formou parte do equipo redactor dos “Programas de Lingua e Literatura Galegas” para o ensino non universitario. Foi Director da Colección “Árbore” de Literatura Infantil da Editorial Galaxia. Na actualidade imparte docencia no IES n° I da Estrada.
Trátase dun autor que ten publicacións pertencentes a todos os xéneros. Así temos que en Literatura Infantil e Xuvenil publicou as seguintes obras: COUSAS PARA FACER, DICIR E PENSAR (Edit. Galaxia), O ALBENDAR DOS ANIMAIS (Edit. Galaxia), POR SE CHE PASA (Edit. Galaxia), A VERDADE NA BUFARDA (Edit Galaxia), CHANO (Edit. Galaxia, 1993) e CONTOS DEIR E VOLVER (Ir Indo).
Polo que atingue á poesía, publicou PARA ISO ESTÁ O FUTURO (Ed. Fervenza, 2003).
Tamén son varios os seus ensaios biográficos en col de diferentes persoeiros da nosa cultura. Así temos: CASTELAO, CORENTA ANOS DESPOIS (Ed. do Castro), A VIDA DE RAFAEL DIESTE (Edit. Galaxia,1995), A VIDA DE XESÚS FERRO COUSELO (Edit. Galaxia, 1996), A VIDA DE DON ELADIO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ (Edit. Galaxia, 2001) e CASTELAO (Ir Indo). No que respecta á Didáctica da Lingua Galega, publicou ¿QUE FACER COAS PALABRAS? (Edit. Galaxia, 1991).
No eido da narrativa, publicou CASTROMIL NO ESPELLO DE COMPOSTELA (Ir Indo).
E finalmente tamén se estreou no campo do teatro coa obra O CIRIDONIO (Ed. Fervenza, 2004).
Así mesmo as súas amplas colaboracións tamén están presentes en moitas obras colectivas. Así temos nas seguintes obras: CONTOS DA XUSTIZA (Ir Indo), MANUEL DANIEL VARELA BUXÁN. PATRIARCA DO TEATRO GALEGO (Seminario de Estudios Deza, 2000), POLOS CAMIÑOS DA LITERATURA (Pen Clube Galicia-Xunta de Galicia), MANUEL REIMÓNDEZ PORTELA NA LEMBRANZA (Ed. do Castro, 1996), UN FUTURO PARA A LINGUA (Xunta de Galicia), MANUEL MARÍA (Ophiusa), TERRITORIO AURORAL (Consorcio de Santiago de Compostela), ACTAS CONGRESO CASTELAO (1986-2000) (Fundación Castelao-Xunta de Galicia), ACTAS CONGRESO ELADIO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ (Xunta de Galicia), MENIÑOS (Xunta de Galicia), DEZ ANOS CREANDO ILUSIÓNS (Centro Xuvenil Don Bosco), E DIXO O CORVO (Hospital Xeral de Galicia-Xunta de Galicia), CONTOS PARA NENOS (Citania), CONTOS DE LER E CONTAR (Xunta de Galicia), NARRADIO, 56 historias no ar (Ed. Xerais de Galicia), HOMENAXE POÉTICA AO TROBADOR XOHÁN DE REQUEIXO (Ed. de Xosé Méndez e X. Lois García) e na VI FORXA LITERARIA (Seminario de Estudios Deza, 2003).
Tamén son cotiás as súas colaboracións en diferentes xornais coma: “El Correo Gallego”, “O Correo Galego”, “Revista Galega de Educación”, “Fadamorgana”, “Faro de Vigo”, “La Voz de Galicia”...