Virxinia Pereira
Olimpio Arca Caldas
Entorno familiar
A Estrada, ano 1884. Aquela mañá do vinte de outubro, no chan da carballeira de Bedelle, por mor do vento forte que sopraba do monte da Somoza, as follas murchas das árbores esparexíanse ou arremuiñábanse segundo os antollos do vendaval. Unha mañá gris do outono galego.
Na casa do avogado D. Camilo Pereira observábase un labor inusual. A serventa non paraba nos preparativos da auga quente e toallas... O amo pechárase no seu despacho. Non tiña acougo. Esperaba por sétima vez ó herdeiro, home. Ían alá seis esperanzas rotas. Seis partos e seis nenas. Con este acontecer debían cumprirse as súas ilusións.
Axiña, no seo da familia Pereira Renda, unha das familias estradenses máis sobranceiras daquela época habería unha nova filla: VIRXINIA. Na súa partida de bautismo aparece cos nomes de Virginia, Nicolasa, Ma de Gracia, Tomasa. Apadriñada polo cura da parroquia estradense de San Xiao de Vea, o párroco D. Nicolás Villar e pola dona Virxinia Nóvoa, veciña da cidade de Vigo. Dentro da familia numerosa Pereira Renda, Virxinia fai o número sete, todas elas mulleres. Con ela remata a descendencia feminina xa que logo os tres irmáns restantes son varóns. Unha das irmás, Aquilina Benita, nacida no 1879 morre moi pequena. Así mesmo o irmán Xosé fina á idade de sete anos.
Seu pai, Camilo Pereira Freigenedo, fillo de Hipólito Pereira e María Freigenedo, oriúndos da parroquia de San Xoán de Arcos, no concello ourensán do Carballiño, licenciado en Dereito pola universidade de Santiago, chegara Á Estrada co seu irmán Miguel a finais da década dos sesenta para establecerse como procurador dos tribunais do, había pouco, nomeado Partido Xudicial de A Estrada.
Camilo, de carácter afable e dotado dunha extraordinaria personalidade, axiña se abre camiño naquela sociedade de minguados veciños, moitos deles chegados tamén doutras zonas de Galicia.
No mes de xullo do 1873 casa coa dona estradense Peregrina Renda López, natural da parroquia de San Bartolomé de Pontevedra, filla póstuma de Felipe Renda, natural de san Andrés de Vea, e de Tomasa López, natural de Sabardes, do concello de Outes, ámbolos dous veciños da vila de A Estrada.
D. Camilo ten establecido bufete primeiro nos baixos da urbana propiedade de Aurora Brañas García, filla do escribente Xosé Brañas; despois, dende 1889 na súa casa da Rúa de San Lourenzo da Vila de A Estrada, terreos daquela correspondentes á parroquia de Ouzande. A súa fama de acreditado defensor das causas máis liadas chega a tal extremo que ningún veciño quería preitos se o contrincante lle adiantaba que o seu defensor era D. Camilo.
A zona militar establecida por aquelas datas nesta Vila, (do ano 1884 hai actas asinadas polo párroco castrense Ramón de Valenzuela) ó mesmo tempo que aumentou a veciñanza, supuxo unha importante achega para as relacións sociais. Consecuencia inmediata foron os enlaces matrimoniais de militares coas donas do pobo.
O matrimonio Pereira-Renda, coma tódolos daquela época, formou unha familia numerosa, con dez herdeiros dos que morreron unha nena e un raparigo. Vivirán Sara Plácida, nacida no 1874, quen casa, no ano 1898, co médico militar da zona de A Estrada, Alfredo Pérez Viondi, oriúndo de Cuba; Clemencia Elisa, nacida en novembro de 1875, casará con Benito López Paratcha, comerciante na praza da cidade de Pontevedra; Herminia Pastora, nacida no 1877, casará co Rexistrador da Propiedade do Partido Xudicial de A Estrada, Manuel Fidalgo Lugo, natural de Cira, no concello de Silleda, no ano 1902; María Lía, nacida no ano 1881, casa co tenente coronel, Domingo Abad de Carramega; Eva María, nacida no 1883, casa con Xesús González, avogado, pasante do bufete de seu pai; Virxinia, Camilo Xosé nado en 1886, funcionario do Instituto Estadístico de Xeografía de Pontevedra e máis tarde inspector de facenda e por último, Anxo, militar coa graduación de Tenente Coronel, casado coa dona Herminia Agulló, sen herdeiros.
A fama de D. Camilo como avogado chega a un certo grao de paroxismo, pois contan as crónicas que os veciños dábanlle o sobrenome de "o demo" xa que en tódolos preitos que interviña era segura a sentencia ó seu favor. Ademais de avogado ten unha activa vida social (socio fundador do Casino estradense, ano 1895), e política.
Integrado no bando liberal de Riestra, chega a Deputado Provincial, cargo que exerce dende o ano 1888 ata o 1896. Nos primeiros anos do novo século exerce de xuíz do Xulgado estradense. Consecuencia deste seu labor profesional e social, as relacións veciñais da familia son moi intensas e importantes. Testemuños fidedigno do dito son os distinguidos padriños do bautizo de tódolos fillos, case todos médicos e avogados, e nas unións matrimoniais das fillas. Conta o neto Alfonso Fidalgo Pereira que na casa da rúa de san Lourenzo, hoxe de Alfredo Pérez Viondi, había un salón, sancta sanctorum da vivenda, cunhas belidas cadeiras. D. Camilo tiña a gabanza de contar que todos aqueles que traspasaron aquela porta e sentaron na devandita cadeira, quedaron na familia.
Cando o almanaque matrimonial dos Pereira Renda sinala os cincuenta e cinco anos de vida en común e tódolos fillos teñen, en distintas cidades de Galicia, arranxadas as súas familias e casa posta, D. Camilo pensa en retirarse e achegarse ata Pontevedra, cidade na que están dúas fillas, María Lía con comercio de mercería e Virxinia, ámbalas dúas casadas. Ofrece ós fillos a opción de entregarlle a fermosa casa que erguera anos atrás. Ningún deles mostra interese por ela e o avogado, Pereira Freigenedo vende a casa, no ano 1928 a D. Manuel Durán Esmoris e marcha para a cidade do Lérez.

Xuventude de Virxinia
Naquelas datas de comezos de século nas pequenas vilas a xuventude tiña moi minguados intres de esparexemento, máximo sendo mulleres. Por mor desta circunstancia as mociñas estradenses da elite vilega só se lles permitía asistir, case sempre baixo a vixilancia paterna, ós poucos festexos dunha sociedade que os mesmos pais crearan para unhas axeitadas relacións sociais.
Era o Casino o centro restrinxido para os empregados dos organismos oficiais (Xulgado, Concello) avogados, oficiais da zona militar e determinadas familias estradenses onde as donas atopaban o sitio idóneo para as relacións sociais.
Virxinia, o mesmo que súas irmás, recibe os primeiros contactos coas letras da man dun mestre particular que seu pai contratara para a educación daquela numerosa prole. Non hai dúbida que na ensinanza social han se-las irmás maiores as que leven a tutela de súa irmá. Vive con intensidade tódolos acontecementos sociais da familia.
Cando Virxinia ten dez anos sente o proído quente das bágoas esvarando manseliñas polas súas meixelas por mor do pasamento de seu irmá Xosé dous anos máis novo. Logo, ós 14, asiste, expectante e candorosa, á voda da súa irmá maior Sara co médico Alfredo. Dous anos despois, participa, por primeira vez, na compaña das irmás e pais no "baile refresco" que a sociedade Casino organiza co gallo das festas patronais, nesta ocasión agrandadas por mor do comezo dun novo século.
Chega o 1902, Virxinia, cos seus ben harmonizados dezaoito, coas súas mellores galas será testemuña do casamento de Herminia. Outra irmá que deixa un oco no clan familiar para vivir na nova residencia, rúa de San Paio 8. Nesas mesmas datas, mentres na veciña Compostela o mozo rianxeiro, Alfonso Daniel R. Castelao comeza os estudios universitarios na facultade de medicina, Virxinia, na súa vila, entra pois de cheo, apadriñada polas súas irmás maiores, no círculo da mocidade “ben” de A Estrada. A sociedade O Casino contrata un pianista, D. Primitivo Sánchez Quiles, quen no teclado do flamante piano Charrier Pratt, mercado un ano antes, executará, cando menos, seis bailes anuais, amais dos perceptivos de Carnavais e festas patronais.
Coa chegada de novo á Vila estradense do tan esperado Batallón de Reserva e Caixa de Recrutas no ano 1905, as festas sociais collen un novo pulo e organízanse bailes e "kermeses" con máis frecuencia nos novos saións da casa de D. Manuel Esmorís (actual solar da Caixa de Aforros de Vigo) executados por un novo pianista, o señor Ruiz. Comeza así unha época de esperanza para as mozas casadeiras.
Data inesquecente para a nosa protagonista ha ser a imposición da cruz de lª clase do Mérito Militar con distintivo branco coa que fora distinguido seu pai e outros tres veciños da Vila: Jesús Durán, Juan Ciorraga e José Araujo.
Como queira que Sara e Alfredo fixaran a súa residencia na cidade de Santiago, Virxinia e súas irmás, María Lía e Eva María viaxan, con frecuencia, no coche de Mato ata a cidade do Apóstolo. Será nesta cidade onde Virxinia e Eva coñezan ó estudante Castelao. Este sente un primeiro impulso e devaneo por Eva, pero, como xa estaba comprometida, Alfonso consegue unhas consentidas parolas con Virxinia.
O ano 1908 será un ano doce para a familia Pereira Renda. Felices acontecementos familiares dos fillos varóns. Camilo, ascende a oficial primeiro no Instituto de Estadística de Pontevedra, mentres o outro irmá, Anxo, ingresa na academia de infantería de Toledo. Virxinia, por mor do nacemento do primeiro fillo do matrimonio Fidalgo Pereira, adquire o título de tía.
Naquelas datas Castelao, mozo de desgarbada anatomía, fillo de indiano rico, era ben coñecido nos ámbitos universitarios de Compostela. Os seus debuxos de retranqueiro humor galego, as súas caricaturas de personaxes sobranceiros e de actualidade atopaban moi boa aceptación entre os estudantes. A isto hai que engadir a súa activa participación na tuna da súa facultade como primeira corda. "Acúsome de ser eu quen dou empezo a esas carantoñas porcas, a eses monicreques noxentos, a ese humorismo de taberna que aínda hoxe campa na mesma revista pra regalía dos licenciados de Universidade".
Estas circunstancias supuxeron certos atrancos, desgustos e mágoas nas relacións amorosas de Virxinia. Seu pai, D. Camilo, de talante conservador e os curmáns Pérez Viondi, militar, e Manuel Fidalgo, rexistrador, na mesma liña, non vían con bos ollos estas relacións.
O remate da carreira de medicina de Afonso, o seu proxecto de establecerse como médico en Rianxo e a fortaleza no amor de Virxinia fixeron posible que se lle outorgase a Daniel Afonso o consentimento pleno.
Con este permiso, Virxinia é unha muller feliz. Aquela primavera de 1912 ten un especial significado para ela. Paseos longos, románticos; asistencia ás festas sociais e animadas charlas nos salóns do Ximnasio, camiñatas nos solpores ata as romarías dos entornos. Tamén Castelao é feliz, segundo a súa testemuña: "Coñezo A Estrada dende fai moito tempo. ¡Teño da Estrada tantas vellas lembranzas! Eu tomaba o coche de Mato cando estudaba en Santiago, e marchábame á Estrada, onde tiña unha moza. Fun a moitas feiras e romarías: San Pedro de Toedo, San Lourenzo de Ouzande, san Xulián de Guimarey...".

Virxinia, muller de Castelao
"Porque así como el valor de la piedra preciosa es de subido y
extraordinario valor, así el bien de mujer buena tiene
subidos quilates de virtud".
Fray Luis de León
Naquela mañá do 19 de outubro do ano 1912 un sol morno asolagaba de luz á Vila de A Estrada. Arredor da igrexa de san Paio unha manchea de veciños e xuventude forasteira esperaba ansiosa a chegada da noiva. Era ela, Virxinia, a derradeira filla solteira da familia Pereira Renda. Emocionada, radiante e feliz, casaba, na igrexa parroquial, adobiada poias amigas con flores brancas, co médico rianxeiro Alfonso Daniel R. Castelao. Voda asistida polo crego poeta, Antonio Rey Soto, amigo do noivo. Aquel mesmo ano chegara á parroquia de san Paio de A Estrada o párroco D. Nicolás Mato Varela quen dou autorización a D. Antonio para que fora el quen presidise a cerimonia.
O matrimonio Rodríguez Pereira establece a súa residencia en Rianxo onde Castelao exerce como médico xeral. Nos intres de lecer toma apuntes para os seus debuxos. Naquela zona a familia de Mariano e Xaquina é ben coñecida e Daniel atende na consulta ás xentes da vila e dos arredores. Virxinia atópase querida polo entorno familiar do home, respectada polos veciños. Vive, pois, intres de felicidade.
Un ano despois, febreiro de 1914, froito do amor nace o fillo, Afonso Xesús de Praga. Neses momentos de nai primeiriza, por mor do pudor da época vense para A Estrada. Aquí será atendida polo doutor Manuel Leyes, amigo íntimo da familia Pereira Renda. Pasados os días de obrigadas atencións familiares regresa para Rianxo. Dedica todo o tempo, coa axuda de Xoaquina na crianza do seu meniño e na atención a Daniel.
Pouco despois Daniel sofre o desprendemento de retina. Intres de dor e desacougo para Viixinia que padece en silencio, matina na malfadada enfermidade do seu home e non aparta do seu pensamento unha posible cegueira. A necesaria e urxente operación realizada con éxito aliviou un pouco a situación pero non foi quen de afastar o medo continuo que agarrotaba o espírito de Virxinia.
Non reposta deste amargo transo, Castelao, cabaleiro posuído dunha grande responsabilidade, na súa inmensa humanidade non se sente o suficiente capacitado para atende-la saúde dos semellantes e abandona a carreira de medicina. Virxinia, sabe da capacidade de Daniel para emprender calquera actividade pero o afastamento da profesión médica presentáballe un futuro mouro e inseguro. Hai un fillo, que tampouco naceu bioloxicamente ben constituído, polo que require unha atención continua. E Virxinia sofre calada a nova situación.
Trasladan a súa residencia para Pontevedra xa que Daniel ingresa no cadro de persoal do Corpo Técnico do Instituto Xeográfico e Estadística da capital da provincia. Dous anos despois vive outra alegría polo nomeamento de Daniel como profesor de debuxo no instituto pontevedrés.
Nesta cidade viven enriba da farmacia Lorente, fronte ás ruinas de Santo Domingo, na mesma casa que os Ximénez de Sandoval; ela, irmá do Marqués de Riestra. Ó abeiro do comercio de Benito, home da irmá Herminia, esta e Virxinia voltan a vivir moi preto unha da outra. As moitas e boas amizades de Daniel crean, para Virxinia un ambiente agradable e de consideración.
Estas vivencias ha recordalas Castelao no desterro. Nos veráns, achégase A Estrada por mor do cambio de aires do fillo Pachucho e deixao cos fillos de Fidalgo, na rúa de san Paio.
En xaneiro do ano 1921 Castelao como becario viaxa por Francia, Países Baixos e Alemaña. Virxinia queda na cidade de Pontevedra ó coidado do seu neno de oito anos.
Se ben é certo que na mesma cidade vivía unha das irmás súas, esta circunstancia non chega para tapar o oco que deixa Daniel. Sofre pois Virxinia a soidade amais da intranquilidade e sobresalto pola pouca saúde do neno.
A relación epistolar do matrimonio é continua pois a separación magoa o sentimento dos dous. No diario daquela viaxe atopamos unha manchea de testemuñas:
Así, no día 27 de xaneiro, un día despois da súa chegada a París, Daniel deixa reflectido: "Teño unha grande morriña pola Terra e pola familia. ¡Miña muller e meu fillo!"
O día 19 de marzo recibe carta de Virxinia intranquila porque hai días que non recibe carta. En maio, escribe Virxinia comunicándolle que o fillo está enfermo. Castelao deixa escrito no Diario: "Se me funden o corazón teño negro por dentro. ¡Cantas ganas de marcharme para xunto da dona e do meu fillo".
De volta da viaxe, de novo segue a vida do matrimonio Castelao-Pereira coas alegrías da boa integración na vida social da cidade do Lérez, a publicación do primeiro libro de Cousas, o nomeamento de Daniel como membro da Real Academia Galega no ano 1926 e a colaboración na fundación do Museo de Pontevedra.
Alegrías que moi pronto se esvaecen pola enfermidade do fillo. Virxinia e Daniel moven Roma con Santiago para atendela saúde do seu "Pachucho". O diagnóstico médico, unha pneumonía, non deixa lugar a unha raiola de esperanza. O sufrimento de Virxinia non atopa intres de acougo, sufrimento que está a piques da tolemia na hora do pasamento de "Chichiño" aquel malfadado 3 de xaneiro do ano 1928. Son intres de desesperación e abatemento para o matrimonio.
Castelao desaparece dos parladoiros, deixa algunhas colaboracións e entrégase de cheo, agora, no debuxo e na confección de albumes. Virxinia, rota, desconsolada, procura un refuxio de paz nas visitas ó cemiterio de san Mauro onde descansa a ilusión da súa vida, o seu neno. Na igrexa, no monólogo de fe cos santos tenta atopa-lo consolo preciso para vence-la pena tan fonda que aniña no seu magoado corazón de nai.
Aínda non cicatrizada ferida tan profunda, Daniel precisa facer unha nova revisión da súa vista que cada día esmorece máis e, outra volta, presentimentos mouros rebolen na mente de Virxinia. As esperas na estación do tren da chegada de Castelao de facerlle as curas un oculista de Vigo, levado da man do seu amigo Paz Andrade, estaban preñadas de inquietude.
As boas amizades da familia, conseguen do presidente da Deputación, Daniel de la Sota, unha nova beca, dous anos despois, para que Castelao viaxe pola Bretaña Francesa no estudio das cruces da rexión. Virxinia acompañará ó seu home xa que non aguantaría unha nova soidade.
Malia estas tremendas situacións familiares, Castelao e Virxinia atoparon na cidade de Pontevedra un ambiente propicio. Dende o desterro na cidade de Badaxoz que por mor dos ideais políticos ordenara Lerroux, dende novembro do 1934 a setembro do 1935, Afonso escribirá: "Eu vivín longos anos de ledicia en Pontevedra, aferrado á fermosura dos seus arredores, coma quen non pode desprenderse dos brazos mornos dunha noiva. E débolle a Pontevedra o mellor da miña vida e agora padezo saudade da súa paisaxe, tristura de non vela e esperanza de retornar a ela".
A guerra civil española colle ó matrimonio en Madrid e, a carón do goberno republicano, alí residen; despois Valencia, cidade na que fai exposicións dos seus debuxos e por último reside en Barcelona. Ademais da dor pola loita fratricida, o matrimonio sente mágoa pola perda da súa biblioteca, saqueada na súa vivenda, rúa da Oliva, de Pontevedra.
A guerra está perdida para os republicanos e no ano 39 viaxan a Moscova e máis tarde a Cuba. Unha serie de conferencias a prol do Goberno no exilio, lévano máis tarde a cidade de Nova York.
Ano 1940, mes de xuño, sae de Nova York no vapor "Arxentina" e chega a Bos Aires o 16 de Xullo. Nesta cidade, quinta provincia galega, Castelao tentou distintos negocios con pouco éxito. O montaxe da Taberna "casa da Troia" cos irmáns Villaverde rematou noutro transo amargo para Virxinia pois ela ben sabía que os negocios non eran o seu. As mesmas edicións do seu libro "Sempre en Galiza" tampouco supuxeron un éxito comercial malia que na homenaxe a esta edición houbo unhas seis mil persoas.
Na rúa Belgrano vive o matrimonio con pequenas estadías en Montevideo, México e París no 1946-47. No mesmo edificio vivía o doutor Rodolfo Prada, oriúndo dos Peares, médico amigo e protector de Castelao. A muller de Prada axudou a Virxinia cando o levaban para operalo. Castelao, eterno humorista aínda tivo lembranza da canción: "Entre unha rubia y unha morena".
Virxinia sempre vai ó seu carón para axudalo e darlle azos. Castelao segue coas arelas da defensa da República e a recuperación de Galiza. Escribe cartas e cartas a Manuel Portela Valladares a Martínez Barrio e a outros antigos compañeiros de loita.
No 1949, coa vista xa reducida ó mínimo, un mal incurable aparece nos pulmóns de Daniel. Nin Castelao nin Virxinia coñecen tan mortal diagnóstico: cancro de pulmón. Non obstante, diante da progresión da enfermidade, Virxinia descobre o segredo. Agora só vive en silencio unha situación que cada día vaise agravando e que ten un definitivo e triste desenlace o día 7 de xaneiro do ano 1950. As súas mans de enfermeira aliviaron a doenza biolóxica, os seus aloumiños serviron de consolo a aquel que tanto loitara pola Terra, a súa enteireza de espírito deulle azos ó seu Daniel ata o derradeiro salouco.

Ramón Otero Pedrayo rodeado de membros das Mocidades Galeguistas de Bos Aires (1959). Detrás de pé, de esquerda a dereita: o segundo é Perfecto López Romero, o cuarto Antonio de Brito seguido de Fita Bustamante, Otero Pedrayo, Xosé Neira Vilas, Virxinia Pereira e Ricardo Palmás. Na fila do medio: a primeira é Elsa Fernández e a terceira, Anisia Miranda. Na primiera fila: Carlos Abraira, Pilar Xeremías, Sra. Fernández, Inuchi Roel e Vidal Pérez Graña.
Virxinia viúva en Bos Aires
En Bos Aires, despois do pasamento de Castelao, Virxinia viviu no mesmo apartamento que ocupara o matrimonio; pequeno andar na rúa Belgrano na 2.605, preto do Centro Galego.
Virxinia, dinámica e moi ordenada, conservaba tódolos trebellos, apuntes e cousas do home: os derradeiros lapis de debuxo, moi aproveitados, como el os deixara. Durmía coa foto de Castelao baixo da almofada. Ía a miúdo á misa. Oficiaba alí un curiña novo de nome Luisiño. Virxinia encariñouse co el e tratábao coma se fose un fillo. Tamén co seu dentista, Antero Durán, que era natural de Vigo.
Virxinia vivía dos recordos. As testemuñas que lle chegaron nos días seguintes ó pasamento servíanlle coma antídoto da súa dor e soidade. Logo, nas visitas que recibía gustaba de recordar as súas vivencias con Castelao.
Recordaba con ledicia o humor do home: "Un día un familiar chegara coa nova de que morrera un home coñecido malia estar asistido por tres médicos. Daniel sentenciou: « ¿E que queredes? ¡ eran tres contra un !»
Noutra ocasión estaba enferma unha cuñada de Virxinia e esta díxolle ó seu marido, home, dálle algo. Daniel contestou: deixádevos de bromas e chamade un médico.
Das viaxes que fixera co seu home lembraba moitas circunstancias. Sempre contaba a sorpresa nunha visita que fixeran á casa duns amigos franceses moi importantes que practicaban o nudismo. A Virxinia, no intre de contalo anos despois, aínda se puña colorada.
A finais da guerra civil pasaran a fronteira para Francia e Virxinia non declarou os poucos cartos que levaba. Cando Castelao se decatou, berroulle: ¡Que pensarán de nós! Virxinia máis pragmática contestoulle: "Que pensen o que queiran, os cartos eran da miña herdanza".
Virxinia tivera unha época que perdera o sentido do olfacto e coa teima de que debía recuperalo buscaba cheiros fortes. Algunha vez, chegou a probar co fedor dos sumidoiros.
Entre o matrimonio, en privado falaban sempre en galego. Deixara de chamarlle Daniel, nome doutros tempos. Agora, era para ela "o meu Castelao”
Agardaba con verdadeira impaciencia a chegada do serán para achegarse ata o cemiterio de Chacarita, panteón do Centro Galego, para depositar unha flor e falar na intimidade co "seu Castelao".
Unha circunstancia de verdadeira ledicia, quizais a única na vida de Virxinia xa viúva, acontece o día 25 de Xullo do ano 1961 cando no Panteón do Centro Galego, no cemiterio de Chacarita, o culto crego, D. Antonio Rodríguez Fraíz ofrece, en sufraxio de Castelao a primeira misa en galego que se oficia na cidade de Bos Aires.
A vida de Virxinia na cidade do Río da Prata era unha espantosa soidade cando chegaba a noite. A muller matina decote nos dous seres da súa vida: seu fillo e o seu home.
E, nesas longas noites de insomnio decide trasladalos restos do fillo para o panteón familiar do cemiterio de Figueroa, A Estrada. E Virxinia encamíñase a Galicia.

Virxinia de volta na Terra
Virxinia volta a Galicia pois nesta terra aínda viven algúns irmáns e sobriños cos que sempre se relacionou. Traía unha idea fixa. Xa que non se lle puidera cumprir, de momento, o desexo de Castelao de descansar na Terra, amenos que o seu neno sexa levado para o cemiterio de A Estrada, onde ela tamén desexa ser soterrada.
A primeira vez que, xa viúva, veu A Estrada, viviu na casa de seu irmá Angel no Grupo San Paio. Achegouse ata as familias coñecidas (moitas delas tiveran unha relación bastante afectiva co seu home), pero atopou nalgunhas unha certa indiferenza que voltou a ferilo seu amor propio e lembrou a inutilidade da loita do seu home.
Unha mañá visitou a Mario Blanco, daquela alcalde do Concello de A Estrada. Mario sabía da precariedade económica na que se atopaba, situación que tampouco ela ocultou. Como queira que oficialmente nada se podía solicitar para esta viúva, a Corporación soubo poñerse á altura das circunstancias ofrecéndolle unha axuda.
Poucos veciños da Vila estradense lembraban a tan egrexia dama. Tampouco aínda os tempos coñecían a grande obra de Castelao como político, xa que a censura só permitía louvar á Daniel como debuxante, caricaturista e escritor. Entre as persoas que máis a acolleron non debemos esquecer a Mario Blanco e a Dolores Araújo.
Nun solpor do verán, Virxinia achégase ata o cemiterio de san Mauro, en Pontevedra, onde fora soterrado o seu fillo Alfonso Xesús. O panteón fora profanado e Virxinia retirou os restos que lle pareceron do seu fillo e con eles marchou para Vigo á casa do sobriño Fidalgo. Pouco despois efectúa unha viaxe A Estrada cunha caixa de galletas chea de ósos; caixa que deposita no panteón familiar.
Na súa segunda e definitiva viaxe xa morrera seu irmán Angel (1965) e vive coa súa cuñada a dona Herminia Agulló.
Un serán do verán de 1969, mentres olla a casa de seus pais, na rúa nomeada de Pérez Viondi, onde xogara na súa nenez, unha rapariga en bicicleta deu con ela no chan. No mesmo intre, mentres a axudaban a erguerse Virxinia díxolle á cativa: "Neniña agora mesmo asinaches o pasamento desta muller".
As palabras de Virxinia cumpríronse. Xa non puido asistir a unha cita en Trasalba. Despois dunhas curas de urxencia, días despois marchou en tren a Salamanca a casa da sobriña Vita.
Naquela noite fría, as rúas madrileñas, acesas as miles de bombillas de cores, semellan ascuas de luz. Os altofalantes ceiban panxoliñas a treu; as xentes entran e saen ledas nas tendas.
Mentres, no silencio e escuridade dunha habitación do sanatorio madrileño "Ruber" esmorecía, 110 solpor do día 23 de decembro do ano 1969, a vida dunha muller de oitenta e cinco anos. Unha dona de nome Virxinia Pereira Renda, que percorrera medio mundo agarimando, alentando e coidando ó seu home, Alfonso Daniel R. Castelao. Era ela a dona Virxinia Pereira de Castelao. chegara ó centro médico da man de seu irmán Camilo que estivo ata o derradeiro suspiro facéndolle compaña. Tamén a súa sobriña Vita acudira dende Salamanca para acompañala naquel derradeiro adeus.
Poucos galegos souberon a triste nova. Pouca familia Pereira Renda íntima estaba con vida e, case de incógnito, foi soterrada no cemiterio madrileño da Almudena.
En Vigo negóuselle unha entrevista nun xornal. Na Estrada visitárona Isaac Díaz Pardo, Méndez Ferrín, Porto Matalobos e un compositor arxentino.
No mes de Abril do ano seguinte,1970, o Centro Galego e os centros coruñés, ourensán, lucense e pontevedrés da cidade de Bos Aires invitaron ós socios a unha misa polo eterno acougo da dona Virxinia Pereira de Castelao. Na necrolóxica adicábanselle as seguintes honras:
"Foi digna esposa do egrexio patriota galego Alfonso R. Castelao.
Foi súa garimosa compañeira alá na Terra, nos días luminosos que adicou a soerguer a personalidade histórica de Galicia.
Foi súa valente compañeira no rexo percorrer os vieiros do exilio.
Foi súa abnegada compañeira e enfermeira, nos tristeiros días e noites da súa longa doenza.
Foi fidel custodia, eiquí en Bos Aires, do seu ricaz herdo galeguista".
Xestións posteriores coordinadas por Dolores Araújo Arias e Xosefa Varela Pazo en colaboración co Concello de A Estrada rexido naquel entón por D. Manuel Reimóndez Portela fixeron posible que se cumprise o desexo de Virxinia.
Na actualidade repousa na eternidade a carón do seu fillo no cemiterio de Figueroa, na vila da Estrada, ollando cara o norte a igrexa de San Domingos de Bonaval onde durme o soño eterno o seu Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Virxinia Pereira de Castelao, gracias polo teu amor, pola túa compaña e pola túa abnegación para Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, home senlleiro na historia de Galicia".

Arca Caldas, Olimpio (1999). "As dúas mulleres de Castelao". A Estrada: Miscelánea histórica e cultural | |
File Size: | 6121 kb |
File Type: |
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback